Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Gramsci e a esquerda galega, hoxe
Alberte Cid Garcia
Por Alberte Cid Garcia *

A partir dos anos 70 e 80 Gramsci pasou a ser unha referencia importante para moitos militantes da esquerda galega, xa que [o pensamento gramsciano] propagouse rápido entre diversos autores e intelectuais conectados a diversas formacións da esquerda. Gramsci tivo influencia na construción da esquerda no noso país, porque xustificaba, delineaba e aportaba elementos de reflexión para unha esquerda que intentaba facer unha política de fronte democrática contra a ditadura franquista. Opino que debemos resaltar que a análise de clase é o motor fundamental dos cambios sociais, criterio chave do marxismo e do propio Gramsci.
Gramsci exerceu e segue despregando unha gran influencia en Galicia. Na nosa terra existen algunhas boas traducións ao galego dalgunhas das súas obras como as traducións de Xesús González Gómez de «Escritos de Mocidade» ou de «Os intelectuais e a organización da cultura» en Laiovento.
Despois, a partir dos anos 80 e 90, converteuse nun autor importante, propagado en Galicia, en xeral, por intelectuais ligados a diversas organizacións da esquerda galega e entre xentes do mundo intelectual. Algúns social-liberais e persoas da esquerda radical tamén interpretaron as obras de Gramsci, de xeito diferente. Gramsci foi importante na construción da esquerda, porque razoaba, perfilaba e aportaba elementos de reflexión diferentes aos típicos clixés sectarios que sempre manexaron determinados sectores da esquerda. Os «elementos gramscianos» serviron de armazón para fundamentar e impulsar unha política de fronte democrática contra o réxime franquista e serviron tamén para esbozar unha axeitada estratexia para levar adiante unha revolución en Occidente.
Varias categorías de Gramsci e unha interpretación nesgada da súa obra, que deu orixe a estratexia eurocomunista, foron usadas en Galicia por un sector da esquerda que empezaba a desenvolver a súa acción política durante a transición. Nalgúns casos opino que se perverteu ou mal interpretou o pensamento gramsciano. Entón, determinadas ideas do intelectual italiano, como a «guerra de posición», admitían outra forma de entender a loita política institucional, pero tamén a loita de masas, ou o xeito de entender as reivindicacións democráticas. Ese foi o Gramsci importante para a reconstrución dunha esquerda galega alternativa. Todos eses pensamentos influenciaron as reformulacións do vello comunismo e despois propagáronse entre algúns sectores do soberanismo, que tiñan moitos elementos en contradición coa «vella esquerda comunista». Pero Gramsci foi particularmente influente nos dous casos, porque, en ambos os dous, a atención á loita democrática, institucional e electoral, era importante.
Gramsci como elemento de dirección política, como medula definidora de estratexias, é moi orixinal. A influencia de Antonio Gramsci na esquerda galega, con todo é menor do que sería de esperar. Porén é evidente que exerceu certa influencia en determinados sectores da esquerda democrática, da esquerda que considera a democracia un valor universal, por riba de certos avatares históricos. É aí que Gramsci sobrevive como unha poderosa influencia intelectual. Primeiro porque o marxismo ausentouse durante moitas anos do escenario intelectual académico, ou sexa, o marxismo foi fortemente contestado, abandonado e mesmo mal interpretado. O desprestixio das ideas marxistas afectou moito a algúns teóricos comunistas e socialistas latinos. Gramsci, de todos eles, quizais sexa un dos que mellor resistiu, xustamente porque o seu marxismo é complexo e sui xéneris. É un pensamento, ás veces, inintelixíbel e moi recolocado cara á análise de determinadas situacións e procesos políticos. Nese punto, Gramsci exerceu e segue despregando moita influencia e as súas formulacións teñen enorme vitalidade. Supón un sopro de aire fresco sobre o pensamento marxista. Por exemplo, un criterio capital do marxismo e do propio Gramsci é a análise de clase como motor dos cambios sociais.Malia que na socioloxía moderna, dos últimos 20 anos, percíbese un certo abandono da teoría das clases para explicar os cambios sociais, Antonio Gramsci devolveu o papel ás clases sociais na análise sociolóxica. Moitos sociólogos tomaban a teoría das clases como o principal vector que explica o cambio social. Hoxe, a influencia Gramsciana no campo sociolóxico provocou un novo auxe das formulacións de clase na devandita área. Existen teorías que explican partes, de alcance medio, pero non globais. Ese certo desprestixio que afectou a determinadas escolas marxistas, ao funcionalismo, ao estructuralismo,...co paso do tempo e grazas a certas reinterpretacións da obra de A. Gramsci reforzou á loita de clases no seu papel de motor da historia e do cambio social.
Toda aquela influencia de pensadores social-liberais dos anos 80 e todas aquelas estúpidas diatribas reaccionarias do postmodernismo xogaron en contra de teóricos como Gramsci. Porén, iso non quere dicer que non sobrevivan ou existan intelectuais marxistas de primeira categoría, con posicións diverxentes.


Gramsci sempre se resistiu a separar a política da socioloxía, da economía, da cultura. El sempre pensou globalmente. Hoxe, as ciencias sociais están moi fragmentadas e segmentadas. Entón, el revolvíase e atacaba frontalmente todo iso. Malia ser un marxista, e ter concepcións partidarias dunha intelectualidade orgánica e contrarias a calquera tipo de elitismo, el sempre creu que as ciencias sociais tiñan que ser estudadas e que deberían abarcar ao conxunto de actividades polas cales as clases dirixentes non só manteñen como xustifican o seu dominio e intentan obter o consentimento pasivo (ou consenso) dos gobernados. Para el, o problema político central era superar a división entre gobernantes e gobernados, é dicer, transformar os gobernados, que constitúen a clase subalterna, en capaces de ser gobernantes. Por iso, el cría que non bastaba vencer; era necesario convencer. Era posíbel que un grupo político, aínda sen estar no poder, se transformase nunha clase dirixente da sociedade, desde que soubese transformar os seus intereses en intereses universais desta sociedade. Por ese camiño, Gramsci acuñou a razón da hexemonía, que é fundamental para as ciencias políticas. Esa idea de hexemonía, ao meu modo de ver, é a principal contribución que el deu ás ciencias sociais.


Do xeito en que eu o estudei durante anos e o que cheguei a entender da súa obra interpreto que Antonio Gramsci poderíanos axudar a pensar en como construír democraticamente unha verdadeira «democracia horizontal e popular», pero tamén nos podería axudar a construír ese «socialismo transformador», no cal el cría. A. Gramsci apostaba por ese camiño democrático e iso ten que ver con dúas cousas [democracia e socialismo] dentro dun mesmo proceso que sempre é dialéctico. Nese sentido, el foi bastante coherente e reforzou a capacidade para entender os aparellos ideolóxicos do Estado e os mecanismos de dominación ideolóxica. Os marxistas debemos estudalo en profundidade. Gramsci mostrounos o camiño para construír unha dirección política que non só venza o adversario de clase, senón que convenza á maioría da sociedade.


* Alberte Cid García é economista e milita en Nova Esquerda Galega (NEG).
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2014 08:08
# Ligazón permanente a este artigo
INFORMATIVO GHATAS SALVAXES: ACTO SIMBÓLICO: "O NOSO CORPO É NOSO", REXISTRO DE PROPIEDADE...
As Ghatas Salvaxes
INFORMATIVO GHATAS SALVAXES: ACTO SIMBÓLICO: "O NOSO CORPO É NOSO", REXISTRO DE PROPIEDADE...

Os Colectivos de mulleres doutras cidades están a levar adiante un acto simbólico de rexistro do seu corpo na "Oficina de Rexistro de Propiedade Mercantil de Bens e Inmobles".

A iniciativa xurdiu a través da artista madrileña Yolanda Domínguez. Para máis información adxuntamos o texto da "Convocatoria de participación de acción colectiva: Rexistro", facilitado pola súa impulsora. Tamén o enlace da súa páxina web:
http://www.yolandadominguez.com/en/

A través das redes sociais, un grupo de mulleres tomou a iniciativa de organizar e lanzar unha convocatoria aberta a toda muller que quixera participar deste acto, previsto para este xoves 27 de Febreiro, hora de quedada, ás 15 horas diante da "Oficina de Rexistro de Propiedade Mercantil de Bens e Inmobles de Vigo" (R/ Luís Taboada, nº 15).

Para iso, só é necesario que vos acheguedes á hora e lugar fixados e que cubrades a Folla de Rexistro que tamén adxuntamos.

CONVOCA: As Ghatas Salvaxes [Grupo de Axitación Teatral - GAT/ ECOAR ))) - Vigo]

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2014 07:23
# Ligazón permanente a este artigo
Anova descomponse tralo pacto europeo con IU
Javier Caso IglesiasPor Javier Caso Iglesias *

Tradución ao galego para A VOZ DA NOVA ESQUERDA:
Xulia Arceiz Domínguez

http://javiercasoiglesias.blogspot.com.es/2014/02/anova-se-descompone-tras-el-pacto.html



Os titulares son moi elocuentes: "A dirección de Anova descomponse tras optar por ir ás europeas con IU". "Dez dirixentes abandonan a Permanente de Anova polo 'erro' do pacto europeo con IU"

Isto é algo que víase vir. IU estarase fregando as mans polo éxito conseguido. logrou fracturar a Anova, un dos poucos referentes políticos que tiñamos os espazos cidadáns de ruptura.

O erro de Anova foi ir a roda doutros e non desenvolver a súa propia estratexia de Fronte Ampla non excluínte. Anova tiña que atraer a organizacións e persoas cara á súa proposta de Fronte Ampla, tela estendido ao ámbito estatal; no canto de postularse para meter cabeza en candidaturas alleas e ir de convidado de pedra a cambio dun europarlamentario.

Se Podemos segue o mesmo camiño de Anova equivocarase. IU representa o pasado, todas as súas refundacións foron un quero e non podo, cantos de serea que non terminaron de chegar a bo porto; pois IU ten un modelo de relacións entre organizacións e persoas que só leva a un estado de confrontación permanente e á súa vida interna remítome para afirmar isto. É poliárquico e hexemónico ata resultar asfixiante. Ou se lle fai cambiar de verdade, o que terá que demostrar na súa praxe, ou toda relación con IU terminará contaminada e en desastre similar ao vivido por Anova.

Esa cultura de IU é moi penosa e non chega, como digo, a ningunha parte. É o culto do aparello. Non se traballa por empoderar á cidadanía nin por darlle protagonismo.

Creo que Anova perdeu gran parte da credibilidade que tiña para algúns de nós. Beiras, no canto de mediar no conflito aberto e procurar consensos, inclinouse en favor de parte.

No entanto, e para non perder a esperanza, diremos aquilo que expresa o dito popular: Non hai mal que cen anos dure.

* Javier Caso Iglesias é Analista Político e Activista Social

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2014 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
XUNTOS PODEMOS
Javier Madrazo LavínPor: Javier Madrazo Lavín *
Tradución ao galego para A VOZ DA NOVA ESQUERDA:
Alberte Cid García
http://javiermadrazo.wordpress.com/2014/02/20/juntos-podemos/

Nunca a esquerda o tivo mellor na historia recente de España para sumar forzas no seu ámbito de influencia e xerar ilusión nunha cidadanía indignada ante os abusos dos que está sendo vítima. As institucións máis representativas do Estado, a monarquía, os partidos políticos, e mesmo a xustiza, están perdendo credibilidade, e con ela a lexitimidade que se lles presupón, como consecuencia dos seus propios erros.
O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, incumpriu o seu programa electoral, o PSOE carece de liderado na esquerda e a Casa Real sabe que só a mentira da infanta Cristina e a submisión de funcionarios públicos afíns poden salvar á filla de Juan Carlos I de responder perante un Tribunal, acusada por branqueo de diñeiro e delito fiscal, aínda que o certo é que a cidadanía dictou a súa propia sentenza e condenouna xa por corrupción.
A crise económica coincidiu cunha crise de valores e unha crise institucional, que comparten unha mesma orixe. Falamos dun modelo de desenvolvemento neoliberal, no que os poderes establecidos aliméntanse e defenden para perpetuarse e consolidar os seus privilexios. O Fondo Monetario Internacional, o Banco Central Europeo e a Comisión Europea impoñen as súas regras, dictan políticas acordes aos seus intereses e condicionan, coas súas decisións, a vida de millóns de persoas, que deixan de ser clase media para sentir a ameaza da pobreza.
Sen dúbida ningunha, atopámonos nun bo momento para que a Esquerda, no seu sentido máis amplo e plural, gañe protagonismo e recupere o espazo perdido. Cada día son máis as persoas que procuran respostas á súa frustración e impotencia, preocupadas porque saben que os anuncios do Goberno sobre unha pronta saída da crise son só frases feitas, slogans carentes de verdade, como o foron os chamados gromos verdes, que despois só trouxeron máis paro, recortes e privacións.
Haberá quen neste escenario se inclinen cara a posicións de extrema dereita e canalicen o seu malestar contra a inmigración ou o sector público, esquecendo que os culpábeis da súa situación son a banca, a patronal e o gran capital. Porén, afortunadamente, son máis quen poñen a súa esperanza na esquerda. O éxito obtido pola folga de limpeza en Madrid, as protestas de Gamonal (Burgos) ou a chamada «Marea Branca» constitúe un aliciente para a defensa futura da mobilización social como motor de cambio e transformación.
Toda unha lección para a Esquerda no seu conxunto, que debe interiorizar a mensaxe recibida: xuntos chegamos máis lonxe. A cidadanía fixo bandeira do sentido común e o compromiso cívico, logrando, desde a unidade de acción, recuperar políticas de cohesión e xustiza, como é a sanidade pública e gratuíta, que lles estaba sendo arrebatada para favorecer o enriquecemento de empresas privadas, que queren facer negocio dos dereitos fundamentais.
Unha vez máis, a sociedade vai moi por diante da política. Mentres a cidadanía é consciente do valor de remar na mesma dirección, a esquerda aínda camiña dividida. As eleccións europeas poderían marcar un punto de partida, baseado nun programa e nunha candidatura o máis ampla posíbel, pero todo indica que non será así. Esquerda Unida acudirá aos comicios en alianza con Iniciativa per Catalunya e Batzarre (Navarra), ERC farao previsibelmente en solitario, Bildu concorrerá en compañía de BNG e CUP e Compromís subscribirá coalición con Equo.
Este escenario non convida ao optimismo. As formacións políticas de esquerda cun maior nivel de representación xogan as súas bazas e fan os seus propios cálculos, esquecendo que as persoas que confían nelas reivindican diálogo e acordo para que sexan máis fortes nas institucións, en detrimento do bipartidismo (PP/PSOE). Son moitas as voces na esquerda que recean das siglas consolidadas e miran con atención a novos movementos, xurdidos desde a indignación, como Podemos, que ten como referente e promotor a Pablo Iglesias.
Ata a data lograron reunir máis de 89000 sinaturas de apoio en moi poucos días, do mesmo xeito que están tendo un gran éxito de asistencia nas múltiples presentacións do proxecto así como na constitución dos grupos locais. Defenden con radicalidade un proceso de primarias e de empoderamento cidadán, apostando pola conformación unha gran Fronte de Esquerdas a través dunha candidatura única aos comicios europeos, coas diferentes organizacións da esquerda transformadora e do ecoloxismo político . Trátase de tecer unha alternativa real contra os recortes e superar o modelo tradicional dos partidos políticos, que tamén afecta na súa vida interna ás formacións de esquerda, para poder restablecer a confianza perdida. Escribindo estas liñas, véñenme á memoria unhas verbas do poeta arxentino Juan Gelman, recentemente falecido. Dicían así: «Aínda que estea un pouquiño mancada, manteño a miña esperanza na esquerda».

* Javier Madrazo Lavín é Profesor de Filosofía, Ética e Cidadanía, parlamentario de Ezker Batua-Berdeak entre 1994 y 2001, ex-conselleiro de Vivenda e Asuntos Sociais do Goberno Vasco entre 2001 e 2009.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2014 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
O SOCIALISMO E AS NACIONALIDADES
V. I. Lenin salientou as coincidencias entre o nacionalismo e o internacionalismo:
?...o socialdemócrata dunha nación pequena debe tomar como centro de gravidade das súas campañas de axitación a primeira palabra de nosa formula xeral: «unión voluntaria da nacións». Sen faltar ao seu deber de internacionalista pode pronunciarse «tanto» a favor da independencia política dunha nación «como» a favor da súa incorporación ao estado veciño X,Y,Z etcétera. Pero deberá loitar «contra» a estreitez nacionalista mesquiña, contra o illamento, por que teña en conta o total e o xeral, pola supeditación dos intereses particulares ao interese xeral?.



O SOCIALISMO E AS NACIONALIDADES


Por Lois Pérez Leira *



O Socialismo galego durante a Segunda República estaba representado en distintas correntes ideolóxicas. En primeiro lugar o socialismo internacionalista, encarnado no PSOE. Este partido tiña a súa base central na clase traballadora e sectores obreiros e nas cidades industriais como Vigo e Ferrol. Nel convivían distintas visións sobre os problemas das nacionalidades e o modelo de Estado.

Desde a propia fundación do PSOE e do socialismo español realízanse frecuentes debates sobre este tema da nacionalidade. En xullo de 1918 realízase Madrid o XI Congreso do PSOE, onde se decide precisar a súa posición, en relación ao tema nacional. No devandito congreso os socialistas cataláns fixeron presión para que o partido definira de xeito claro a súa visión da cuestión nacional e en relación ao federalismo e o dereito de autodeterminación. Neste Congreso apróbase saudar fervorosamente á revolución rusa. Mais tamén sobre as nacionalidades acórdase: ?Confederación republicana das nacionalidades Ibéricas, recoñecidas a medida que vaian demostrando indubidablemente sempre sobre a base de que a súa liberdade non entrañe para os seus cidadáns mingua ningunha dos seus dereitos individuais xa establecidos no Estado español e daqueles que son patrimonio de todo o pobo civilizado?.
Malia esta importante resolución congresual, en 1919 esta posición pasa a ser matizada pola condución socialista, mentres un sector dos socialistas cataláns decide romper co PSOE e fundan en Barcelona en xullo de 1923 Unió Socialista de Catalunya a partir dunha escisión da federación catalá do PSOE.
Os escindidos propoñían unha maior atención á cuestión nacional catalá, defendendo o dereito de autodeterminación. Un dos seus principais dirixentes foi Joan Comorera e o seu xornal denominouse Xustiza Social.
O acordo subscrito polo XI Congreso do PSOE termínanse rompendo en Galicia no Congreso Rexional Socialista de Monforte de Lemos, o 17 outubro de 1931. Neste congreso -en relación ao proceso estatutario-, valorouse se existía ?un desenvolvemento suficiente? da conciencia autonomista, chegando á conclusión de que non era unha necesidade sentida, que merecese recoñecemento.

A partir deste Congreso Rexional xorde unha escisión do PSOE, o socialismo galeguista representado polo partido de Unión Socialista Galega, fundado por Xohán Xesús González e Luís Seoane entre outros. No manifesto de lanzamento do Partido no mes de agosto de 1932, salienta ?Non existe na nosa terra un partido de esquerda galeguista tipicamente marxista? Daquela continua ?Interésanos só procurar un vencello que nos xunga a tódolos socialistas galegos, que, sentimos fondamente a vida de Galicia, sentimos tamén as doutrinas marxista e afanámonos en interpretalas e adaptalas á realidade galega?. Noutro parágrafo sinala: ?Xurde, pois, Unión Socialista Galega , coa arela vivísima de incorporar á vida galega a esencia marxista do partido Socialista español, arrendar, en absoluto, de toda concomitancia con doutrinas burguesas?.

No seu libro Rexionalismo, Nacionalismo, Separatismo, Xohan Xesús González explicita o seu pensamento socialista: ?Despois do Congreso Socialista de Monforte no ano trinta e un, non me foi posible deixar de ser galeguista e temperar as miñas conviccións socialistas aos intereses galegos, que son para min os primeiros. Así fundei o Partido Unión Socialista Galega para recoller do programa do socialismo español todo o que harmonice cos principios económicos e espirituais de Galicia, abandonando todos os outros que non manteñan aquela coordinación?. Xohán Xesús González pago coa súa vida esta militancia consecuente. O 12 de setembro de 1936 foi asasinado fronte a un pelotón de fusilamiento.

Malia esta ruptura moi simbólica seguiron actuando dentro do PSOE figuras destacadas que reivindicaban a súa galeguismo militante, como é o caso do alcalde socialista de Ferrol, Xaime Quintanillas e Marcial Fernández.

O propio Quintanillas acláranos a súa posición galeguista: ?Paréceme un pouco imprudente a indiferenza e mesmo a hostilidade con que algúns socialistas, poucos, sen dúbida, ollan o problema do Estatuto Galego. Os socialistas fomos sempre autonomistas, tanto no plano internacional como no nacional. No plano internacional, a postura autonomista do Socialismo esta clara si considéranse os casos, ben demostrativos, da existencia dentro dos membros da II Internacional, do Partido de Praga (Chequia) e do Partido Socialista Xudeu de Polonia. No plano nacional, un dos nosos Congreso -e aínda está vixente o acordo- declarouse partidario da Confederación republicana das nacionalidades ibéricas. Esta declaración, non só reafirma a nosa convicción autonomista, senón que recoñece a existencia das nacionalidades ibéricas. Admitida esta existencia, é imprescindíbel o recoñecemento do dereito desas nacionalidades á autodeterminación, ao goberno propio. Unha desas nacionalidades, con dereito a gobernarse a si mesma, é Galicia. Os socialistas conformes con este principio somos, pois socialistas ortodoxos, socialistas que estamos dentro das normas clásicas do noso partido?.

O Doutor Quntanillas foi un apaixonado patriota galego, conformara parte da Irmandades da Fala e mantivo unha estreita relación de amizade e política con Castelao e Ramón Suarez Picallo. Na súa traxectoria militante soubo combinar o seu ideal socialista e internacionalista, como a súa paixón por Galicia.

Como o propio Castelao tiña como ideal de solución ao problema nacional a experiencia da URSS, o mesmo cóntanos: ?Rusia é un exemplo ben elocuente do que fai o socialismo cando se apodera do poder político. A URSS é un dos países do mundo en que existen máis diversas nacionalidades e no que hai máis linguas. Pois Rusia, desde un principio deu liberdade plena, absoluta autonomía a todos os pobos daquel gran país. No proxecto de nova constitución, que se aprobará probablemente para o novembro próximo, declararase, por primeira vez, o dereito ao separatismo. Formaranse dúas Cámaras; unha de representantes dos soviets e outra de representantes das nacionalidades. Neste proxecto de constitución socialista declárase, ademais, como dereito dos cidadáns rusos, o de recibir o ensino en lingua materna?.

?Supoñemos, que dentro de varios anos, dun ou dous séculos, xurdise en Abisinia, agora conquistada brutalmente a l forza, por Italia. Un movemento autonomista en contra de Italia. É posible nesta suposición un pouco fantástica, que entón algún socialista opuxésese á autonomía de Abisinia, fundándose, para iso, nos consabidos argumentos de que o socialismo non admite fronteiras, de que debemos tender á lingua universal, etc. Este suposto, absurdo. Si queredes, non é menos absurdo que a posición actual dalgúns socialistas. Porque eses socialistas, sen dúbida de boa fe, sen dúbida xenerosamente equivocada non se dan conta de que todos os casos actuais de pobos que piden a súa liberdade son casos que no seu tempo foron iguais ao caso actual de Abisinia. Cando o Socialismo di que non admite fronteiras, o que quere dicir é que non as debe haber para os traballadores. Quéreo dicir é que as fronteiras non deben ser, non poden ser obstáculo para a fraternidade dos homes e especialmente para a fraternidade dos traballadores. Os traballadores do mundo enteiro non ten máis que unha patria; a da solidariedade común de explotados, en contra do capitalismo explotador. Pero alí onde esta un pobo oprimido, alí onde exista un pobo desposuído da súa liberdade pola forza, alí onde haxa un país sometido ao estranxeiro e vexado na súa lingua, nos seus costumes, no seu xeito peculiar de ser e de vivir, alí estará ou debe estar a axuda de todos os homes xenerosos e a simpatía e a devoción de todos os traballadores consciente que saben por experiencia mellor que ninguén, o que significa a imposición da forza bruta en contra das lexitimas liberdades.

A Posición contraria, a posición que estima que debe darse por definitiva e cancelada a revisión de que os pobos viven oprimidos, é unha posición anti-socialista, que descoñece que a historia é un proceso vivo e que na historia non hai feitos inmutábeis. Esta posición é igual á dos filósofos e economistas burgueses que cren que a forma actual económica do mundo é eterna e en definitiva e xa que logo, sempre haberá pobres e ricos no mundo, que sempre haberá explotadores e explotados. Non; as formas actuais económicas nin son eternas non definitivas; chegase un momento en que, superadas esas formas, chegásese á forma socialista de propiedade. As fronteiras actuais tampouco son as definitivas; chegase un momento en que as fronteiras no mundo estarán distribuídas con arranxo a verdades divisións naturais sen vencedores nin vencidos, sen pobos conquistadores e sen pobos conquistados; sen pobos que dominen e sen pobos dominados. Unhas fronteiras que sirvan de separación, senón de unión. Porque nada une máis que a liberdade e soamente os pobos libres, en absoluto dominio de si mesmos, son capaces de irmandarse cos outros pobos libres. Non se pode pedir que os pobos sometidos, os pobos dominados, renuncien á súa existencia, en holocausto a unha unión, que sería falsa como a harmonía das clases sociais que predican os burgueses, que só poderá darse cando non haxa clases. Como só poderá darse o internacionalismo cando todas as nacións atópense no mesmo plan de igualdade e no mesmo goce dos seus dereitos?.

Quintanillas pago caro o seu esquerdismo socialista e o seu defensa sen concesións do dereitos de autodeterminación de Galicia, durante ao alzamento militar foi fusilado xunto a outros catorce republicanos en agosto de 1936.

Outra das correntes socialistas estaba dentro o propio Partido Galeguista. A mesma estaba encabezada polo deputado Ramón Suarez Picallo, o cal xunto a Castelao era os dous líderes máis populares desta organización.

O destacado intelectual Johan Vicente Viqueira publico un artigo titulado Nacionalismo e Socialismo no que trato de explicar a compatibilidade e a complementariedade entre ambas ideoloxías: ?Eis dous termos? -di- ?que non se poden contrapor: nacionalismo, socialismo. E máis: ou segundo é probabelmente un aspecto do primeiro? logo de salientar que o socialismo quere o benestar en diversos aspectos, di que o nacionalismo non ve máis que irmáns na Patria: ?¡O nacionalismo é a santa calor, pai do socialismo!? proclama definitivamente como conclusión dese artigo, breve pero suficiente para comprender o modo como intentou explicar a relación entre aspectos que para moitos eran totalmente irreductíbeis.

Logo de tantos anos do seu fundación o Partido Socialista de Galicia sucursal do PSOE en Galicia, lonxe de avanzar nunha elaboración teórica que recoñeza os dereitos nacionais dos pobos, sofre un retroceso conceptual, coincidindo co máis puro pensamento reaccionario do nacionalismo españolista.

* Lois Pérez Leira é director de cine e escritor.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-02-2014 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
POR UNHA EUROPA ANTICAPITALISTA E ANTI-IMPERIALISTA.
LA  IZQUIERDA
(MANIFESTO DE NOVA ESQUERDA GALEGA E A ESQUERDA ? LA IZQUIERDA EN DEFENSA DOUTRA EUROPA)

A Unión Europea é a estrutura e superestructura do imperialismo no noso continente. A UE é a ditadura dos monopolios ao servizo do capital especulativo. O seu accionar político, económico e militar convértena en socia privilexiada do imperialismo norteamericano.
As súas políticas a través da Troika están significando millóns de desempregados e de novos pobres en toda Europa. Mentres que a súa política internacional esta a o servizo dos grandes intereses financeiros internacionais. Doutra banda xunto cos EEUU convertéronse no xendarme do mundo.
Por iso ante estas próximas eleccións europeas pensamos que a nosa participación debe centrarse na denuncia desta Europa dos monopolios e a loita pola saída desta estrutura política, económica e militar que está ao servizo do capitalismo máis salvaxe.
Para iso consideramos que debemos impulsar unha gran fronte ampla anti-capitalista e anti-imperialista, co fin de construír a Europa dos traballadores, dos pobos e do socialismo.

É necesaria unha fronte común contra estas institucións

Convidámosvos a todos a loitar xuntos por unha fronte común contra os que afunden Grecia, Italia, Portugal, Irlanda e tantos outros estados europeos. Pola anulación de todos os plans de axuste e rescate. Unha fronte común para desligarnos do euro e do Banco Central Europeo sometidos ao capital financeiro dos Estados Unidos e que chantaxea aos gobernos para que faciliten a explotación, as privatizacións e a pillaxe
Unha fronte común en defensa da sanidade e a educación pública, pola retirada da reforma laboral e da reforma de pensións, pola soberanía dos pobos, pola anulación de todos os recortes.
Unha fronte común contra o pagamento da débeda pública externa. Non distinguimos entre o que algúns chaman débeda lexítima e ilexítima. Fronte común polo dereito á vivenda e contra os desafiuzamentos.
Unha fronte común contra a guerra que desde a UE nutre e apoia a agresión aos pobos árabes, en Afganistán ou Iraq.
Impulsar unha plataforma electoral, na que os millóns de cidadáns e cidadás que convocamos a participar, sexan protagonistas na presentación das candidaturas e poidan elixir democraticamente, mediante sistemas de primarias, aos membros que concorrerán como representantes ás eleccións. Os candidatos e candidatas comprometeranse con lealdade aos programas e terán vinculación cos movementos sociais, á transparencia en todos os actos públicos, mais tamén coa temporalidade e revogabilidade nos cargos públicos electos.
E para rematar, o constante e continuo achegamento a todas aquelas persoas, colectivos, movementos, organizacións,... que poidan compartir connosco estes principios, para que formen parte desta alianza electoral en pé de igualdade, desde o momento que decidan participar nesta gran tarefa.
Esta candidatura é un instrumento para combater pola UNIDADE dos Traballadores e as súas organizacións.
Esta unidade é imprescindíbel para facer retroceder ao goberno Rajoy e as súas políticas fascistas. Para derrogar as súas leis anti-obreras e anti-democráticas. Para facer fronte aos dictados da Unión Europea e do FMI.
Para romper con estas institucións do gran capital e abrir camiño a unha UNION libre de pobos e nacións de Europa liberados da opresión e a explotación.
Propoñemos ás organizacións de A ESQUERDA ? LA IZQUIERDA que asuman estes puntos básicos de coincidencia co fin incorporalos a unha futura fronte ampla, mais tamén que difundan este documento no marco do proceso electoral.

Os nosos obxectivos:
1.- Saída de Unión Europea, do Euro, da OTAN e do FMI.
2.- Por unha Europa anti-capitalista e anti-imperialista. Pola Europa dos traballadores e o socialismo.
3.- Polo non pagamento da débeda externa inmoral e ilegal. Creación dnha fronte común contra o pagamento da débeda pública externa. Non distinguimos entre o que algúns chaman débeda lexítima e ilexítima. Fronte común polo dereito á vivenda e contra os desafiuzamentos.
4.- Polos dereitos nacionais e a autodeterminación dos pobos. A defensa do dereito á soberanía nacional e á democracia social avanzada deben ser os lemas centrais de todas as organizacións obreiras. Todas as persoas que queiran ser parte desta construción, loitaremos xuntos por estes dereitos no estado español suscitando a unidade de acción e o dereito á autodeterminación dos pobos e nacións. E suscitamos tamén a nivel de Europa a necesidade dunha unión dos pobos de Europa ao redor da loita polos dereitos colectivos e a defensa irrenunciábel da clase traballadora e a maioría social. Do mesmo xeito que defenderemos a independencia do movemento obreiro empezando polo seu dereito a organizarse autonomamente e a necesidade de que teña as súas organizacións sindicais afastadas do control Estatal e libres da presión dos poderes fácticos e da patronal
5.- Por ultimo defenderemos unha fronte Europea dos traballadores, recuperando o espírito da fraternidade entre os pobos e o mundo do traballo. Mesmo traballo mesmo salario e idénticos dereitos. Por un salario mínimo interprofesional Europeo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-02-2014 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Concellos e pirañas
Óscar Lomba Álvarez
Por Óscar Lomba *

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/17834.html

Fonte: Galicia Confidencial

Determinadas pirañas insaciábeis están devorando o erario público dos nosos concellos, eses peixes carnívoros que nadan na actuais augas políticas, xa sexan alcaldes comellóns e deshonestos, concelleiros lambóns e indignos, empresarios insaciábeis e indecentes,... están despedazando e engulindo nosas institucións e desintegrando a nosa alma colectiva. Os anacos do dispositivo institucional non conseguen sequera recompoñerse e enfrontar a putrefacción ética, vertixinosa e progresiva, da nosa nación. Este é o escenario funesto desta orxía de canibalismo que viven as vítimas chamadas concellos galegos, e ocultar a gravidade da ferocidade corruptora só axuda a perpetuar esta continxencia que padecemos.
Corrupción non é só a transgresión do compromiso de servizo público exercida por políticos ou administradores, non son só as contratacións arbitrarias, a prevaricación, o suborno, o nepotismo, o enchufismo, as adxudicacións irregulares, o tráfico de influencias,... A corrupción executada por determinados cargos públicos descende doutra corrupción moito máis estendida que, en numerosas ocasións, antecede á corrupción explícita e reflectida nos devanditos políticos corruptos. Antes de mutilar a facenda pública, a podremia corruptora perverte os valores intrínsecos de cada suxeito, relativiza os costumes e a cultura da probidade, da honestidade, abolindo, pois, os cimentos, os limiares de enteireza que amparan á sociedade ennobrecida e orgullosa da súa propia dignidade. Tal infamia ética comeza por lixeiras licenzas, liviás perturbacións da integrade colectiva. Vaise estendendo e normalizando mentres consome e envilece ás persoas e ao conxunto da sociedade. A condescendencia coas leves irregularidades da vida cotiá son as que conducen ás grandes corrupcións na vida pública.
Porén non só debemos poñer o foco na faciana dos corruptos pois os corruptores, quen obsequian con agasallos indebidos, quen ofrecen prerrogativas ilexítimas xa exhiben unha total falta de escrúpulos e demostran non ter principios morais nin decencia ningunha. Esa putrefacción da moral colectiva comprende tamén a descomposición dos usos e prácticas habituais, a cobiza sen límites, a indolencia, a desgana e o deixamento administrativo, a deslealdade, a imprevisión e abandono dos quefaceres ordinarios, o estoicismo indulxente do xefe coas pequenas actuacións descarriladas ou desviadas dos seus subordinados e viceversa.
A corrupción esténdese como un cancro en estado de metástase por todas as células do corpo social. Hai corrupción na política, na economía, na xustiza, nas administracións públicas, na educación, na sanidade, nas actividades empresariais... empezoñando toda a sociedade.
Hai que pescar todas esas pirañas insaciábeis e evitar que volvan nadar nas augas municipais, mais tamén ter coidado co resto dos peixes non vai ser que tamén queiran participar no festín.

* Óscar Lomba é avogado e co-voceiro Nacional de Nova Esquerda Galega.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-02-2014 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
A doenza da corrupción
Óscar Lomba
Por Óscar Lomba *

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/02/22/doenza-da-corrupcion/0003_201402V22C12992.htm

Fonte: La Voz de Galicia

Unha epidemia xeneralizada está envelenando o organismo colectivo, a corrupción está matando as nosas institucións e descompoñendo o noso corpo social. As partes aínda sas do aparello institucional non conseguen sequera enfrontar a descomposición moral, rápida e paulatina, do noso país. Este é o cadro xeral do enfermo chamado Galicia, e agochar a gravidade desta doenza só contribúe a poñer placebo na terapia de recuperación. A corrupción é a enfermidade que máis ameaza Galicia, máis que as enfermidades cardiovasculares, o infarto, o cancro ou os traumatismos violentos. A degradación moral xa matou a confianza da cidadanía que apontoou co seu voto, no seu momento, a estabilidade de moitos concellos.
Corrupción non é só o quebrantamento da obriga de servizo público practicada polo político ou xestor administrativo, non é só a prevaricación, as contratacións arbitrarias, o suborno, o nepotismo, o enchufismo, as adxudicacións irregulares, o tráfico de influencias,... A corrupción exterior (no acto consumado) procede doutra corrupción moito máis ampla que, a maioría das veces, é interior (antecede ao propio acto). Antes de menoscabar o patrimonio público ou privado, a corrupción degrada os valores íntimos de cada un, relativiza os costumes e a cultura da virtude, anulando, pois, os alicerces, os principios que manteñen á sociedade elevada e digna do seu propio orgullo. Tal degradación moral comeza por pequenas concesións, pequenos trastornos axiolóxicos na nosa existencia cotiá e prosegue corroendo ao individuo e ao conxunto da sociedade. A tolerancia de pequenas corrupcións na vida privada é a que conduce ás grandes corrupcións na vida pública.
Tanto unha como outra poden asumir forma activa e pasiva, porque tamén quen ofrece a vantaxe indebida xa non presenta escrúpulo nin principio moral ningún. A corrupción moral comprende tamén a corrupción dos costumes, o afán de lucro desmedido e a custa do que sexa, a indolencia, a desidia e a apatía administrativa ou gobernamental, a falta de solidariedade nun grupo humano, a indiferenza pola sorte allea ou polos intereses públicos, a tolerancia condescendente do superiores coas pequenas actuacións anómalas ou irregulares de subalternos, empregados ou tutelados.
Hai corrupción na política, na economía, na xustiza, nas administracións públicas, na educación, na sanidade, nas farmacéuticas, nas actividades empresariais e na propia sociedade.


* Óscar Lomba é avogado

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-02-2014 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Corrupción e fraude electoral en Vigo
Por: Lois Pérez Leira

A corrupción, o suborno, o enchufismo teñen unha longa historia en Galicia e en especial na cidade de Vigo. Non soamente é unha mal desta «democracia monárquica», tamén existiu durante o franquismo. Foi moi comentado o caso do director de prisións Fernando Lago Búa, que durante 1936 organizou unha trama de corrupción e de extorsións, servíndose dos dramas que vivían os presos republicanos, amoreados en distintos lugares de detención de Vigo e no campo de concentración da Illa de San Simón. Tan escandalosa actuación terminou nos xulgados, sendo Lago Búa fusilado o 5 de xaneiro de 1937 no Castro, xunto co seu socio o doutor Francisco Bustelo.

Case ao final da ditadura franquista foi moi soado -non soamente en Vigo senón en todo o Estado español- o caso de corrupción na concesión do transporte público ou mellor dito do inicio da privatización dos servizos municipais. Os feitos remóntanse á adxudicación do Servizo de Transporte Urbano Colectivo de Vigo. Daquela convocouse un concurso, ao que concorreron oito empresas. A corporación municipal viguesa celebrou unha sesión o 11 de maio de 1968 para votar a adxudicación e a maioría dos concelleiros votaron a favor da Sociedade Viguesa de Transportes VITRASA. O concurso público outorgaba a concesión para a implantación e explotación en exclusiva, dos servizos de transporte público de viaxeiros na cidade de Vigo.

En xullo dese ano realizouse a presentación oficial dos primeiros 30 autobuses e 2 microbuses e iniciouse o servizo con 16 liñas de longo percorrido. Sendo o primeiro día de servizo de balde e a tarifa de 2,50 pesetas.

Parte de quen votaran a favor da devandita empresa recibiron do conselleiro delegado da mesma, Señor Álvarez Arroxo, agasallos para as súas esposas. Estes obsequios e os seus destinatarios foron os seguintes:

Don José Álvarez Terreiro, un colar de perlas cultivadas, taxado en 17.000 pesetas e unha caixa de prata e esmalte, taxada en 5.750 pesetas.

Don José González Araujo, unha pulseira de ouro, taxada en 3.500 pesetas.

Don Ricardo Ladero Ordóñez, unha pulseira de ouro, taxada en 6.250 pesetas.

Don Jesús Lorenzo González Pérez, unha pulseira de ouro taxada en 5.750 pesetas

Don Manuel Mariño Lage, un colar de ouro, taxada en 8.000 pesetas.

Don Gonzalo Abundio Coello Cuadrado unha pulseira de ouro, taxada en 5.750 pesetas.

Don Severino Recondo Estévez, unha pulseira de ouro e ágatas, taxadas en 6.250 pesetas.

Don Darío Vila González, un reloxo de cabaleiro, taxado en 8.800 pesetas.

Don José Portela Álvarez un broche de ametista, taxado en 6.000 pesetas.

Don Carlos Espinosa Feijoo unha pulseira de ouro e perlas, taxada en 7.500 pesetas.

Don Juan Manuel Novo Melón, unha pulseira de ouro taxada en 7.500 pesetas.

Esta situación foi denuncia perante os tribunais, os once Concelleiros da corporación de Vigo foron xulgados e condenados por suborno. O xuízo tivo repercusión en todos os medios de comunicación de España.

A sentenza do tribunal Supremo ditaminou unha condena de dous anos de suspensión para ostentar cargo público, cinco mil pesetas de multa e o reintegro os agasallos recibidos para que sexan publicamente poxados e o seu importe reintegrado na facenda publica.

O fiscal argumentou durante o xuízo para poder condenar aos once concelleiros que ?Toda aquela persoa que ostenta cargo público ou sexa funcionario e reciba obsequios en calquera momento de persoa ou empresa que teña relación co organismo en que o agasallado preste os seus servizos, comete delito de suborno?.

Logo viñeron os gobernos municipais da democracia, con eles as privatizacións dos servizos municipais e a corrupción. Ningún goberno anterior ou actual, esta libre segundo as denuncias realizadas, deste mal sistémico. Detrás desta política está o financiamento ilegal dos partidos do sistema, o enchufismo, o enriquecemento persoal. Todo isto demostra a ilexitimidade electoral dos partidos gobernantes, que empregan recursos económicos e humanos -produto da corrupción- para gañar as maiorías electorais, para gobernar. Isto chámase fraude electoral e é un delito de «Lesa Moral». Entrementres VITRASA -goberno tras goberno- segue renovando en exclusiva, o monopolio do servizo público de pasaxeiros.

* Lois Pérez Leira é director de cine e escritor
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2014 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Á VOLTAS CO GOLPISMO EN VENEZUELA
Juan Carlos Monedero
Juan Carlos Monedero *

(Tradución ao galego para A Voz da Nova Esquerda: Xoel V. S. López).

Pensamos, quizais con inxenuidade, que co triunfo do Presidente Maduro nas últimas eleccións municipais, onde obtivo máis de dez puntos de vantaxe aos candidatos da Mesa da Unidade, a situación en Venezuela camiñaba cara o sosego. Capriles, o candidato derrotado nas presidenciais e electo no estado de Miranda, acudiu o pasado mes de decembro a unha reunión do Presidente cos cargos públicos locais e estatais recentemente elixidos. Recoñeceu a vitoria de Maduro e tamén a súa lexitimidade. Pero aí comezou tamén a fragmentación entre as ringleiras da dereita.

O escenario dunha parte non menor da dereita latinoamericana sempre foi o do golpismo cando estiveron fóra do goberno, e a represión de calquera disidencia ou alternativa cando habitan os palacios presidenciais. Desa actitude, alimentada polos Estados Unidos -para quen todo ao sur do Río Bravo é o seu «patio traseiro»-, xurdiu tamén como resposta a loita armada. O final do goberno sandinista en 1990 marcou o final das saídas violentas desde a esquerda. Fracasou o primeiro levantamento zapatista (triunfou o pacífico e mediático), fracasou Chávez en 1992, fracasou Sendero Luminoso, estancáronse as FARC... Chávez entendeuno e en 1998 fíxose co goberno cambiando os fusís polas urnas. Pero participar nas eleccións non ía tranquilizar á dereita.

Desde o primeiro momento, Chávez converteuse no inimigo dos derrotados (xa para esas eleccións de 1998, Aznar mandou a Moragas, Arriola e, que casualidade, a Correa -o da Gürtel- a axudar nas eleccións á candidata da dereita). Pero do mesmo xeito que o afundimento da URSS en 1991 foi o comezo do fin do Estado social en Europa, a renuncia á loita armada en América Latina veu acompañada do recruar e agravamento do golpismo na dereita do continente. A dereita só acepta a democracia se está no poder. Cando está fóra, válelle todo para recuperalo. En case todas partes. Ou xa non lembramos que Aznar chegou á política mentindo e liscou mentindo?

A extrema dereita venezolana volve ás andadas. Non está disposta a agardar a que unha nova conxuntura lles dea unha oportunidade electoral. Sempre teñen présa. Capriles xa non lles vale e volven á sabotaxe, a poñer mortos nas rúas, á desestabilización, contando como única baza co apoio mercenario de boa parte das empresas de medios de comunicación do mundo e da propia Venezuela (onde o 80% dos medios están en mans da oposición). Como o seu candidato, Capriles, gañou en decembro nas eleccións no estado de Miranda e aceptou o resultado (non semella moi sensato dicir que hai fraude cando ti mesmo fuches elixido), os candidatos dos Estados Unidos volven axitar a bandeira da violencia para intentar acurralar ao goberno de Nicolás Maduro. Os mesmos que xa probaron esa estratexia no breve golpe de 2002. Os mesmos que se se fixesen co poder en Venezuela converterían o país nun cemiterio anexo a un cárcere.

As análises dunha parte da dereita son as que levaron a un sector da mesma, que seguen sen querer entender o apoio popular ao proceso bolivariano, a repetir a estratexia golpista. Ramón Piñango, do IESA e director da ?Unidade de análise de conxuntura?, recomendaba recentemente a Henrique Capriles afastarse de Leopoldo López e do seu plan de regresar á loita na rúa para desestabilizar ao goberno (Plan «Saída»). Nun documento publicado estes días na prensa venezolana facía as seguintes reflexións, entendendo que a anterior estratexia golpista só servira para reforzar máis o apoio popular ao chavismo: ?1. O respaldo popular ao Chavismo segue sendo importante e maioritario; 2. As medidas anunciadas polo Presidente Maduro deron sinais para o pobo que o Goberno esta actuando; 3. O Goberno logrou situar a matriz da responsabilidade do sector privado na escaseza e especulación; 4. Os vínculos de Leopoldo López con Alvaro Uribe e o paramilitarismo creba a relación co Goberno de Santos; 5. O respaldo das Forzas Armadas á revolución é absoluto; 6. A axenda do Plan «Saída» non ten nin terá respaldo popular, o pobo de Venezuela por tradición cultural illa aos violentos; 7. Calquera acción violenta contra o Goberno unifica as forzas Chavistas; 8. A axenda de Leopoldo López non se corresponde con asuntos de política nacional; 9. As accións de Leopoldo López buscan desprazar o liderado de Capriles?.

A prensa internacional volveu a ser cómplice do reiterado intento golpista. Por unha banda, os que manexan unha idea vulgar de xustiza e reparten culpas desde a tentación da inocencia. Son os que falan de «os dous bandos» ou dos «extremistas de ambos os dous lados», coma se fose o mesmo estar no Goberno que ser un golpista. Por outra -os máis-, formando directamente parte da estratexia golpista e acusando ao Goberno de Maduro de ilexítimo. Xa imos sabendo que para a prensa europea iso de gañar as eleccións é unha estupidez cando non as gañan os seus patróns (lembrámonos de Papademos en Grecia e de Monti en Italia? E de Rajoy asumindo que lle dan o mesmo os compromisos electorais que lle levaron á Presidencia do Goberno?).

As acusacións vertidas sobre o goberno bolivariano simplemente se sosteñen cando se coñece a realidade do país. A dereita golpista venezolana está armada, está vinculada co paramilitarismo colombiano e sempre ten como estratexia sementar a rúa de mortos para intentar estreitar o cerco contra o goberno. Como ocorreu en 2002, volven coñecerse conversas previas onde xa se anunciaba que as manifestacións ían terminar con mortos -denunciadas polo Presidente Maduro- ou aparecen, como en tantas outras ocasións, mercenarios contratados para xerar desordes. Pola contra, outros vídeos demostran como a policía bolivariana ten un comportamento ben diferente do que vemos noutros países, incluído España. Sen esquecer que un dos tres mortos era un militante chavista (calquera morto, sexa cal for o seu signo, merece compaixón). Pero esas informacións non aparecen nos medios: non serven para criminalizar a Venezuela.

Claro que existen grupos populares no país caribeño con capacidade de resistir un golpe de Estado (como ocorreu en España en xullo de 1936). Xa quixese a dereita golpista que non existisen. E están ademais os 100.000 kalashnikov que Chávez comprou para armar ás milicias bolivarianas. En América Latina saben que os golpes de Estado organizados desde Estados Unidos son parte da política do continente. Quen queira entrar pola forza en Venezuela, vai atoparse moitísimo pobo en fronte. Teñen ademais -e iso non o soporta a dereita- unhas forzas armadas comprometidas coa súa misión de salvagardar ao pobo e non aos latifundistas e aos grandes empresarios. Teremos que ver que pasaría en Europa se unha forza política como Syriza gaña as eleccións en Grecia. Na América do Sur aprenderon as súas leccións. Allende non morreu en balde.

En Venezuela non hai enfrontamento entre dous bandos nin choques entre «hordas». Hai un Goberno lexítimo e unha minoría que non está disposta a deixarlle gobernar. Claro que en Venezuela hai serios problemas económicos (lembramos que hai unha crise mundial?), non menos serios problemas de seguridade (vinculados a un complexo enredo [ou armazón] de causas onde non é a menor un modelo de consumo que faite crer que se aos 15 anos non tes xa todo es un perdedor) e problemas igualmente graves de xestión administrativa (onde a corrupción endémica do país segue sendo unha materia pendente pese aos arduos intentos do Goberno por atallala). A condición petroleira do país xera problemas estructurais contra os que aínda non se atopou unha solución eficaz, pero de nada axuda a permanente espada de Damocles do golpismo para enfrontar os problemas pendentes. Non estaría de máis que os amigos do golpismo e das revolucións de cores retirasen as súas sucias mans de Venezuela e deixasen ao Goberno gobernar. Non é doado facelo cando un goberno poderoso está sempre poñendo paus nas rodas (lembrámonos en España das dificultades engadidas na loita contra a violencia de ETA pola actitude belixerante de Francia?). Sen xustificacións como as que brindan os violentos, a vía electoral para que a oposición ofreza ao país a súa alternativa faise máis clara conforme os erros do goberno achanden o camiño dos seus opoñentes. Pero non nun escenario de ameaza golpista.



Nas últimas eleccións presidenciais, e aproveitando que Chávez xa non era o candidato, a oposición estivo a piques de volver ao Goberno. A tarefa da oposición debese centrarse en salientar as deficiencias da xestión de Maduro e ir preparando un modelo de país alternativo que convenza ás maiorías. Capriles entendeuno e por iso desmarcouse da vía violenta. Outros, como Leopoldo López ou María Corina Machado, queren sacar a Capriles de xogo e ocupar o seu lugar cunha estratexia de confrontación soñando cun escenario libio ou sirio para Venezuela. Porque o ruído que se fai con Venezuela sempre ten que ver co mesmo: a súa condición de país coas maiores reservas de petróleo do mundo. Unha cobizada peza. Por iso foron onte contra Chávez e van hoxe contra Maduro. Que Venezuela estea nos telexornais non ten nada que ver coa violencia. Ten que ver con que teñen petróleo e non son obedientes aos mandatos do norte.



Xunto a esa loita internacional sempiterna por controlar o petróleo venezolano, outra parte moi importante dos disturbios que acaban de ter lugar no país ten que ver coas pugnas internas dentro da oposición venezolana. Sería importante que todo o país fose consciente de que eses que queren gobernar en Venezuela para substituír ao chavismo non lles importa que compatriotas seus perdan a vida nos enfrontamentos. Porque para esa dereita golpista de Venezuela, como a doutros tantos sitios, a súa única patria sempre é o seu propio interese. A súa democracia é unha pantalla. E do mesmo xeito que celebraron o recente golpe en Honduras ou os constantes intentos de derribar pola forza a Cristina Fernández, a Evo Morais ou a Correa , o seu triunfo sería regresar a Venezuela a unha escura noite da que, chegado o momento, non nos falarían os medios de comunicación. O pobo de Venezuela deu o seu apoio a Maduro. E a obriga de calquera demócrata é facer valer a súa lexitimidade fronte a calquera agresión golpista como a que agora mesmo está sufrindo. Aínda que a presión mediática faga difícil esa tarefa. Os inimigos da democracia non cesan no seu empeño. Que non nos venzan por cansazo.

* Juan Carlos Monedero é un profesor de Ciencia Política, politólogo e escritor.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2014 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0