biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Concha Blanco na Biblioteca Municipal
Este sábado comezan na Biblioteca Municipal de Rianxo as actividades do mes de abril cun encontro coa escritora Concha Blanco. Temos unha oportunidade fantástica para coñecer a unha das máis importantes escritoras de literatura infantil e xuvenil galega.

A cita é este sábado ás doce da mañá na Biblioteca Pública Municipal Castelao.
Se queredes podedes consultar información sobre Concha Blanco na BVG (Biblioteca Virtual Galega) e no Centro de Documentación da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-04-2009 01:12
# Ligazón permanente a este artigo
Ánxeles Ferrer na BBS
Ánxeles Ferrer visitou a nosa escola no Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Veu co seu "Baúl das palabras máxicas" para convidarnos a escribir e ilustrar contos tal e como ela fai. Inventamos contos e sobre todo fixémos moitísimas preguntas sobre o seu traballo.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-04-2009 00:42
# Ligazón permanente a este artigo
Abril
Chegou abril, mes dos libros!
Chegarán á nosa biblioteca algunhas visitas, actividades e novidades especiais. Chegarán porque nos gustan os libros e nos gusta ler e porque este é un bo mes para celebralo e para seguir día a día atopando un mundo de coñecementos e de experiencias fantásticas nos andeis da nosa biblioteca.
Coma cada ano, no Día Internacional do libro Infantil o IBbY (International Board on books for young people) difunde unha mensaxe e un cartel conmemorativos. No 2009 o autor é o exipcio Hani D. El-Masri escribiu e ilustrou a mensaxe Eu son o mundo.




Eu son o mundo


Eu son o mundo, e o mundo son eu
porque a través dos meus libros
podo ser o que queira.

Palabras e debuxos, prosa e verso
trasládanme a lugares que están
lonxe e preto ao mesmo tempo.

Na terra dos sultáns e do ouro
mil historias que falan
de alfombras voadoras, xenios de
lámpadas
marabillosas, sacauntos e simbades,
cóntanlle os seus segredos a
Sherezade.

Con cada palabra de cada páxina
viaxo no espazo e no tempo.
E coas ás da fantasía,
o meu espírito cruza o mar e a terra.
Canto máis leo, máis comprendo
que co meu libro estarei sempre
na mellor das compañías.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-04-2009 21:16
# Ligazón permanente a este artigo
Kiko Da Silva
En plena semana de Entroido veu Kiko Da Silva á nosa escola. Atopounos co mandil e o pano na cabeza pero iso non impediu que nos ensinara unha chea de cousas sobre o mundo da banda deseñada, que nos aprendera a darlle expresión aos rostros, que nos descubrira trucos de animación dos personaxes...
Gustounos coñecelo, tanto como nos gusta o seu traballo.


Visitade o álbum para ver as fotos do seu obradoiro e tamén, como non, o guapísimos que estaban os asistentes. Premede enriba da foto.


Kiko Da Silva
Comentarios (11) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-02-2009 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
Esperando a Kiko Da Silva
Este martes, 17 Kiko Da Silva vén de "xira" polo concello de Rianxo da man dos equipos de normalización lingüística do IES Félix Muriel, o CEIP Castelao e o CEP Xosé Mª Brea Segade.
En Taragoña contamos con el para dous obradoiros, un de mañá e outro de tarde, para o alumnado de 4º, 5º e 6º. Xa temos ganas de que chegue o martes! Mentres seguiremos coñecendoo por medio da súa obra e ambientando a nosa escola para recibilo.




Lembrade, para ver mellor a publicación premede en: Open publication.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-02-2009 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
Maxicamente vello
Desde a Biblioteca Brea Segade sumámonos á proposta recollida en Open Vieiros para este domingo: Escoitade música, lede poesía.




O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o marmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
Precisamos a lingua
se queremos vencer!

A fala - Manuel María
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-02-2009 01:30
# Ligazón permanente a este artigo
Azur e Asmar
Estrea o día 30 de xaneiro, Día escolar da paz e a non violencia. Nos mellores cinemas.

Aquí tedes o trailer co que se anunciou Azur e Asmar, a película que vimos na tarde do Día da Paz.



Fermosísima película polo que nos conta e por como o conta. Gustouvos?
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-02-2009 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
Día da paz
Comezamos o día "conspirando" coas bibliotecas escolares galegas e continuamos preparando nas clases mensaxes, desexos, palabras de paz sobre pombas brancas. Unha cadea de mans levounos ao Auditorio onde lemos as nosas mensaxes e as deitamos sobre un mapa do mundo. Rematamos a mañá escoitando xunt@s os nosos poemas pola paz.
O mundo pareceunos mellor, e a paz, posíbel.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-02-2009 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
CONSPIRACIÓN POLA PAZ

  • PAZ?????????????
  • PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
  • PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
  • PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.
  • Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.
  • Utopía imposíbel.
  • Palabra que xera poesía.
  • Poesía? Poesía e Paz.
  • Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.

    Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.

    Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.

  • Tanques de algodón
  • Armas de caramelo
  • O noso soño
  • O noso desexo
  • A nosa conspiración.



POEMAS POLA PAZ.
BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS





PARA VISITAR TODAS AS CONSPIRACIÓNS


Blog da biblioteca do IES Alexandre Bóveda. Vigo.
O Segrel do Penedo. IES de Fene. Fene. A Coruña.
Mesturas. IES Sánchez Cantón. Pontevedra.
Bibliobelesar. CEIP de Belesar. Belesar. Pontevedra.
Biblioandrade CEIP de Andrade. Pontedeume. A Coruña.
Bemilladoiro. Biblioteca do Ceip. Milladoiro. Malpica. A Coruña .
Biblioteca Olhos Grandes IES Nosa Señora dos Ollos Grandes . Lugo
Biblioteca do CEIP de Pazos. CEIP de Pazos. Ferrol. A Coruña.
Biblioteca do cole. CEIP Quintela de Moaña. Pontevedra
Cadernos de Vide. Escola Unitaria de Vide. As Neves. Pontevedra.
Biblioteca Brea Segade. C.E.P. Xose Mª Brea Segade. Taragoña. Rianxo.
Biblioteca IES de Sanxenxo. Sanxenxo. Pontevedra.
Biblioteca IES R. O. do Uruguai. IES República O. do Uruguai. Vigo.
Biblioblogreboreda. Ceip Santo Paio de Abaixo, Reboreda. Pontevedra.
Biblioteca Colexio de Cervo. CEIP de Cervo. Lugo.
Bibliochispi. CEIP A Laxe-Marin. Pontevedra.
Participa tamén neste proxecto o blog Trafegando Ronseis
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2009 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
Un libro para agasallar
O mellor agasallo un libro!
A mellor maneira de escoller un agasallo, velo, tocalo, probalo, imaxinalo nas mans da persoa a quen agasallar...
A praza maior da nosa escola vén de se converter un ano máis nunha feira do libro en miniatura. Temos libros para todas as idades, de diferentes xéneros, para todos os gustos.
Non deixedes de visitar a exposición e de deixar a vosa recomendación de lectura antes de marchar.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-12-2008 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Biblioteca
A nosa BBS estivo moi ben acompañada no Día da Biblioteca. Tod@s, de 1º a 6º achegámonos no recreo para celebrar o día cantando O libro máxico do grupo Migallas, expresando os parabéns de distintos xeitos e recibindo os agasallos que a nosa biblioteca nos tiña preparados:
un marcapáxinas e folerpas de millo.

















Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2008 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
Especial da BBS
Saiu o primeiro boletín informativo da biblioteca coincidindo coa súa reapertura. Inclúe información sobre os horarios de uso, as seccións da biblioteca e os servizos que oferta para o conxunto da comunidade escolar. Queremos animar ás familias e os antig@s alumnos a vir á biblioteca os martes e venres de cinco a seis e a participar das propostas que vos iremos ofertando.
Acompañádenos e mergulládevos tamén na lectura.



Xa sabedes, premede en Open publication para ver o boletín con detalle.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2008 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
As nosas táboas
A última mañá de setembro preparamos as nosas novas táboas para a biblioteca e o patio en xogo. Traballamos por ciclos deseñando e decorando as táboas que nos permitirán buscar e consultar materiais na biblioteca e coller xogos no recreo. Intentamos reflectir o lema da campaña deste curso: Mergúllate na lectura.


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-10-2008 01:20
# Ligazón permanente a este artigo
Mergúllate na lectura

Xa queda menos!
Está todo en marcha para o noso primeiro mergullo deste curso. Nesta semana ultimaremos o equipamento, lembraremos as recomendacións básicas e tod@s ... á biblioteca.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-09-2008 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
XA TEMOS UN ANO!

Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2008 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0