Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

POR UNHA SOA CANDIDATURA CIDADÁ ÁS ELECCIÓNS EUROPEAS
As organizacións, colectivos, partidos e iniciativas cidadás abaixo reflectidas, reunidas en Madrid o 2 de Marzo de 2014, constatamos un altísimo grao de coincidencia nas formulacións esenciais, tanto a nivel PROGRAMÁTICO como METODOLOXÍCO, no camiño de CONFLUÍR NUNHA SOA CANDIDATURA CIDADÁ UNITARIA para as vindeiras ELECCIÓNS EUROPEAS baixo os seguintes parámetros:

- CANDIDATURA UNITARIA baixo PRIMARIAS PARTICIPATIVAS e ABERTAS A TODA A CIDADANÍA.

- PROGRAMA DE MÍNIMOS consensuado pola cidadanía e RATIFICADO pola bases, en asembleas e/ou círculos territoriais abertos.

- POSTA EN COMÚN de todos os recursos e medios das plataformas participantes na candidatura unitaria.

Por isto decidimos AVANZAR neste proceso de UNIDADE e nos AUTOCONVOCAMOS a unha REUNIÓN DEFINITORIA para concretar a nosa CONFLUENCIA e articular os mecanismos necesarios para a súa posta en marcha, o vindeiro domingo día 9 de Marzo ás 10:00 horas, na Sé de IZQUIERDA ABIERTA, sita na rúa Rivera de Curtidores nº 37 (Madrid).



Esta CONVOCATORIA está ABERTA a todos aqueles colectivos, partidos e iniciativas cidadás que até agora non participen neste PROXECTO DE CONFLUENCIA, ou en ningún outro, e que estean interesados en facelo, en IGUALDADE de condicións.



Os OBXECTIVOS desta INICIATIVA electoral van encamiñados a:

- Dar o PROTAGONISMO Á CIUDADANIA, para que esta poida participar en tómaa de decisións de todo o que lle concirne.

- Abrir o camiño cara a unha RUPTURA DEMOCRATICA, que nos leve a unha sociedade verdadeiramente democrática, dando prioridade ao interese común e a xustiza social, garantindo que a soberanía resida no pobo e non nos poderes económicos, nin nos poderes fácticos.

- Modificar as REGRAS DO XOGO e elaborar un CAMBIO POLITICO, que garanta un funcionamento verdadeiramente democrático nas institucións, na vida política e na sociedade.

- Crear a ALIANZA en base a unha UNIDADE PERMANTE para esta e futuras eleccións.

De entre os asistentes, matizar que:

* PODEMOS, subordina e supedita a decisión de CONFLUENCIA con esta iniciativa á aprobación da mesma polos seus círculos territoriais.

* SUMA, apoia este proceso de CONVERXENCIA, pero ten consensuado NON participar nas Eleccións Europeas como ?SUMA?, podendo acordar pedir apoio electoral para UNHA CANDIDATURA UNITARIA e CIDADÁ como esta.

As organizacións, colectivos, partidos e iniciativas cidadás que PROMOVEN esta AUTOCONVOCATORIA son (por orde alfabética):

?ASAMBLEA 14D?, http://asamblea14d.wordpress.com/

?LA IZQUIERDA?, http://compromisolaizquierda.blogspot.com.es/

?LOS VERDES ? Grupo Verde?
http://www.los-verdes.es/

?PODEMOS?, http://podemos.info/

?(PTD) Partido de la Transparencia Democrática?
http://transparenciademocratica.org/

?SUMA?

?(UCE) Unificación Comunista de España?, http://uce.es

==================================================================================

ORGANIZACIONES QUE CONFORMAN CADA PLATAFORMA CONVOCANTE:

?ASAMBLEA 14D?: Asamblea Ciudadana de Sevilla (ACS) // Colectivo Red Verde-Extremadura // Democracia Integral, // En Lucha // Junt@s Podemos // Movimiento MÉS // Plataforma Una Alternativa Ciudadana // Demos+ // Gobierno del Pueblo (GOPU) // HARTOS.org (Plataforma Electoral de Ciudadanos, Partidos y Agrupaciones) // Nova Esquerda Galega // Partido de los Mayores Autónomos (PDMA) // Partido de los Trabajadores (PT) // Unión y Alternativa Ciudadana (UAC) // AIAIO Asociación Informativa de Asambleas de Indignados y Oprimidos // Asociación Promotora de Agrupaciones Electorales // Movimiento Ciudadano por el Cambio del Modelo Político (Granada) // Foro Andalucía - Ley Andaluza de Participación Ciudadana // (CyD) Centro y Democracia de Madrid // DemocraciaXXI.20 - El Poder en el Pueblo (Granada) // Plataforma Granada ? Agrupación de Movimientos Ciudadanos // Movimiento FUE (Unión de Empleados Públicos).

?LA IZQUIERDA?: Ezker Batua - Berdeak (EB-B) // Iniciativa Socialista de Izquierdas (ISI) // Nova Esquerda Galega (NEG) // Plataforma Ciudadana YA (PCYA) // Colectivo Red Verde de Extremadura (CRV-Ex) // Compromiso Socialista (CS) // Unión de la Izquierda Socialista de Aragón (UISA) // Madrid Socialista (MaS) // Convergencia por Extremadura (CEx) // Republicanos // Agrupación Republicana de Coslada (ARCO) // Frente Amplio de Canarias // Red Solidaria Antirepresiva // Partido de los Trabajadores (PT) // Coordinadora Estatal de Desempleados //

?LOS VERDES ? Grupo Verde?

?SUMA?: 15M por un Bloque Social
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2014 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
ELECCIÓNS EUROPEAS: Podemos convoca primarias tras fracasar a negociación con IU
Pablo Iglesias confirma que a súa organización celebrará primarias para as eleccións europeas e que el presentará a súa candidatura. "IU decidiu dar protagonismo á súa militancia, nós á cidadanía", sostén o fundador de Podemos.

http://www.infolibre.es/noticias/politica/2014/03/01/podemos_ira_solo_las_elecciones_europeas_14125_1012.html

O debate entre Izquierda Unida e Podemos sobre o modelo de candidatura impediu que chegasen a un acordo para as eleccións europeas. Malia compartir ideais políticos e considerarse parte da mesma barricada, ?non é posíbel un acordo cando se difire no método?, explica o líder de Podemos, Pablo Iglesias.


Unha vez que IU elixiu este sábado aos membros da súa candidatura, Podemos continúa apostando por ?listas abertas, un modelo de primarias sen control de censos e con listas cremalleira?, explica Pablo Iglesias a infoLibre. A esquerda alternativa, indica Iglesias, ten que ?ser coherente consigo mesma e romper coa división entre a cidadanía e os partidos?. Para iso, nada mellor que ?dar a palabra ao cidadán á hora de elixir aos candidatos?, remarca o profesor e tertuliano.


O procedemento para confeccionar as listas tornouse un obstáculo insalvábel para a cooperación entre ambas as dúas formacións de esquerda. Mentres Izquierda Unida elaborou a súa candidatura con participación das federacións e dunha comisión de consenso integrada por 15 dirixentes, Podemos aposta por unhas primarias abertas. ?IU decidiu dar protagonismo á súa militancia, nós á cidadanía?, resume Iglesias, que de momento é o único candidato coñecido ás primarias do seu partido.


O vindeiro martes 4 de marzo, a plataforma comunicará oficialmente a celebración de primarias. A partir do próximo día 18, presentarase ?unha lista oficial de candidatos?, explica Iglesias. Os aspirantes ás eleccións cidadás serán ?elixidos polos círculos de Podemos?.


Coa celebración destas primarias abertas, o partido confía en conseguir unha participación masiva. ?Nas eleccións celebradas a nivel europeo polo Partido Verde participaron máis de 20.000 persoas; Podemos quere superar esta cifra e alcanzar un récord histórico?, salienta Iglesias.


A aposta de Podemos por "unha candidatura unitaria e de ruptura" da esquerda para os comicios de maio, pode ?desencadear unha sorpresa e empuxar ao réxime do 78 que está caduco?, resume o seu líder.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2014 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
A confusión política non é unha alternativa contra o capitalismo. Que aporta PODEMOS á esquerda?
A confusión política non é unha alternativa contra o capitalismo
Que aporta PODEMOS á esquerda?



Por: Corrente Marxista Revolucionaria El Militante
FONTE: Rebelión / EL MILITANTE
Tradución ao galego para A VOZ DA NOVA ESQUERDA: Alicia Garrido Cameselle


A presentación a mediados do mes de xaneiro de PODEMOS, proxecto encabezada polo mediático profesor Pablo Iglesias, supuxo unha sacudida para moitos activistas da esquerda. Podemos conseguiu reunir en poucos días varias decenas de miles de sinaturas de apoio e as súas presentacións públicas en Zaragoza, Xixón, Valencia, Alacante, Sevilla ou Madrid congregaron un elevado número de persoas, nun ambiente de entusiasmo e expectación.
Mozos e mozas que participaron activamente no 15M, maioritariamente provenientes do ámbito universitario, activistas desencantados coa actuación das direccións de CCOO e UGT, e votantes de IU que non están satisfeitos coa práctica política que leva a dirección en moitos asuntos (pacto co PSOE en Andalucía, relacións ?diplomáticas? coas cúpulas sindicais, Estremadura, ...), viron con ilusión este novo proxecto, presentado nun momento de crise profunda e crítica feroz contra o sistema capitalista. Pero, máis aló das boas intencións, os activistas e militantes da esquerda que aspiramos a un cambio revolucionario da sociedade debemos ser honestos e rigorosos á hora de situarnos ante os acontecementos políticos, e isto inclúe tamén a Podemos.

O que ofrece Podemos

Detrás do proxecto PODEMOS atópase Izquierda Anticapitalista (IA) cuxos veteranos dirixentes militaron anteriormente en Izquierda Unida e, hai que salientar, mantendo en moitas ocasións posicións moi incoherentes. A finais de 2008 decidiron abandonar IU á calor do avance das súas forzas irmás en Francia e Portugal (O NPA, Novo Partido Anticapitalista e o Bloco de Esquerda). Pero tralo fracaso que recolleu Esquerda Anticapitalista [no Estado español] nas eleccións europeas de 2009 (apenas 20.000 votos) e as dificultades manifestas que teñen para rendibilizar politicamente o movemento explosivo do 15M, buscaron no tirón mediático de Pablo Iglesias como xeito de resituarse no panorama político.

Desde PODEMOS insistiuse que representan unha formación novidosa, baseada nun ?método participativo aberto a toda a cidadanía?. Pero incluso unha oferta tan aberta necesita algún punto de partida, por mínimo que sexa. E é aquí onde PODEMOS dános a primeira e desagradábel sorpresa. Na súa curta existencia, e sen que medie ningún tipo de ?participación da cidadanía?, PODEMOS realizou unha vertixinosa viraxe política desde o manifesto Mover Ficha ao programa contido no seu Borrador de Propostas para Europa presentado o 22 de febreiro.

No seu manifesto inicial, PODEMOS recollía algunhas das reivindicacións máis sentidas na onda de mobilizacións sociais que sacode o Estado español desde hai varios anos. O dereito á vivenda e a paralización dos desafiuzamentos, os salarios e pensións dignas ou o rexeitamento á privatización dos servizos públicos, atopaban o seu lugar no manifesto. Tampouco faltaban referencias que, de profundarse, poderían supoñer un punto de partida cara a un auténtico cambio social e non un simple lavado de faciana do armazón institucional do Estado capitalista. Así, PODEMOS incluía entre as propostas do seu manifesto a ?nacionalización da banca privada? e a ?nacionalización e socialización das empresas enerxéticas?.

Pero as cousas cambiaron moito e moi rápido. Parece que, paralelamente ao éxito de asistencia nos actos de presentación, estes elementos ideolóxicos claramente de esquerda deberon parecer excesivos ao grupo promotor de PODEMOS e foron radicalmente modificados no borrador de programa para as eleccións europeas presentado apenas un mes despois. Xa sexa por presións expresas, ou polo intento de asegurarse a simpatía dos medios de comunicación para difundir a súa iniciativa, ou por considerar que defender ideas claras e de esquerda reduce o seu apoio electoral, o certo é que as últimas propostas de PODEMOS sorprenden por seren tépedas e confusas.

Nun artigo titulado ?Todo o poder aos círculos?, obra de Miguel Urbán, dirixente de Izquierda Anticapitalista, ademais de verter a barullo unha xerga inintelixíbel, advírtenos que canto máis nos afastemos ?do fetichismo da palabra «esquerda» máis se achegara PODEMOS ao éxito?. Neste artigo, PODEMOS preséntase como un confuso conglomerado de ?os de abaixo? que loita contra un inimigo indefinido, caracterizado polo seu amor ao lucro e por impoñerse mediante ?forzas externas? á ?democracia?, cuxa defensa o converte no eixo principal da estratexia de PODEMOS. Que tipo de linguaxe é este, que obvia as verbas traballador, clase obreira, patróns e banqueiros, capitalismo ou socialismo? Por que se renuncia a dicer ao pan pan e ao viño viño?

Vólvese así a dar voz a algunhas das propostas que se manifestaron nos primeiros momentos do 15-M, e que expresaba a confusión de moitos mozos de capas medias en proceso de radicalización. Estas propostas limitábanse a propoñer reformas do réxime político pero descartaban calquera alteración substancial da orde capitalista, e quedaron definitivamente arrombadas cando o impulso do 15-M trasladouse ás Mareas e a un número crecente de loitas obreiras. Desde entón vivimos ao gran salto adiante na conciencia política de millóns de mozos e traballadores. Resucitando estas ideas e formulacións, que xa fracasaron no seu intento de articular politicamente o 15-M, PODEMOS proponnos no seu borrador de programa combater o paro coa ?promoción do protagonismo da pequena e mediana empresa na creación de emprego?. Por suposto, a nacionalización da banca pasa ao esquecemento e muta pola idea de ?reorientación do sistema financeiro para consolidar unha banca ao servizo do cidadán e a pequena e mediana empresa?.

As transformacións políticas que PODEMOS reivindica limítanse ao anovado da fachada do sistema capitalista, á súa representación externa. Todo o seu radicalismo verbal en defensa da ?democracia? ?coma se fose posíbel baixo o sistema capitalista poñer as institucións burguesas ao servizo dos explotados? poderían ser asumidas por calquera forza política, incluídas moitas que se sitúan á dereita, por non falar da socialdemocracia [e o social-liberalismo]. Cando Podemos intenta concretar a súa ?revolución democrática?, por exemplo no referido á corrupción, fálanos de ?a creación de medidas anticorrupción centradas en aportar transparencia aos procesos de adxudicación de contratos públicos, o financiamento dos partidos políticos e os cambios en renda e patrimonio de todos os cargos electos?. Ben, isto sinceramente e non queremos ser irónicos, pódeo asinar Rubalcaba tranquilamente, é máis xa o di nas súas comparecencias parlamentarias. E continua: ?Reforma dos marcos normativos destinados a designar o Fiscal Xeral do Estado, aos membros do Consello Xeral do Poder Xudicial, os membros do Tribunal de Contas e os membros do Tribunal Constitucional?. Que ten que ver esta linguaxe, estas propostas, cunha alternativa de esquerdas seria? Por moitos cambios normativos que se queira no marco dun parlamento burgués, a xudicatura, baixo o réxime capitalista, estará sempre vinculada por miles de fíos, visíbeis e invisíbeis, materiais, políticos e sociais, cos intereses da clase dominante.

Respecto de Europa, chaman ao ?sometemento das decisións do BCE ao control democrático do Parlamento Europeo?. Pero isto tamén o pode defender a socialdemocracia, de feito non sería a primeira vez que algo semellante saia da boca dos dirixentes do PSOE publicamente, ignorando a natureza capitalista do actual deseño da UE, que non é máis que unha ferramenta de dominación dos grandes monopolios occidentais.

Escoitando o discurso dos seus principais dirixentes nos actos celebrados, ou lendo os artigos que escriben, salta á vista que os promotores de PODEMOS tratan de borrar silenciosamente as súas anteriores posicións e dos seus acenos ideolóxicos, desprendéndose, o máis rapidamente posíbel, de calquera punto de vista de clase e socialista. Para ser honestos, isto non é algo novidoso, é unha regresión ideolóxica. Nestes momentos de crises capitalista esta linguaxe e estas ideas son un claro paso atrás, son un abandono aberto do marxismo e unha renuncia á experiencia histórica da loita de clases.

Os promotores de PODEMOS chegaron á conclusión de que para ?conectar? co ?ambiente? hai que utilizar un terminoloxía calculadamente confusa, onde as ideas concretas e as reivindicacións claras contra o capitalismo e en defensa dunha alternativa socialista sexan reemprazadas por ambiguas mensaxes a favor da ?democracia?, e ?transcender? o que eles consideran a falsa dicotomía de ?esquerda e dereita?. Para esta viaxe non facían falta estas alforxas. Estes lugares comúns do ?posmodernismo? sociolóxico recordan moito ás argucias retóricas, a esa papilla de ocorrencias sen substancia, que foron utilizadas de xeito abundante por sectores que, provenientes do esquerdismo, sempre terminaron por confluír coa socialdemocracia.

Os promotores de PODEMOS manifestaron que non rexeitan a posibilidade de asegurarse un posto de saída nas listas de Izquierda Unida para as eleccións europeas, se a dirección de IU acepta a súa propostas de primarias abertas. Isto prodúcese, obviamente, cando todas as enquisas prognostican un gran avance electoral de IU. Pero máis aló desta pugna polo escano faise lícito preguntar: E dentro de IU, o proxecto de PODEMOS a quen beneficia? Cábennos poucas dúbidas. Este tipo de prexuízos políticos, de ideas premarxistas, de renuncia ao socialismo, beneficia a aqueles que non queren unha Izquierda Unida de masas, revolucionaria e anticapitalista. Como di o refrán: o camiño ao inferno esta empedrado de boas intencións.

Que necesitamos a clase traballadora e a mocidade?

Malia os seus dirixentes e do seu programa, a acolleita a Podemos demostra que na esquerda hai un gran baleiro, e que a clase traballadora e a mocidade, que nun número cada vez maior dicimos basta! a este sistema irracional, necesitamos unha alternativa para transformar a sociedade.

Pero o que non necesitamos é que se nos propoñan cambios estéticos no funcionamento do capitalismo coma se fosen a panacea a todos os nosos males. Diso xa tivemos bastante nos últimos trinta anos. E moito menos necesitamos a quen parecen crer que os traballadores somos incapaces de entender a realidade do capitalismo e a necesidade da revolución socialista, e que só podemos ser atraídos á política a través dun programa cargado de ideas confusas e bonitas verbas.

Necesitamos si, dunha organización revolucionaria que explique claramente as causas e as raíces últimas da crise, que explique os mecanismos polos cales o proceso de acumulación capitalista acaba desembocando, tarde ou cedo, nunha crise de sobreproducción catastrófica para a inmensa maioría social, e que explique cal é a estratexia de transformación da sociedade que pode poñer fin ao horror cotián que é a vida baixo o capitalismo.

Corrente Marxista Revolucionaria El Militante




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2014 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
INFORMACIÓN Á COLUMNA GALEGA SOBRE O TREN A MADRID
Benquerid@s amig@s e compañeir@s de Nova Esquerda Galega:

Confirmado o peche da contratación con Renfe do tren a Madrid o día 22 de Marzo. Despois dunha longa resta de contactos e tiras e afloxas, con decisións políticas incluídas, o resultado é o seguinte:

Tren en dobre con 520 prazas, con dous percorridos:
07,00 hs. A Coruña ? Compostela - Ourense
07,00 hs. Pontevedra ? Vigo ? Ourense
09,20 A partir de Ourense vai un so tren a Madrid.
O grupo do Carballiño podería embarcar de cara Ourense no tren das 08´45 hs. e iría incluído no prezo.
O prezo final acadado do billete será de 45 ?. Obviamente, sobra dicir que non foi posible rebaixalo máis.
O pagamento total do alugueiro a Renfe temos que realizalo o día 14 de marzo, o cal quere dicir que hai que comezar Xa a cobrar os billetes en cada zona, e o día 12 de marzo tería que estar a totalidade dos 23.400 ? na conta que se habilite ó respecto.

Finalmente, temos aberta a posibilidade de ampliar a contratación dun segundo tren ó mesmo prezo (45 ?) ate o día 14 de marzo, de 360 prazas, que viría a sumar 880 prazas. Oxalá!!!

Suxerimos que temos que traballar en tres liñas:

1.- A Listaxe sistemática, ordenada, cobrada e centralizada das compañeiras e compañeiros que imos a Madrid, cun so responsábel por zona.

2.- Continuación da promoción de actos da Columna Galega nas vilas, asociacións, universidade, ...

3.- Recadación económica para abaratar os custes do billete; bolsas nos actos con Cañamero, camisetas, a xente que non vaia que pague medio billete, concertos, etc...

Ánimo e parabéns a tod@s polas manifas do 26F.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2014 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Valoración de Nova Esquerda Galega (NEG) sobre o procedemento de desarme de E.T.A. e o proceso de comprobación levado adiante pola Comisión Internacional de Verificación (CIV).
Nova Esquerda Galega
Nova Esquerda Galega (NEG) quere salientar o seu apoio ao proceso de paz e o fin da loita armada en Euskadi. Consideramos moi importante o papel que está desenvolvendo a Comisión Internacional de Verificación (CIV), no proceso para poñer punto final do final á loita armada en Euskadi.

A «nova misión» acordada entre E.T.A. e a CIV concrétase en dous puntos: por unha banda, a comisión verificará o proceso de selado que levará adiante E.T.A. cun método xa prefixado e, por outra, quedará na súa man o inventario que se faga das armas, explosivos e outros dispositivos da organización militar.

Asemade, E.T.A. volve mostrar o seu «total compromiso» coa resolución do conflito e coa paz. «Reafirmamos a nosa enteira disposición a participar nos diálogos e acordos necesarios para superar todas as consecuencias do conflito, incluíndo o desarme de E.T.A.», manifestou a organización armada.

Consideramos esta decisión de E.T.A. moi acertado e que necesita ser correspondida polo goberno con medidas que axuden a concretar o fin do conflito e a consecución definitiva da paz no noso pobo irmán vasco. Por iso solicitamos como medidas humanitarias e de respecto dos dereitos humanos que se realice o achegamento dos presos independentistas vascos e a liberdade de Arnaldo Otegi, autentico baluarte da loita pola resolución pacífica do conflito vasco.


Vigo, 1 de marzo de 2014


Comisión Executiva Nacional de Nova Esquerda Galega (NEG)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2014 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
ACTO HOMENAXE A HUGO CHÁVEZ NO PRIMEIRO CABODANO DO SEU PASAMENTO
5 de marzo ás 20:00h na Sala de Conferencias do Centro Cultural de Vigo N.C.G (entrada antigo teatro García Barbón. Rua. Policarpo Sanz)



INTERVEÑEN

Xose Manuel Beiras Torrado

Xosé Luís Méndez Ferrin


ORGANIZA

A Asociación Galego-Bolivariana ?Hugo Chávez?



SOLIDARIDADE COA VENEZUELA BOLIVARIANA!!!!




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-03-2014 07:48
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0