biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Día das Bibliotecas
Con motivo do Día das Bibliotecas convidamos a todo o alumnado a virnos visitar e comer folerpas de millo á saúde do Libriño e todos os demáis libros que moran nos andeis da BBS.
Nas clases lemos e comentamos o poema "Tan só con leres un libro" de Ana Mª Fernández e escoitamos a versión musicada por Gloria Mosquera Roel para o grupo Mamácabra. Despois uns grupos continuaron o poema falando da súa experiencia cos libros, outros debuxaron os mundos que atopan nos libros, outros ilustraron o poema...
Tamén fixemos postais de parabéns, que colamos polas paredes e no taboeiro de rolla. O deslizante de abaixo é unha pequena mostra da nosa creatividade, mais prometemos que haberá máis.

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-10-2007 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Discurso d@s nos@s alumn@s no Museo do Pobo.
Somos educaldean@s porque:

El:

Son educaldeano porque gosto da escola.
Son educaldeano porque nacín e vivo nunha aldea galega.
Son educaldeano porque falo galego cos meus pais e cos meus profesores.
Son educaldeano porque os meus amigos tamén falan galego.
Son educaldeano porque rexeito a educación sexista.
Son educaldeano porque creo na imaxinación e no diálogo.
Son educaldeano porque defendo o meu patrimonio cultural e axudo á súa conservación.

Ela:

Son educaldeana porque a cultura popular está integrada na miña educación diaria.
Son educaldeana porque leo libros.
Son educaldeana porque busco información en internet.
Son educaldeana porque participo nos blogs da miña escola.
Son educaldeana porque coido e respecto a paisaxe que me rodea.
Son educaldeana porque represento obras de teatro e canto cancións no noso idioma.
Son educaldeana porque asisto a espectáculos en galego, en inglés e en castelán.
Son educaldeana en definitiva, porque creo nunha educación pública de calidade.

E ti, por que es educaldean@?
Deixa o teu comentario.
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2007 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Outubro
Outubro vai ser un mes especial para a nosa escola. O vindeiro sábado día 6 recolleremos no Museo do Pobo Galego o premio Antonio Fraguas polo proxecto Educaldea que leva xa todo un ano artellando a actividade no noso colexio. Ese día inaugurarase a exposición que recolle o traballo desenvolto no CEP Brea Segade desde que nos foi concedido o premio, alá por xuño do 2006. Esperamos ilusionad@s e tamén algo nervios@s ese grande día e contamos con ser moit@s @s que alí nos xuntemos para celebrar que Educaldea é unha realidade. A exposición permanecerá aberta durante un mes no Museo do Pobo e desde aquí convidamos a tod@s a visitala e a facernos chegar as vosas opinións.
E o mércores 10 reabriremos a biblioteca Brea Segade. Sabemos que somos moit@s os que esperamos con ganas ese día e agora xa está máis cerca.Para ir facendo máis levadeira a espera ide preparando as vosas recomendacións de lecturas ben sexa en forma de debuxo ou de comentario.

AS VOSAS RECOMENDACIÓNS
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-09-2007 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
Charo Pita inaugura o curso!
Charo Pita e Tim BowleyO vindeiro mércores 12 de Setembro, comezamos o curso cunha nova educaldeana, a escritora e contacontos Charo Pita.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-09-2007 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
No mes de maio
Botamos a andar este blogue con moitas ganas de compartir o que desde a nosa biblioteca estamos facendo e aprendendo.
Gústanos comezar esta aventura en maio, mes de celebración das nosas letras, da nosa cultura, da nosa identidade.
Queremos que a biblioteca de Educaldea sexa unha biblioteca viva, xeradora de todo tipo de aprendizaxes, fonte de información, espazo de encontro coa cultura, coa imaxinación e co saber. Só coa implicación do conxunto da comunidade escolar e de todas as persoas que se sinten identificadas co noso proxecto, poderemos avanzar nesa dirección, por iso convidámosvos a participar tamén desde este blogue.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2007 01:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0