biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2013/2014
Este xoves e venres celébranse en Santiago os Encontros das bibliotecas do Plambe. Como sabedes a nosa biblioteca forma parte dese plan desde o ano 2007, polo que mañá participaremos nunha xornada de formación para continuar reflexionando, aprendendo e intercambiando recursos e experiencias sobre bibliotecas escolares.

Agardamos, coma sempre, traer de volta un cargamento de ideas, proxectos e ilusión para continuar consolidando o noso proxecto de biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-03-2014 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Castelao
Estamos traballando sobre a vida e a obra de Castelao para preparar a charla que Miguel Anxo Seixas, membro da Fundación Castelao, dará na nosa escola. Enlazamos nesta entrada diversas páxinas que nos axudarán a afondar na vida e obra de Afonso Daniel Rodríguez Castelao.


Persoeiros no Museo de Pontevedra. Castelao

Catálogo da obra de Castelao no Museo de Pontevedra.

Castelao na Biblioteca Virtual Galega.

Castelao na Biblioteca Virtual Brea Segade.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-02-2014 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
Sementes de Paz
Onte deitamos ás nosas Sementes de Paz, cargadas de mensaxes que, se xerminan, farán agromar un mundo mellor, un mundo en Paz. Sabemos que non todas as sementes xerminan porque as veces non se dan as condicións axeitadas. Sabemos que as sementes precisan de boa terra, de humidade e de calor. Ese foi o noso compromiso no Día da Paz, traballar e contribuír desde o día a día para que se dean as condicións precisas para que agrome a Paz na escola, nas casas, na aldea... no mundo. Labreg@s da Paz, case nada!

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-01-2014 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Ilustración en Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluíu por vez primeira no calendario da lectura de 2014, a celebración do Día da Ilustración en Galicia, coincidindo coa data de nacemento de Castelao. Nesta ocasión os actos se centran nas bibliotecas nodais de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e na da Cidade da Cultura. O cartel anunciador da celebración é obra de Miguelanxo Prado, un dos máis destacados representantes do mundo da ilustración e a banda deseñada galega.
Castelao, Paz, ilustración... parécenos unha boa combinación. Nas nosas aulas estamos a traballar sobre a paz e sobre a faceta de ilustrador de Castelao, xa que o luns teremos na escola unha charla enmarcada na celebración do mes de Castelao e impartida por Miguel Anxo Seixas, membro da Fundación Castelao.

Na BBS gústanos que o calendario da lectura poña en valor a figura dos ilustradores e ilustradoras e que se escollera o 30 de xaneiro, unha data cargada de significado.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-01-2014 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
OINK!
Atent@s tod@s a este proxecto de mecenado da revista OINK!, unha revista para rapaces e rapazas feita en galego e desde Galicia. Animádevos!

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-01-2014 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
NELSON MANDELA






Despedimos a Nelson Mandela poucos días antes da celebración do Día Internacional dos Dereitos Humanos. El representa a loita pola dignidade e os dereitos dun pobo e tamén a aposta polo perdón e a reconciliación para avanzar e cambiar o mundo. Cremos que a nosa homenaxe debe partir do coñecemento da súa vida e do seu pensamento. Despedimos a un home bo que cambiu a historia do seu país, Sudáfrica, e contribuíu a construir un mundo mellor.

Queremos agradecer a Rosana Rodiles , responsable da biblioteca Xoán Farías, do CEIP de Pazos, a imaxe que elaborou para que as bibliotecas escolares galegas deramos o noso adeus a Nelson Mandela.




















PARA SABER MÁIS:

NELSON MANDELA na Galipedia.

Na BBS:










Nelson Mandela: Viaxe á liberdade





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-12-2013 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
...Agroman palabras


E tras un mes sementando e coidando, comezaron a agromar...








Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-11-2013 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
O día a día dunha biblioteca escolar
A Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia agasallounos no Día da Biblioteca cunha sorpresa que agardabamos con ganas, o vídeo que viñeron gravar ao noso centro na primavera pasada. Forma parte dun conxunto de vídeos (nove en total) que pretenden mostrar a realidade das bibliotecas escolares galegas e unha escolma das interesantes experiencias e boas prácticas que nelas se están a desenvolver.
Veredes que non se incluiu todo o que se gravou naquel día de maio, tiveron que seleccionar para axustar os tempos, pero pensamos que o vídeo transmite unha parte importante do que é o proxecto da BBS.
Desde o equipo de biblioteca queremos agradecer a colaboración de toda a comunidade escolar: profesorado, alumnado e familias pero non só na gravación do video, senón no día a día. E queremos agradecer tamén á Asesoría de Bibliotecas Escolares que contase coa Biblioteca Brea Segade.

Agardamos que vos guste.






Neste enlace da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia podedes ver todos vídeos sobre boas prácticas en bibliotecas escolares que se gravaron en centros que forman parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-10-2013 01:00
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Biblioteca 2013
Este ano conmemoramos o Día da Biblioteca o venres 25 de outubro, aínda que o certo é que levamos todo o mes celebrando, día a día, que a BBS volve estar chea de vida, botando a andar todas as actividades de carácter anual que tan agardadas e queridas son por todos vos: Mochilas Viaxeiras, Contacontos, Clubs, Axudantes...
Este curso a clase de 3ºA preparou un poema musicado e dramatizado para todos nós e despois a BBS nos agasallou cuns marcapáxinas moi orixinais para animarnos a continuar sementando e desexando que agromen froitos.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2013 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
II Ramagem Literária Pega no livro

O vindeiro domingo 20 de outubro terá lugar en Rianxo o encontro de lectores do colectivo Pega no livro.
Pega no Livro é unha rede de clubes de lectura que queren promover a lectura e prioritariamente a lectura en portugués. Os clubes que forman parte desta rede inclúen na súa programación anual un libro en portugués.
A nosa escola acollerá boa parte dos actos do encontro, que é aberto á participación de tod@s @s lector@s que queiran sumarse. Estamos encantados de recibir aos compañeiros e compañeiras de Pega no Livro e de poder compartir con eles unha xornada de promoción da lectura e da literatura galega e portuguesa.

Se quededes participar ou recibir máis información enviade un correo ao seguinte enderezo:
peganolivro@gmail.com


Programa completo aquí.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-10-2013 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
SEMENTANDO LETRAS, AGROMAN PALABRAS

COMEZAMOS!

Hoxe abriu a biblioteca no recreo. Xa preguntastes polos contacontos, polos clubs, polas mochilas, polos axudantes...
Cantas ganas de volver a encher de vida a BBS!
Comezaron as primeiras sesións de formación de usuari@s que se prolongarán ata a semana que vén.
E o noso lema deste curso xa preside a entrada do colexio.
Todo listo para comezar sementar.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-10-2013 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
V Encontro Bibliotecas e Municipio

Mañá, 1 de outubro terá lugar en Madrid o V Encontro Bibliotecas e Municipio que xirará en torno á cooperación entre bibliotecas públicas e bibliotecas escolares. É un tema co que nos sentimos moi identificad@s porque as bibliotecas escolares de Rianxo e moi concretamente a BBS, levamos anos gozando dunha fecundísima cooperación coa Biblioteca Pública Municipal Castelao a través da súa responsable, Sofía Carou. De feito, a relación da biblioteca municipal con todas as bibliotecas escolares do municipio foi considerada unha das "Experiencias de Interés" de Galicia e a colaboración que desenvolve en concreto coa Biblioteca Brea Segade tamén está recollida entre as experiencias interesantes.
Na BBS estamos moi content@s e orgullos@s de que se recoñeza o labor de coordinación coas bibliotecas escolares que se está a promover desde a biblioteca municipal e se valore o esforzo e o traballo conxunto a prol da lectura e da cultura.
Graciñas Sofía por facer tan doada esta colaboración.
Queremos agradecer á Asesoría de Bibliotecas Escolares todas as "experiencias interesantes" e oportunidades de formación que nos brinda, grazas ás cales o noso proxecto de biblioteca pode estar entre interesantísimas experiencias de todo o estado. Que a presenza das bibliotecas galegas sexa tan numerosa neste e noutros encontros non é froito da casualidade.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-09-2013 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
Fun ao mercado
Unha das nosas favoritas do disco de María Fumaça. Ide practicando para mañá.

Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-06-2013 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Cantar e bailar para ser máis feliz
Mañá subirémonos a MARÍA FUMAÇA. Será ás 11 e cuarto no Auditorio de Rianxo.
Que ganiñas temos de cantar e bailar para ser moi, moi felices!

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-06-2013 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Despedida dos axudantes de biblioteca

E seguimos pechando actividades na BBS. Nesta ocasión despedímonos dos axudantes deste curso: Raúl, Carla Pedrouzo, Antía, Brais Rodríguez, Alba, Brais Rial, Miguel, Iria, Sergio, Alicia, Dunia, Carla Lorenzo, Joel, Iván e Álex.
Graciñas polo voso traballo e a vosa compaña nos recreos deste curso. Contamos con que os que pasades para sexto continuedes o curso que vén. Moita sorte para os que ides para secundaria.
Aquí os tedes co seu diploma de axudantes da BBS e o noso agasallo para o verán, unha estera para relaxarse e ler na praia ou no monte. Porque o sol e a calor acabarán chegando!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2013 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0