biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Temos un tesouro!
Os datos das enquisas sociolingüísticas así o desmostran. No CEP Brea Segade temos moita lingua que mimar, que coidar e facer medrar. Que responsabilidade tan grande a do profesorado do centro! O noso alumnado e as súas familias son galego falantes e pese a todo prefiren ler en castelán. Que estamos facendo mal? Nun día coma hoxe toca homenaxear pero tamén reflexionar sobre o futuro da lingua e sobre o papel que o profesorado e as familias temos no mantemento da lingua propia e da identidade cultural. Incluimos unha selección dos datos recollidos nas enquisas sociolingüísticas levadas a cabo polo Equipo de Normalización Lingüística neste curso. Preme en "OPEN PUBLICATION" para ver a publicación en grande.


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-05-2008 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Temos moita lingua...


que coidar e que lucir con orgullo!

Tal e como todo@s fixemos hoxe no Correlingua da Barbanza.
Visita educaldea para ver máis fotos e información.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2008 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
365 días. En galego cabe todo
Mañá vaise celebrar o primeiro Correlingua na Barbanza, será en Ribeira e acudirán nenos, nenas, rapaces e rapazas dos centros de Infantil, Primaria e Secundaria dos concellos de Ribeira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo. É un dos primeiros froitos da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística da Barbanza creada en novembro do 2007.
No CEP Brea Segade de Taragoña estamos ilusionad@s co día de mañá. Temos as nosas camisetas, a nosa pancarta e moitas ganas de correr e de festexar que na nosa lingua cabe todo tal e como di o lema do Correlingua 2008 e o manifesto gañador deste ano que soará mañá en Ribeira nas voces de nen@s dos catro concellos


MANIFESTO GAÑADOR: 365. EN GALEGO CABE TODO
AS SETE MARABILLAS
3º D ESO - CPI VICENTE OTERO VALCÁRCEL DE CARRAL


365. EN GALEGO CABE TODO

3 + 1 estacións: primavera, verán, outono, inverno;
6 x 2 meses dura un ano,
5 x 3 estrofas (e unha máis) escribimos neste manifesto.

En galego, todo o tempo.



315 concellos galegos,
6 continentes na Terra,
5 océanos no mundo.

En galego, por todas partes.



3 son os Reis Magos,

6 de Xaneiro, o día que veñen,

5 regalos que lles pedimos.

En galego, soñamos tod@s



3 unllas ten o xabaril,

6 patas ten unha mosca,

5 dedos ten un mono.

En galego, toda a fauna.



3 MP,

6 XB,

5 MB,

En galego, coas novas tecnoloxías.



3?14 é pi,

6´01 ? son 1000 ptas,

5 litros nunha garrafa de auga.

En galego, contamos tod@s



3 Audi A

6 00 (SEAT)

5 Renault

En galego, todo marcha.



3 veces 6 e volves para a casa,

6 e repites tirada,

5 podes saír no parchís.

En galego, xogamos tod@s



3 pistóns ten unha trompeta,

6 cordas unha guitarra,

5 compoñentes un quinteto.

En galego, toda a música



3 Playstation
6 Queixos ten o trivial
5 Pro Evolution Soccer

En galego queremos ?viciar? tod@s.



3º da ESO en galego,

6º de PRIMARIA en galego,

5 anos Infantil en galego.

En galego, aprendemos tod@s



3 medallas: ouro, prata e bronce,

6 xogadores de Volei,

5 xogadoras de fútbol sala.

En galego facemos deporte



3 xornais en galego,

6 cadeas de televisión en galego,

5 emisoras de radio en galego.

En galego, todos os medios.



300 páxinas web en galego,

6000 fotologs en galego,

50000 vídeos en Youtube en galego.

En galego navegamos tod@s.



3 km de Correlingua,

6 toneladas de libros,

5 billóns de mensaxes de móbil.

En galego sumamos tod@s



3 millóns de galeg@s,

6 centos mil inmigrantes,

5 millóns de emigrantes.

En galego falamos tod@s.



365. En galego cabe todo: tempo, espazo, soños, fauna, novas tecnoloxías, mates, coches, xogos, música, vicios, ensino, deporte, medios de comunicación, webs, falantes? e as 24 palabras que ti lle engadas para chegarmos a este número máxico:



365 días en galego.


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-05-2008 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
Let's go to the theatre!
Como xa vén sendo habitual nestes últimos cursos, o alumnado de primeiro e segundo ciclo foi a Santiago a ver unha obra de teatro en inglés. Este ano a obra titulábase Magic beans e estaba baseada no conto das fabas máxicas. Foi interpretada por tres actores da Little Chamber Company que deron vida a seis personaxes diferentes. A obra foi divertida e puidemos participar cantando as cancións que xa aprenderamos na clase de inglés.
Comentarios (10) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2008 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
Día da poesía



Unha rula lonxe canta,
un reiseñor canta lonxe.
Canta alá un xilgariño,
canta un melro non sei donde...
Eu ouzo ben os cantares,
pero non vexo os cantores.

Xosé Mª Brea Segade, 1922


As follas secas que caen
lévaas o vento consigo.
Tamén si folla ti foras,
i eu fora un vento toliño,
ó meu fogar che levara,
depenicándoche a bicos.

Xosé Mª Brea Segade, 1921





Feliz día da poesía. Biblioteca Brea Segade


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-03-2008 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
30 DE XANEIRO. DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

Existe, por desgraza, unha ampla mostra de conflitos armados onde constatar os diferentes graos de sufrimento e degradación do ser humano que toda guerra implica. Algúns, aparentemente esquecidos, deixaron, non obstante, feridas mal cicatrizadas e dispostas a reabrirse en calquera momento.Outros, case descoñecidos no imperdoablemente descoñecido continente africano, están xa perdidos sen remedio sexa cal sexa o resultado final da contenda.Tamén os hai cotiáns, perniciosos, que abandonan os primeiros titulares pero deixan rastros atrofiados, convertidos en xordas ladaíñas onde a traxedia individual de cada morte se dilúe en cifras carentes de sentido.
Sendo conscientes desta situación, no Día Internacional da Paz, eliximos a guerra de Iraq como símbolo do engano, a barbarie e a loucura que toda guerra implica.
Neste documento utilizamos unha breve selección de textos de poetas árabes representativos da desolación dun pobo ante a traxedia colectiva que asola moitos dos seus países. Tamén incluímos algunhas citas contra a guerra de varios pensadores e escritores da nosa cultura occidental..


Oiamos as súas voces porque temos o convencemento de que só escoitando persoas sosegadas e respectuosas de calquera cultura os seres humanos teremos unha mínima posibilidade de futuro. Este é o espírito que alenta o presente documento que forma parte da iniciativa colectiva das Bibliotecas Escolares Galegas non Día Internacional da Paz, por un mundo mellor e máis xusto.

Os materiais gráficos deste documento proceden das seguintes fontes
Iraq War Paintings Gerard Laing
Carteles contra una guerra ? Signos por la paz (James Mann, Ed. Gustavo Gili)
Lions Clubs International Peace Poster Contest





Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2008 01:17
# Ligazón permanente a este artigo
PAZ
Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a
convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ.
E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí.

Grazas a todas as bibliotecas escolares por dar cada día unha nova lección práctica de paz, compartindo materiais e ideas.




Montaxe realizada pola biblioteca do CEIP de Pazos

Traballo colaborativo dos blogues das bibliotecas escolares en prol da paz.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-01-2008 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués
A Asociación Ponte nas Ondas vén de editar este video no que se recollen as imaxes dos actos do 23 de novembro nas pontes sobre o río Miño. O video formará parte do material que se enviará á Unesco para presentar novamente a candidatura ao Patrimonio Inmaterial.
Nós, coma todos estes rapaces e rapazas, tamén alzamos as nosas voces aquel venres e podemos volver facelo cada vez que escoitemos de novo "Maís Perto".


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-12-2007 01:08
# Ligazón permanente a este artigo
Novidades en Educaldea!
Este nadal vaise inaugurar em Educaldea nada menos que o noso Museo Pedagóxico Castelao, unha magnífica expo de libros para presentear no nadal e o Proxecto Rianxo, un CD que transmita o fondo documental do noso arquivo sonoro. Todo está no tríptico. Preme na foto.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-12-2007 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
Comparativa Informe Pisa

O Informe Pisa sempre dá datos para a reflexión. Até ver o documento completo paga a pena ver este cadro comparativo feito a partir dos resultados aparecidos en prensa.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-12-2007 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
Fagamos pontes nas ondas...
fagamos pontes no ar
achéguemonos máis perto
Galiza e Portugal.
Ergamos as nosas voces,
fagamos pontes no ar
aquí mesmo do outro lado
do río está o meu amor.

No recreo do venres 23 a nosa voz chegou até o Miño.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2007 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
25 de novembro: Non á violencia contra as mulleres
Neste día no que se celebra o Día Internacional da Non violencia contra as mulleres, queremos reflexionar sobre iso. E un xeito de facelo é a través dos contos, que nos contan historias de cada día, nas que se emprega a violencia contra as mulleres dunha maneira cotiá, moitas veces sen nos decatar.
Gustaríanos non ter que celebrar un día coma este.
Gustaríanos que nenos e nenas se relacionasen sen que a diferenza de sexo marcara nada importante.
Gustaríanos que homes e mulleres falaran, falaran e falaran para resolver os seus desencontros, como lles obrigamos a facer na escola aos nenos e ás nenas.
Gustaríanos que cada quen soubese onde rematan os seus dereitos e onde comezan os da persoa que ten á súa beira.
Gustaríanos que ninguén usase a súa forza nin física, nin laboral, nin económica? contra as mulleres para conseguir os seus propósitos.
Gustaríanos que no vindeiro 25 de novembro homes e mulleres atopasen o entendemento e non ter que chorar máis vítimas.
Gustaríanos que os contos se fixesen realidade .


CEIP Quintela-Moaña


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-11-2007 01:40
# Ligazón permanente a este artigo
Máis perto

«Vendo-os assim tão pertinho
A Galiza mail'o Minho
são como dois namorados
Que o rio traz separados
Quase desde o nascimento!
Deixal-os, pois, namorar,
Já que os paes para casar
Lhes não dão consentimento».
Joao Verde

No recreo do venres 23 de novembro na nosa escola faremos unha cadea humana para sentirnos máis perto dos nenos e nenas portugueses e galegos que, coma nós, a media mañá faran unha ponte coas súas mans, el@s sí, sobre o río Miño. El@s e nós deixaremos que as nosas culturas namoren unha vez máis e sentirémonos máis perto de seren recoñecidos coma Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial da Unesco.
Temos unha nova oportunidade de que se recoñeza a riqueza da nosa tradición común e queremos xuntar as nosas mans para facer visible o compromiso da nosa escola co Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, que está presente nas nosas lecturas, nas nosas cancións , nas nosas celebracións, nos nosos xogos e enredos, na nosa fala... no día a día de Educaldea.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-11-2007 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
Algo moi importante vai pasar...
e xa comezou a conta atrás.
Mantédevos atent@s ao contador que está xusto enriba de Libriño.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-11-2007 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
O Samaín chega á BBS.
Xa está aquí o Samaín e como aperitivo ás moitas cousas que poden pasar e sen dúbida han pasar, aquí vos deixamos este vídeo gravado con cámara oculta. Por certo, non é apto para os doentes do corazón.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2007 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0