biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Na Feira do Libro de Rianxo 2017
Compartimos o video que proxectamos na caseta das bibliotecas de Rianxo na Feira do Libro; unha pequena mostra do noso traballo a prol da lectura ao longo de todo o ano.



Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 28-07-2017 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
A ledicia de ler
Hoxe comeza a Feira do Libro en Rianxo. As bibliotecas dos colexios e a BPM Castelao estaremos nunha das casetas compartindo o noso quefacer. Agardámosvos na Feira do Libro!





http://concelloderianxo.gal/cultura/-/blogs/-a-ledicia-de-ler-feira-do-libro-de-rianxo


PROGRAMA
Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 20-07-2017 08:27
# Ligazón permanente a este artigo
Helena Villar Janeiro e Rocío Pérez na Feira
A mañá do domingo, último día da Feira, volveu estar centrada na literatura infantil, tal e como xa acontecera o xoves coa presenza de Ledicia Costas, Blanca Ana Roig Rechou, Eulalia Agrelo Costas e Marta Neira. Nesta ocasión puidemos asistir ás presentacións de Leandro e os números de Rocío Pérez e As señoras cousas de Helena Villar Janeiro e desde a BBS non desaproveitamos a oportunidade de que Helena nos asinara un exemplar do seu libro, Rocío xa o fixera en xaneiro cando visitara a nosa biblioteca. Pedro e María, que estaban na Feira, pedironlle a Helena unha dedicatoria para a BBS. Xa sabedes, para o curso poderedes gozar de As Señoras cousas dedicado.
Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 28-07-2015 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Bibliotecas de Rianxo na Feira do libro


Un ano máis as bibliotecas de Rianxo participamos na Feira do libro mostrando o noso traballo nunha das casetas e un ano máis elaboramos un vídeo conxunto no que facemos visible o que está a pasar nas biblios de Rianxo ao longo do ano.
O vídeo ten unha banda sonora de luxo,os Carapaus,un grupo que xa aparece nas recomendacións de verán da BBS e ao que lle temos un especial cariño polo seu bo facer e polos seus vínculos rianxeiros.
Destacamos tamén a colaboración de Fotos de Rianxo que nos cedeu, coma sempre que llo pedimos, material para a montaxe.
Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 24-07-2015 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Inauguración da Feira
Xa está en marcha!
Onte pola mañá inaugurouse a Feira do Libro co pregón de Helena Villar janeiro e a actuación musical do dúo Barahunda.
Temos catro días para visita, non deixedes de facelo.





Pregón de Helena Villar Janeiro




Barahunda
Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 24-07-2015 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Feira do libro de Rianxo 2105
Xa está aquí! Volve a Feira do Libro cun amplo programa de actividades, catro días para empaparnos de libros e cultura.

Lede con atención o programa e ide reservando datas, empezando polo pregón de Helena Villar Janeiro acompañada por Barahunda.
Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 21-07-2015 08:11
# Ligazón permanente a este artigo
Lendo en Rianxo 2014
Este é o vídeo que proxectamos na caseta das bibliotecas de Rianxo para dar a coñecer o noso traballo de promoción da lectura e do libro.

Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 26-07-2014 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Na Feira do libro
Esta é a caseta das bibliotecas de Rianxo. Vide visitarnos!








Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 26-07-2014 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Creador@s de Rianxo
Hoxe ás 20:30 no Salón de Plenos do Concello, dentro da programación de actividades da Feira do Libro, terá lugar a presentación da revista Creador@s de Rianxo, elaborada polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do CRA de Rianxo, o IES Felíx Muriel e o CEP Xosé Mª Brea Segade. A revista é un motivo de orgullo para as comunidades educativas dos nosos centros e sobre todo para os veciños e veciñas de Rianxo que temos a sorte de gozar no día a día dos nos@s creador@s.
A presentación da revista contará con intervencións musicais dalgúns dos creador@s incluídos na publicación.
Non deixedes de asistir!



Creador@s de Rianxo forma parte do proxecto de innovación Rianxo fala.
Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 24-07-2014 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Feira do Libro 2014



Hoxe comeza a Feira do Libro de Rianxo. A feira é unha festa da lectura e da cultura, unha oportunidade de ver e mercar libros, pero tamén de participar en presentacións, encontros con escritor@s, concertos, roteiros teatralizados polo casco histórico... As bibliotecas escolares e a Biblioteca Pública Municipal estaremos presentes nunha das casetas cunha mostra do traballo a prol da lectura e da cultura que desenvolvemos ao longo do ano.
Aquí tedes o enlace ao PROGRAMA da Feira, catro días de actividades que non vos podedes perder.
Vémonos na Feira do Libro!
Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 24-07-2014 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
LENDO EN RIANXO
Tiñamos pendente contarvos como nos fora na Feira do Libro de Rianxo. Aquí o tedes, as imaxes e os textos do que quixemos compartir coa nosa presenza na feira.
Esperamos repetir o ano que vén!


Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 30-09-2013 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Na Feira do Libro de Rianxo
As bibliotecas de Rianxo estamos presentes na Feira do Libro cunha pequena mostra do traballo que realizamos. Quixemos sacar as nosas bibliotecas á rúa e compartir a nosa experiencia común con tod@s os que pasen pola Feira ao longo destes días. "Lendo en Rianxo" é o nome que escollemos para o noso espazo nunha das casetas da feira e o título do vídeo que elaboramos para proxectar na feira e mostrar algunhas das actividades que se desenvolven no día a día das bibliotecas de Rianxo.


Aquí o tedes: Lendo en Rianxo



Non deixedes de pasar pola Feira do Libro
Comentarios (0) - Categoría: Feira do Libro - Publicado o 27-07-2013 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0