biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cos Quinquilláns
Este martes o alumando de 5º e 6º tivo a inmensa sorte de poder falar da montaxe do Espantallo amigo e do teatro en xeral con Tero Rodríguez e Lucho Penabade da compañía teatral Os Quinquilláns. Foi un encontro co que quixemos poñer fin ao traballo que nestas semanas fixemos en torno a Xosé Neira Vilas e ao Espantallo amigo.
Hoxe, ao colgar esta entrada, ese encontro cobrou un valor aínda maior. Xosé Neira Vilas faleceu esta mañá e todos sentimos a perda coma propia, pero vendo as imaxes dos rapaces e rapazas do Brea Segade falando sobre a súa obra e apurando o tempo do recreo para seguir compartindo experiencias e opinións con Tero e Lucho, sabemos que, coma o espantallo, Neira Vilas repartiu a súa sabiduría e os seus valores entre nós antes de marchar e que só temos que voltar aos seus libros para mantelos vivos.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-11-2015 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia
O venres e sábado pasado celebráronse en Santiago ás Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, unha cita anual para os docentes que cremos no papel fundamental que as bibliotecas deben desempeñar nos centros e nos procesos educativos.
Uns 900 mestres/as e profesores/as de Secundaria participamos nas Xornadas! Durante dous días reflexionamos sobre o presente e o futuro das bibliotecas escolares coa axuda de expertos como Carlos Magro, Guadalupe Jover, Felicidad Campal, Rosa Piquín e Ana Siro e puidemos coñecer o traballo doutras bibliotecas da man de compañeir@s que presentaron experiencias.
Un ano máis, volvemos a Taragoña con enerxías renovadas, con novas ideas e moi orgullosas de formar parte da "comunidade" das bibliotecas escolares galegas.
Agradecemos á Asesoría de Bibliotecas Escolares e ao Cafi o seu traballo e seu esforzo por facer que as Xornadas sempre conten con ponentes e ponencias de máximo interese e relevancia para a nosa práctica.
Agora... a seguir traballando na BBS día a día.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-11-2015 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Biblioteca escolar, base de exploracións



Imprescindible no mes de outubro e no Día da Biblioteca o cartel e lema que a Asesoría de Bibliotecas Escolares nos propón cada curso para promover e orientar o traballo desenvolvido desde as bibliotecas escolares galegas.

Biblioteca escolar, base de exploracións é un convite a traballar coa información, a explorar a realidade que nos rodea desde diferentes ángulos,aproveitando os recursos ofertados pola biblioteca escolar e enriquecéndoos coas aportacións que xurdan do aprendido no proceso.

Na BBS aceptamos o convite con gusto e asumimos o reto de convertir a nosa axencia de investigación en base de moitas e variadas exploracións.

O fermosísimo cartel da campaña deste curso é obra do ilustrador galego Fran Bueno.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-10-2015 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
24 de outubro
Celebramos hoxe o Día da biblioteca e o facemos cun grande sorriso na cara e un feixe de ilusións e proxectos asomando pola porta da Biblioteca Brea Segade.
Neste día queremos dar os parabéns aos profes, ás familias e aos nenos e nenas do Brea Segade pola vosa implicación no proxecto da biblioteca e por facer a BBS mellor cada día.

GRACIÑAS!
FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!






Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2015 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Por que é salgada a auga do mar?

Aquí tedes os actos que organiza a Biblioteca Pública Municipal Castelao para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro). Aproveitade para ver aos Quinquilláns, coñecer mellor a biblioteca municipal e visitar a exposición sobre o mar que teñen preparada.
Hoxe ás 19:00: Por que é salgada a auga do mar? cos Quinquilláns.
Non deixedes de achegarvos!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-10-2015 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
Gonzalo Hermo gaña o premio Miguel Hernández
O poeta de Taragoña, Gonzalo Hermo, segue a recoller recoñecementos polo súa obra, nesta ocasión o premio nacional de poesía "Miguel Hernández" para autores menores de 31 anos.


Alédanos moitísimo este premio á obra dun poeta novo que escribe na nosa lingua e ten raíces en Taragoña.


Noraboa, Gonzalo!

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2015 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
Ledicia Costas Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil!
Boísima nova para as nosas letras e a nosa literatura infantil e xuvenil! Un premio moi merecido. Que ben o pasamos con Escarlatina a cociñeira defunta e como nos gustou Ledicia cando veu visitarnos o curso pasado!





Noraboa Ledicia!


Bicos desde a BBS
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-10-2015 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Abrimos!
Hoxe é un día especial e moi agardado, a Biblioteca Brea Segade abre as súas portas no curso 2015-2016! Que ganiñas tiñamos!
Agardámosvos a tod@s: nenos, nenas, profes, familias, amig@s, exalumn@s, veciñ@s... Queremos volver ver a BBS chea de vida nas horas lectivas, nos recreos, polas tardes...
Xa sabedes, vémonos na nosa biblioteca!



Tríptico informativo entregado ás familias na xuntanza de comezo de curso.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-10-2015 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
Axencia de investigación BBS

A biblioteca aínda non abriu, pero desde o primeiro día de curso empezamos a "detectar actividades sospeitosas"...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-09-2015 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Comezamos...
Chegou setembro e retomamos a actividade no colexio, preparando todo de cara ao día 10.
Na BBS queremos empezar por compartir a información que recollemos nas enquisas de avaliación do traballo do curso pasado. Recollemos de forma gráfica unha información imprescindible para programar a actividade deste curso. É o noso punto de partida para tomar impulso e continuar traballando día a día pola biblioteca que queremos para o Brea Segade. Os datos recollidos dinnos que imos por bo camiño; grazas a tod@s (alumnado, profesorado e familias) pola vosa implicación no proxecto da BBS. Contamos con vós para o curso que comeza!


Premede nas imaxes para acceder ás publicacións.

AVALIACIÓN REALIZADA POLO ALUMNADO

Avaliación BBS 2014-2015. Alumnado

AVALIACIÓN REALIZADA POLAS FAMILIAS

Avaliación BBS 2014-2015. Familias

AVALIACIÓN REALIZADA POLO PROFESORADO

Avaliación BBS 2014-2015. Profesorado

AVALIACIÓN DOS CLUBS DE LECTURA DA BBS

Avaliación Clubs de Lectura da BBS 2014-2015
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-09-2015 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
Boas vacacións!
E boas lecturas de verán!

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-07-2015 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Héctor Lorenzo
Este venres tivemos a sorte de recibir na BBS ao músico Héctor Lorenzo, que veu presentarnos algunhas das cancións que formarán parte dun libro-disco que sairá en breve. Os temas nacen de poemas de Raúl Gómez Pato e foron musicados por Héctor.
Cantamos, demos palmas e incluso aprendemos algún dos temas enteiriño. Que boa maneira de rematar a semana!!
Teremos que estar moi atent@s á publicación do libro-disco.



Graciñas ao Consorcio Editorial por traernos a Héctor Lorenzo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-05-2015 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Gonzalo Hermo, Premio Nacional da Crítica
Hoxe temos que facernos eco dunha boa nova para as nosas letras, para a poesía e para Taragoña.
Gonzalo Hermo, poeta de Taragoña, ven de gañar o Premio Nacional da Crítica de poesía en lingua galega pola súa obra Celebración.
Gonzalo é un dos escritores incluído na publicación Creadores de Rianxo, levada a cabo dentro do proxecto Rianxo fala, dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Félix Muriel, O CRA de Rianxo e o CEP Brea Segade.

Noraboa, Gonzalo!


Gonzalo Hermo en Creadores de Rianxo.

Foto de Daniel Duarte
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-04-2015 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
Os centros escolares no Salón do Libro de Pontevedra



Video realizado por Pájaros en mi cabeza.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-04-2015 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Día Internacional do Libro Infantil





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-04-2015 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0