biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Bebé bigotes
Dunia, Carla e Paula comezaron a andaina de contacontos do 2012 co Bebé Bigotes de Patacrúa e Alessandra Cimatoribus.
Gustounos a historia destes dous velliños que se fan querer e tamén nos deu un pouquiño de pena ver que as veces non chega con querer de verdade algunha cousa para conseguila. Un bo libro para pensar, falar, sorrir...







Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 07-02-2012 01:19
# Ligazón permanente a este artigo
A urna dos desexos
Aida e Ainara trouxéron ao último contacontos de abril A urna dos desexos outro dos títulos de Cristina Justo e Paloma Rodríguez na colección A igualdade conta da editorial Embora. Clara, a protagonista do conto, aprende o que é a democracia participativa dun xeito moi claro e axúdanos a que nós tamén o comprendamos mellor.
Gústanos moito esta colección polos temas que trata, por como os trata, polas ilustracións de Spela Trobec...






Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 30-04-2011 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
O segredo de Flora
Irene, Alexandra e Marta escolleron O segredo de Flora de Paloma Rodríguez e Cristina Justo para o primeiro contacontos de abril, mes dos libros. Contaron e cantaron unha historia que nos gusta moito porque a súa protagonista ten un segredo que lle axuda a evitar os enfados, as ganas de pegar e a violencia. Temos que poñer en práctica o segredo de Flora!





Comentarios (1) - Categoría: Novidades - Publicado o 10-04-2011 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
O embigo de Xanecas
A curiosidade dun neno pequeno, o Xanecas, e as trolas da súa familia para explicarlle que é un embigo dan lugar a esta divertida historia escrita por Ramón Aragüés e ilustrada por Francesca Chessa.
Irene, Lía, María e Nuria presentaron outra das novidades da biblioteca, que nos gustou moito por como conta unha historia da vida real, que nos soa moi coñecida e polas coidadas ilustracións.
Buscáde a Xanecas na biblio!







Comentarios (1) - Categoría: Novidades - Publicado o 20-03-2011 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Tres han de ser
Febreiro, mes de amores, rematou nos nosos contacontos cunha historia de amor nada habitual. Tres han de ser está baseado nun conto de tradición oral que nos conta como, ás veces, as cousas son coma teñen que ser e non coma os demais queren que sexan. Darabuc escribiu un conto divertido e atrevido que de seguro nos dará que pensar e falar. Boa escolla de María Domínguez, Alicia e María Fernández.






Comentarios (2) - Categoría: Novidades - Publicado o 01-03-2011 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
O último canto
Alicia, María Fernández e María Fernández Insua leron para nós O último canto, unha preciosa historia escrita por Pablo Albo, ilustrada por Miguel Anguel Díez e editada por OQO. Gústanos a sensibilidade e naturalidade coa que fala dun tema tan pouco habitual nos contos infantís como é a morte. E gustounos especialmente como o leron para nós estás tres "supercontadoras".





Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 28-02-2011 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Fogo Nicolás
Aquí vai un novo video do traballo Celtic Roots. Por certo, agora xa está na nosa biblio e tamén viaxando nunha das nosas mochilas.
A cantar todo o mundo!



Comentarios (4) - Categoría: Novidades - Publicado o 23-01-2011 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Murciélagos en la biblioteca

Tranquil@s, estes morcegos comparten con nós unha das nosas afeccións, a lectura. Aproveitándo unha xanela aberta coanse algunha que outra noite na biblioteca municipal e comeza: A Noite de Lectura.
Tania, Lía, Paula, Raúl e Dunia presentaron nos nosos recreos lectores unha das novidades que máis nos gusta, Murciélagos en la biblioteca de Brian Lies, publicado pola editorial Juventud. Non vos podedes perder este divertido conto rimado e a súas estupendas ilustracións.






Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 23-01-2011 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
A voda do Galo Pinto
E case tivemos voda na biblioteca!
Había noivos, convidados, agasallos... e o fundamental: estaban Alba, Irene, Alexandra e Marta para contarnos como foi o conto. Por sorte ao final non houbo voda, porque menuda prenda que che era o Galo Pinto!
Pero, se de verdade queredes saber como foi o conto e non estivestes na biblio, non o dubidedes, buscade este libro:
A voda do Galo Pinto de Juan Belmontes e Natalie Pudalov, publicado por OQO.






Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 10-12-2010 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Celtic Roots
Está a piques de saír, aínda non o temos na nosa biblio, pero o que poidemos ler e escoitar sobre este traballo xa nos gusta e por iso agardámolo con ganas.

"Celtic Roots é un proxecto educativo multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común.
Este CD-DVD recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumando dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John?s Catholic Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan?s School de Bray (Irlanda), contando coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo."
Presentación na páxina Celtic Roots.

Celtic Roots - The Anthem from Casa de Tolos on Vimeo.



Que vos parece?
Comentarios (4) - Categoría: Novidades - Publicado o 09-12-2010 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
Quen fala?
Falaron Nuria e María e que ben o fixeron! Contáronnos unha historia sobre o corpo humano que nos fixo rir, sobre todo nalgunhas páxinas. Presentáronnos Quen fala? As partes do corpo opinan do escritor e ilustrador Taro Gorri, publicado por Faktoría K de libros. Atoparédelo nos andeis das novidades.







Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 07-11-2010 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
Os petos de Loreto
A de cousas que Diana e Helena sacaron dos petos de Loreto!
Presentáronnos unha das novidades da biblio para este curso Os petos de Loreto escrita e ilustrada por Quentin Blake e publicada por Kalandraka. Coñecemos a Quentin Blake fundamentalmente por ser o ilustrador de moitas das obras de Roald Dahl pero tamén por outras obras escritas e ilustradas por el coma Un barco no ceo.
Loreto volvenos facer gozar dos seus debuxos, do seu sentido do humor e da súa sensibilidade. Non a perdades, agárdavos na BBS.






Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 23-10-2010 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
Coas mans baleiras
Uxía, María e Andrea foron as encargadas de dar comezo este curso aos contacontos do recreo. Escolleron unha das novidades, Coas mans baleiras de Ana Tortosa e Cecilia Varela, publicado por OQO. Ao igual que a protagonista do conto, elas non viñeron de baleiro, trouxéronnos o seu amor polos contos e toda a súa experiencia coma contadoras. Coma sempre, un gusto escoitalas.
Xa sabedes, temos unha cita cos contacontos todos os martes no recreo.













Comentarios (2) - Categoría: Novidades - Publicado o 17-10-2010 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
Os mil brancos dos esquimós
Antía, Carla e Alba trouxeron neve á nosa biblio en pleno mes de maio, e iglús e kaiacs e mil tonalidades diferentes de branco. Aínda que as temperaturas están baixiñas para este mes en Taragoña non nevou, así que tiveron que botar man dun álbum de OQO titulado "Os mil brancos dos esquimós" que foi escrito por Isabel Minhós Martíns e ilustrado por Madalena Matoso. Foi sorprendente descubrir que o pobo esquimó ve o seu mundo dunha maneira tan rica e tan diferente da nosa.








Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 14-05-2010 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
A máscara do león
A Máscara do león vai dun leonciño que tiña algúns problemas, entre eles que sempre levaba na cara un sorriso enorme e... cando intentaba enfadarse, saíalle a cara riseira. E un dia, o pai pediulle ao picapau, unha máscara terrorifica! A mascara era tan terrorifica, que os seus amigos lle tiñan moito medo.

David Lorenzo 5ºA















David e Óscar contándonos A mascara do león de Margarita del Mazo, editado por OQO.
Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 04-05-2010 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0