biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un gran soño
Un gran soño de Felipe Ugalde, editado por Kalandraka recibiu o II Premio Compostela para albums ilustrados.
Sintayehu escolleu este fermoso álbum, que conta a historia dun crocodilo que soñaba con medrar e ser alguén importante, para o último contacontos dos recreos do mes de abril. E o crocodilo acabou conseguindoo, se cadra non coma el imaxinaba pero... mellor que o descubrades vos mesm@s porque as ilustracións deste álbum non se poden perder.











Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 03-05-2010 01:10
# Ligazón permanente a este artigo
O león Kandinga
No mes de abril nos contacontos do recreo presentáronse algunhas novidades que foron premiadas recentemente.Estivemos na sabana da man dun león moi especial: O león kandinga de Boniface Ofogo e Elisa Arguilé, editado por Kalandraka.
Este álbum foi un dos gañadores da segunda edición do concurso internacional CJ Picture Awards na categoría de Novas Publicacións.
Impresionantes ilustracións e sabiduría e tradición oral africanas combinadas nunha das nosas novidades favoritas.


Comentarios (1) - Categoría: Novidades - Publicado o 03-05-2010 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
A fabulosa lenda do Rei Artur
Seguimos con lendas, neste caso a lenda máis coñecida da Idade Media, a do rei Artur. Temos na nosa biblioteca unha versión de Jordi Sierra i Fabra con ilustracións de Francesc Rovira que non te podes perder. Mira como comeza...


Agarda. Si, ti, agarda. Quen es? Podes ler esta historia? Es de corazón nobre e xeneroso? Nas túas mans non tes un libro, senón O LIBRO. Nos teus ollos non aniñan letras, senón estrelas e luces máxicas. No teu espírito non pode ter cabida máis ca a paz e o amor. É a única maneira de penetrar nesta historia. Só quen mereza este privilexio ten dereito a el. Se ti es así, adiante. Se non, non sigas.
Preguntaraste quen son eu para falarche deste xeito. Tes dereito a saberlo. O meu nome é Merlín. Din que son mago. Pero a miña verdadeira maxia é coñecer a alma humana. Algo nada sinxelo. Eu podo navegar por todas as almas de cantos coñecín, coñezo...ou coñecerei. Coma ti, se les isto.

Isto sucedeu nun tempo do que xa non existen apenas datos. Perdéronse cos anos, devorados pola tolemia humana, a rapidez e a vertixe que nos conducen sempre cara ao futuro, do que é imposible escapar. Estouche a falar dunha época pasada, tan remota como poidas imaxinar, pero tamén tan próxima como desexes, porque as grandes lendas, ao cabo, non teñen idade. Foi un tempo de loitas e conquistas, cando o mundo se forzaba con empeño e coraxe. Foi un tempo de elfos e dragóns, pero dos de verdade, antes de que se extinguisen. Foi un tempo de princesas auténticas e cabaleiros tocados polo halo da gallardía. Non quero falarche máis. Se chegaches ata aquí, sei que xa non deixarás de ler, nin te botarás atrás, nin tremerás co medo. Albisco en ti un corazón xeneroso. Sinto o teu pulso acelerado. Percibo a vertixe que xa te domina. Iso é bo. Esa é a chave. Non se pode ler O LIBRO sen formar parte del. Aguanta, pois, a respiración. Estás a piques de penetrar nun mundo único do que xa non poderás escapar.



A fabulosa lenda do rei Artur. Jordi Sierra i Fabra. Editorial Rodeira
Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 11-10-2009 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Orella pendella

Vimos de incluir en recomendados unha páxina que acabamos de coñecer grazas a unha compañeira do CEIP de Aguiño e que nos parece unha marabilla. Trátase de Orella pendella, unha páxina sobre a nosa tradición oral: ditos, recitados e cancións infantís, elaborada por Carlos Yus, membro do grupo Migallas. É o resultado dun amplo traballo de investigación e recollida e está aberta á nosa participación, así que xa sabedes, animádevos a visitala e a aportar o que poidades recoller sobre literatura oral na nosa comarca.
Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 29-10-2008 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Pétala
A nós gustounos este conto porque estaba entre as novidades e recordábanos á primavera. Tratábase dunha aventura chea de auga e monstros. Xa non vos imos dicir máis e agora abride o
libro e sumerxidevos na lectura de PÉTALA, unha aventura na que a fantasia reina.


VEÑA ANIMATE A LER !!!

María Domínguez, Uxía Rial e María Fernández Quintáns
Comentarios (10) - Categoría: Novidades - Publicado o 22-10-2008 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
León de biblioteca
Un día da semana pasada un león entrou na nosa biblioteca. Axudounos a lembrar canto nos gusta estar nela e como podemos, entre tod@s, facela cada día máis acolledora e máis viva.
Antes de que este luns reabriramos a biblioteca, cada curso tivo unha primeira sesión para lembrar normas, recordar como atopar os libros, descubrir novidades... Todas as sesións comezaron compartindo este fantástico libro da editorial Ekaré, escrito por Michelle Knudsen e ilustrado por Kevin Hawkes.
Convidámosvos a tod@s a seren auténticos leóns de biblioteca.
Comentarios (5) - Categoría: Novidades - Publicado o 08-10-2008 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Harry Potter e as reliquias da morte
O último libro da serie de Harry Potter xa está na nosa biblioteca. Mañá, venres 22 de febreiro no recreo, levarase a cabo o sorteo para saber os nomes d@s dous afortunad@s lector@s que poderán levar en emprestito os primeiros exemplares.
Ao longo de todo o día de hoxe foron entregándose os cuestionarios cubertos que permiten entrar no sorteo. Aínda hai tempo atá mañá ás 11:45 para participar.

Comentarios (2) - Categoría: Novidades - Publicado o 21-02-2008 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Bandera pirata
Entre as novidades que chegaron este ano 2008 á nosa biblioteca temos unha colección de aventuras chamada "Bandera pirata". Os protagonistas da historia son dous irmáns xemelgos chamados Luisilla e Benjamín.
Son orfos de nai e do seu pai non saben nada. Están vivindo nun orfanato pero non se sinten ben nel e deciden escaparse unha noite. Ás doce da noite, reúnense no patio e métense nunha camioneta e quédanse durmidos. Pola mañá, ao espertar saíron de alí e apareceron no campo.De súpeto, aparecen uns gardas e pregúntanlle onde están seus pais, eles dinlle unha mentira e logran escapar deles.Van ao mar a bañarse e atópanse cun home que lles di que teñen que buscar traballo no "Ollo torto". Cóllenos pero non lles deixan sair e unha noite secuéstranos. Están algo desconcertados por todo isto pero un pirata lles conta que son fillos dun pirata chamado Roc e que a tatuaxe que teñen no ombreiro é parte do mapa do tesouro do seu pai. Un amigo de seu pai sálvaos e van en busca del.
Na nosa biblioteca hai seis títulos coas súas aventuras. Tédelos que ler!

Selena 6ºB
Comentarios (1) - Categoría: Novidades - Publicado o 20-01-2008 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Unha bruxa ben rara
Abril e maio están a ser meses de encontros con escritores e presentación de novidades na nosa biblioteca. Carlos Mosteiro, escritor que xa hai tempo reside no concello veciño de Póvoa do Caramiñal, veunos falar da súa obra e especialmente de Unha bruxa ben rara, último premio Barco de Vapor. Xa antes da súa visita a bruxa Raruxa pasara a ser unha educaldeana máis pero desde o encontro co seu creador non hai xeito de atopala nos andeis da biblioteca, pasa de man en man provocando risos e sorrisos entre os nosos lector@s.

Fálanos de Raruxa e as súas aventuras!
Comentarios (11) - Categoría: Novidades - Publicado o 18-05-2007 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
Os Megatoxos e o aprendiz de druída
Anxo Fariña visitou Taragoña o 2 de maio e trouxonos con el a Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa, os Megatoxos, recén saídos do prelo. Prometeunos aventuras, encontros misteriosos, unha viaxe no tempo ao mundo dos celtas e moita emoción. Non mentiu, son varios os educaldean@s que xa empezaron a gozar dos novos personaxes de Anxo Fariña e varios máis os que están en lista de espera para poder facelo.
Non esquezas deixar a túa opinión ao rematalo.
Categoría: Novidades - Publicado o 18-05-2007 02:16
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0