biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

SEIS ANOS!

O 18 de maio do 2007 publicabamos:

"No mes de maio

Botamos a andar este blogue con moitas ganas de compartir o que desde a nosa biblioteca estamos facendo e aprendendo.
Gústanos comezar esta aventura en maio, mes de celebración das nosas letras, da nosa cultura, da nosa identidade.
Queremos que a biblioteca de Educaldea sexa unha biblioteca viva, xeradora de todo tipo de aprendizaxes, fonte de información, espazo de encontro coa cultura, coa imaxinación e co saber. Só coa implicación do conxunto da comunidade escolar e de todas as persoas que se sinten identificadas co noso proxecto, poderemos avanzar nesa dirección, por iso convidámosvos a participar tamén desde este blogue."


Seis anos despois seguimos crendo neste proxecto e traballando para facelo realidade. O noso blogue foi testemuña ao longo deste tempo de todo o que fomos construíndo, de todos os pasos dados nunha mesma dirección e da ilusión que tod@s puxemos e seguimos poñendo en cada proxecto que comezamos. Hoxe, máis que nunca, cremos na necesidade de consolidar o noso proxecto para a Biblioteca Brea Segade e de contribuír desde ela a fortalecer a escola pública e de calidade na que cremos.
Agradecemos a implicación de toda a comunidade escolar na biblioteca e tamén no blogue e convidámosvos a continuar participando activamente nas actividades da biblioteca e no blogue, o noso caderno de viaxe.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2013 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
Venres verdes na BBS
Sobran motivos para unirnos aos "Venres verdes" da Asamblea en Defensa do Ensino Público da Barbanza.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-04-2013 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
Mar de mulleres, mulleres de mar
Mariscadoras, mariñeiras, traballadoras da conseva, redeiras, piratas... mulleres que, coma moitas en Rianxo, viven do mar e aman o mar. O Manuel Antonio, de 4 a 4, navegou no noso auditorio e nos encantou.Que ben o pasamos! E canto aprendimos!


Un mar de grazas, Airiños! Sodes fantástic@s!




Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-04-2013 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus a José Luís Sampedro

Hoxe coñecemos a nova do falecemento do escritor e economista José Luís Sampedro. Seguramente moitos de vós nunca escoitastes falar del aínda, pero desde a BBS e moitas outras bibliotecas, agardamos que cando medredes coñezades e admiredes o pensamento e a obra deste intelectual comprometido que nos deixa innumerables leccións de humanismo e sentido común e grandes novelas cheas de sensibilidade.
Desde a BBS queremos sumarnos a esta pequena homenaxe das bibliotecas escolares galegas a un home do que, sen dúbida, seguiremos aprendendo.

- Páxina oficial de José Luís Sampedro.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2013 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Con Gochi
Hoxe Gochi pasou o día con nós. Para estar máis a gusto e poder aproveitar mellor o encontro, dividímonos en tres grupos e ao longo do día fomos pasando pola biblioteca para coñecelo e escoitalo falar sobre banda deseñada e sobre Trasmallo.
Aprendemos os distintos tipos de banda deseñada que podemos atopar e de onde proceden, como se organiza o traballo para elaborar unha tira de cómic, que materiais se empregan, como se elabora unha viñeta co ordenador... E rematamos cunha primicia: Gochi está a traballar nun novo álbum de Trasmallo! Incluso vimos un adianto dalgunha páxina. Demos un paso máis para entender e engancharnos ao mundo do cómic .






E ademais das charlas, Gochi agasallounos con libros da súa editorial, Cerditos de Guinea, para a biblioteca e libros e posters de Trasmallo para tod@s vós. Que sortaza!

Graciñas, Gochi!
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-03-2013 00:38
# Ligazón permanente a este artigo
Domingo no Salón do Libro





Saiu o sol, hoxe sí que apetece máis unha escapadiña a Pontevedra. Isto é o que podedes atopar:

DOMINGO 17

11:00 h A Maquichola (Sala de Exposicións do Pazo da Cultura)
Obradoiro de elaboración de minicontos impartido por Tegra Gómez Pino.
Esta actividade celebrarase ao longo de todo o día.

11:00 h Os Bolechas, a toda máquina (Sala de Exposicións do Pazo da Cultura)
Xogos familiares
Espazo Bolechas: Xogos e actividades interactivas co universo dos Bolechas.Bolanda Edicións.

12:00 h e 18:30h Alí Babá y los cuarenta ladrones (Teatro Principal de Pontevedra)
Teatro
Espectáculo de teatro dentro da Programación de Domingos do Principal.Borobil Teatro
A partir de 5 anos. Prezo 3 EUR + Gastos de tramitación.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-03-2013 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Un mar de mulleres

Esta fin de semana ademais de poder facer unha nova escapada ao Salón do libro de Pontevedra, temos teatro express en todas as parroquias de Rianxo. Unha nova proposta da Concellaría de Educación, Cultura e Normalización Lingüística en colaboración co grupo de teatro Airiños, desta vez tratando a temática da muller que traballa no mar. Atent@s aos días, lugares e horas que recolle o cartel, temos seis oportunidades de ver este espectáculo que ten pintaza e que para tod@s os tripulantes de motora do Brea Segade é cita obrigada.

Para máis información clicade AQUÍ
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-03-2013 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

A cita anual dos centros que pertencemos ao Plambe, para formarnos, intercambiar ideas, compartir experiencias, recargar pilas... Unha das claves do éxito do Plambe, a formación de calidade que a Asesoría de Bibliotecas Escolares nos oferta.

Programa
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-03-2013 08:06
# Ligazón permanente a este artigo
Mañá domingo no Salón...



11:00h: A Cidade de Cenorio (Sala de Exposicións do Pazo da Cultura)
Para xogar libremente a este novo xogo chamado ?A Cidade de Cenorio?, da empresa Galileo Nenos, xoguetes educativos en galego. De 4 a 12 anos.

12:00 h: Far West (Teatro Principal de Pontevedra)
Da compañía Yllana.
Espectáculo de teatro dentro da Programación de Domingos do Principal.
A partir de 6 anos. Prezo 3 EUR + Gastos de tramitación.

12:00 h: Burro-Máquina (Sala de Exposicións do Pazo da Cultura)
Contacontos por Fantoches Baj.
Actividade de animación con contos, xogos e cancións.
De 4 a 12 anos.


12:00 h: A titiricleta do titiricleteiro (Sala de Exposicións do Pazo da Cultura)
Contacontos: O Carballo con Botas. Festival de títeres e tricicleta.

17:30 h: O trenciño rebuldeiro (Sala de Exposicións do Pazo da Cultura)
Obradoiro no que os rapaces e rapazas construirán un tren de xoguete a tamaño real co que poderán xogar xuntos. Baseado no conto "O trenciño rebuldeiro" da Editorial Patas de Peixe
A partir de 4 anos.

18:30 h: Far West (Teatro Principal de Pontevedra)
Teatro da compañía Yllana.
Espectáculo de teatro dentro da Programación de Domingos do Principal.
A partir de 6 anos. Prezo 3 EUR + Gastos de tramitación.

18:30 h: A titiricleta do titiricleteiro (Sala de Exposicións do Pazo da Cultura)
Contacontos: O Carballo con Botas. Festival de títeres e tricicleta.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-03-2013 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Na inauguración do Salón

Aquí vedes aos alumnos e alumnas da Aula Folque Infantil de Pontevedra que foron os encargad@s de conducir o acto inaugural do XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Desenchufad@s é o título do divertido e sorprendente espectáculo, mestura de teatro e música, que prepararon para dar comezo ao intenso programa de actividades que durante tres semanas se desenvolverá no Pazo da Cultura. Alí estivemos, seguindo todo con moita atención, unha representación do Brea Segade, nenos e nenas, familias e profes.
E por fin poidemos entrar no espazo do Salón.

CHULÍSIMO!

Difícil de contar con palabras, así que recurriremos ás imaxes. A ver se sentides a mesma emoción que nós ao ver tantos traballos incribles de nenos e nenas que, coma vós, están enganchados coa lectura e co coñecemento. Temos que recoñecer que sentimos un poquiño máis de emoción, ao ver á nosa motora, en moi boa compaña, rodeada de máquinas feitas, coma ela, con moito agarimo.Non perdades a oportunidade de visitar o Salón e de participar nas actividades, paga a pena!






NOS MEDIOS

O Brea Segade no Xornal Certo

O Brea Segade en La Voz edición Barbanza

O Salón do Libro en La Voz edición Pontevedra.

Crónica sobre o primeiro día do Salón na Voz edición Pontevedra.

No Diario de Pontevedra, que tamén fala de nós.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-03-2013 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Abre o Salón do Libro!




Mañá sábado inaugurase o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e alí estaremos familias e profes do Brea Segade. A Anpa organizou unha viaxe para pasar o día en Pontevedra; todo facilidades para empezar a gozar do Salón desde o primeiro día. Este é o programa de actos para mañá:

- 11:30 Acto Inaugural do XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Desenchufad@s, conducido polo alumnado da Aula Folque Infantil.


- 12:30 Contacontos a cargo de Pavís Pavós.

- 17:30 Burro-máquina con Fantoches Baj. Actividade de animación con xogos contos e cancións.

- 17:30 O trenciño rebuldeiro. Obradoiro de baseado no conto do mesmo título da editorial Patas de Peixe.

- 17:30 A cidade de cenorio.Xogo libre co novo xoguete educativo da empresa Galileo Nenos.

Ao longo de todo día visita á exposición de traballos escolares e ambientación do Salón.

Como vedes hai onde escoller! Animádevos e achegádevos ata Pontevedra!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-03-2013 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
A toda máquina!

O XIV Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra xa quenta motores! A toda máquina! o lema deste ano, convida a buscar un oco nas nosas axendas para visitar o salón entre o 2 e o 23 de marzo e gozar do mundo dos libros e da lectura. Este ano ademais temos un motivo a maiores para preparar unha escapada a Pontevedra: o Brea Segade participa no salón como centro convidado.

Mirade que programa de actividades tan apetecible presenta o salón nesta edición. PROGRAMA
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2013 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Entroido!
Desde a BBS querémosvos agasallar cun temazo de Entroido que xa foi exitazo durante toda esta semana nalgunhas clases da escola: "O Antroido move o corpo" de Paco Nogueiras Nodar. Seguro que vos vai gustar e non ides parar de bailar. Porque aínda que chova a cachón estamos no Entroido e temos que "antroidar". Pasádeo ben! BBS


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-02-2013 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
O merlo branco
Esta tarde, dentro das actividades de conmemoración do Día da Paz, tivemos na nosa escola a unha das seccións do grupo de teatro Criaturas de Rianxo. Representaron para nós O merlo branco de Cándido Pazó, unha divertidísima obra que é un canto á tolerancia, ao respecto á diferenza e a convivencia. Estupenda obra teatral e estupenda interpretación dos rapaces e rapazas de Criaturas, que nos engancharon desde o mesmo comezo da función.

Noraboa e graciñas, Criaturas!





Unha aperta moi especial para o merlo branco. Isaac, moito nos gustou verte outra vez sobre o escenario do noso auditorio.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2013 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Roi Casal no colexio
Mañá martes Roi Casal estará na nosa escola!
Virá para compartir con nós a súa música e animarnos a asistir ao concerto que dará o sábado que vén no Auditorio de Rianxo dentro dos Actos Castelao 2013 que organiza a Concellería de Educación, Cultura e Normalización linguística do concello de Rianxo. Os CDs de Roi xa levan tempo na nosa biblioteca e tamén viaxando nas nosas mochilas, algúns dos seus vídeos xa se colgaron neste blogue e tamén en Educaldea e temos que confesar que aínda que non tiveramos a sorte de telo na nosa escola, non nos perderiamos o seu concerto. Pero, é un luxo podelo ter mañá só para nós.

Subimos de novo un vídeo dun tema fermosísimo e cargado de significado, moi ben acaído para os actos de Castelao e para o día despois da manifestación pola nosa lingua convocada por Queremos Galego. O noso idioma, a chave coa que abrimos o mundo, Máxicamente vello; partindo dun poema de Manuel María.



Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-01-2013 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [16]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0