Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Que é PODEMOS?
Javier Caso Iglesiashttp://compromisolaizquierda.blogspot.com.es/2014/02/que-es-podemos.html

Por Javier Caso Iglesias *
(Tradución ao galego para A Voz da Nova Esquerda: Alberte Cid García)


Dicíalle hoxe a un compañeiro que en relación a PODEMOS entendo que non é necesario que veña ninguén dos activistas máis coñecidos desta iniciativa ás nosas localidades a explicarnos que é PODEMOS, pois PODEMOS explícase por si mesmo; é un proceso de empoderamento da cidadanía de abaixo cara arriba. No momento en que deixe de ser isto acabaría como proxecto ilusionante para transformarse nun aparello [de poder] máis.


As asembleas [e círculos] de PODEMOS que se están celebrando [e constituíndo] indican rotundamente esta dirección. Xa que logo é pouco representativo pretender querer reunirnos con alguén do "aparello" de PODEMOS cando PODEMOS carece de "aparello". En PODEMOS todos/as son "un entre iguais" e ás probas das asembleas multitudinarias que se están organizando por todos os puntos da xeografía do estado remítome.


PODEMOS non é un aparello [de poder], é un movemento popular. Ese é o erro de moitos, que se pensa que PODEMOS é un aparello. PODEMOS é un movemento asembleario por medio do cal estase desenvolvendo un proceso de empoderamento da cidadanía. Aquí non hai "chicos", nin nada por arriba. É un proceso desde abaixo.


A diferenza de PODEMOS coas vellas organizacións da esquerda é que estas quedaron niso, unhas siglas con moitísimo aparello [orgánico] e con moi pouca xente detrás; hai que reparar nesta evidencia de que a vella esquerda quedou ancorada en simples aparellos sen xente detrás que os apoie.


Ás organizacións da vella esquerda fáltalles masa crítica detrás. E fáltalles masa crítica polo facto de tratar sempre de organizar algo «endogámico». Esta é a diferenza con PODEMOS, que PODEMOS non constrúe algo «endogámico» vinculado a fetiches de siglas, cores ou bandeiras; senón un proceso de empoderamento desde abaixo que agrupa a moitas persoas conscientes no que queren. Iglesias, Errejón, Monedero, Urban, Camargo son uns entre iguais. Tan necesarios como prescindíbeis, nin máis nin menos que os demais.


Este proceso iniciado por PODEMOS xa non hai quen o pare, nin os seus primeiros protagonistas e activistas serían capaces, a estas alturas, de deter o proceso; pois os seus obxectivos e metodoloxía son moi claros e precisos e están especificados no seu decálogo que reproducín no seguinte artigo de opinión que escribín hai uns días:
( http://goo.gl/LVkVd0 ).


As asembleas e reunións dos Círculos PODEMOS están sempre ata arriba de xente. Organízanse sen necesidade da presenza de ningún activista dos que a prensa burguesa din que lideran este proceso. Centos e centos de persoas empoderándose sen pedir o permiso de ninguén. O poder en PODEMOS xorde de abaixo, das asembleas.


En Estremadura está ocorrendo o mesmo. Como exemplo dicir que desde Podemos-Cáceres pedíanse algunhas orientacións e suxestións a Madrid e dicíaselle, como así consta na súa facebook, que convocasen asemblea e que todos os pasos decidísense desde abaixo. As asembleas en PODEMOS decídeno todo, ata si queren que algún activista doutra localidade asista a algunha reunión, ou presentación da iniciativa. Si Pablo Iglesias, ou Monedero, ou Errejón interveñen nalgunha asemblea é polo feito de que a propia asemblea solicitou a súa presenza. É a asemblea a que decide. Os activistas están ao servizo do movemento.


Dicía un sabio pensador que as nosas ideas só serían realidade cando arraiguen nas masas e iso é PODEMOS, o que se observa nas súas multitudinarias asembleas de centos e centos de persoas. Na que tivo lugar en Valencia eran miles, do mesmo xeito que a de Zaragoza. Isto é o poder do pobo. O noso labor como activistas é tratar acompañarse o para que sexa o máis operativo posible.

* Javier Caso Iglesias é Analista Político e Activista Social


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-02-2014 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
As políticas de control do corpo: das meigas á reforma do aborto
Fonte: Silvia Federici: Mulleres, corpo e acumulación orixinaria en Nodo50

Notas da conferencia de Silvia Federici impartida a finais de novembro en Traficantes de Sueños (Madrid)

(Tradución ao galego para A Voz da Nova Esquerda: Adela A. Alonso)


O debate sobre reprodución social e traballo doméstico foi central no movemento feminista desde, cando menos, os anos 70, xa que xoga un papel fundamental na subordinación das mulleres. Ademais, dentro da análise marxista, foi absolutamente menosprezado, xa que se considera un remanente precapitalista. Porén, o traballo doméstico é o fundamento no que, de forma oculta, o capitalismo ciméntase: non se trata dunha actividade de servizos senón da mesma reprodución da forza de traballo que se sitúa na base da produción capitalista. Para Federici, o traballo doméstico abrangue a reprodución biolóxica e social mais tamén o traballo sexual ou os afectos, que serven para reproducir psicoloxicamente a forza de traballo. Esta perspectiva sobre o traballo é clave para entender a complexa subordinación das mulleres, por exemplo o control que exerce o estado sobre o seu corpo e sexualidade.


Dado que non se recibe un salario por realizar o traballo doméstico, está totalmente invisibilizado na sociedades capitalistas onde o traballo se equipara a salario e a valor. Pero ademais, o salario é moito máis que o diñeiro: é unha dimensión política fundamental para a organización e xerarquización da sociedade. Esta ausencia de salario contribúe á naturalización do traballo doméstico como unha tarefa propia das mulleres. Así, o capitalismo delega o control das mulleres nos homes a través do salario masculino. Deste xeito o capitalismo extrae cantidades inxentes de traballo non asalariado que se sitúa na súa base oculta. É dicir, o sexismo e o racismo non son disfuncións do capitalismo, pegadas de formas de produción previa, senón que son intrínsecos a el. Son as bases prácticas e ideolóxicas para a xerarquización, o que permite ao capitalismo extraer forza de traballo non paga e reproducila.


A transición do feudalismo ao capitalismo non foi un proceso natural e inevitable senón produto de forzas contrarrevoluconarias para eliminar as loitas campesiñas. Implica a reestructuración do modo de produción, para o que resultan necesarios os procesos de expropiación de terras (enclouseres), a conquista de América e o tráfico de escravos. É dicir, o capitalismo nace a través da acumulación da man de obra e da intensificación da produción. Durante este proceso, que ocorre coas mulleres, co traballo reproductivo?


Unha revisión feminista ao concepto de acumulación orixinaria: a caza de bruxas


Nun dos capítulos finais do tomo primeiro do Capital, Marx fala da acumulación orixinaria, proceso no que inclúe a expropiación das terras comúns e a extracción e comercialización da prata americana. Pero desde a perspectiva desenvolvida desde a teoría feminista na que Federici se inscribe, neste relato falta algo. Ademais, a desposesión das terras non produce, por si mesma, o tipo específico de obreiro para o capitalismos, ao que hai que disciplinar para o traballo repetitivo das factorías.


Un das maiores rupturas que provoca o capitalismo é a da produción para o uso no interior dos fogares, que se bifurca na produción para o mercado contraposta á (re)produción da forza de traballo. Nesta transformación, como se reflicte nos textos legais da época, toda unha serie de actividades produtivas desaparecen da esfera visible da fábrica e son asumidas polo ámbito doméstico como reprodución social da forza de traballo.


Nos séculos XVI e XVII esta reprodución da forza de traballo (é dicir, de individuos) se feminiza, invisibiliza e desaparece da actividade económica. Por exemplo, en Europa máis e máis mulleres son excluídas da actividade económica asalariada e, ademais, prodúcese a caza de bruxas. En opinión de Federici, é sorprendente que unha mente política tan brillante como a de Marx non vexa a caza de bruxas como un elemento central no desenvolvemento do capitalismo.


A caza de bruxas non se pode entender como unha superstición medieval, en primeiro lugar pola súa propia cronoloxía xa que, aínda que puideron darse previamente algúns casos illados, a persecución masiva de mulleres acusadas de bruxería comeza no século XVI, de forma simultánea á expropiación das terras campesiñas, o desenvolvemento do colonialismo e o escravismo.


Esta conexión entre o desenvolvemento do capitalismo e a caza de meigas ponse de manifesto ao examinar as acusacións típicas:

1. A maioría de ?meigas? era mulleres maiores, pobres e esmoleiras ás que se acusaba de usar medios máxicos para roubar comida e viño ou de ser as causantes da enfermidade ou morte de animais pertencentes a persoas ás que tiñan mendigado e estas negáronse a ofrecerlles nada. É dicir, trátanse de crimes contra a propiedade realizados por mulleres desposuídas. A caridade, que fora unha das virtudes máis enxalzadas durante a Idade Media, empeza nesta época a criminalizarse e considerarse un ataque á ética do traballo. O simple feito de mendigar converte á xente en sospeitosa. Vivir da comunidade e non do teu propio esforzo individual vese como parte dunha ética a erradicar.
2. Outra acusación típica eran os crimes contra a reprodución. As acusacións de matar nenos moi posiblemente encubrían realización de abortos voluntarios e contracepción. A persecución destes actos plásmase na lexislación e mostra o interese do estado no aumento da man de obra para o mercado de traballo, o que pasa por controlar o corpo das mulleres. Nesta época xorde a demografía como ciencia e inícianse os rexistros censales de poboación. A obsesión pola man de obra chega ao momento de que cantos máis pobres tiña nun país, máis rico considerábase, en tanto que acumulaba forza de traballo.
3. Neste sentido, a sexualidade feminina cando non é produtiva, vese como un perigo. Este control é parte do proceso de disciplinamento da clase traballadora. A caza de bruxas é un ataque ás mulleres, pero tamén á comunidade, que se ve dividida nun momento en que sofre os ataques da expropiación, nun proceso que presenta similitudes e paralelismos coa ?guerra contra o terror? actual. É o laboratorio no que se forxa a nova feminidade propia do capitalismo. Á vez que se cercan os campos comunais, se cercan os corpos das mulleres.

Paralelismos entre a acumulación orixinaria e a novo etapa do capitalismo actual

A globalización e reestructuración económica mundial da época actual presenta similitudes coa da acumulación orixinaria, como unha reacción ao ciclo de loitas que culmina nos anos 60 (procesos de descolonización, feminismos, loita da poboación afroamericana, das poboacións nativas...) A principios dos anos 70 o capitalismo entra en crise e empézase a falar de ?crecemento cero?. Estas loitas habían desestructurado as bases mesmas do capitalismo (?non queremos traballo nas fábricas porque as condicións son infrahumanas; o que queremos é máis tempo libre?). Para intentar gañar a partida, o capitalismo tivo que poñer o mundo patas para arriba.


Sobre cal é o elemento central do cambio ao capitalismo actual, existen perspectivas diverxentes. Mentres que para Hardt e Negri sitúase no aspecto tecno-científico, co paso á produción inmaterial (o traballo cognitivo), Federici rexeita esta aproximación e sitúa o cambio en, unha vez máis, a ampliación da forza de traballo dispoñible para ser expropiada polo capitalismo. É dicir, o novo capitalismo global baséase na súa capacidade de crear un ?proletariado global? a través non só da guerra directa, senón tamén do ataque aos recursos naturais en África e América Latina, o ataque aos servizos públicos (principalmente educación e sanidade) e, por suposto, ás condicións de traballo asalariado.


Como afecta isto de modo específico ás mulleres? Unha das bases do capitalismo é devalar e invisibilizar o traballo reproductivo, para así reducir os custos da forza de traballo ata, si é posible, chegar ao custo cero. Isto sitúa de vez ás mulleres como obxectos específicos dos procesos de globalización e crise actual. Desde as institucións internacionais hase promovido a idea de que nos anos 80-90 as mulleres liberáronse e entrado a formar parte da forza de traballo. Isto é aplicable para moitas partes do mundo, onde a entrada masiva de mulleres ao mercado de traballo proporcionoulles certa independencia respecto de os homes... pero non respecto ao capital. A relación das mulleres co capital pasou de ser subsidiaria a directa.


Ademais, este proceso non foi uniforme nin unívoco. Mentres que en Europa, Estados Unidos e Xapón as mulleres incorpóranse ao mercado de traballo, nas zonas onde se aplican Plans de Axuste Estructural, expúlsase masivamente ás mulleres do mesmo e impúlsaselles a emigrar, o que deu lugar a unha reestructuración global da organización do traballo reproductivo, que se ve novamente devalado. Agora o traballo de coidados nas metrópoles realízano en gran medida mulleres migrantes que non poden manter ese traballo reproductivo nos seus países de orixe.


Pero ademais, as mulleres dos países do norte que se incorporan ao mercado continúan realizando o traballo non asalariado no interior dos fogares. Aínda que gran parte do traballo doméstico cóbrese agora no mercado, tamén se produciu unha volta ao fogar de certas tarefas, froito da reestructuración dos servizos sanitarios. Este proceso xa está plenamente consolidado en Estados Unidos e é cara ao que avanza boa parte de Europa.


En definitiva, para as mulleres a emancipación a través do traballo non foi tal senón que acrecentou a crise reproductiva que sempre existiu e que, neste momento, resulta especialmente grave, sobre todo para as migrantes.


Os retrocesos lexislativos sobre o aborto e o control sobre os corpos das mulleres.


Desde os anos 80, non se trata tanto dunha cuestión de número de poboación senón de control social. Por unha banda, acúsase ás mulleres dos países do sur de ter demasiados fillos e aumentar así a pobreza. Por outro, nos países do norte, acúsase ás mulleres que non queren ter fillos de contribuír ao envellecemento da poboación. Por exemplo, as políticas do FMI en África e América Latina pasaban por esixir aos países receptores de crédito como condición a compra de anticonceptivos, o que supón unha forma clara e directa de acusar ás mulleres da situación de pobreza.


Existen dúas correntes no capitalismo respecto de os cambios respecto de as mulleres. Para algúns sectores, a "masculinización" das mulleres, a súa asimilación en termos produtivos aos homes é positiva. Para moitas outras posturas, percíbese como unha ameaza ao propio capitalismo, que se sustenta nese traballo gratuito e invisibilizado de reprodución. É dicir, a tensión dentro do capitalismo actual sitúase en ver si é posible adoptar novas formas de patriarcado versus que non se poida abandonar o patriarcado tradicional.


En Estados Unidos, e cada vez máis en Europa, esta tendencia obsérvase nas novas restriccións ao aborto e as ameazas ás mulleres que ?poñen en perigo ao feto?. Por exemplo, respecto de esta causa, existen máis de 50 casos en EEUU de mulleres que foron levadas a xuízo acusadas de consumir drogas durante o embarazo. Tamén en varios estados discútense actualmente propostas de lei para prohibir o que se consideran ?comportamentos perigosos? para o feto. O paradoxo chega a tal punto que en Utha se debate sobre incluír neses supostos vivir cun home violento, xa que unha malleira pode provocar un aborto.


O feminismo actual enfróntase ao reto de articularse nesta loita, entendendo que as reivindicacións das mulleres para retomar o control dos seus corpos non poden limitarse á defensa do aborto libre e gratuito senón que deben sinalar tamén as novas formas de control social.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-02-2014 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
CELAC: «LA MADRE PATRIA» MORREU
Por: Lois Pérez Leira *

http://www.kaosenlared.net/component/k2/item/79641-ha-muerto-%E2%80%9Cla-madre-patria%E2%80%9D.html

A celebración do II Cume da CELAC na Habana, foi un éxito histórico da comunidade Latinoamericana e do Caribe. Nunca antes seguramente se reuniran tantos presidentes e xefes de Estado de gobernos democráticos, nun conclave deste tipo. E nunca existiu tanta sintonía política, malia a pluralidade destes representantes. Doutra banda o encontro foi unha gran vitoria de Cuba e o seu goberno, converténdoa nun dos motores morais e solidarios do continente Americano.

O éxito do Cume faime pensar no Congreso Anfictiónico de Panamá de 1826, como principal antecedente histórico. Naquel encontro Simón Bolívar intenta procurar a unión ou confederación dos novos Estados de América e a elaboración dunha táctica en común, fronte á España colonialista.

Naquel Congreso debateuse a necesidade de independizar Cuba, Porto Rico, Filipinas e as propias Illas Canarias. Será EEUU como sempre, o encargado de boicotear e levar ao fracaso esta iniciativa. Deste xeito evitou a independencia das derradeiras colonias, co argumento de que non se debía seguir fustrigando a España, para que esta recoñecese os novos Estados.

Malia iso Bolívar alentou aos patriotas caribeños especialmente aos cubanos, para que puidesen lograr a súa independencia. O movemento emancipador americano, liderado polo Libertador Simón Bolívar, enviou mesmo naves de guerra cara as illas Canarias, co claro obxectivo de debilitar á metrópole. Asemade, como manifestaba o Xeneral Pedro Briceño, da República de Colombia, «conseguir a independencia das Illas, dentro da Gran Colombia».

A visión estratéxica e anticolonialista do libertador de América, dista aínda moito do actual pensamento da actual esquerda xacobina española, que continua co concepto de España como «Unha, Grande e Libre».

Volvendo á CELAC este cume demostrou a vixencia do pensamento de Simón Bolívar sobre a «Patria Grande». A mesma acción política foi continuada neste século, polo comandante Hugo Chávez Frías. Simón Bolívar, adiantábanos o seu avanzado pensamento político, na Carta de Xamaica de 1815, cando expresou:

«É unha idea grandiosa pretender formar de todo o novo mundo unha soa nación cun só vínculo que ligue as súas partes entre si e co todo. Xa que ten unha orixe, unha lingua, uns costumes e unha relixión debería, por conseguinte, ter un só goberno que confederase os diferentes Estados que veñan a formarse; mais non é posíbel porque climas remotos, situacións diversas, intereses opostos, carácteres desemellantes dividen á América. Que belo sería que o istmo de Panamá fose para nós o que o de Corinto para os gregos! Oxalá que algún día teñamos a fortuna de instalar alí un augusto Congreso dos representantes das repúblicas, reinos e imperios a tratar e discutir sobre os altos intereses da paz e da guerra, coas nacións das outras tres partes do mundo».

A diferenza da reunión de Panamá de 1826 coa da Habana, foi que en primeira sen estar presente o tema central era España, mentres que nesta última, a gran ausente política foi España e a súa relación co continente a través do seu Cume Iberoamericana. España estivo totalmente ausente da axenda de 600 millóns de habitantes.
«La Madre Patria» foi novamente humillada como no último Cume Iberoamericana de Panamá do 2013, onde a maioría dos mandatarios abstivéronse de asistir, restándolle importancia ao encontro. Entrementres o Rei español desde a súa convalecencia madrileña contempla como a súa monarquía se descompón, atacada polo virus da corrupción, e namentres a comunidade de países latinoamericanos e caribeños, deixaron de ollar cara ao norte e cara a España aínda colonial, para ollar cara dentro.

Outra derrotada neste Cume, foi sen dúbida ningunha a OEA, o ultimo instrumento norteamericano de control do «patio traseiro» do imperio. O destacado escritor galego Xosé Luís Méndez Ferrín nun artigo de opinión para Faro de Vigo salientou sobre este encontro, da CELAC: ?este representa o enterro de «Hispanoamérica» e da noción histórica de «Hispanidade». Así como a expulsión moral e política de España fóra daquel universo?.

O que está claro que na Habana morreu «La Madre Patria».
______________
* Lois Pérez Leira é director de cine e documentalista. Escritor e investigador. Analista político e estudoso dos fenómenos migratorios. Ex-responsábel de CIG-Emigración. Co-Voceiro de Nova Esquerda Galega (NEG). Militante de ANOVA e membro da Comisión Executiva de La Izquierda.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-02-2014 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Programa de radio sobre a República
O dia 14 de xaneiro tivo lugar un intervención radiofónica no programa "Enrédate" de Radio ECCA, coa participación do membro da Xunta Directiva da Asemblea Republicana de Vigo (Amigo da República), Anxo Benigno, e membros da
Asociación Viguesa pola Memoria.

https://archive.org/details/EnrdateReppblica14.1.14

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-02-2014 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
O COMPAÑEIRO MARIO CORTÉS, MEMBRO DA REDE SOLIDARIA ANTIRREPRESIVA DE MADRID, DETIDO DURANTE TRES HORAS
O compañeiro Mario recibiu unha chamada o dia 30 de xaneiro desde un número oculto ás 15:00 horas. A chamada identifícase como a policía e comunícanlle que debe de ir inmediatamente á Dirección Xeral da Policía de Moratalaz que no caso de non se produza a súa presenza na devandita comisaría póñeno en «busca e captura». Á súa chegada ás 15:30 horas notifícanlle que está detido por «ameazas á policía» realizadas a través dun twitter e engaden que cando chegue o avogado de oficio e declares deixarémoste en liberdade...


O compañeiro pasou tres horas detido na comisaría... cando chega o avogado de oficio e logo de expresar o seu desexo de non declarar e asinar déixanno en liberdade non sen antes quedarse co seu móbil e sen expender o xustificante de terse quedado co mesmo... Cal foi o motivo da detención? O pasado 24 de xaneiro Europa Press emite unha extensa noticia que é recollida por todos os medios de comunicación tradicionais: ABC, La Razón, Telemadrid... na que din que «o SUP presenta unha denuncia contra un usuario de Twitter por ameazar aos antidisturbios na rede»... É dicir, o procedemento o mesmo de sempre... a policía envía a información aos medios, estes publícana e ao día seguinte DETENCIÓN!! Cando menos outra persoa foi detida tamén por defender aos bombeiros contra os antidisturbios no seguinte twit "eu estou cos bombeiros... que non vos cale ningún can obediente" As detencións prodúcense por expresar opinións a través de Twitter...


A Lei Mordaza -sen estar aínda aprobada- está sendo aplicada xa... Desde a REDE. Chamamos a todos os colectivos e organizacións a dar unha resposta firme e contundente. XA ABONDA DE REPRESIÓN!! SE TOCAN A UN... TÓCANNOS A TOD@S!!


ÚLTIMA HORA: Convocada nos locais da REDE de Madrid reunión o 3 de febreiro ás 20:00 h para dar unha resposta a estes atentados á liberdade de expresión.


https://www.facebook.com/photo.php?fbid=205987712934153&set=a.164384293761162.1073741828.164252043774387
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-02-2014 08:00
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0