Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DEBATE SOBRE O ABORTO

DEBATE SOBRE O ABORTO

MÉRCORES 19 DE FEBREIRO ÁS 20 HORAS NA TETERÍA "ARUME",
Rúa do Conde de Torrecedeira, 90, 36208 Vigo, (Pontevedra)

PROGRAMA:

20 Horas DEBATE sobre o Aborto coa participación de:

PONENTES
* Eva Solla deputada de Esquerda Unida integrada no grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE)
* Victoria Iglesias Feminista, militante do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e membro da Marcha Mundial das Mulleres
* Mariam García Concelleira do Partido Popular en Vigo
* Coloma Viúdez Presidenta en Ourense da Rede Nais

MODERADORA
* Silvia Paz Docente e investigadora.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2014 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
Dereito a decidir sobre os nosos corpos
Programa:

19:30 h. Proxección Documental "Clandestinas" (Arxentina).

20:00 h. Charla-Debate coa presenza da Plataforma polo Dereito ao Aborto:
* Isabel Blanco (Xinecóloga)
* Laura Bugalho (Sindicalista e Activista Social)

22 de febreiro na Asociación Cultural BOU EVA
A.C. Bou Eva, Rúa/ Terzo de Fóra, 11 en Vigo


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2014 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Nova Esquerda Galega contra a privatización dos Rexistros Civís
Nova Esquerda Galega (NEG)
NOTA DE PRENSA

Nova Esquerda Galega contra a privatización dos Rexistros Civís


Nova Esquerda Galega (NEG) opina que o Ministerio de Xustiza quere entregarlle os Rexistros Civís [Públicos] aos Rexistradores da Propiedade.
Nova Esquerda Galega considera absurdo que no futuro os cidadáns de a pé teñamos que pagar entre 20 e 30 Euros polas partidas de nacemento, de matrimonio, de defunción. Ademais Nova Esquerda Galega (NEG) estima que resulta un despropósito que a informatización do Rexistro Civil termine por custar ao conxunto da cidadanía do Estado uns 130 millóns de Euros. Nova Esquerda Galega (NEG) opina que é un disparate que se poña a disposición dos Rexistradores da Propiedade todo ese dispositivo informatizado.
Nova Esquerda Galega (NEG) está convencida de que os funcionarios que xestionan o Rexistro Civil continuarán traballando nos Xulgados, o que demostra a medida non suporá aforro ningún para a Administración de Xustiza..
Nova Esquerda Galega (NEG) quere denunciar que o Presidente do Goberno, dous dos seus irmáns e a propia nora do Sr. Gallardón son Rexistradores da Propiedade.
Nova Esquerda Galega (NEG) quere denunciar que o número de Rexistradores da Propiedade en toda o territorio do Estado español non chega a 800 e que prestan un servizo público en réxime de monopolio e perciben as súas retribucións directamente dos usuarios privados ou públicos. Asemade, coa asunción do Rexistro Civil a ganancias estimadas anuais achegaran aos 180 millóns de Euros, a repartir entre 800 Rexistradores. Para Nova Esquerda Galega (NEG) isto é un disparate e resulta abraiante e escandaloso.

Para mostrar o noso rexeitamento, NOVA ESQUERDA GALEGA fai un chamado a participar na CONCENTRACIÓN-MANIFESTACIÓN o vindeiro 21 febreiro, ás 13 HORAS, perante os Xulgados de Vigo.


DEFENDAMOS A XUSTIZA!

Comisión Executiva Nacional de Nova Esquerda Galega (NEG)

Vigo, 18 de febreiro de 2014










Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2014 08:11
# Ligazón permanente a este artigo
Sectores da oposición xeran violencia e mortes en Venezuela
Capriles Terrorista
Ante os intentos de desestabilización e de golpe de Estado en Venezuela e noutros países latinoamericanos -como a Arxentina-, por parte da oposición, co apoio do imperialismo norteamericano, NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG) e a plataforma A ESQUERDA ? LA IZQUIERDA queren salientar a súa posición perante a opinión pública:


* Que os disturbios foron promovidos, desde hai días, por sectores violentos da oposición venezolana que aproveitando o 12 de febreiro, día da mocidade, xeraron accións vandálicas e de sabotaxe en distintas cidades do país, que terminaron no lamentábel saldo en todo o territorio de 3 falecidos e decenas de feridos.



* O centro destas accións foi unha marcha da oposición en Caracas, encabezada por Leopoldo López, Maria Corina Machado e Antonio Ledezma (líderes de partidos políticos da ultra dereita), a cal partiu das inmediacións da Universidade Central de Venezuela (UCV) cara ao Ministerio Público, coa escusa de entregar un documento á Fiscal Xeral da República. Esta mobilización contou con todas as garantías de seguridade do Estado.



* A escusa da mobilización era a detención duns extremistas que na cidade de San Cristóbal (estado Táchira) o día 6 de febreiro atentaron con accións violentas contra a residencia do Gobernador do Estado, poñendo en perigo á súa familia e a nenos que asistían a tratamentos especiais por discapacidade.



* No entanto, ao chegar á sé do Ministerio Público os líderes da marcha rexeitan o convite ao dialogo coa Fiscal Xeral, Luísa Ortega Díaz, ou os seus representantes. No seu lugar, operadores políticos dirixíronse aos asistentes e lanzaron consignas contra a Fiscal Xeral.



* En paralelo rexistrouse a chegada de grupos con mochilas, pasamontañas e toda clase de material susceptíbel de ser arroxado e comezaron a agredir con disparos de armas caseiras, cócteles molotov e pedras ás unidades da Policía Nacional. Unha vez que se retiraron López, Machado e Ledezma as agresións estendéronse cara á Fiscalía Xeral.



* Estas accións violentas deixaron un lamentábel saldo de 3 cidadáns falecidos, o primeiro un líder dun colectivo chavista. Ademais rexistráronse 66 feridos.



* Inmediatamente, o presidente da República, Nicolás Maduro, en alocución pública manifestou: ?Estamos enfrontados a un golpe de Estado en Venezuela en desenvolvemento e a Revolución Bolivariana vai triunfar polo camiño da Constitución, das leis e haberá paz en Venezuela (...) Lamentou o sangue que se derramou en Venezuela por un pequeno grupo de dirixentes irresponsábeis violentos?. Asemade alertou: ?Non son grupo espontáneos, están adestrados (...) vímoslle seguindo a pista desde fai tempo. Hai un grupo neofascista que utiliza as liberdades públicas e a democracia co fin de prepararse para derrocar ao Goberno Nacional por vías violentas e non o vou a permitir?.



* Pola súa banda, o ministro para Relacións Exteriores, Elías Jaua, declarou que os grupos neofascistas que actuaron ?buscaban coas súas accións expandir a violencia por todo o territorio nacional?. Neste sentido, exhortou a que non se distorsione desde os medios as accións que poidan tomar as institucións do Estado para aplicar, a estes sectores, as sancións que estableza a Lei.



* O ministro de Interior, Xustiza e Paz, Miguel Rodríguez Torres, adiantou que o día de hoxe ofrecerá detalles sobre o desenvolvemento destes acontecementos tan lamentábeis e a información que se dispón sobre os seus responsábeis.

En vista dos continuos chamados que sectores antidemocráticos da oposición venezolana viñeron facendo á violencia no país, acompañados por unha exacerbación de matrices negativas por parte da prensa nacional e internacional, que pretenden presentar ao país en caos, NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG) e a plataforma A ESQUERDA ? LA IZQUIERDA alertan á opinión pública, sobre a repetición dun guión que xa viviu este país co golpe de Estado de abril de 2002 e a violencia promovida por grupos da oposición logo das eleccións do 14 de abril de 2013.

NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG) e a plataforma A ESQUERDA ? LA IZQUIERDA salientan que este plan golpista contra Venezuela ten a mesma man desestabilizadora que intentou derrotar ao Presidente Correa e agora tamén á presidenta Arxentina Cristina Fernández. Esa man oculta é o Imperio do norte e as oligarquías nativas, co silencio cómplice da Comunidade Europea.
Vigo, 17 de febreiro de 2014
Nova Esquerda Galega (NEG)
A ESQUERDA ? LA IZQUIERDA
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-02-2014 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Concentración nos xulgados de Vigo en apoio a José María Muñiz
O pasado 14 de febreiro de 2014 realizouse o xuízo contra José María Muñiz, malia as contundentes probas aportadas polo denunciado, a xuíza dictou que o acusado era causante do «delito de faltarlle á orde pública», condenándoo a unha pena de 40 días de prisión domiciliaria e unha multa de 8 euros diarios por ese período.
Ao coñecerse a sentenza o dirixente de Nova Esquerda Galega (NEG) Lois Pérez Leira recriminou á xuíza a falta de moralidade da xustiza, condenando a un mozo inocente por un delito que cometeron os axentes da policía nacional cando actuaron de xeito arbitrario e levaron adiante unha agresión desmedida contra un cidadán inocente. O devandito dirixente a viva voz denunciou a impunidade con que actúa a policía e a actitude inxusta da xuíza que mesmo sabendo que José María era inocente foi quen de condenalo malia ter informacións que contradicían claramente o «atestado policial». Durante varios minutos viviuse unha forte tensión no interior da sala de vistas e posteriormente incrementouse a tensión cando accederon á devandita sala os axentes implicados na agresión. Finalmente terminou o xuízo oral e os militantes de Nova Esquerda Galega abandonaron as dependencias dos xulgados de Vigo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-02-2014 07:45
# Ligazón permanente a este artigo
TODOS E TODAS PODEMOS SER JOSE MARIA. BASTA AO MALTRATO POLICIAL
José María Muñiz Vales
TODOS E TODAS PODEMOS SER JOSE MARIA

BASTA AO MALTRATO POLICIAL


O día 14 de febreiro do 2014 ás 11 horas están citadas as partes para a realización do xuízo que segundo os artigos 499, 505, 529 e 530 do Código Penal poderían ter unha punición de 6 a un ano de prisión.

José María Muñiz Vales, 42 anos, casado e con dúas fillas. Na actualidade está no paro. Traballou sempre de camareiro ou na construción. Desde hai 20 anos vive en Vigo sendo orixinario do Bierzo. Polas mañás dedícase a levar currículos polas distintas cafeterías e atende os quefaceres do fogar, entrementres a súa muller traballa nun establecemento famoso polas súas empanadillas.

O pasado 2 de xaneiro acompañado pola súa esposa María Lourdes tralo convite realizado polo seu amigo Jesús, que estaba de santo, trasladouse á cafetería O Festín, Rivera Atienza, 3 (Esq. Fontáns) en Lavadores, onde compartiu unhas copas con este amigo.

A sorpresa de José María e dos clientes do bar, foi a entrada de xeito estrondoso e violento no lugar dun nutrido grupo de Policías Nacionais co fin de realizar un control de drogas, (é de supoñer). Xa que non existiu denuncia nin se produciu ningún altercado anterior.

José María, a súa muller Maria Loudes e o seu amigo Jesús, quedaron sorprendidos pola maneira en que os axentes accederon ao local. Un dos policías de forma impulsiva solicítalle que mostrase as cousas que tiña nos petos. No intre de requirir a devandita acción, o mencionado policía colleuno do brazo e de xeito salvaxe retorceullo e golpeouno salvaxemente, tirándoo ao chan para logo axustarlle as esposas e seguir golpeándoo fóra do bar, con outro policía.

Esta salvaxe actuación policial produciuse perante a súa muller, que reclamou aos axentes que lle explicaran o motivo dos golpes que estaba recibindo o seu marido e o razón pola cal estaban procedendo á súa detención. Asemade solicitou a identificación do policía, o cal negouse a darlle o número de placa. A acción foi tan desmedida, que sorprendeu mesmo a algúns dos propios integrantes da patrulla policial.

As feridas e golpes recibidos por Jose Maria fixeron que a comitiva policial se dirixise cara ao Hospital Xeral, para facerlle as correspondentes curas, para logo trasladalo á comisaría, onde pasou toda a noite. Ao día seguinte foi trasladado ao xulgado de Instrución Número 3 de Vigo, cuxa maxistrada é a xuíza María Sol López Martínez. A denuncia efectuada pola Policía Nacional foi cualificada como: Resistencia Grave e desobediencia a autoridade [ao axente].

José María non portaba drogas, non é adicto a sustancia tóxica ningunha, non ten antecedentes penais. Non é sospeito de ser integrante de ningunha organización violenta ou radical xa que �� votante regular do PP. Este traballador en paro foi vítima da represión policial e da aplicación inadecuada e arbitraria da lexislación vixente.

A salvaxe actuación policial, que viola os dereitos humanos da cidadanía, non soamente é ilegal e rexeitábel senón que debe ser investigada e sancionada pola xustiza e as autoridades policiais para depurar responsabilidades e para evitar que se repitan este tipo de situacións.

José María saíu dos xulgados sen saber o motivo polo que fora golpeado indiscriminadamente nin tampouco coñecía motivo da súa detención. Durante toda a noite preguntábase cal fora o delito e sentíase humillado. Polo seu pensamento aparecía a súa muller, as súas fillas menores e unha tremenda sensación de impunidade que lle facía preguntarse por que lle pasara todo aquilo.

A faciana, a vestimenta, a idade seguramente era a foto robótica dun potencial drogadicto que aqueles policías tiñan na súa mente para o cacheo, o maltrato, os golpes e a detención.

Nova Esquerda Galega realizará unha campaña para denunciar este tipo de feitos que se producen con frecuencia, nomeadamente en relación a determinados sectores da mocidade, e solicitará que se abra unha exhaustiva investigación sobre o sucedido para que os responsábeis sexan sancionados por devanditas accións

Consideramos indispensábel a democratización da policía nacional, autonómicas, locais e resto de corpos de seguridade

O día 14 de febreiro do 2014 ás 11 horas están citadas as partes para a realización do xuízo que segundo os artigos 499, 505, 529 e 530 do Código Penal podería ter aparellada unha punición de 6 a un ano de prisión.

Vigo, 14 de febreiro de 2014



Comisión Executiva Local de NOVA ESQUERDA GALEGA
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-02-2014 08:32
# Ligazón permanente a este artigo
Semáforo Social. Fronte ao daltonismo social, rescate cerebral
Por: Alberte Cid García *

O daltonismo é un defecto xenético que ocasiona unha absoluta dificultade para distinguir as cores. A palabra daltonismo procede do físico e matemático John Dalton que padecía o devandito trastorno. O grao de afectación é moi variable e oscila entre a falta de capacidade para distinguir calquera cor (acromatopsia) e un lixeiro grao de dificultade para distinguir algúns matices do vermello e o verde.
E vén a conto esta explicación sobre esa patoloxía xenética porque o corpo social tamén padece dun certo daltonismo social. Esa dificultade para percibir correctamente os matices cromáticos da realidade
O cerebro colectivo está enfermo dun certo daltonismo social e por iso é preciso un verdadeiro tratamento cirúrxico do encéfalo público que nos libre dese padecemento inicuo que provoca esa perturbación sensorial que nos induce a unha falsa percepción da cor da realidade. A mente colectiva está doente. Unha enfermidade perceptiva inducida por aqueles segmentos dominantes que mandan sobre quen ventilan as noticias. Si, compatriotas, o cerebro dos sectores populares, do conxunto da clase traballadora e as clases medias ten unha patoloxía similar ao daltonismo. E digo isto porque alteraron a nosa xenética colectiva e introduciron no noso cerebro un chip inoportuno que fai que percibamos incorrectamente a realidade. Si paisanos, as cousas son como son e non como pretenden que as vexamos. Por iso creo que se nos tratase un neurocirurxián e nos librase do daltonismo social veriamos que todos realizamos ben os nosos labores e seguimos cumprindo cabalmente cos nosos quefaceres cotiáns. Non caeu a Ponte de Rande, a Cidade da Cultura segue en pé, as beirarrúas están razoablemente limpas, os automóbiles ensamblados na factoría Citroën seguen percorrendo as calzadas de Galicia. A parte verde do semáforo social non nos defraudou, como pretenden facernos crer. Porén, a medida que un se achega á parte vermella pode percibir o insoportable fedor da ineptitude, a terrible incompetencia rodeada de hipocrisía e a desvergoña con que eles mesmos acubíllana. É como asistir a un atropelo, perpetrado por un automóbil que se saltou un semáforo vermello, e que é contemplado por un garda de tráfico daltónico. O axente estará desorientado e afirmará que a culpa foi do peón, porque o semáforo estaba en verde para os vehículos cando irrompeu repentinamente o transeúnte na calzada. O xuíz terá que contrastar a versión do axente coas versións das outras 50 testemuñas que sabían que o semáforo tiña o disco vermello.

Pois ben a teoría do daltonismo social tamén é aplicable ao escenario político actual. Por iso teríamos que facernos algunhas preguntas e veriamos que as contestacións que dan algúns medios non se parecen á realidade de maneira ningunha.

¿Como entender que mentres un enfermo de diálese ten que pagar o taxi que o leva a recibir o seu tratamento ao hospital Meixoeiro, Abel Caballero dispoña do coche oficial para asistir á manifestación do 1º de maio?

¿Como admitir que Novagalicia Banco que pagará unhas xubilacións millonarias a varios dos directivos responsables de levala ao seu afundimento teña a desvergoña de desafiuzar da súa casa a algunhas familias que non pode facer fronte ao pago da súa hipoteca? Quen lles explica que ademais os contribuíntes doaremos xenerosamente parte dos 100.000 millóns de euros do rescate para que o sigan facendo?

¿Como tolerar que mentres 33.468 vigueses non teñen un emprego e só cobran o subsidio por desemprego ou xa non cobran nin un céntimo, a Sra. deputada e secretaria segunda da Mesa do Congreso, Carmela Silva, cobre 7.078 euros brutos ao mes e outros 99.092 euros repartidos en 14 mensualidades, ademais de varios complementos retributivos que suman un montante de 1.000 euros por asistencia a plenos e xuntas de goberno, aparte de ter cubertos as súas viaxes dentro do territorio estatal?

¿Como cualificar a quen di non poder pegar ollo pola situación dos mozos sen traballo e con todo non ten reparo en ir a Botswana a cazar elefantes?

¿Como queren persuadirnos de que todos somos iguais perante a xustiza se os responsables de impartila gozan duns privilexios propios de déspotas? ¿E como entender que o responsable de gobernar o Consello Xeral do Poder Xudicial gaste 18.000 euros de diñeiro público en Marbella?
Todas as altas institucións do Estado están en crise e nin sequera se salva a xustiza...

Por todo isto, proclamo a necesidade inminente dun rescate cerebral. Porque unha cousa é dicir que todos vivimos por riba das nosas posibilidades e outra moi distinta é demostralo. Aquí os únicos que viviron por riba das súas posibilidades foron os lerchos e zamurgos, os banqueiros indecentes, os políticos corruptos, os maxistrados deshonestos e toda esa pléiade de descerebrados que nos gobernaron nos últimos anos. Xa é hora de tratar ese daltonismo social para que poidamos percibir a realidade como é realmente e non como pretenden que a vexamos.

* Alberte Cid García é economista e militante de Nova Esquerda Galega (NEG)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-02-2014 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Por unha Europa anticapitalista e antiimperialista. Pola Europa dos traballadores e o socialismo.
LA IZQUIERDA
Nova Esquerda Galega conxuntamente con A ESQUERDA ? LA IZQUIERDA colectivo de partidos políticos da esquerda rupturista [Ezker Batua - Berdeak (EB-B), Iniciativa Socialista de Izquierdas (ISI), Nova Esquerda Galega (NEG), Plataforma Ciudadana YA (PCYA), Colectivo Red Verde de Extremadura (CRV-Ex), Compromiso Socialista (CS), Unión de la Izquierda Socialista de Aragón, (UISA), Madrid Socialista (MaS), y Convergencia por Extremadura (CEx)] vén realizando distintas actividades co fin de conseguir impulsar unha fronte ampla non excluínte. O mesmo proxecto de fronte ampla xa foi exposto no seu día por Xosé Manuel Beiras. A devandita fronte ampla tería como obxectivo enfrontar as políticas europeas desde unha perspectiva anticapitalista e socialista. Para alcanzar este propósito mantivemos distintas contactos con organizacións de todo o Estado entre elas: SUMA, Izquierda Unida, Izquierda Abierta, Anova - Irmandade Nacionalista, CUP, Izquierda Castellana, Partido dos Traballadores, Fronte Ampla Canaria, Compromis, Sortu, POSI, Red Roja, Republicanos e distintas organizacións sociais vinculados ao 15 M.

Nós consideramos que a Unión Europea é a estrutura e superestructura do imperialismo no noso continente. A UE é a ditadura dos monopolios ao servizo do capital especulativo. O seu xeito de actuación política, económica e militar convértena en socia privilexiada do imperialismo norteamericano.

As súas políticas a través da Troika están significando millóns de desempregados e de novos pobres en toda Europa, mentres que a súa política internacional está o servizo dos grandes intereses financeiros internacionais. Doutra banda a Unión Europea xunto cos EEUU convertéronse nos xendarmes do mundo.

Por iso ante estas próximas eleccións europeas pensamos que a nosa participación debe centrarse na denuncia desta Europa dos monopolios e a loita pola saída desta estrutura política, económica e militar que está ao servizo do capitalismo máis salvaxe.

Para iso consideramos que debemos de impulsar unha gran fronte ampla anticapitalista e antiimperialista, co fin de construír a Europa dos traballadores, dos pobos e do socialismo.

Propoñemos ás organizacións da Esquerda estes puntos básicos de coincidencia co fin incorporalos a unha futura fronte ampla, como así tamén difundilo no marco do proceso electoral.



1.- Saída da Unión Europea, do Euro, da OTAN e do FMI.

2.- Por unha Europa anticapitalista e antiimperialista. Pola Europa dos traballadores e o socialismo.

3.- Polo non pagamento da débeda externa inmoral e ilexítima.

4.- Polos dereitos nacionais e a autodeterminación dos pobos e nacións.

5.- Pola descolonización das colonias europeas, Guíana francesa, enclaves españois en África; Ceuta e Melilla, dereito de autodeterminación de Canarias
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-02-2014 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
PODEMOS: o poder-facer fronte ao poder-sobre
Podemos: Socialismo de Esquerda
Por Alberte Cid García *

A situación do Estado español e do mundo cambiou moito en relación coa época e os avatares que lle tocou vivir aos afiliados dos partidos da esquerda nos anos 60, 70, 80 e mesmo 90 do século pasado, aquela época na que moitos de nós demos os nosos primeiros pasos na militancia e o activismo social. E como estou absolutamente convencido de que se a esquerda transformadora quere tomar o Poder debe ter a maquinaria da organización colectiva ben engraxada, considero que para abordar os desafíos que hoxe se nos presentan debemos comezar por analizar brevemente cal é a situación do mundo que nos tocou vivir. Os desafíos que enfrontou a esquerda onte non son os mesmos que hoxe ten que afrontar.

Nos derradeiros decenios do século XX e a primeira década do século XXI atravesamos unha etapa ultraconservadora. Non só fracasou o socialismo en Europa do Leste, senón que o capitalismo demostrou unha sorprendente capacidade para adaptarse ás novas circunstancias e para utilizar en beneficio propio os avances dos novos avances e revolucións tecnolóxicas.

Temos que admitir que habitamos un mundo no que o capitalismo mundializado, aínda que se atope nunha gran depresión derivada dunha nova crise estructural, demostrou ter unha vitalidade moito maior da que esperabamos, logrando sobrevivir e recuperarse de todas as súas crises anteriores. Pero ao mesmo tempo, non podemos deixar de constatar que creou situacións inaceptábeis que parecen non ser superábeis dentro dos seus límites. A fenda entre o capitalismo desenvolvido e o chamado Terceiro Mundo non cesa de agrandarse; que non dá sinais de deterse o malgaste do enorme potencial produtivo alcanzado pola humanidade por mor dos avances da ciencia e a técnica; que continúa o funcionamento da economía sobre a base do deterioro da contorna natural da humanidade e da destrución dos supostos físicos e biolóxicos nos que se sustenta a civilización actual; que segue e seguirá estando presente o perigo de guerra, mesmo nuclear. Malia os avances na marcha cara á paz, a distensión e o desarme, mesmo que non sexan erradicadas para sempre as causas que agroman da natureza capitalista da actual orde internacional e socioeconómica imperantes. Todo isto constitúe a máis elocuente expresión da irracionalidade que subxace no transfundo da sociedade contemporánea.


PODEMOS é unha opción alternativa nada desde abaixo e cun horizonte socialista (ou como lle queiramos chamar) o que a converte nun proxecto máis inaprazábel que nunca se non estamos dispostos a aceptar esta cultura da explotación, do consumismo e do desperdicio, material e humano. PODEMOS é o poder-facer fronte ao poder-sobre
Son enormes os desafíos que aparecen no noso camiño e semella que non estamos nas mellores condicións para enfrontalos.
Resultado de todo o que salientamos anteriormente, a esquerda europea quedou desconcertada e sen proxecto alternativo; está vivindo unha profunda crise que abrangue, ao meu xuízo, tres terreos: o teórico, o programático e o orgánico.

Porén non só se trata de saber como debemos desde os círculos PODEMOS organizarnos para tomar o poder senón máis ben se unha vez tomado o poder, a maioría social podería gobernarse a si mesma neutralizando aos sectores dominantes para poder desenvolver políticas a favor do conxunto da clase traballadora e sectores populares.
É quizais nas formas de produción económica onde a esquerda europea ten as súas propostas máis confusas. Fálase de substituír o modelo neoliberal, impulsando accións para promover o emprego, tecer redes de seguridade social e de empoderamento da cidadanía; a inclusión de todos os sectores sociais no desenvolvemento; a construción de políticas que propicien reparto da riqueza e axuden a xerar emprego...


A análise e propostas programáticas nestas visións das seudo-esquerda europea social-liberal, socialdemócrata e resto de tendencias non-rupturistas adoecen cando menos de:

a) Abandono da loita de clases e da loita pola igualdade. Mentres os discursos énchense de frases, programas e proxectos de combate ao desemprego e a pobreza non existe ao mesmo tempo intencionalidade ningunha de combater a riqueza extrema. Agora o problema son os desempregados e os pobres e non a concentración da riqueza e a propiedade. Aínda que esta se denuncie, as solucións suscitadas non intentan conter, gravar ou erosionar a acumulación e a concentración senón convivir con estas formas de concentración ou no mellor dos casos lograr unha redistribución estatal «máis xusta». O horizonte de igualdade foi esquecido significando unha enorme derrota programática e un baleiro analítico que deixa intactas as relacións de dominación e as relacións de poder económico.

b) Un abandono importante da loita contra a explotación. Normalizada a explotación como forma de relación humana o horizonte nin sequera se fixa como meta a atenuación da explotación; esqueceuse por completo a loita por novas formas de división do traballo, eixo de loita nas orixes do sindicalismo; concentráronse os esforzos discursivos practicamente na institucionalización dunha negociación positiva de subordinación pactada que son os rituais periódicos de emprazamentos a folga. Como resultado, quedan intactas as relacións de poder sobre o control da produción e, como veremos máis adiante, en xeral as cadeas produtivas e as cadeas de mercancías controladas polas elites.

c) Un dogmatismo económico baseado na fe cega no crecemento económico; que considera que o desenvolvemento significa maiores doses de infraestructura, comunicacións e empregos e que para logralo necesita seguir producindo e consumindo nun crecemento infinito, competitivo e que pode harmonizarse coa protección ambiental. É un dogmatismo que equipara desenvolvemento con crecemento como meta principal, deixando intactas as relacións e formas do sistema produtivo. É unha visión caricaturesca que considera que o desenvolvemento é máis cemento e máis industria, esquecendo o des.

d) Un dogmatismo nacionalista e estatista contrario á construción de institucións supranacionais verdadeiramente democráticas e ao servizo da maioría social europea. O seu proxecto está baseado na defensa dos estados-nación fronte aos pobos. É un proxecto anti-popular e social-liberal que apoia á iniciativa privada.
Constitúe unha viraxe no modelo económico, que considera que o desenvolvemento de cadeas produtivas «nacionais» carrexa benestar; e que cre que a xeración de empregos acabará coa pobreza a través do investimento público e privado nos proxectos «nacionais». Doutra banda, crese que o Estado pode orientar a economía e o desenvolvemento, cando os patróns de desenvolvemento non son simplemente o produto das estratexias de desenvolvemento estatais, senón que se deben ao momento de intersección de estruturas industriais globais, políticas estatais, estratexias de empresas locais e internacionais. Estados e corporacións son unha complexa articulación de dominación e acumulación entrelazadas

Estas catro características da visión da xestión económica de varias das esquerdas europeas déixaas ancoradas máis cerca do liberalismo do que elas mesmas pensan, sendo extremadamente funcionais á reprodución económica dominante. Esta é a terceira e máis importante división entre as esquerdas europeas: o tema do desenvolvemento económico que divide entre quen aproban, consenten, gardan silencio ou apoian os mecanismos de reprodución económica impulsados por gobernos ?de esquerda? así como o acordo coas corporacións e quen resisten, loitan e organízanse contra os proxectos de desenvolvemento, modernización; investimento e de reordenamento económico. Ábrese tamén unha división de acción entre quen loitan contra a explotación e superexplotación e quen petrificaron a loita na negociación e o pacto social ritual periódico despois do correspondente emprazamento á folga.

Estas catro concepcións sobre o desenvolvemento económico, aínda que discursivamente suscítanse sustentábeis, respectuosas co medio ambiente, ou coidadosas cos recursos naturais e a soberanía, o certo é que descoñecen, ignoran ou rexeitan a principal contradición da economía capitalista actual, cuxos ciclos de produción e acumulación contradín os ciclos de auto-reproducción naturais do planeta, provocando a maior crise e devastación nunca antes vista. Estas concepcións son cegas da inviabilidade de seguir medrando e xa que logo producindo, consumindo, extraendo e desbotando a un ritmo insostíbel para a humanidade e para os seres vivos do planeta. Seguir pois, crecendo de xeito infinito nun planeta finito con recursos limitados. Estas concepcións ademais, reproducen a idea do desenvolvemento como a imitación das formas de vida dunha minoría que consome rapidamente todos os recursos.

Estas concepcións reorientan aparentemente o beneficio do sistema produtivo cara aos máis pobres, pero deixan intacto ao propio sistema produtivo, tanto nas súas relacións de control, xestión e división do traballo (produción), e asemade no resto dos nodos das cadeas produtivas; deixan sen cuestionar e sen transformar a FORMA das cadeas de mercancías, é dicir, as formas de extracción, produción, distribución, consumo e refugallo, que son as que xeran pobreza, desigualdade así como consumo excesivo de enerxía, contaminación e depredación. Estas concepcións de esquerda non repara en que é a propia forma da produción capitalista un acto depredador, cuxas formas de conexión son destructoras e explotadoras, en suma, absurdas e inxustas como relación social de intercambio. A transformación radical destas cadeas de mercancías requiriría á súa vez a transformación do obxectivo do traballo que hoxe se centra na maior produción, a máxima ganancia para a maior acumulación. O traballo visto como o mecanismo para a subsistencia colectiva e non para a absurda acumulación e concentración de poder e riqueza. É por iso, que non se trata de poñer o sistema produtivo ao servizo do pobo ou dos traballadores senón que debe ser profundamente transformado. Porén, as saídas que a esquerda realizan son sumamente distintas. Poñamos un exemplo moi esquemático para iso.

Supoñamos que a esquerda faise do goberno do Estado español. Que faría ese goberno fronte a, por exemplo, unha empresa calquera embotelladora de auga?.

A primeira posición que aquí chamaremos liberal-progresista buscaría que a empresa se desenvolva, coidando a produción ?sustentábel? e harmoniosa co medio ambiente mantendo as emisións de CO2 baixo os estándares internacionais e promovendo o reciclaxe de materiais. Unha segunda posición que aquí chamaremos, nacional-populista, sería impulsar unha política de incentivos fiscais que promovan o investimento na industria embotelladora a condición de que sexa capital nacional galego, catalán, euskera e do resto de territorios do Estado para xerar o emprego nos seus territorios e co obxectivo de apoiar a industria ?propia?. Unha terceira saída que chamaremos ortodoxa, sería nacionalizar a empresa embotelladora, e poñer os medios de produción en mans dos traballadores, por suposto, a través do Estado e a xestión central da economía que incluiría esta empresa no control estatal da produción.

É curioso ver como as tres sitúes ?de esquerda? deixan intactas as relacións capitalistas de produción e que teñen máis semellanzas que diferenzas entre si. Expliquémonos.

a) As tres situacións non cuestionan as relacións de explotación ao interior da produción da empresa embotelladora. Non se cuestiona: a división do traballo, a xerarquía, a concentración de coñecementos, a explotación mesma. A produción en calquera das tres versións, mantense tal e como era antes de ?gañar o goberno?.

b) As tres situacións non cambian o control da produción. Nas dúas primeiras posicións, o capital privado, é dicir a elite, mantén a dirección da produción. No caso estatizador, un grupo de elite mantén o control, só que non é o capital privado senón unha elite burocrática do Estado.

c) As tres situacións descoidan os pasos da extracción e o refugallo. As cadeas de mercancías son útiles para pensar como é que se xera valor externalizando costos do produto. É dicir, se quen producen unha mercancía, tivesen que pagar o xusto a quen viven en territorios ou comunidades desde onde se extraen materiais e recursos necesarios para a produción, as ganancias reduciríanse drasticamente. Sabemos que a extracción sempre é depredadora e que se complementa sempre con mecanismos directos e indirectos de refugallo. Doutra banda, se quen produce tivese que resarcir o dano ambiental que se provoca por devandita produción ou ben limpar os refugallos que pola produción e o consumo realízanse, entón as ganancias simplemente non existirían. Aquí algo importante é que quen se atopan nos lugares e procesos extractivos sofren deles, e quen se atopan nos lugares de refugallo tamén sofren por iso. Mentres non se repare en que as formas de produción capitalista aprovéitanse precisamente deses nodos da cadea, xerando pobreza e contaminación calquera política que o ignore pode ser funcional á dominación.

d) Tampouco se fala do consumo e unha pregunta fundamental debemos fomentar o consumo individual de auga embotellada plastificada?. Isto ten que ver co control das emisións e a contaminación. As posicións do control de CO2 ou calquera outra emisión teñen o que se chama unha política de ?final de cañaría?; é dicir, preocúpanse de que facer cos refugallos (reciclalos, mantelos dentro de niveis ?racionais?, ...), pero non se preocupan pola ?cañaría? mesma. O problema non é só como tratar os refugallos senón porqué se está consumindo de xeito irracional, xerando unha enorme cantidade de refugallos e en especial porqué estase producindo un produto inundando ao planeta de posteriores refugallos, por exemplo unha botella de plástico ou PVC.

e) Se seguimos pescudando ou indagando os danos ambientais que provoca a produción de botellas de plástico chegaremos á conclusión de que este e moitos, moitos outros produtos non debesen producirse xamais. As estratexias da maior parte das esquerdas están moi lonxe de chegar a esta aseveración, porque entón xorden preguntas que podemos considerar desestructuran as cadeas mesmas de mercancía, indo ao nodo da produción: quen debería decidir que producir, como se realizaría a produción e quen controlaría a xestión de devanditos procesos?. De nova conta podemos ver que o sistema capitalista non é tal porque a burguesía ocupe os mandos directivos do sistema económico. É un sistema económico capitalista debido á súa forma.

É por iso que xorde unha enorme división entre a esquerda que sostén estas posicións e quen nos opoñemos a elas, como meros cambios das formas de dominación por outras, e entre cambio de dominadores por outros, sen transformar as relacións sociais. Todo iso pola urxencia de deter o proceso de erosión e destrución do planeta, cuxo grado de alarma tamén nos divide.

Chegamos entón ao final desta análise que trata de analizar ideas rectoras que significan estratexias distintas de acción que privilexian distintas loitas, suxeitos, conceptos, linguaxes, ritmos, éticas, pero en especial distintos horizontes emancipatorios, distintos camiños, porque se busca chegar a distintos lugares. Así, a división das esquerdas mexicanas pode entenderse non só como unha disputa polas hexemonías -aínda que esta exista- senón tamén por ser ata esquerdas distintas. A iso habería que agregar as diferenzas organizativas, e diversos ritmos, necesidades, e prioridades de loita que as diversas esquerdas representan, para entender que a desarticulación non só é por falta de vontade (aínda que esta xoga como elemento relevante) senón por múltiples diferenzas que hai que enfrontar.

A risco de esquematizar, pero sempre entendendo que estas ideas estratéxicas rectoras son só tendencias que manteñen á vez numerosos vasos comunicantes, e que xeralmente non son mutuamente excluíntes, podemos afirmar que tendencialmente, a idea de procurar o pacto coa clase política e a elite económica, ou a procura dun novo pacto social con fortes doses de liberalismo social, humano que busca maiores pero viábeis doses de ?xustiza social? está sostida na maioría das organizacións non gobernamentais progresistas; a case totalidade do xornalismo e os comunicadores de esquerda; por algúns dos sectores progresistas da sociedade civil; pode atoparse tamén na parte máis moderada das organizacións sindicais.
Unha segunda posición impregnada do programa nacionalista, con tintes populistas, é defendida polo resto do sindicalismo ?combativo? e un segmento das organizacións da esquerda, unha parte da sociedade civil, por algúns intelectuais e escritores, artistas e personalidades, así como por unha boa parte da poboación de ?esquerda?.

A terceira posición que chamamos ortodoxa, está representada en especial por partidos políticos sen rexistro, as súas organizacións ?de masas? así como varios grupos e correntes da esquerda.

Finalmente, están os sectores que toman distancia destas tres situacións:PODEMOS e outros sectores revolucionarios e anti-sistémicos, un grupo de organizacións populares rupturistas, algúns intelectuais e organismos civís, así como unha constelación de microresistencias afectadas pola extracción, o refugallo ou os proxectos de ?desenvolvemento? e ?modernización? que maduraron ao longo das súas loitas ideas como a autonomía e a autoxestión . Máis aló da discusión sobre a clasificación ou etiquetación como ?esquerda? de todas estas tendencias, o meu interese foi mostrar a enorme distancia dos horizontes emancipatorios de cada unha delas para poder pensar a situación actual dos movementos alternativos e antisistémicos nas diferentes nacións do Estado español e en especial poder pensar as características do outro mundo posíbel. Pensar, as posibilidades e dificultades emancipatorias. Entendendo os límites e contradicións destas esquerdas, queda entón buscar alternativas, políticas e prácticas que axuden á prefiguración de formas de relacións sociais libres, cooperativas, solidarias, non depredadoras, anticapitalistas pois, que nos permitan construír nosas propias estratexias de loita. O máis esperanzador é que estas prácticas existen xa e non son meras conxecturas ou abstraccións utópicas. Algúns dos elementos dunha sociedade poscapitalista xa existen hoxe no mundo actual. A urxencia de pensar en devanditas alternativas é tamén o que nos divide, xa que algúns pensamos que debemos concentrar toda a nosa enerxía, o noso traballo, o noso esforzo e a nosa loita, nesas alternativas, nesas novas formas de construir o socialismo democrático que quizais, poden ser a(s) fiestra(s) cara ao mañá. PODEMOS pode ser a faísca que acenda a chama que algún día provoque o incendio que queime o capitalismo e favoreza o nacemento dese outro mundo posíbel.


* Alberte Cid García é economista e militante de Nova Esquerda Galega (NEG).
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2014 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
A «imparcialidade» dos medios de comunicación
Masacre en Tamkoutat
Fonte: Carlos Ortíz de Zárate

(Tradución ao galego para A Voz da Nova Esquerda: Xulia G. Rodriguez)

O pasado xoves, 6 de febreiro, en Tamkouta, preto de Gao, dous todoterreno ocupados por familias tuaregs que regresaban do mercado, foron vilmente atacados. Resultado 35 mortos, entre os que se atopaba unha nai que aleitaba o seu bebé, e 6 feridos. As tropas de ocupación, ONU, franceses e malienses ollaron cara outro lado e continúan facéndoo.

O venres 7 de febreiro, Moussa AG ASSARID, representante en Europa do Movemento Nacional de Liberación de Azawad e Carlos Ortiz de Zárate, autor da novela «O principado da Fortuna», iniciaban unha campaña informativa ?A actualidade das poboacións de Azawad?, precisamente para alertar dos horrores aos que están sometidos estas cidadás e cidadáns, na Casa Torre de Santurzi (Bilbao). Convidouse a africanistas, especialistas de Dereito Internacional Público ou de Relacións Internacionais, asociacións e organizacións implicadas no tema, a partidos políticos...

... e, obviamente enviáronse comunicados de prensa a todos os medios. Moitos foron os chamados e moi poucos os que viñeron. Eramos poucos, pero sobordabamos de calor humana. Os medios de comunicación ignoráronnos. Fan como as tropas de ocupación, como Mali, como Francia, como a ONU ...



Interesados en ampliar esta información contactar con Carlos Ortíz de Zárate.-


679974842
carlosortizdez@telefonica.net


--
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2014 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0