biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha escritora de Literatura Infantil e Xuvenil na Academia
Hai unha semana a RAG (Real Academia Galega) elexiu a Fina Casalderrey como académica numeraria. As bibliotecas escolares galegas queremos expresar a nosa ledicia por este nomeamento e facela visible desde os nosos blogues, todos xuntos e simultaneamente.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-01-2013 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
Fina Casalderrey, académica da lingua
A escritora Fina Casalderrey foi escollida onte académica da Real Academia da Lingua Galega. Na BBS aledámonos moito con esta nova porque con Fina Casalderrey entrará na Academia a literatura infantil e xuvenil e porque algúns dos seus libros están entre os nosos favoritos.

Así se recolle a nova na páxina da Real Academia.

Para saber máis sobre unha das escritoras máis importantes da literatura infantil e xuvenil galega entrade na súa páxina persoal:
Fina Casalderrey

Neste enlace poderás ver todos os libros de Fina Casalderrey que temos na BBS.

Fina Casalderrey na BBS
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-01-2013 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Os premios ás bibliotecas galegas na TVG

Así se recolleu na TVG a entrega dos premios ás bibliotecas galegas. Viñeron por sorpresa á BBS.

Para ver a reportaxe no telexornal do mediodía preme aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2012 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Na casa!

O martes no recreo antes de empezar o conto co noso diploma xa na BBS.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2012 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
En Madrid

Os representantes das seis bibliotecas galegas premiadas co Conselleiro de Educación, o Director Xeral de centros e a Subdirectora de Cooperación Territorial.







Na Biblioteca Nacional, a punto de recoller o noso premio.





Xa está, xa o temos!
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2012 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
Aquí está o noso diploma!

Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2012 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Premios do Concurso Nacional de Boas Prácticas para a innovación das Bibliotecas dos centros escolares
Mañá, luns 10 de decembro,  no salón de actos da Biblioteca Nacional, ás doce e media da mañá, farase entrega ao noso centro do terceiro premio do Concurso Nacional de Boas Prácticas para a dinamización e innovación das Bibliotecas de centros escolares da convocatoria do ano 2011. 
Alí estaremos tres profesoras representando a toda a escola e recollendo, orgullosas e felices, un premio que é de toda a comunidade educativa do CEP Xosé Mª Brea Segade, como a nosa biblioteca. Segundo se recolle na resolución do concurso o premio valora "a implicación de toda a comunidade escolar no proxecto da biblioteca, o proxecto lector e as iniciativas de difusión do patrimonio literario propio". Para nós supón tamén un recoñecemento ao compromiso da comunidade educativa do Brea Segade cunha escola pública, galega e de calidade.
Seremos seis bibliotecas galegas as que recibamos premios, unha mostra do bo facer das nosas bibliotecas, sempre apoiadas e impulsadas desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.


Convocatoria do acto de entrega na páxina da Biblioteca Nacional.






Comentarios (21) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-12-2012 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Boletín Informativo para as familias
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-12-2012 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
O extraño caso da morte de lady Saraiba

E a outra oferta teatral desta fin de semana está dirixida a público familiar e ten un valor especial pois se trata dunha obra escrita e representada polos nenos e nenas do Grupo de teatro Airiños. E é que en Rianxo hai unha boa canteira teatral, como non, oitenta anos de teatro amador teñense que notar.
O extraño caso da morte de lady Saraiba (e as que viñeron despois) é unha divertidísima obra policíaca que seguro que vos vai encantar. Non deixedes de ir.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-11-2012 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
Shakespeare para ignorantes

Esta fin de semana non hai disculpa para non ir ao teatro en Rianxo. Hoxe venres, ás 21:00 horas Mofa e Befa e Quico Cadaval estarán no Auditorio cunha obra que tivo unha boísima acollida entre o público e a crítica e que, nestes tempos tan difíciles para as iniciativas culturais, segue a representarse pese a levar xa dous anos en cartel e percorrendo Galicia. Unha oportunidade de ver bo teatro "na casa" que non nos podemos perder. Nesta ocasión mandade aos grandes da vosa casa, vós agardade á proposta do sábado.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-11-2012 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
NORABOA AIRIÑOS!

O grupo de teatro Airiños de Asados recibiu o Premio da Cultura Galega 2012 na modalidade de Artes Escénicas!

Parabéns, Airiños, por este recoñecemento a case 80 anos de paixón polo teatro, alimentada e coidada con esmero desde a parroquia de Asados. Grazas Airiños por tantos anos de bo traballo, polo voso compromiso coa lingua e coa cultura propias, polo vosa implicación en todas as iniciativas culturais do noso municipio, por facernos gozar tanto co teatro...
Permitídenos que desde a BBS enviemos unha aperta e un bico especiais para Tino, militante activo do bo facer en Airiños e no CEP Brea Segade. Noraboa, Tino!
Longa vida a Airiños!


Lede a nova en Certo.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-11-2012 08:27
# Ligazón permanente a este artigo
Baleadas
Mañá imos toda a escola ao teatro. Co que nos gusta o teatro! A compañía Traspediante estará no Auditorio de Rianxo coa súa obra Baleadas. É un espectáculo tridimensional no que se empregan a pintura, a música e a danza para dar vida a poemas do libro Balea2 de Estevo Creus. Para saber máis sobre a obra clicade neste enlace
.
E para saber máis sobre o poemario de Estevo Creus neste.
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-11-2012 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
Nin rico nin pobre (senón todo o contrario)

Que cara tan coñecida! Sabedes quen é?

Hoxe ás 21:00 horas hai teatro no Auditorio de Rianxo. Sempre nos gusta ir ao teatro e neste caso moito máis. Trátase da nova obra do Cadro artístico Airiños de Asados, así que temos moitos caras coñecidas e moitos amigos e maigas entre os actores e actrices. A obra é moi divertida e os de Airiños, unha vez máis, fan un traballo fantástico. Non deixedes de ir e de paso a ver se entre tod@s acabamos de descubrir de que nos soa esa cara do actor protagonista.


Enlazamos aquí a reportaxe fotográfica que o xornal virtual Certo publicou sobre a estrea da obra de Airiños.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-11-2012 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia: LER PARA VER
Os días 9 e 10 de novembro celebráronse en Santiago de Compostela as IV Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia ás que asistimos algúns membros do equipo de biblioteca. As xornadas son para nós unha oportunidade única de escoitar e aprender dalgúns dos profesionais máis prestixiosos do mundo das bibliotecas e da educación e tamén de compartir experiencias con outros profes de toda Galicia, que coma nós, están "enganchad@s" coas bibliotecas escolares.
Nesta ocasión as xornadas centráronse na importancia da lectura crítica dos medios de comunicación e no papel da biblioteca escolar na difusión e democratización das fontes de información e aprendizaxe en distintos soportes e formatos, que hoxe en día resultan imprescindibles na formación do noso alumnado. Tivemos a posibilidade de escoitar e quedar impresionadas coas charlas de Fabio Tropea, Tíscar Lara e Luis González e tamén de aprender das experiencias doutros centros educativos coa banda deseñada, a radio, a prensa, o vídeo, as montaxes audiovisuais...
Estades avisad@s, vimos coas pilas cargadas, un montón de ideas na cabeza e moitas ganas de seguir traballando arreo na nosa BBS.
Graciñas ás organizadoras e colaboradores destas xornadas que fixeron posible, un ano máis, que continuemos formándonos e ilusionándonos.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-11-2012 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
BBS para as familias
Familias BBS 2012-2013
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-11-2012 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [16]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0