biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Charo Pita na BBS

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-05-2010 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Para que les? no Brea Segade
Só é un anticipo para ir abrindo boca e que @s que aínda non pasastes polo Brea Segade podades ver o aspecto que ten o centro neste mes de abril. Haberá máis... e mellor.











Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-04-2010 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Día do Libro
Este ano o Día do Libro resultou especial. A escola apareceu adornada desde a entrada ata o segundo andar con carteis desde os que persoas moi diferentes comparten con nós motivos para ler, recomendacións de lectura e lembranzas de lectura da infancia.
Antes do recreo xuntamonos tod@s na biblioteca para ver e escoitar o traballo que Noelia e un grupo de alumnos de sexto prepararan para conmemorar o Día do Libro. Escolleron un texto de Paula Carballeira que nos gusta especialmente e que xa empregaramos hai cinco anos na inauguración da biblioteca: "Instrucións para curar un libro doente". Nesta ocasión acompañaron a lectura do texto coa proxección desta presentación.










Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-04-2010 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autoría

Feliz Día lectores e lectoras do mundo!
Felices e estimulantes lecturas!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2010 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
10º Aniversario de Agabel


Agabel, a Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura, celebra o seu décimo aniversario. Dez anos reivindicando o papel das bibliotecas nos nosos centros e traballando para propiciar moitas das melloras que durante este tempo se foron acadando.
O vindeiro sábado Agabel organiza un
ha mesa redonda baixo o título: " Cara a onde van as bibliotecas escolares galegas" na que participarán representantes da administración, dos sindicatos, das Anpas e dos bibliotecari@s. O sábado 24, ás 11 horas no Museo do Pobo Galego, cita imprescindible para tod@s @s que apostamos polas bibliotecas escolares.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2010 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
Día Internacional do Libro Infantil
"Había unha vez un barquiño pequeneiro..."
Así comezaron os nenos e nenas de 5º B a presentarnos o manifesto pola lectura de Eliacer Cansino. Eran as doce da mañá e en Taragoña, ao igual que en moitos outros lugares, algúns moi lonxanos, escoitamos que todos os barcos chegan a navegar e que tod@s temos algún libro agardando por nós. Só temos que buscalo, extender a nosa man e comezar a ler.









Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-04-2010 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
Un libro espera por ti: búscao
Este é o manifesto do escritor español Eliacer Cansino que mañá, ás doce, os nenos e nenas de 5ºB lerán no noso Auditorio María Casares para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil. O manifesto foi traducido ás catro linguas oficiais do estado español e Ánxela Gracián realizou a tradución ao galego.
Os deseños son obra da ilustradora Noemí Villamuza.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-04-2010 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
Hans Christian Andersen
O Día Internacional do Libro Infantil conmemora o nacemento o escritor Hans Christian Andersen o 2 de abril de 1805.
Pero, por que este escritor foi o escollido para celebrar en todo mundo o Día do Libro Infantil?
Se o queres saber ou simplemente lembrar continúa lendo este artigo e non deixes de visitar os enlaces que che propoñemos.












Para comezar aquí tes unha fermosa animación con titeres realizada por Tómas Bases como introducción á obra teatral "El soldadito de plomo", da compañia Titirimundi.





Para saber máis preme nos enlaces subliñados.

Andersen na Galipedia

Páxina sobre Andersen en Educared elaborada polo alumnado do colexio Ntra. Señora de la Fuensanta de Murcia. Con actividades para comprobar o que aprendestes sobre o escritor danés.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-04-2010 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
ABRIL
Abril, mes dos libros.

Un ano máis desde a BBS celebramos que para nós todos os meses son meses dos libros, que nos gusta ler, que nos gusta contar e que nos conten, que nos gusta a nosa biblioteca, que temos motivos para celebrar os días do libro.

Este ano botamos a andar o noso mes dos libros o vindeiro luns 12 conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen. O Día Internacional do Libro Infantil é o 2 de abril pero como foi festivo a celebración trasladouse para o luns que vén.

Nós somos unha das bibliotecas que aparecemos na parte de atrás deste cartel pois nos sumamos ás propostas da Organización Española para o Libro Infantil (OEPLI) e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) para conmemorar este día. Coma nós bibliotecas de moitos lugares do mundo organizarán actividades co libro infantil coma protagonista.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-04-2010 01:19
# Ligazón permanente a este artigo
Rei, rei?
Este martes pola tarde os títeres de Fantoches Baj estiveron en Educaldea. Non vos dixeramos que estamos a ter unha semana especial? E así é, o de onte foi un luxo! Poidemos ver no noso auditorio unha obra que nos encantou a tod@s, grandes e e pequenos, que nos fixo rir e tamén pensar un pouco sobre como pasan as cousas ás veces.
A obra titulábase Rei, rei? e está baseada nun dos contos do libro Nove contos e un de propina de Joseph Kapeck.

O tempo pasounos de contado e hoxe o Fuco Rei e o Peixote aínda estaban en boca de tod@s. Foi a maxia do bo teatro...de titeres.

Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-03-2010 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Primavera e poesía


Marzo. Muller, poesía e primavera. Ao longo deste mes, ao carón do espertar da natureza despois deste inverno tan frío e tan húmido, traballaremos sobre mulleres que fixeron historia na ciencia e tamén leremos e escribiremos poesía. Temos unha árbore que cubrir de follas, follas enchidas dos nosos poemas favoritos e tamén das nosas creacións. Os clubs de lectura están a ler poesía, preparan un recital poético para compartir con toda a escola e nas clases tamén se le e se escribe poesía, porque en marzo, xa se sabe: Agroman a primavera e a poesía.






Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-03-2010 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
Mulleres científicas
Hoxe, no Día da Muller, montamos na praza maior de Educaldea a exposición Mulleres Científicas elaborada pola Biblioteca e o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI Progreso de Catoira. Sentímonos moi afortunad@s de ter esta exposición entre nós e de inaugurala xusto no día de hoxe. Durante un par de semanas teremos a posibilidade de descubrir a un total de quince mulleres que ao longo da historia xogaron un papel fundamental no desenvolvemento da ciencia. Grazas aos compañeiros e compañeiras de Catoira podemos ter entre nós quince paneis que nos guiarán no coñecemento destas mulleres, así como algúns libros e material para visitar a exposición. Pensamos aproveitalos ao máximo!
Graciñas compañeir@s do CPI Progreso por compartir con nós este estupendo traballo.


A exposición no Brea Segade:



Presentación da Exposición polo ENDL do CPI Progreso de Catoira:
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-03-2010 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Muller

8 de Marzo, Día da Muller. Como xa fixemos noutras ocasións empregamos hoxe un cartel que nos chega desde o IES Río Cabe e que representa perfectamente a homenaxe que desde a BBS queremos facer hoxe a todas as mulleres anónimas que loitaron e loitan no día a día por construir un mundo en igualdade.
Grazas Beatriz por plasmar neste cartel o noso sentir.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-03-2010 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Decálogo para ser lingüísticamente sostible
Recollemos aquí o froito dun traballo realizado a tres bandas e xenerosamente compartido, de entrada coa comunidade de bibliotecas escolares do Plan de Mellora e xa a día de hoxe, con toda a blogosfera sensible á problemática das linguas minorizadas.
Trátase do Decálogo elaborado polos Servizos Lingüísticos das Universidades catalanas no ano 2008, co gallo do Ano Internacional das Linguas, proclamado pola O.N.U., a tradución á nosa lingua de Adelia Troncoso,responsable da biblioteca do IES Val do Tea de Ponteareas e por último, a maquetación, que é obra de Mónica Muñoz, Coordinadora da Biblioteca Escolar C.E.I.P. Frian en Teis (Vigo).

Decálogo para ser lingüísticamente sostibles

Grazas Mónica e Adelia por darnos a coñecer este Decálogo na nosa lingua e facelo dun xeito tan fermoso.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2010 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
No 2010
No 2010 queremos seguir consolidando os proxectos que xa están en marcha, queremos continuar ilusionando ao alumnado, ao profesorado e ás familias coas nosas propostas, queremos celebrar o ano do Libro e a Lectura e queremos contribuir a que o sexa de verdade. Queremos facelo abríndonos ao mundo pero sen perder a nosa identidade; queremos facelo en galego.
BBS


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2010 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0