biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un libro para agasallar
Un ano máis temos na nosa escola a exposición "Un libro para agasallar" nestas datas especiais nas que as ilusións se convirten en agasallos. Queremos que tamén no Nadal os libros estean presentes entre as nosas ilusións e os nosos agasallos. Contamos coa colaboración de diferentes editoriais que nos emprestan as súas novidades para expoñer e que tod@s podamos ver, tocar, comezar a ler, escoller, recomendar...
Este ano, que traballamos a Idade Media, cada libro que nos gusta pasa a ter unha espada ou escudo decorado que serve de recomendación.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-12-2009 01:26
# Ligazón permanente a este artigo
As bibliotecas galegas en La Voz de Galicia
La Voz de Galicia de hoxe recolle a experiencia das bibliotecas escolares galegas centrándose moi especialmente nos Clubs de Lectura, nas Mochilas Viaxeiras e na Hora de Ler e remarcando en titulares "Galicia á cabeza de España en fomento da lectura xuvenil. Exporta a outras comunidades algúns dos seus programas para nenos e adolescentes".
Alédanos moito ver que se recoñeza desde os medios de comunicación o esforzo e o bo facer das bibliotecas escolares galegas capitaneado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares.
Noraboa e grazas a Cristina Novoa,asesora de bibliotecas da Xunta, Benigno Nerga do IES Alexandre Bóveda de Vigo e Carmen Mazaira do CEIP Pardo Bazán da Coruña polo voso traballo e por seren portavoces das bibliotecas escolares de Galicia.

Bibliotecas escolares galegas

Clubs de lectura

Hora de ler

Mochilas viaxeiras
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-11-2009 01:37
# Ligazón permanente a este artigo
25 de novembro
No Día Internacional contra a violecia de xénero as bibliotecas escolares galegas unímonos unha vez máis para berrar forte e con voz clara:
NON Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES!

Construamos un mundo mellor baseado no respecto e na igualdade, desde o traballo diario cos nosos nenos e as nosas nenas.
Este lazo que hoxe compartimos chegounos desde a biblioteca do CEIP de Pazos. Grazas!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-11-2009 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
O noso magosto!
Será mañá! Adiámolo o venres pasado porque había previsión de moita chuvia e así foi. Estaba previsto para este venres, pero de novo temos previsión de chuvia, así que como o que queremos e comer castañas, facer xogos e troulear no patio... celebraremos o Magosto mañá.
Aquí vos deixamos o cartel deste ano, co debuxo e lema escolleitos nas "Eleccións Magosto 2009". Se queredes ver as reportaxes sobre as eleccións e sobre o ben que o pasaremos mañá visitadenos en Educaldea.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-11-2009 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Seres míticos galegos
O Samaín trouxonos moitas cabazas talladas, moitos sustos, moita diversión e tamén unha pequena investigación. Cada clase traballou sobre un personaxe de historias de medo buscando información no Dicionario dos seres míticos galegos de Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda, publicado por Xerais. Con todo o que aprendimos elaboramos murais para dar un aspecto máis terrorífico ás escaleiras neste mes de novembro. A verdade é que os seres míticos nos gustan bastante, miráde senon que pintas tan agradables teñen.




Hai moitos maís seres míticos agardando por vós nos andeis da biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-11-2009 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
Día da biblioteca e Anisia Miranda
Este ano outubro, todo o mes, está a ser o mes das bibliotecas. Aínda así o día 24, por aquilo do costume, seguiu a ter un significado especial para todas aquelas persoas que amamos as bibliotecas e os libros. No caso dos profes do Brea Segade, algúns de nós tivemos a fortuna de celebrar o día en Santiago, participando nas Xornadas de Bibliotecas Escolares. Imaxinádelo! Todo o día falando de libros, de proxectos, de bibliotecas, de lectura, de escritura, de rapaces... Xa sabemos que haberá a quen lle soe raro pero... canto nos prestou!

E o luns chegou o día da celebración na escola, con vós, @s que non pasades un día sen vir pola biblio, @s que vides só ás veces, @s que ledes todo o que cae nas vosas mans e @s que len cando lle acorda.

Este ano decidimos dedicar o noso Día da Biblioteca a Anisia Miranda, falecida o 22 de outubro. Contamos coa colaboración de rapaces e rapazas de 5º e 6º para lembrar a obra de Anisia e para recitar algúns dos seus poemas na biblioteca, tal e como xa fixeramos no curso pasado, no mes da poesía.
Desde a Biblioteca Brea Segade a nosa admiración e cariño para Anisia e Neira Vilas e o noso compromiso para que os nenos e nenas da nosa escola sigan gozando coa súa obra.




Anisia Miranda na nosa biblioteca.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-10-2009 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
A lenda do Castelo da Lúa
O noso primeiro contacontos deste curso non puido ser outro que a lenda do Castelo da Lúa. Un grupo de rapaces e rapazas de sexto leron para nós o texto que Leandro Carré Alvarellos escribiu na súa obra de 1978 Las Leyendas Tradicionales Gallegas e que comeza así:



"Quen investigue a historia señorial daqueles vellos tempos medievais que aureolou de prestixio nosa Galicia, se estudase o pasado da vila de Rianxo, podería reconstruír na súa imaxinación os arcos, torres, grades e secretos pasadizos dun antigo castelo, cuxas ruínas van afundindo a súa pasada arrogancia entre a maraña petrificada dos séculos nun dos outeiros próximos á praia.

Algúns romances que, de tempo en tempo, lembran os anciáns en torno do lume que crepita na lareira, falan daquela lenda que deu nome ao castelo aludido."





Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-10-2009 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Desde o Castelo da Lúa...


"Desde o Castelo da Lúa unha nova viaxe pola lectura"


O taboleiro da biblioteca anunciounos unha nova viaxe a comezar en outubro partindo do Castelo da Lúa e tendo coma un dos compañeiros de aventura a Paio Gómez Chariño.


As flores do meu amigo briosas van no navío. Paio Gómez Chariño



Estade atent@s, xa se empezan a ver cambios na entrada da biblioteca e na praza maior de Educaldea.




Abrimos o martes día 6 no recreo, non faltedes!
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-10-2009 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festa 25 aniversario no Campo Maneiro
- Entre as once e a unha e media xogos populares nas pistas do colexio coa colaboración do Departamento de Deportes do Concello de Rianxo.

- Ás dúas xantar e música no Campo Maneiro.

- Ás tres e media obradoiro de instrumentos tradicionais.

- Ás seis partido de fútbol entre antigos alumnos e alumnas.

- Ao longo do día visita á exposición de fotos antigas.

NON FALTEDES!
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-06-2009 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
As linguas suman
Ante a distribución das enquisas sobre a lingua por parte da Consellería de Educación, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalizacion e Dinamizacion Lingüistica elaborarou un tríptico informativo para os pais e nais sobre a importancia do coñecemento dos idiomas e a utilidade do galego.


Convidámosvos a difundilo, compartilo, envialo como adxunto aos nosos contactos... Se o queredes descargar ou imprimir premede aquí.
As linguas suman, non renunciemos a elas, non renunciemos á nosa lingua.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-06-2009 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Libro de visitas do 25 aniversario
A suxerencia dun antigo alumno abrimos este enlace para que exalumnos, exalumnas, exprofes, alumnos e alumnas actuais, profesorado, nais, pais e todas as persoas que pasaron polo centro poidan mandar os seus comentarios, as súas lembranzas, as anécdotas, só un saúdo... neste ano de celebración.
Este é pois o Libro de Visitas do 25 Aniversario do Brea Segade, enchédeo, é para todos vós.
Para que sexa máis doado acceder a el temos un botón a man esquerda que con só premer xa nos leva directamente.
Aproveitamos para dicirvos que para acceder a todo o publicado sobre o 25 aniversario entrade en Educaldea, buscade Visitar aldea no menú da man esquerda e premede sobre a categoría 25 aniversario.
Comentarios (14) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-05-2009 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
25 anos
ESTAMOS DE ANIVERSARIO!

25 anos, vinte e cinco cursos, vintecinco promocións de rapaces e rapazas que viviron no C.E.P. Xosé Mª Brea Segade unha chea de experiencias inesquecíbeis. Temos un programa de actividades que pretende recoller boa parte desas experiencias, recordalas e compartilas cos nenos e nenas que están agora no colexio, coas súas familias, cos antigos alumnos e alumnas, co profesorado que pasou pola escola e con todos os veciñ@s de Taragoña e do Araño. Queremos que tod@s participemos desta celebración e que nos sintamos orgullos@s de ser educaldeáns e edulcaldeás. Todas as actividades teñen dobre horario, pola tarde en horario escolar e na tardiña para que tod@s os veciñ@s podan participar.
O noso programa de actos comeza o martes 28 cunha charla sobre o poeta, Xosé Mª Brea Segade e semana a semana iremos ofertando actividades ata chegar á festa final do día 20 de xuño. Non deixedes de visitar Educaldea para ir vendo como se desenvolve todo.

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-04-2009 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
Cadea de desexos
Chegounos ata a BBS un premio especial desde o RECANTO DE MIK, do CEIP Mestre Goldar de Vigo.
Nesta ocasión trátase dunha cadea de desexos e de fantasía que se está a facer cada vez máis grande grazas á participación de moitos blogues de diferentes lugares do mundo.
O primeiro paso para participar nesta cadea é expresar os oito desexos e aquí van os nosos, escolleitos por Alicia, María Fernández Insua e Gadea de cuarto curso:

1) Queremos que o mundo non estea contaminado.
2) Gustaríanos que os nosos personaxes de conto favoritos saíran dos libros e estiveran con nós.
3) Poder entrar nas nosas historias preferidas e ser un personaxe máis.
4) Oxalá os nosos soños se fixeran realidade.
5) E a lúa contase contos para durmir.
6) Queremos que non se maltraten aos animais
7) Queremos tamén que os problemas de matemáticas se resolvan eles sós
8) E xa para rematar, que puideramos voar.

E agora toca convidar aos seguintes blogs para que continúen a cadea. Nós queremos enviar o noso premio-convite ao recén estreado blogue dos veciñ@s da biblioteca do CEIP A.D.R Castelao de Rianxo.

E só nos queda:
Comentar no blogue de quen nos convidou e
comentar no blogue dos nos@s convidados para que saiban da "convocatoria".
Todos feito e a cadea a medrar!
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-04-2009 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
Our enormous crocodile
Presentámosvos "Our enormous crocodile", o último dos blogues da nosa escola.
Ten un nome moi literario, inspirado no conto "The enormous crocodile" de Roald Dahl. É o blogue da aula de inglés, que como sabedes, leva o nome de Roald Dahl en homenaxe a un dos escritores que mellores momentos nos fai pasar.
Para visitar o blogue só tedes que premer no botón do menú da esquerda.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2009 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
O Selo Violeta!
Á volta das vacacións atopánomos cun fermosisimo agasallo que nos chega desde o blogue amigo O Segrel do Penedo de Fene: "O Selo Violeta".
O Selo Violeta é unha iniciativa posta en marcha por Blogstórias Essenciais,de onde recollemos o seu significado:

O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".

Recibir o premio implica cumprir unhas regras:


- Exhibir o Selo Violeta no blogue xunto coas regras.
- Indicar cantos blogues consideras que merecen este selo.
- Avisar aos indicados, non hai que esquecerse diso!
- Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

Para nós son Blogues Violeta:

Cadernos de Vide
O recanto de Mik
Bibliotecadocole
Sereas sen cadeas
Golfiños de Aguiño
Heroínas de Sálvora

Uns pouquiños coma representación de toda maxia que se está a espallar desde moitas bibliotecas escolares, moitas escolas e institutos e moitas aulas.

En canto aos poderes máxicos...facernos invisíbeis a vontade e poder aparecer no lugar e no momento que escollamos e entender todas as linguas do mundo, incluídas as dos animais. Seguro que a combinación dos dous poderes daba bos resultados.


Graciñas O Segrel do Penedo por este premio, encántanos!!!!

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2009 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0