biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Visita dos alumn@s do IES Félix Muriel
O mércores a primeira hora un grupo de axudantes da BBS anunciaron que no recreo habería conto, pero que non se sabía quen serían os contadores ou contadoras.





Así que no recreo fomos á biblio a escoitar O xigante do pantano e resolver o misterio do@s contador@s.




Lara, Alba e Jenni



Misterio resolto!

Un grupo de alumnos e alumnas do IES Félix Muriel viñan a nosa escola a contarnos contos.
Que sorte tiñamos!
No recreo as contadoras foron Lara, Alba a e Jenni e despois, na Hora de Ler, todas as clases recibiron a rapaces e rapazas do Félix Muriel que nos agasallaron coa lectura dun conto.





Na BBS




Lara con O xigante do pantano




Alba e Jenni con Feroz, o lobo






Nas clases, na Hora de Ler.




Carme e Dani en 2º




Carmen en 4ºA





Ángela en 5º




María e Andrea en 6º


Grazas a tod@s os que vos achegastes ao Brea Segade a compartir lecturas con nós; lembrade que xa sodes "Libernautas da BBS"!
Grazas ao Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Félix Muriel.










Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-03-2015 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
De catro a catro. Catro sigraduras en honra de Manuel Antonio

Hoxe comenzan as singraduras coa presentación da obra completa de Manuel Antonio no Salón de Plenos do Concello ás 19:00.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-03-2015 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Que ben o pasamos!


Auditorio de Rianxo, 3 de decembro 2014.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-12-2014 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

Mañá imos tod@s ao teatro!
Temos a sorte de poder asistir no Auditorio de Rianxo á representación de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, unha produción do Centro Dramático Galego. A obra de Carlos Casares é un clásico do teatro infantil, que xa se representara en Compostela hai uns dez anos e que tamén foramos ver co alumnado do Brea Segade. Trátase dunha historia fantástica, a primeira deste tipo na literatura infantil galega, que foi tamén a primeira obra de teatro para rapaces/zas representada polo Centro Dramatico Galego.

Para saber máis entrade en "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas"
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-12-2014 08:20
# Ligazón permanente a este artigo
25 de novembro: O libro dos porcos
Na BBS conmemoramos o Día contra a violencia de xénero apostando, como cada día, pola cultura e a lectura, porque cremos que ambas contribúen á eliminación do que é un dos graves problemas da nosa sociedade.
Andrea, Fátima, Iria, Jorge, Laura e Noelia leron nos contacontos do recreo O libro dos porcos de Anthony Browne e remataron o conto preguntándonos:
E vós, sodes uns porcos?
Porque é responsabilidade de tod@s nós facer que o mundo cambie día a día.
Graciñas aos seis por contarnos tan ben un conto que nos dá que pensar. Tod@s deberiamos lelo... e aprender del.







Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-11-2014 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
Dereitos da infancia
O 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos da Infancia. A semana pasada en todas as clases traballamos sobre o significado deses dereitos e sobre a situación da infancia no mundo.
O equipo das TICs e o equipo de actividades extraescolares e complementarias elaboraron unhas presentacións nas que vós, os nenos e nenas do Brea Segade, sodes protagonistas. O propio día 20 en todas as clases vimos as presentacións coa axuda do alumnado de 4ºB e despois cada neno/a recibiu un tríptico cos Dereitos da Infancia. Aquí tedes as presentacións (unha co alumnado de 1º,2º e 3º e outra cos de 4º, 5º e 6º) para que poidades volver velas e non perder detalle.





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-11-2014 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
Samaín no Brea Segade






No Samaín comezamos entrando na escola polo tunel do terror e ao pouco, cando creramos que nos recuperaramos do susto, quedamos sen luz e tivemos que superar unha chea de "probas terroríficas" para recuperala. Samaín, luz, escuridade... que boa combinación!


Aquí tedes enlazados algúns dos blogues do cole para relembrar o día do Samaín no Brea Segade.

CEP Brea Segade

Educaldea
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2014 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
"De luzada"

A celebración do Día da Biblioteca tivo un momento especialmente emocionante, escoitar ao alumnado de 5º e 6º interpretar "De luzada" de Jesús Frieiro "Pinciñas". "De luzada" xa é a "canción oficial" da campaña da BBS deste curso. Hoxe escenificamos na celebración do Día da Biblioteca o que queremos que sexa o noso proxecto: aprender, investigar, innovar, descubrir... neste caso sobre a luz, sen perder a referencia do que nos fai ser o que somos, as nosas orixes e a nosa cultura.
Aquí tedes a letra e a partitura do tema de Jesús Frieiro "Pinciñas". É fermosísismo, emociona escoitalo! Ide practicando para cantalo tod@s xuntos.
Grazas á Aula de Música por este novo agasallo para a BBS.









Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2014 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Biblioteca 2014





Hoxe na Hora de Ler celebramos tod@s xunt@s o Día da Biblioteca.
O venres 24 tamén fixemos, no Castro Barbudo, a nosa homenaxe ás Letras Rianxeiras, recitando a Xosé Mª Brea Segade e unha escolma das coplas rianxeiras de tradición oral coas que comezaremos a traballar en novembro, na Semana da Tradición Oral, e continuaremos... todo o curso.
No Brea Segade todos os días do ano son o Día da Biblioteca, porque cada actividade que realizamos na BBS é unha pequena festa da lectura e da cultura. Hoxe quixemos xuntarnos para reafirmar que nos gusta a nosa biblioteca, que estamos comprometid@s con ela e co seu proxecto e que queremos continuar gozando dela día a día.
Fixémolo como mellor sabemos, e como máis nos gusta: cantando, recitando, falando de contos, de libros, de maxia e da nosa cultura.









2º e 5º recitando "O Libro Máxico"




2º e 5º recitando "O Libro Máxico"




5º e 6º interpretando "De Luzada"






Para rematar, non podía ser doutro xeito, a BBS tiña para nós un agasallo, un pequeno faro para ir "a luzada das letras". Un marcapáxinas para as nosas axendas.








Feliz Día das Bibliotecas todo o ano!







A luzada das letras


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2014 16:56
# Ligazón permanente a este artigo
No Castro Barbudo

Xa temos a reportaxe completa da subida ao Castro Barbudo no blogue de Educaldea.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2014 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
Subida ao Castro Barbudo
Mañá venres todo o colexio subirá andando ao Castro Barbudo.Como xa é tradición no Brea Segade, o Equipo de Dinamización Lingüística promove a realización dunha andaina para pasar unha mañá xunt@s fóra das aulas, coñecernos mellor e coñecer mellor algún lugar de especial interese no noso municipio.
Aquí tedes o tríptico informativo elaborado polo equipo de Normalización para preparar a saída. Inclúe as coplas de tradición oral, recollidas en Rianxo, que recitaremos no Castro Barbudo. Coplas moi fermosas e de enorme valor porque forman parte da nosa tradición máis próxima e transmiten o saber e o ser dos nos@s maiores.


Clicando nas imaxes poderedes velas en grande.







Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-10-2014 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
A "lusada" das letras

A BBS xa está de novo en marcha!

A UNESCO proclamou o ano 2015 como Ano Internacional da Luz e a BBS deciciu que este curso traballaremos sobre a luz desde distintos enfoques: tipos de luz, tecnoloxía, aforro enerxético, a luz na linguaxe, historia da luz, a luz nas artes, a luz na tradición, a luz e o mar...
O noso lema é un recoñecemento á importancia da luz e das letras nas nosas vidas, partindo da nosa realidade máis próxima, o noso mar e as xentes que traballan nel "a lusada".
Comezamos pois, unha nova aventura na BBS:
"A luzada das letras"

Contamos con tod@s vós para acompañarnos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-10-2014 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Queda pouco...

Xa queda moi pouco para que a BBS abra as súas portas de novo. Empezáronse ver sinais evidentes de que algo está en marcha. Mirade o taboleiro da entrada do cole, despois de días de escuridade, hoxe poidemos ver algo. Non está rematado pero...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-09-2014 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Sete anos!

Estamos de aniversario!
Un 18 de maio hai xa sete anos botou andar o blogue da Biblioteca Brea Segade. Canto temos compartido neste anos! O certo é que mantemos as mesmas ganas e a mesma ilusión que o primeiro día e que seguimos crendo no que expresabamos no primeiro artigo do blogue.
Parabéns a toda a comunidade educativa do Brea Segade polo traballo e implicación que deixa ver este blogue.
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2014 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
25 de abril





Mañá,pola tarde ás 7 e media está convocada unha concentración veciñal para cantar Grândola xunto a estatua de Castelao.
Fermosa iniciativa á que nos sumamos desde a BBS. Animádevos a asistir, hai motivos!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-04-2014 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0