biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Lecturas para aquelARTE
Abrimos a Biblioteca Brea Segade!

Novo curso, novo proxecto, novos profes no equipo e as mesmas ganas de facer que todo volva cobrar vida na BBS e que sigamos gozando e aprendendo na nosa biblioteca.
Este curso traballaremos sobre Arte e Robótica. Boa combinación, veredes!
Ao longo de outubro, mes das bibliotecas, iremos retomando actividades que xa coñecedes e presentando e botando a andar outras novas... Contamos con vós!



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-10-2016 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
Na Feira do Libro
Así de bonita luciu a caseta das biblios rianxeiras este ano.
































Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-07-2016 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Lendo en Rianxo 2016
Este é o vídeo que elaboramos as bibliotecas dos colexios de Infantil e Primaria e a Biblioteca Pública Municipal de Rianxo para a Feira do Libro 2016. Coma vimos facendo nestes últimos anos, quixemos compartir unha pequena mostra do noso traballo a prol da lectura e a cultura ao longo do curso.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-07-2016 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
Feira do libro de Rianxo 2016

Xa está aquí a Feira do Libro e xa estamos as bibliotecas rianxeiras expoñendo unha pequena mostra do noso traballo nunha das casetas. Animádevos a vir á Feira, aquí vos deixamos o programa.



  








Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-07-2016 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
Agustín Fernández Paz

Onte faleceu Agustín Fernández Paz, día inmensamente triste para @s amantes da cultura e a literatura. Seguirá, como ata agora, sendo un autor imprescindible nos nosos clubs de lectura, nos nosos itinerarios lectores, nas mochilas viaxeiras, nos andeis da BBS, na reflexión sobre a lingua, a literatura, o ensino...
Grazas, Agustín, por toda a sabiduría e o bo facer que compartiches con nós.

Agustín Fernández Paz no Centro de Documentación da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-07-2016 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
XIII aniversario da Banda de Escola de Música de Rianxo
Este sábado ademais da presentación do libro Unha escola nas nubes na Biblioteca Municipal tamén temos que ir ao concerto co que a Banda da Escola de Música celebra os seus trece anos de vida.
Parabéns aos músic@s da banda e moitos anos máis facéndonos gozar da música!




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-05-2016 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Unha escola nas nubes


Sábado 7 de maio ás 12:00.

Presentación do libro "Unha escola nas nubes" a cargo da escritora María José Gulín Rodríguez e Antía Barba Mariño.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-05-2016 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
No salón do Libro
Este martes un grupo de nenos e nenas do cole visitaron o Salón do Libro de Pontevedra. A vista o Salón sempre é interesante e divertida, a ambientación é impresionante e os traballos dos centros tamén, pero se ademais podemos ver alí a nosa maqueta, o traballo que fixemos entre tod@s... Iso xa é máximo!






Chegamos




Con Orbil




Extravaganza Pérez














A nosa maqueta!






Bichería do Mar de Arousa














Escarlatina e Esmeraldina!




Novo libro de Ledicia Costas!!

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2016 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Ao Salón do Libro!

Mañá un grupo de rapaces e rapazas do Brea Segade visitará o Salón do Libro de Pontevedra. Atoparán a nosa maqueta? Continuará...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-04-2016 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
Salón do Libro de Pontevedra

Xa está en marcha! Do 1 ao 23 de abril temos en Pontevedra a cita máis importante co libro infantil e xuvenil. Bo comezo para o Mes dos Libros! Consultade o programa e animádevos a ir en familia. Co cole tamén iremos, paciencia :-)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-04-2016 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
Flores para Rosalía
Saiu o sol! E puidemos plantar as nosas flores do Día de Rosalía.



























Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-03-2016 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
24 de febreiro

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-02-2016 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Salón do Libro de Pontevedra 2016

Boas novas! O Salón do Libro de Pontevedra xa está en marcha!
Esta fin de semana no marco do Culturgal, presentouse a XVII edición do Salón, que se celebrará en abril do 2016 e que terá como lema Canta bichería! No acto de presentación puidemos ver o cartel, deseñado por María Álvarez "Yupiyeyo" e coñecer unha das novidades, a publicación dunha historia ambientada no Salón do Libro e con referenzas ao lema da edición. Esta nova actividade do Salón comeza da man Ledicia Costas, que creou un personaxe, Extravaganzza Pérez que xa estamos desexando coñecer e porque seguro que nos vai encantar, coñecendo a Ledicia...
Orbil tamén estivo na presentación. Que boas lembranzas! Como nos gusta o Salón do Libro de Pontevedra!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-12-2015 22:12
# Ligazón permanente a este artigo
Lembrando a Neira Vilas
O luns na Hora de ler fixemos a nosa pequena homenaxe a Xosé Neira Vilas: lendo, cantando e tocando, o mellor xeito de lembralo. Escollemos fragmentos do Espantallo amigo e de Memorias dun neno labrego que leron nen@s de 3º e 6º e Tino. Rematamos cantando xuntos a canción dos merlos da adaptación do Espantallo dos Quinquilláns, con música de José Luis e 6º interpretou Compañeira, de Fuxan os ventos.
Foi un acto fermoso!







Espantallo amigo



















Memorias dun neno labrego




Titulí entre as follas da figueira...




Compañeira
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-12-2015 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
Adeus, Xosé Neira Vilas


Grazas por traballar ao longo de toda a túa vida pola nosa lingua, a nosa cultura, a nosa identidade e a nosa dignidade.

Biblioteca Brea Segade


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-11-2015 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0