biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Axudantes 3
Mario, Uxía, Gloria e Ana forn os axudantes da biblio a semana pasada. Aquí os tedes botando unha man en case todo. Bo traballo!





Preparando exposicións









Emprestando ás titorías




Selando e etiquetando novidades




Forrando novidades




No sorteo das Mochilas Viaxeiras




Repoñendo fondos aos andeis

Comentarios (1) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 10-11-2014 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes 2
Esta semana estreouse un novo grupo de axudantes e traballou duro. Aquí os tedes!






No calendario de uso dos ordenadores




Colocando as devolucións








Sorteando as Mochilas Viaxeiras



Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 23-10-2014 18:39
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes 1
Os nov@s axudantes da BBS comezaron o seu labor esta semana. Este curso cada grupo colaborará na BBS todos os recreos dunha semana.
Aquí temos aos primeir@s, selando novidades.





Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 19-10-2014 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes da BBS 2014-2015

Aquí están os axudantes da Biblioteca Brea Segade deste curso cos seus contratos asinados e selados. Temos sete grupos que comezarán a colaborar na BBS desde o vindeiro luns.
Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 12-10-2014 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Iniciando a formación de usuari@s




Na primeira semana de outubro, ao abrir a biblioteca, comezamos coa formación de usuari@s. Cada aula e o seu titor ou titora viñeron á biblioteca e participaron nunha sesión coordinada e dinamizada polo equipo da BBS. Lembramos normas, tipos de fondos e servizos da biblioteca e de terceiro en diante coñecemos ou afondamos no que xa sabemos sobre a CDU e a tipoloxía dos fondos... Agora xa podemos comezar a aproveitar todo canto a BBS nos oferta. Cada grupo continuará a formación de usuari@s ao longo do curso nas horas de biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 09-10-2014 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Buscamos axudantes

Mañá teremos a primeira xuntanza dos axudantes deste curso para organizar quendas, falar das tarefas e asinar os contratos de axudantes. De momento hai un bo número de interesad@s en participar e moitas ganas de comezar.
Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 08-10-2014 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
Despedida dos axudantes
Na primeira semana de xuño remataron o seu traballo os axudantes de biblioteca deste curso.
Grazas a tod@s por tanto traballo compartido na BBS. Gustounos escoitar que fora unha boa experiencia, para nós tamén. Vémonos para o curso ou cando vós queirades, porque temos algúns axudantes que marchan para o instituto. Que sorte van ter con vós na biblioteca do IES Félix Muriel!






Comentarios (4) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 10-06-2014 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes da BBS: xoves

Aquí están por fin! Ana, Borja, Lorenzo e Iván son os axudantes dos xoves, pero aínda non se estrearan porque no mes de outubro a BBS non abriu ningún xoves entre saídas, clubs e conmemoracións. Incrible!
Pero, como vedes, compensaron os xoves perdidos e rápidamente puxeron mans... aos libros.
Comentarios (1) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 10-11-2013 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes da BBS: venres

Irene, Kevin, Desi e Diego son os axudantes dos venres.
Diego débenos foto, xa o pillaremos :)
Comentarios (2) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 20-10-2013 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes da BBS: mércores

Paula, Carlota, Alba e Laura: axudantes os mércores.
Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 16-10-2013 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes da BBS: martes

Álex, Paula, Uxía e Gloria, os nos@s axudantes dos martes.
Comentarios (1) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 16-10-2013 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes da BBS: luns

Carla, Nerea e Dunia estarán na BBS nos recreos dos luns. Hoxe, comezaron!
Comentarios (2) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 14-10-2013 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Axudantes da BBS

O luns 14 estrearemos axudantes de biblioteca. Xa tiveron a primeira xuntanza e xa asinaron o seu contrato de axudantes. Estamos desexando que comecen a traballar!
Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 13-10-2013 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Para comezar de novo
Nas dúas primeiras semanas de outubro todas as titorías pasaron pola biblioteca para lembrar o que a BBS nos oferta, as normas, a organización dos fondos, as actividades principais...En cada sesión comezamos cun conto que serviu para presentar a campaña deste curso e continuamos cun xogo e unha actividade de descuberta da organización da BBS adaptada ás diferentes idades. Agora xa podemos comezar a aproveitar todo o que a BBS ten para nós!


Comentarios (2) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 13-10-2013 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
Estamos de volta!
Pouco a pouco a BBS volve a encherse de vida.
A semana pasada todas as clases pasaron pola biblioteca para lembrar normas, para ver as novidades e para descubrir ou recordar que fondos temos e que hai que facer para consultalos na sala ou levalos a casa. E tamén aproveitamos, para coñecer a algúns dos personaxes que nos acompañarán este curso coa Banda Deseñada.

Que gusto ver movemento de novo na BBS!

Comentarios (0) - Categoría: Formación de usuari@s - Publicado o 08-10-2012 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0