Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Entrevista a José Miguel Gómez Millán
José Miguel Gómez Millán
?Ao meu pai fusilárono por ser socialista?

Entrevista a José Miguel Gómez Millán ?Pucho? militante de Nova Esquerda Galega?A ESQUERDA

José Miguel Gómez Millán ?Pucho?. O Calvario (Vigo) 1931. En 1936 o seu pai Miguel Gómez Pardo coñecido como o ?xastre do Calvario? era o secretario político do PSOE deste barrio. Foi denunciado por un veciño e fusilado no Monte do Castro, tras un xuízo?farsa .

José Miguel xunto á súa nai e irmáns, achegáronse ese día até a fortaleza militar do Castro, con outras familias de condenados. Alí organizáronlles unha macabra despedida, onde os recibiron con froitas e bebidas. Logo dos abrazos e bágoas, foron separados. Aos poucos minutos escoitouse o estrondo dos fusís.

?Pucho?, como o coñecen popularmente en Vigo, convértese nun empresario exitoso, no mundo das panaderías. Co tempo gañaríase o nome do ?Rei das empanadas?, xa que por aqueles anos fabricaba mil empanadas por día. O destino das mesmas eran os traballadores de Citroën. Mentres Pucho trunfa na súa empresa familiar, de forma secreta axudaba aos presos políticos comunistas. Anos despois, cando se xubilou nos anos 80, decidiu residir en Cuba. Nun das súas viaxes a Vigo cofundou a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36. Na actualidade é o responsábel da Memoria Histórica de Nova Esquerda Galega e o seu representante en Cuba.

Debeu ser moi duro para un neno presenciar o fusilamento do seu pai?

A verdade é que si. Eu tiña tan só 6 anos. O meu pai foi denunciado por un veciño chamado Martín Lago. Este mesmo veciño hoxe ten unha rúa no barrio do Calvario en Vigo, que leva o seu nome malia ser un delator e colaborador do fascismo.
Lembro que fomos toda a familia até o monte do Castro. Alí había decenas doutras persoas acompañando aos seus familiares que tamén ían ser fusilados. Puxéronnos unha mesa grande con froitas e quedamos alí todos. A despedida foi tremenda. Unha imaxe que hoxe, pasados máis de 80 anos, non podo afastar do meu pensamento. O meu pai pensaba que a el non lle ía a pasar nada, porque non cometera delito ningún. Era unha persoa boa, traballadora. Canta inxustiza!.

Como foi a creación da Asociación pola Memoria do 36?

Nunha das miñas viaxes a Galicia onde adoito quedar cinco ou seis meses, acompañado con outros compañeiros, aos que tamén os seus pais foran fusilados e con netos de represaliados, decidimos crear a asociación. A verdade que foi todo un suceso na cidade. En pouco anos puidemos impulsar este tema, que estaba durmido, oculto. A xente semella que tiña medo. Non tardou moito tempo en calar o exemplo de Vigo que foi estendido a toda Galicia e deste xeito fóronse fundando diversas comisións pola Memoria Histórica semellantes.



Cumpríronse os obxectivos?


Algúns xa se cumpriron pero aínda faltan por cumprirse outros. Repare que aínda existe o monumento franquista da Cruz do Castro de Vigo, a tumba do Capitán Carreró situada nun lugar público e privilexiado do Cemiterio de Pereiro. Existen rúas que levan o nome de personaxes franquistas como a do Alcalde Portanet, o propio delator do meu pai ten o nome dunha rúa. Tamén hai nomes de cidades que recorda batallas gañadas polo franquismo. Lamentabelmente o Alcalde de Vigo Abel Caballero incumpre a Lei da Memoria Histórica.

O seu partido acudiu como querelante no xuízo que se instrúe na Arxentina polos delitos cometidos durante a ditadura de Franco?

Si, nós somos querelantes como partido e o somos tamén a título persoal. Ante a impunidade da que estes delitos gozaban no Estado español tomamos a iniciativa e fomos a primeira organización política en todo o Estado, que parte deste xuízo. Recentemente o Partido Comunista de España tamén se presentou como querelante.

Como recibiu a noticia do pedido de detención internacional dos tres imputados pola súa actuación durante a ditadura de Franco?

Foi unha noticia que nos alegrou a todos os que fomos e somos loitadores antifascistas. Espero que o goberno español cumpra cos acordos internacionais e que extradite a estes asasinos.

Logo de vivir sendo pequeno a segunda república e o triunfo da Fronte Popular. Como ve a actual situación política?

Sigo os acontecementos desde Cuba con moita ilusión. Creo que como en 1936 necesitamos crear outra Fronte Popular, que derrote o réxime monárquico e instaure a Terceira República. Vexo con moita ilusión os pasos de unidade dados por A ESQUERDA e a súa aposta por unha fronte ampla, democrática e anti-neoliberal.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-11-2013 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
AS EUROPEAS
EuropaPor: Lois Pérez Leira


Os resultados da última enquisa de Sondaxe -a pesar da maquillaxe dos seus datos -demostra a tendencia ascendente de Alternativa Galega de Esquerda. Case con seguridade que unha enquisa obxectiva indicaría que AGE xa é a segunda forza electoral, converténdose na autentica alternativa, á dereita vernácula do noso país.

A perda da maioría parlamentaria por parte do PP - que sería máis perda aínda, se existira unha lei electoral autenticamente democrática- indica claramente o acertado da táctica política de AGE.

Nin o intento de modificar a representación parlamentaria por parte do PP, nin a xogada de lanzar unha nova cara electoral por parte do PSOE na figura de Besteiro, poderá parar o ascenso político de Xose Manuel Beiras e dos que pensamos que este sistema social e político debe ser cambiado de raíz.

As enquisas infórmannos da crise profunda do PSOE e a súa ideoloxía socialdemócrata. Cada vez mais esta opción política está asociada por parte dos electores como unha opción máis do sistema. Sen ir máis lonxe está o exemplo da alianza que se está tecendo en Alemaña coa chanceler Angela Merkel ou a política de expulsión de xitanos que impulsa o socialismo francés.

As bases electorais obreiras e de esquerda do socialismo galego e do resto do Estado, están por finalizar un ?Duelo?, que necesariamente ten que terminar coa aceptación da morte política.

Esta crise maniféstase na perda masiva de votos e nas distintas rupturas que se están producindo neste partido. No caso de Galicia este fenómeno comeza a percibirse na recente escisión da maioría dos integrantes de Esquerda Socialista, onde o ex gobernador da provincia de Pontevedra Jorge Parada é a figura máis visible. Doutra banda segundo as enquisas, o BNG detén a perda de votos.

O que está claro é que as próximas eleccións ao parlamento europeo os cidadáns debuxasen un novo mapa lectoral e un reacomodamento das alianzas políticas. Neste caso por primeira vez, como sucedeu coa Fronte Popular de 1936, a gran maioría dos partidos de esquerda, tanto federais como nacionais converxerán nunha ALTERNATIVA.
Galicia Confidencial
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-11-2013 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Moción de censura
Abel Caballero
Por: Lois Pérez Leira

Non últimos plenos do Concello, algúns veciños e activistas sociais déronse cita para escoitar temas de interese, como vos despedimentos dás traballadoras dous centros cívicos. Logo de oír estoicamente a longa e aburrida sesión, observei que algúns dous presentes mostraban carteis nos nos que pedían unha moción de censura para Abel Caballero. Ao principio sorprendeume, mais ao terminar a sesión decateime dá necesidade de facelo.

Ou goberno que preside Cabaleiro ten trazos totalitarios e antidemocráticos. A súa maioría absoluta, outorgada polo BNG a cambio dalgunhas migallas, convertérono non doo e señor do noso municipio. Mercou á maioría dous medios de comunicación, ten vos seus programas televisivos propios e un cuantioso orzamento destinado a publicidade que é empregado, única e exclusivamente, en potenciar a súa imaxe pública. Entrementres ou PP está recluído á espera de que pase ou ballón do caso Bárcenas ou se produza algún milagre en Vigo. O Bng, que segue sendo ou sostén político deste goberno, intenta recuperar a imaxe de esquerda que perdera en tantos anos de pisar moqueta. Cando gobernou non desenvolveu un municipalismo de esquerda e transformador, non demoleu a Cruz do Castro, presidía ás procesións do Cristo dá Vitoria... Agora é Alternativa Galega de Esquerda (AGE) quen ocupa e amplía este espazo electoral, coa posibilidade real de obter seis concelleiros.

Con este panorama, o Caballero do Condado, don Abel, goberna ás súas anchas, facendo dá súa xestión un goberno de xordos. Durante todos lestes anos negouse sistematicamente a dialogar coa propia veciñanza. Prefire só atender e beneficiar aos do seu partido e dá súa órbita. Ou resto, a gran maioría, son castigados e perseguidos por manter unha opinión independente, como proba ou despedimento improcedente de María Pérez, a presidenta dá Federación Veciñal.

Vigo non pode funcionar democraticamente se ou seu alcalde rexeita ou diálogo e non escoita aos colectivos. É necesario emendar esta deriva cunha moción de censura. BNG e PP teñen a palabra. Eles se que poden.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-11-2013 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
65 Aniversario do asasinato dos Mártires da liberdade e o socialismo: José Gómez Gayoso e Antonio Seoane.
Antonio Seoane e José Gómez GayosoPor: Lois Pérez Leira

O vindeiro 6 de novembro cúmprese o 65 aniversario do asasinato dos mártires da loita contra o franquismo José Gómez Gayoso e Antonio Seoane.
Foi unha fría mañá, exactamente ás 7 e 45 no ?Campo das Ratas? na Coruña. A Torres de Hércules e o enfurecido mar, foron as testemuñas daquel atroz asasinato. Antes que as balas asasinas fixesen impacto, dous berros escoitáronse, facendo eco en todos os mares do mundo Viva o partido comunista! Viva a Pasionaria!
Tratábase das dúas máis importante figuras da resistencia galega. Gayoso era o Secretario do Partido Comunista en Galicia (PCG) e Seoane o xefe da Guerrilla Galega Anti-franquista.
Ambos os dous chegaran do exterior para reorganizar o Partido Comunista de España. Logo de residir en distintas cidades radicáronse en Galicia. Desde había algúns anos a Garda Civil andaba a procura deles. As súas heroicas accións deixaban en ridículo á ditadura. Había que terminar con eles para dar un escarmento a toda a oposición, que aínda vivían clandestinamente no territorio do Estado español.
Gomez Gayoso tiña unha longa traxectoria militante, aínda que nacera en Maceda (Ourense), incorporouse ao PCE en Vigo, onde se radico a súa familia. Foi Secretario Xeral e responsábel do PCE en Galicia durante a Segunda República e durante a contenda militar en defensa da legalidade democrática, ocupou tarefas de moita importancia nos equipos vinculados ao Comité Central do seu partido. Era moi coñecido durante a guerra, polos seus discursos en galego. Cun altofalante dirixíase aos seus compatriotas que estaban pelexando contra os fascistas.
Durante a guerra foi nomeado Comisario Político e foi invitado á URSS onde coincidiu co patriota galego Alfonso Daniel R. Castelao. Cando terminou a contenda, logo de pasar por un campo de concentración en Francia, exiliouse en Cuba.
Mentres que Antonio Seoane chegara con 5 anos do seu Boiro natal (A Coruña) até Bos Aires. Alí intégrase na Federación de Sociedades Galegas e foi un dirixente moi importante dos Comités de Axuda á República. No transcurso da guerra afíliase ao PCE.
A Garda Civil, informada da presenza de Seoane na Coruña, preparou a súa detención. O 10 de xullo de 1948 organízanlle unha trampa nun bar da cidade herculina e é detido xunto á súa compañeira sentimental. Nesa operación represiva caen tamén José Gómez Gayoso; Juan Romero Ramos, obreiro; José Batrina, médico; José Ramos Díaz, xastre; José Rodríguez Campos, obreiro; e catro mulleres, tres delas son: María Blázquez, obreira, á que lle perforaron ou estómago dun tiro; Clementina Gallego, que queda case paralítica dunha perna; Carmen Orozco, mestra nacional, en grave estado con lesión cardíaca.
No amañado xuízo Gómez Gayoso durante 18 minutos, nun discurso de forte contido político, valente e dramático, denunciou ao tribunal que os xulgaban e ao réxime franquista.
De todos os detidos soamente Gayoso e Seoane son asasinados. Durante o tempo que estiveron na prisión, desde todos os lugares do mundo pediuse clemencia e apoio en favor da vida de ambos os dous heroes anti-franquistas.
Gayoso nunha carta á súa muller Concha Abad que residía en Cuba, escríbelle sobre o seu fillo ?Pepe?: «Pídocho, suplícocho, que o eduques como eu quixese facelo, para que el sexa un comunista fiel e honrado como o foi o seu pai. Ensínalle o amor ao pobo, aos traballadores, a España, a patria querida pola que o seu pai deu a vida. Edúcao no respecto e o agarimo aos dirixentes do glorioso Partido Comunista de España, á nosa camarada Pasionaria. Este é o meu último rogo a ti, a compañeira e camarada. Estou seguro, porque es coñecido, porque oes unha persoa honrada, sei que o cumprirás... ».
Na Arxentina a Federación de Sociedades Galegas envioulle unha carta ao Xeneral Perón para que mediase perante o sanguento ditador Francisco Franco, tamén lle chegaron cartas ao Papa para que parase a execución.
Logo de 65 anos aínda non puidemos cumprir os soños de Gayoso e Seoane, despois de tantos anos a impunidade franquista é parte da nosa sociedade. Terá que ser entón a xustiza Arxentina a que repare a memoria destes dous mártires e a de centos de miles de militantes da esquerda asasinados por defender os ideais da República e o socialismo.
La Izquierda
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-11-2013 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0