Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Realmente é o triunfo da tecnocracia sobre a política? Permítanme dubidalo
Sonia AlonsoPor: Sonia Alonso

(eldiario.es 8 de xaneiro de 2014).

(Tradución ao galego para A Voz da Nova Esquerda: Adela A. Alonso)

http://www.eldiario.es/autores/sonia_alonso/


Un dos aspectos máis preocupantes da crise da eurozona foi o seu efecto sobre a democracia. Sonia Alonso opina que aínda que a crise debilitou a democracia en varios países, en particular con respecto á aplicación de políticas de austeridade en contra da opinión pública, isto non debe entenderse como a imposición de políticas tecnocráticas de Bruxelas.

Segundo dise, na periferia da eurozona (Grecia, Irlanda, Italia, Portugal e España) estamos presenciando o establecemento dunha democracia sen alternativas. Os gobernos nacionais da periferia do euro están adoptando un paquete de medidas económicas, coñecido como "austeridade", que unha maioría dos cidadáns en cada un destes países ten rexeitado e castigado nas urnas. Malia iso, con todo, novos gobernos foron elixidos que continúan coas políticas de austeridade. A alternancia no poder, xa que logo, non produciu un xiro da política económica cara a políticas fiscais máis expansivas.

Segundo o punto de vista máis estendido nos países da periferia, tanto entre o gran público como por parte das elites (incluídos os gobernos que buscan eludir responsabilidades), os gobernos dos países periféricos, en tanto que membros da Unión Europea e da Eurozona, non teñen outra elección máis que implementar o programa de austeridade que vén imposto sobre eles por unha combinación de institucións europeas non directamente elixidas polo pobo, estados membro acredores e mercados internacionais. A implicación última deste punto de vista é que os gobernos nacionais carecen de autonomía e isto leva necesariamente a unha ausencia de alternativas en política económica. Xa que logo, aínda que o pobo vota, o pobo non elixe realmente.

O punto de vista máis estendido nos países núcleo do euro, fundamentalmente en Alemaña, reflicte a outra cara da moeda (nunca mellor dito) da crise do euro. Segundo este punto de vista, todos os estados membro da UE están sometidos ás mesmas regras do xogo, regras que se decidiron en común e que ademais foron democraticamente lexitimadas en cada país membro ben sexa por referendo ou por ratificación dos respectivos parlamentos nacionais. Todos os estados membro, ademais, foron igualmente golpeados pola crise financeira de 2008. A diferenza entre uns estados membro e outros é que algúns fixeron os seus deberes (en termos de reformas económicas e estructurais) antes do estoupido da crise mentres que outros usaron os primeiros anos do euro para gastar por riba das súas posibilidades.

Xa que logo, a ausencia de alternativas económicas que agora experimentan os países da periferia do euro é unha consecuencia auto-inflixida dun comportamento anterior irresponsábel, e mesmo fraudulento no caso de Grecia. Axudar agora aos países periféricos a saír dunha crise económica que se causaron a si mesmos sería correr o risco de que non aprendan a lección e volvan facelo no futuro (o que os teóricos chaman risco moral). Noutras palabras, sería como un cheque en branco para que no futuro cada estado membro faga o que lle pete sen atender ás súas posíbeis consecuencias negativas. Para evitar o risco moral, arguméntase desde o núcleo do euro, os países periféricos altamente endebedados que queiran axuda teñen que facer antes os seus deberes. Non hai alternativa á austeridade.

A idea de que non hai alternativa á austeridade é común á periferia e ao núcleo da Eurozona, pero nunha e outro se atribúe a causas opostas. Nos países da periferia, a falta de alternativa é vista como unha imposición estranxeira, doutros países, sobre a súa soberanía nacional. Nos países do núcleo, a falta de alternativa na periferia vese como algo auto-inflixido. As consecuencias políticas dun e outro punto de vista non son triviais. Para os países periféricos do euro, a responsabilidade pola situación presente na que se atopan recae nos países do núcleo do euro e nas institucións europeas en Bruxelas. Para os países do núcleo, a responsabilidade está toda ao lado dos países periféricos e o seu comportamento irresponsábel.

O problema que existe co punto de vista dos países periféricos non é tanto o que se afirma -posto que é certo que os cidadáns destes países non poden cambiar co seu voto a política económica- como o que se cala. Os gobernos nacionais dos estados membro xogan un papel dobre na Unión Europea, como ten argumentado soberbiamente Luuk Van Middelaar no seu recente libro The Passage to Europe (2013): por unha banda, xogan un papel en tanto que estados membro separadamente; doutra banda, xogan tamén un papel en tanto que estados membro conxuntamente.

En tanto que estados membro separadamente, os gobernos nacionais representan -e son responsábeis ante- os seus respectivos electorados nacionais e o seu obxectivo fundamental é a defensa dos intereses nacionais dos seus respectivos países. En tanto que estados membro conxuntamente, os gobernos nacionais non só son o principal órgano decisor da Unión Europea senón que, ademais, teñen a responsabilidade de levar á mesa conxunta (o Consello Europeo de Xefes de Estado e de Goberno) o consentimento dos seus respectivos cidadáns e/ou parlamentos ás decisións conxuntamente adoptadas por eles. Noutras verbas, e por resumir esta idea un pouco complexa, os gobernos nacionais dos estados membro levan postas dúas chaquetas simultaneamente e en todo momento, a nacional dos seus propios países e a da Unión Europea (isto é, o propio país cos seus socios).

Malia levar continuamente estas dúas chaquetas, polo mero feito de ser países membro da UE, non é así como os gobernos están contando as cousas en casa, é dicir, no propio país. Desde o estoupido da crise, os gobernos nacionais dos países periféricos do euro víronse con frecuencia tentados a saír á area pública levando só unha das dúas chaquetas, a do propio país, para así evitar asumir responsabilidades polo que fixeron mentres levaban posta a outra chaqueta, a europea, a conxunta. Os gobernos declaráronse impotentes perante os seus cidadáns, sometidos á tiranía económica da Troika, negándose a recoñecer o papel que eles mesmos (e gobernos anteriores, está claro) xogaron no transcorrer dos feitos.

Porén, os gobernos nacionais da periferia si teñen autonomía para decidir, aínda que só sexa polo facto de que reteñen a máxima expresión de poder soberano que hai, a súa capacidade para abandonar o club ao que pertencen (ou cando menos de ameazar con facelo). Ademais, os gobernos tamén poden intentar bloquear in extremis resolucións do Consello Europeo no caso de que estas representen unha ameaza existencial para o propio país (Van Middelaar 2013).

Os gobernos nacionais da periferia non usaron estas prerrogativas por medo aos riscos ou por debilidade e tomaron decisións conxuntamente cos seus socios das que son agora responsábeis ante eles. Agora tócalles conseguir o consentimento dos seus cidadáns e dos seus parlamentos a decisións nas que eles participaron pero que prefiren presentar en casa como imposicións. Durante a crise do euro, os gobernos da periferia quixeron seguir sendo parte da mesa conxunta de negociación, o Consello Europeo, pero non aceptaron que unha cadeira nesa mesa implica asumir a responsabilidade en relación ao que nesa mesa se decida. Cando están en casa póñense a chaqueta nacional e nin explican aos seus cidadáns por que é tan necesario ter un asento nesa mesa (isto é, pertencer á UE e ao euro), nin preguntan aos seus cidadáns se aínda queren ser parte dese club.

O problema co punto de vista dos países núcleo do euro tamén é o que calan. Do mesmo xeito que os gobernos nacionais da periferia, os gobernos do núcleo, cando están en casa, só poñen as súas chaquetas nacionais, e prefiren mostrar o menos posíbel aos seus cidadáns o que fan cando levan posta a chaqueta europea. O espiñento asunto de se os países periféricos fixeron o que fixeron antes da crise financeira animados por un deseño institucional do euro defectuoso, que fora decidido conxuntamente por todos os estados membro, incluídos os do núcleo do euro, e mentres estes mesmos países ollaban cara outro lado, déixase sempre nun segundo plano posto que é un asunto do que non se pode falar coa chaqueta nacional posta. A decisión de presentar ante os propios cidadáns o problema do risco moral como un problema fundamental a partir de 2010, pero non antes, non durante os dez anos anteriores de saltarse todos continuamente as regras de Maastricht, é unha decisión política, non tecnocrática. É unha decisión que responde a claros intereses nacionais dos países do núcleo, non a intereses conxuntos europeos.

Numerosas voces do activismo político, da academia e o xornalismo, e ata das elites económicas e políticas, culpan da actual democracia sen alternativas á vitoria da economía sobre a política, dos tecnócratas sobre os políticos. Se fose realmente así, como poderiamos explicar os efectos tan dispares que a mesma crise económica vai ter sobre as democracias nacionais da Eurozona se non é como consecuencia de decisións políticas, non só tecnocráticas? Non é a economía a causante do presente estado en que se atopan os países da periferia senón a política ou, máis exactamente, o manexo que os políticos fixeron da situación económica. É a política a causante, pero non só a política europea senón, fundamentalmente, a política nacional e, diría máis, a política nacionalista [chovinista] perseguida polos gobernos dos estados membro en defensa de intereses exclusivamente nacionais.

Certo é que a crise do euro deixou aos gobernos da periferia moi pouca discreción en materia de política económica e isto supón un problema enorme de lexitimidade democrática nestes países. Porén, a autonomía política dos gobernos non desapareceu por completo, como nos queren facer crer para exonerar as súas responsabilidades. A Unión Europea está gobernada polos seus estados membro conxuntamente a través de negociacións inter-gobernamentais no Consello Europeo. Isto é así agora máis que nunca. A Comisión é débil e o Parlamento Europeo aínda está estirando os seus músculos. Esta énfase inter-gobernamental deixa aberta a porta a respostas nacionais, e nacionalistas, ante a crise económica que seguimos padecendo. De feito, os estados membro, desde o estoupido da crise en 2008, comportáronse ignorando por completo os niveis de interdependencia económica dos países da Eurozona e a fraxilidade que se deriva diso. Se queremos que algún día a Unión Europea sexa realmente europea, responsábel ante todos os países europeos e sensíbel a todos os cidadáns europeos, os gobernos nacionais de todos os estados membro deberían comezar por escoitar aos cidadáns de toda a UE e non só aos propios. Pero iso non o farán ata que teñan un incentivo forte para iso e o actual deseño institucional da UE impídeo.

* Sonia Alonso é Investigadora no Centro de Investigación en Ciencias Sociais de Berlín (WZB) desde 2004 e doutora membro do Instituto Juan March desde 1998. Entre 1998 e 2004 ensinou e investigou nas universidades de Salamanca, Carlos III de Madrid, Instituto Universitario Xeneral Gutiérrez Mellado (UNED), St. Antony's College da Universidade de Oxford, e Royal Holloway College da Universidade de Londres. Os seus temas de investigación inclúen a descentralización política e o conflito nacionalista; os partidos políticos, en particular os partidos nacionalistas e rexionalistas; os procesos de democratización e a calidade da democracia; e a metodoloxía da análise de contido de textos políticos. O seu último libro é Challenging the State: Devolution and the Battle for Partisan Credibility (Oxford University Press, 2012).
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-01-2014 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Cristina Fernández: A súa historia familiar en Galicia e Cuba.
Cristina Fernández de Kirchner
Por: Lois Pérez Leira
loisperezleira@hotmail.com

A primeira viaxe da presidenta Arxentina Cristina Fernández, logo da súa última operación será Cuba, para participar no IIº cume da CELAC. Naquel país Cristina ten parte da súa historia familiar. O seu bisavó Antón Fernández López nacido na Fonsagrada, foi un prospero comerciante na illa. Outro veciño seu da comarca, Ángel Castro, pai de Fidel, será outro dos emigrantes que decidiron residir en Cuba.

http://www.kaosenlared.net/component/k2/item/78657-cristina-fern%C3%A1ndez-su-historia-familiar-en-galicia-y-cuba.html

Se tivésemos que escribir unha historia típica de inmigrantes, poderiamos elixir, sen dúbida ningunha, a historia familiar da presidenta da República Arxentina, a avogada Cristina Fernández. Polas súas venas transitan varias xeracións de inmigrantes galegos que decidiron residir en Cuba e na Arxentina. Tamén por parte dos seus avós maternos, as súas orixes están na outra beira do gran mar, que nos divide e achéganos ao mesmo tempo. A historia remóntase máis dun século e medio atrás, cando nacía, nas altas montañas da Fonsagrada (en Galicia), Antón Fernández López. Os pais de Antón eran campesiños, eles foron Manuel Fernández, nado en Masaeda; mentres que a súa nai, foi Josefa López, veciña de Castañoso. A aldea era un lugar máxico, onde hai algúns miles de anos os Celtas construíron unha vila termal, que aínda permanece no tempo. Como contaba Antón, o bisavó da presidenta Arxentina, naceu en 1852 no seo dunha familia campesiña da aldea de Mazaeda na Parroquia de San Pedro de Neiro, (Fonsagrada- Provincia de Lugo). Aquelas terras formaban parte do antigo Camiño de Santiago e eran o nexo de comunicación entre Asturias e o Reino de Galicia. A mediados do século XIV estes territorios caeron baixo o dominio dos Condes de Trastámara, pasando logo a mans do Conde de Altamira (no ano 1.480). Durante o século XIX, a historia de Fonsagrada está ligada á Guerra de Independencia contra os franceses e as Guerras Carlistas de 1.833 e 1.847. Co triunfo do réxime liberal, as condicións de vida dos fonsagradinos non cambiaron substancialmente. A loita social a favor da redención foral foi unha constante entre as súas xentes. As familias eran numerosas e a falta de terras propias, facía que miles de emigrantes partisen cara a América. Como outros veciños seus, na década dos 70 do século XIX, emigrou a Cuba. A derradeira colonia de España en América, necesitaba xente emprendedora, que quixese labrar un futuro a base de traballar duramente. As noticias que chegaban daquela illa eran moi alentadoras. Moitos partiran da pobreza máis absoluta e regresaran ricos. Aínda que tamén existían algúns perigos, pois os crioulos iniciaran algúns movementos independentistas que terminarían nos que se chamou a «Guerra de Cuba». Antón con outros veciños da aldea decidiran emigrar. Para iso contactaron por medio dun representante da navieira "A Trasatlántica", que percorrían as aldeas publicitando as próximas saídas de buques. Como os cartos que conseguira eran poucos, mercou un billete en terceira clase, para A Habana. ?A Trasatlántica? foi fundada en Cuba, en 1850, como a Compañía de Vapores Correos A. López polo empresario español Antonio López e López, cun vapor de 400 toneladas. En 1861 López consegue a concesión dos contratos de transporte de pasaxe e correo entre España, Cuba, Porto Rico e Santo Domingo, ao que se engadiu o traslado de soldados a Santo Domingo (1863-1865) e Cuba durante a Guerra dos Dez Anos (1868-1878). Días antes da data da partida do buque, Antón saíu da aldea rumbo ao porto da Coruña. O traslado fíxoo unha parte en dilixencia, e outra no tren que recentemente estaba sendo construíndo. Chegar ata o porto era unha verdadeira odisea. Antón levaba poucas cousas. Tan só unha maleta con roupa de verán, para os primeiros tempos. Ao chegar á cidade herculina aloxouse nunha fonda. Durante o tempo que o barco tardou en chegar, percorreu a cidade e por primeira vez puido contemplar o mar. Logo de embarcar os pasaxeiros e subir a carga a bordo, partiu o barco -que por aqueles anos xa era a vapor- para cruzar o gran mar. A travesía durou preto de 20 días, parando noutros portos, ata chegar á Habana.

Cuba 1870.

Cuba e Porto Rico eran as derradeiras colonias de España en América. Miles de emigrantes e funcionarios públicos, militares, xuíces, ... trasladábanse ata esta illa co fin de procurar unha situación económica máis prospera. A Habana por aqueles anos era unha cidade comercial e marítima moi importante. A súa situación xeográfica e o seu porto natural, convertérona na cidade de referencia do caribe. Mentres Galicia estaba sometida ao atraso e á pobreza. Desde a Provincia de Lugo milleiros de emigrantes trasladáronse desde os Portos de A Coruña e Vigo, ata Cuba. Entre os devanditos emigrantes estaba Antón Fernández. Os galegos que chegaban, colocábanse especialmente como empregados de comercio, mesmo podían poñer o seu propio negocio. Na maioría dos casos instalaban unha «bodega» de venda de alimentos, que na Arxentina chámanlle «almacén» e en Galicia «tenda de ultramarinos». Tamén houbo os que residiron no interior da illa, preto dos enxeños azucreiros ou traballaron nas obras publicas, especialmente na construción do ferrocarril. Eran tan numerosa a colonia galega en Cuba, que na mañá do 31 de decembro de 1871 xuntáronse no Teatro Albisu varias ducias de galegos para fundar a Sociedade de Beneficencia Naturais de Galicia. Uns anos despois fundaríase o Centro Galego da Habana en 1879. Aínda que Bos Aires era o destino maioritario dos emigrantes galegos, A Habana era especialmente o lugar preferido dos lucenses. De Fonsagrada tamén era oriúndo un dos personaxes, que se converteu nun símbolo da cidade da Habana, José María López Lledín, máis coñecido como «O Cabaleiro de Paris» (El Caballero de París). Tamén moi preto deste municipio a 60 quilómetros, en Láncara naceu Don Ángel Castro, pai dos Comandantes da Revolución Fidel e Raúl Castro Ruz. Don Ángel fixo o mesmo viaxe migratoria que don Antón. Ambos se radicaron e fixeron as súas fortunas en Cuba. Outros destacados políticos e artistas arxentinos teñen as súas raíces moi preto do pobo de Pascasio. O propio Secretario de Cultura da Nación Jorge Coscia, o seu segundo apelido é Fernández e as súas orixes están nos municipios de Castroverde e Cospeito, dúas vilas moi próximas a Fonsagrada. Outro Fernández neste caso «Guillermito», o famoso cantante de tangos, os seus pais son oriúndos de Navia de Suarna. Mentres que do outro lado da fronteira de Fonsagrada, aínda que neste caso na zona do Bierzo, naceron os avós maternos do cantante Ignacio Copani.

A historia do emigrante Antón

Antón Fernández cando se estableceu en Cuba comezou a traballar como cociñeiro dun fiscal do poder xudicial. Cando puido aforrar algún diñeiro, regresou á aldea, onde comezou a namorar con Rosalía Fernández Martínez. Rosalía era filla de Juan Fernández e de Francisca Martínez, ambos os dous veciños de Masaeda. Froito deste amor naceu o 3 de outubro de 1886 a súa primeira filla Dolores, aínda que por mor da ausencia do pai foi anotada como filla natural. Logo dalgúns anos deciden casar e legalizar a situación relixiosa. É así como contrae matrimonio o sábado 6 de abril de 1889, na Capela de San Roque. Antón tiña por entón 37 anos, mentres que a súa muller 31. Aquela mañá de primavera o párroco Andrés Branco de Fonsagrada foi o encargado de oficiar a misa do casamento. Ao mesmo tempo e nese mesmo acto relixioso foi recoñecida e asentada a primeira filla María Dolores. As testemuñas daquel esperado acontecemento foron Domingo Freijo e Francisco Pérez López. María Dolores xa tiña tres anos e aparecía como filla natural. Antón en todo ese tempo non puido regresar para formalizar a relación matrimonial. Mentres que o Pai Andrés, non cansaba de preguntar a Rosalía cando volvería Antón para celebrar o casamento e anotar á nena. Ese día non faltou ninguén na igrexa. A poucos metros da casa, cando finaliza a cerimonia, a familia dos noivos preparara un suculento cocido para todos os convidados. Naquela altura era moi común que as mulleres quedasen na aldea, entrementres o marido traballaba na emigración. Máis aínda cando se trataba de países demasiados calorosos, como era o caso de Cuba, parece que as mulleres non se adaptaban ben ao sufocante calor ou ás doenzas tropicais. Este era o «argumento machista» da época. O certo é que as mulleres quedaban criando os fillos, coidando dos anciáns, traballando a terra, coidando os animais e a casa da aldea. Mentres o marido traballaba na emigración e aproveitando mantiña unha vida sentimental paralela. Este era o segredo de familia que todos coñecían, pero do tema ninguén falaba. Así foi como no transcurso de 10 anos o matrimonio tivo 8 fillos. Antón anualmente regresaba a Fonsagrada para ver como a súa familia seguía crecendo. María Dolores como dixemos foi a primeira en 1886, daquela Eduardo nacerá en 1891, Manuel en 1892, Domingo en 1897, Pascasio en 1897, Claudina en 1899 e Severino en 1902. Todos naceron e viviron os primeiros anos na casa de Choa, para logo trasladarse a tan só cen metros a unha casa máis nova chamada a d'O Teso. Pascasio que sería o avó de Cristina Fernández nacera como todos os seus irmáns naquela perdida aldea de Mazaeda nas altas montañas de Fonsagrada, o 23 de marzo de 1897 e foi bautizado un día despois na igrexa de San Roque. Sería o Pai Andrés novamente o encargado de asistir relixiosamente a esta familia. Sendo os padriños de bautismo Leonardo López Fernández e a súa tía María. Don Antón, cada dous anos aproximadamente, regresaba á súa aldea natal para atender as cuestións familiares e coñecer aos seus novos fillos. Nunha daquelas viaxes de retorno Antón Fernández, aos poucos días de chegar de Cuba, faleceu en 1904 aos 52 anos de idade.

Bos Aires un destino predestinado.

Coa morte prematura de Don Antón, os fillos asumen as responsabilidades de axudar á súa nai. Malia iso a terra non daba para manter unha familia numerosa. As malas condicións de vida, lévanos a tomar a decisión de emigrar. Pascasio decidiu embarcar rumbo a Bos Aires. Outros dos irmáns que tamén marcharon á Arxentina foron Dolores e Claudina, mentres que Severino e Manuel emigran a Cuba. Foi así como Pascasio trasladouse ao Porto da Coruña á espera de embarcar. Nesta cidade alóxase durante varias noites, como o fixera o seu pai moitos anos antes, nunha pensión económica que estaba nos arredores do porto. O avó de Cristina, Pascasio María Fernández Fernández chegou a Bos Aires en 1920 cando tiña 23 anos. Logo foron chegando outros irmáns. María Claudina unha das máis novas, chegou con 26 anos o 14 de novembro de 1925 no transatlántico Cap Norte. Pascasio residiu en Bos Aires exercendo distintos oficios ata que decidiu marchar para vivir nas aforas da Cidade de La Plata. Pascasio estaba afeito aos traballos rurais, especialmente ao coidado do gando vacún destinado á produción do leite. Este labor realizouno na súa aldea de Fonsagrada, aínda que con poucas vacas. Tres anos despois arribou a súa noiva Amparo Fernández, con quen vai casar ao pouco tempo e marchan vivir a un tambo que Pascasio comprara en City Bell. Aquela zona rematouse recentemente. Os terreos pertenceran a unha estancia da Sociedade Anónima City Bell. As parcelas deses terreos destináronse a emprendementos hortícolas. Esta nova iniciativa terminou consolidando un pequeno núcleo poboacional na zona, chegando a ser nunha importante localidade da «ciudad de La Plata». O 6 de xuño de 1925 naceu o seu fillo Eduardo, pai de Cristina Fernández, logo nacerá Sara e moitos anos despois Osvaldo «Pilin». Durante o segundo goberno de Perón, Eduardo casa con Ofelia Wilhelm, nacendo deste matrimonio Cristina Elisabet. A actual presidenta dos arxentinos naceu en Ringuelet o 19 de febreiro de 1953, posteriormente naceu Giselle que é dous anos menor que ela. Nun recente libro escrito pola xornalista Sandra Russo: «A Presidenta, historia dunha vida», a propia Cristina Fernández cóntanos aspectos descoñecidos dos seus avós: ?Os meus avós paternos eran españois, viñeron cunha man atrás e outra diante pero moi traballadores e esforzados. Chegaron ter un tambo e unha posición moi boa. O meu pai levantábase cedo a muxir as vacas pero non lle gustaba traballar no campo, porque dicía que a terra quedaba moi lonxe dun e había que agacharse. Os meus avós tamén venderon a facenda e despois fixéronse floricultores. Sendo unha nena, aínda moi miúda, íaos visitar a City Bell que era unha zona rural e fitou os invernadoiros de flores. Eu críeme bebendo leite de vaca e a miña irmá tamén. A miña nai non podía aleitarme e todos os días os meus avós mandaban o leite fresco do tambo que en casa fervíase e diluíase. A eles íalles ben. Comezaron mercar terreos, esa tolemia dos inmigrantes polo ladrillo. Eran cinco irmáns e todos fixeron unha posición...Ao meu pai como non lle gustaba traballar no campo os meus avós compráronlle un colectivo da liña 3. Foi chofer do seu [bus]colectivo, despois comprou un par máis [de autobuses] e fíxose socio da empresa?. O pai da presidenta ao terminar a escola primaria empezou a traballar no tambo familiar. Como non lle gustaba o traballo rural, os seus pais Pascasio e Amparo, compráronlle a metade dun colectivo do Expreso City Bell, a antiga liña 3 que unía esa localidade coa «Ciudad de la Plata», e converteuse no chofer do interno 10. Os seus compañeiros de traballo recórdano como un home de faciana moi branca, pencoso, dunha gran contextura física. O seu compañeiros da liña chamábano «o Colorado» Fernández, a súa faciana era marcadamente celta, non podía ocultar as súas orixes galegas. As xornadas laborais naquela época eran intensas. Os condutores cobraban por volta e debían cumprir quendas de preto de 14 horas por día, unha semana durante o día e á seguinte pola noite. ?Ao «Colorado» non o asustaba traballar, era un «laburante». Aínda que tamén é certo que de mozo lle gustaba saír de noite e tiña moito éxito coas mulleres. Iso si, era súper responsable, sempre chegaba a horario e se saíra, nin se notaba?, lembraba un dos seus compañeiros de traballo que o coñeceu na súa etapa máis nova. ?Fernández -segue a relatarnos o seu amigo de traballo- foi un dos 23 socios que deron inicio á compañía, e o seu crecemento na empresa deuse a par dos demais. Durante moitos anos traballou como chofer, ata que chegou a ser dono de tres colectivos e, unha vez formada a cooperativa, cobraba a contía correspondente á súa cota parte?. A mediados de 1970 a comisión directiva do Expreso, integrada por Miguel e Pinamonte Valente, Francisco Dei Girolamo e Carmelo Alico, entre outros, elixiuno xefe de persoal, cargo que ocupou ata a súa morte, o 26 de abril de 1982. Un par de anos antes os médicos tíñanlle diagnosticado un cancro de pulmón. Era un gran fumador, consumía máis dun paquete de Jockey longos por día e cando enfermou tivo que faltar ao traballo, algo que non fixera en máis de 30 anos de carreira. Logo da súa morte a súa dona fíxose cargo da súa participación na empresa, ata a súa creba en decembro de 2004. Quen compartiron con el longas horas nas primeiras terminais con talleres propios que a empresa tivo detrás do Hospital Español na rúa 8, recórdano como un home de carácter forte e irritábel. ?Non era maleducado, de dicir malas verbas, pero si, como din no crioulo arxentino, «calentón». Cando se anoxaba podía berrar no medio da rúa, ou agarrarse a trompadas con algún no traballo?. Conclúe un ex-socio do «Colorado». Logo agrega Cristina na súa conversa con Sandra Russo: ?eu teño moitas cousas do meu pai. Teño a mordacidade do meu papá. A miña mamá non ten sentido do humor é mais a miña mamá non entende os chistes e ás veces moléstanlle. Papá era un mordaz observador e moi intelixente. Nunca vou esquecer cando lle dixen que ía casar con Néstor. Iamos no seu auto, porque el sempre me levou ao colexio primeiro e despois moitas veces aos lugares aos que eu ía estudar. Ese día díxenlle «vou casar». El case non coñecía a Néstor e díxome. Vas casar?. Repara que o matrimonio non é como eses vestidos teus que cando os pos e non che gustan como sentan no teu corpo cámbialos por outros. Vos estás segura do que vas facer? e eu contesteille: «Si». Esa foi toda a conversa. Non se falou mais. Cando Néstor entrou por primeira vez a casa con aqueles anteollos e a campeira verde papá díxome despectivamente: «este parece que recentemente baixase do monte». Eu creo que o vía parecido aos da JTP que manexaban nese momento a UTA e era cos que el lidaba como empregador, porque xa era socio da empresa?. Daquela a historia de Cristina Fernández e do seu marido Néstor Kirchner é coñecida pola maioría dos lectores. A súa proxección política convértena nunha das personalidades máis importantes da política mundial.



Bibliografía consultada:


* Russo, Sandra; ?La Presidenta, historia de una vida?, Editorial: Sudamericana. Buenos Aires 2012.

* Carlos Forte, Tribuna de Periodistas.

* Benigno Lázare, La Voz de Galicia.

* Susana Rodríguez / El Progreso (Lugo)

* Testemuño de familiares de Cristina Fernández en Fonsagrada.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-01-2014 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
CEA DE NOVA ESQUERDA GALEGA
O camarada PUCHO
Nova Esquerda Galega (NEG) quere convidarte á cea de homenaxe e despedida do noso compañeiro Pucho, militante do partido e destacado activista pola memoria de 1936.
O acto cea de homenaxe realizarase este vindeiro venres dia 24 de xaneiro de 2014 ás 20 horas na casa situada no camiño do Sobreiro nº 85. Vigo. (a 100 metros da avenida Martínez Garrido).

Confírmanos a túa participación nos teléfonos de contacto de Óscar Lomba y Lois P. Leira. 696983948 (Óscar) 669210608 (Lois). Prazas limitadas. Reservar e confirmar asistencia.

Prezo: de balde (gratis).
Menú churrasco e chourizos.

Localización:
https://maps.google.es/maps?hl=gl&gbv=2&q=cami%C3%B1o+do+Sobreiro+n%C2%BA+85.+Vigo.&ie=UTF-8&hq=&hnear=0xd2f627d934827b1:0x838ad53267c35ffb,Cami%C3%B1o+Sobreiro,+85,+36205+Vigo,+Pontevedra&gl=es&ei=mu7gUrbqLqKX1AWOkYCABA&ved=0CB4Q8gEoATAA
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2014 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
PODEMOS, A ANOVA ARTELLADORA DUNHA AGE/SYRIZA DE ÁMBITO ESTATAL
Javier Caso Iglesias* Por Javier Caso Iglesias | Analista Político e Activista Social

http://javiercasoiglesias.blogspot.com.es/2014/01/podemos-la-anova-articuladora-de-una.html

Creo que PODEMOS está facendo moi ben as cousas. En dous días, desde que foi presentada a súa iniciativa, conseguiu máis de 63.000 apoios; para mostra as reaccións que está tendo noutras forzas políticas este avultado respaldo cidadán a PODEMOS, por exemplo en Izquierda Unida (IU) estanse decantando, a pasos axigantados, que teñen que mover ficha e cambiar de paradigma; pois xa non vale facer as cousas desde o "aparello" e á marxe da cidadanía.

Desde hai moito tempo veño dicindo que para que sexa posíbel unha AGE a nivel estatal necesitabamos unha ANOVA do mesmo ámbito que a impulsase, os da "operación coleta" xurdiron por ser necesarios, pois había que dar resposta ao que a xente pide na rúa; e a rúa pedía conformar unha AGE a nivel estatal para non quedarse no balbordo permanente sen máis; e simplemente iso é o que se vai a facer, unha AGE Estatal cunha ANOVA do mesmo ámbito. A ANOVA chámase PODEMOS e o seu obxectivo, como así o manifestou, é crear unha candidatura única e non excluínte para as eleccións europeas moi participada pola cidadanía. Varios sectores de IU xa responderon favorablemente á iniciativa, o mesmo ocorre en relación a EQUO, coas CUP, con COMPROMÍS, con CHA, con MÉS e con ANOVA como se pode apreciar nas redes sociais.


Algúns levamos tempo intentando conformar esa ANOVA de ámbito estatal: Intentámolo en Construíndo A Esquerda (CLI), intentámolo con SUMA, coa Asemblea 14D e, ao final, conseguímolo a través de PODEMOS.


Os intentos anteriores a PODEMOS, con ser moi loábeis e eu ser moi respectuoso con eles, quedáronse nun quero e non podo; e o apoio cidadán solicitado por PODEMOS é o algodón que mostra esta evidencia.


Como diría o meu admirado Carlos Marx: "As ideas só xorden cando xa se dan as condicións materiais para a súa realización". E a idea agora debe de ser esa AGE, esa Syriza non excluínte de ámbito estatal na que esteamos todos: IU, ANOVA, PODEMOS, COMPROMÍS, CUP, CHA, MÉS, EQUO, ICV, ... Unha Syriza sen hexemonismos nin patrimonialismos.


Creo que a iniciativa SUMA, impulsada por IU, tamén debe de reflexionar con sinceridade e tranquilidade consigo mesma para descubrir por que, estando chamada a selo, non puido transformarse nese PODEMOS que agora puxa con forza por artellar esa fronte ampla non excluínte de forzas rupturistas.


Como dicía hai uns días, no momento actual non podemos aferrarnos a posturas excluíntes ou patrimonialistas, pois estas pódense volver en contra; en especial en contra de IU. Imaxinemos, para abundar nisto que digo no seguinte: Si IU rexeitase a xenerosa proposta de PODEMOS e esta fose sensíbel de ser apoiada por EQUO, COMPROMÍS, CHA, MÉS e ANOVA; é probábel que PODEMOS, de ter que competir electoralmente con IU (aínda que non fóra, como non o é, o seu desexo), obtería máis votos que IU.

De ocorrer isto, o máis probábel é que nas próximas eleccións xerais mesmo ICV abandonaría a compañía de IU como socio electoral. Moitas voces dentro de ICV xa están suscitándose este escenario, pois, de facto ICV forma parte do Grupo dos Verdes / Alianza Libre Europea e non do PE (Partido da Esquerda Europea) como IU.


Penso que esta realidade xa se está tendo en conta no seo de IU, é por iso que a vemos ir cambiando de opinión e ir aceptando o evidente.


Como sempre digo estas son as miñas ideas que deixo ao voso mellor criterio.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2014 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
Debate organizado pola Plataforma polo Dereito ao Aborto de Vigo
A Plataforma polo Dereito ao Aborto de Vigo organiza un debate o vindeiro día 22 de xaneiro na Casa da Cultura Galega ás 19h.
No debate falaran:
Isabel Blanco, Feminista e Xinecóloga
Helena Embade , Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto
Agardamos contar con a sua presenza
Acude e Difunde
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-01-2014 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas pola Memoria Democrática
No Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do CUVI, darán comezo o martes día 21 ás 16 horas As Xornadas Pola Memoria Democratiza.
A sesión de apertura leva por titulo "A longa noite de pedra do franquismo" e nela participarán representantes de diversas organizacións.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-01-2014 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Acto sobre a figura de Celso Emilio Ferreiro
Acto sobre Celso Emilio Ferreiro
O vindeiro 22 de xaneiro de 2014 ás 19:30 horas na Casa do Libro, na rúa Velázquez Moreno nº 27. de Vigo, terá lugar unha Mesa Redonda baixo o tema ?Un Poeta Galego en Venezuela?

Inservirán:

? Xesús Alonso Montero (Presidente da Real Academia Galega e escritor)
? Luis Ferreiro (Director da Fundación Celso Emilio Ferreiro)
? Xosé María Álvarez Cáccamo (Poeta)
? Presenta: Gustavo Luca de Tena

Poemas de Celso Emilio Ferreiro recitados por Carmeliña García


Organiza: Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chavez
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-01-2014 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
A proposta de Pablo Iglesias
http://www.politica24h.com/noticia.php?noticia=9231

Aos poucos minutos de comezar a rolda de prensa deste novo proxecto da Esquerda, a súa hashtag #ahorapodemos converteuse en TT (Trending topic) na rede social Twitter, onde miles de internautas leron e participaron ansiosos de máis información. A web preparada para conseguir as 50.000 peticións esixidas polos organizadores para que este proxecto siga cara adiante, viuse sobordada desde primeira hora e o seu servidor, que non foi quen de soportar tantas entradas ao mesmo tempo caeu constantemente durante toda a mañá.
Doutra banda, no lugar da rolda de prensa a afluencia de persoas foi tan multitudinaria que moitos cidadáns tiveron que quedar de pé na rúa e o propio Pablo Iglesias saíu ao terminar para falar cos asistentes e debater con eles.
Semella que este novo proxecto pode ser capaz de entusiasmar a moitísima xente da Esquerda que perdera a esperanza de alcanzar os seus obxectivos por medio da democracia. Teremos que observar como xestionan de aquí ás europeas a comunicación nos grandes medios que tan ben parece manexar Pablo Iglesias, porque aínda que o uso de Internet e das redes sociais incrementouse moito no noso país aínda queda unha gran parte da poboación fóra destes usos.

- - - - -

É hora de que se escoite a voz da xente, entre todos podemos cambiar as cousas. Axúdasnos a reunir 50.000 avales?

http://www.podemos.info/
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2014 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Carta de apoio e felicitación de NEG aos asinantes do MANIFESTO
SOCIALISMO DE ESQUERDA. (Cartaz de NEG)
CARTA DE NEG

Prezados/as amigos e amigas:

Apreciamos que as necesidades de reprodución do sistema e un novo atrevemento político dos sectores dominantes afonda a transnacionalización produtiva, incrementado e intensificando a uniformización das culturas e unificando os mercados financeiros internacionais. Concibimos novas fronteiras nas que algúns estados-nación gañan progresivamente o control sobre novos espazos de poder, ademais vemos tamén certos recortes nos dereitos colectivos e nas posibilidades de gobernabilidade soberana das comunidades nacionais que son oprimidas por políticas recentralizadoras dos grandes estados. Vemos un inmenso deserto ateigado de lixo, vertidos contaminantes, refugallos e desfeitos por todas as partes. Contemplamos unha morea de cárceres e prisións. Observamos países que son sometidos e mesmo esmagados por grandes multinacionais dirixidas por bandas de criminais e facinorosos. No noso pesadelo medra o desgoberno provocado pola alianza entre as xefaturas de grandes potencias e un feixe de corporacións multinacionais que se aproveitan da inestabilidade que viven certos estados e das asimetrías de poder. Divisamos situacións que cohabitan como problemas irresolúbeis e que se retroalimentan entre si. Albiscamos a grave deterioración ambiental, o agrandamento da fenda entre os países ricos e pobres, o maltrato e discriminación de miles de mulleres, tamén distinguimos centos de embarcacións intentando atravesar o Estreito e masivos fluxos migratorios cara a países máis desenvolvidos, tamén a incapacidade das institucións internacionais (como a ONU) ante a corrupción, as novas guerras "perpetuas" contra o terrorismo ou as flagrantes tácticas contra os dereitos humanos como as que se aplican en Palestina, Irak ou Siria , mais tamén advertimos a miles de mozos organizados na rúa. Loitando por unha democracia real xa!. Organizados en ONGs, defendendo a natureza, loitando contra o cambio climático ou manifestándose contra a globalización e o capitalismo desde Porto Alegre ata Pittsburg pasando por Seattle, Madrid, Bangkok, Wáshington, Praga, Xénova, Gotemburgo, Barcelona, Salzburgo ou Rostock.
Cremos que é o momento de artellar unha candidatura ás eleccións europeas que sirva para erixir unha verdadeira alternativa anticapitalista e que se apoie sobre un movemento cidadán e horizontal para defender os intereses da maioría social.

Por iso queremos felicitar a Pablo Iglesias e ao resto de asinantes do Manifesto ?Mover ficha?.

Parabéns e contade con todo o noso apoio,

Lois Pérez Leira
Óscar Lomba Álvarez
(Co-Voceiros de Nova Esquerda Galega)


Vigo, 16 de xaneiro de 2014
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2014 07:20
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto Mover ficha: converter a indignación en cambio político (*)
MANIFESTO:

Do mesmo xeito que noutros momentos da historia, vemos hoxe un continente europeo sumido na perplexidade. Mentres as maiorías ollan con nostalxia o pasado perdido, unhas poderosas minorías, sen outro criterio que a súa propia supervivencia, demostran que o enriquecemento é a súa bandeira e a impunidade o seu horizonte. Nunca en Europa houbo tanta xente descontenta coa perda de dereitos e, ao tempo, menos perspectivas de poder canalizar esa indignación por medio dalgunha opción electoral que emocione e que, ao tempo, demostre capacidade de representación das maiorías golpeadas e capacidade de xestión eficiente e comprometida que faga reais as mellores opcións posíbeis. Resulta para moitos intolerábel que na maior crise do sistema desde o crack de 1929, as forzas que se din progresistas mostren a súa maior debilidade, condenando ás maiorías dos nosos países a unha sorte de melancolía que conduce á resignación e á depresión política. Mais pasamos por peores momentos e fomos capaces de sobrepoñernos ás dificultades. Por que agora debe ser diferente?

As eleccións ao Parlamento Europeo vanse celebrar nun momento de profunda crise de lexitimidade da Unión Europea. No noso caso, estamos diante da maior perda de credibilidade do réxime nado coa Constitución de 1978. Movementos de indignación política como o 15M conectaron cunha clara vontade popular: non sacrificar máis dereitos no altar duns mercados guiados pola especulación e a rapina. A impotencia ou renuncia de responsabilidades dos Gobernos, a incapacidade voluntaria dos partidos políticos de goberno, a conversión dos Parlamentos en órganos burocráticos e sen capacidade política e o desconcerto dos sindicatos deixaron á cidadanía abandonada á súa propia sorte. Como en tantos outros países, a perplexidade está sendo utilizada para converter as débedas privadas en públicas, para traspasar a grupos particulares os bens comúns erguidos durante décadas e para dedicar os derradeiros recursos públicos ao financiamento de intereses empresariais particulares e estreitos. Estamos ante un golpe de Estado financeiro contra os pobos do sur da Eurozona. Os que mandan están vendendo o país e o noso futuro a anacos. O aumento da represión (con leis máis autoritarias, incremento das multas nun escenario de empobrecemento económico e, mesmo, dificultades para o exercicio de dereitos civís e políticos) termina de completar unha paisaxe dominada polo agravamento das desigualdades sociais e de xénero e unha maior depredación dos recursos naturais. Non é estraño o pesimismo e o derrotismo que parecen mostrar sectores aos que, con todo, bastaralles unha faísca de ilusión para saír desa trampa da desesperanza.

As leis de seguridade cidadá (que converten en delito as formas de protesta inauguradas polo 15M), o regreso da represión contra a liberdade das mulleres, o mutilamento da democracia nos ámbitos políticos locais, o maior control dos medios de comunicación ou o control da xudicatura queren crear un escenario onde o medo suspenda a democracia. Formas que camiñan cara a réximes autoritarios envoltos en procesos electorais cada vez máis baleirados de contido. Ten sentido que o 90% da poboación que está sufrindo estas políticas non se dote de ferramentas para crear un futuro máis luminoso?

Pero non é certo que esteamos instalados na derrota. Malia eses intentos, vemos que ese valado non é infranqueábel e que, desde abaixo, é posíbel frear estes procesos de involución das nosas democracias. Hoxe é unha realidade a nosa esixencia dunha política que regrese ás rúas, que fale como a maioría da xente que está farta, é máis real que nunca a nosa esixencia dunha maior xenerosidade aos representantes, dunha maior horizontalidade e transparencia, dun regreso dos valores republicanos da virtude pública e a xustiza social, do recoñecemento da nosa realidade plurinacional e pluricultural. Había décadas que non era tan real o noso desexo de tomar nosas propias decisións e responder a nosas propias preguntas. A casta condúcenos ao abismo polo seu propio beneficio egoísta. Só da cidadanía pode vir a solución, como viñeron a protección do emprego, a defensa das familias freando desafiuzamentos ou a garantía dos servizos públicos, pequenas pero significativas vitorias. A mobilización popular, a desobediencia civil e a confianza nas nosas propias forzas son imprescindíbeis, pero tamén o é forxar chaves para abrir as portas que hoxe queren pecharnos: facer chegar ás institucións a voz e as demandas desa maioría social que xa non se recoñece nesta UE nin nun réxime corrupto sen rexeneración posíbel.

Nas próximas eleccións ao Parlamento Europeo é necesario que haxa unha candidatura que se ofreza á onda de indignación popular que abraiou ao mundo. Alegrámonos do avance das forzas da esquerda, pero somos conscientes da necesidade de facer algo máis para poñer en marcha os cambios que necesitamos. É tempo de valentía e de non deixar que se peche a fiestra de oportunidade que o compromiso de tanta boa xente abriu. Necesitamos unha candidatura unitaria e de ruptura, encabezada por persoas que expresen novos xeitos de relacionarse coa política e que supoña unha ameaza real para o réxime bipartidista do PP e do PSOE e para quen secuestraron a nosa democracia. Unha candidatura que some á capacidade de xestión do público, a capacidade de involucrar ás maiorías na configuración do seu propio futuro. Unha candidatura que dea resposta a esa mocidade á que se convida a abandonar outra vez o país, a uns traballadores que ven minguados día a día os seus dereitos, unhas mulleres que teñen que volver reclamar o obvio, unhas persoas maiores ás que semella non terlles bastado loitar e traballar toda unha vida. Unha candidatura que avance desde os espazos xa conseguidos e que logre avanzar máis aló da parálise actual. Unha candidatura que mova ficha para converter o pesimismo en optimismo e o descontento en vontade popular de cambio e apertura democrática.

Para mover ficha precisamos:

1.Unha candidatura pola recuperación da soberanía popular: é a cidadanía a que ten que decidir, non a minoría egoísta que nos trouxo ata aquí. Primeiro van as necesidades da xente. A austeridade e os recortes afogan a economía e as nosas vidas.Hai que derrogar o artigo 135 da Constitución española e unha moratoria para levar adiante unha auditoría cidadá da débeda que determine que partes da mesma non son lexítimas; as débedas ilexítimas non se pagan. É necesario unha política alternativa que estableza un imposto sobre as transaccións financeiras e o control sobre o movemento de capitais, e asemade a nacionalización da banca privada. As administracións que no noso país asumiron as receitas da austeridade son a proba da inutilidade das mesmas para resolver os problemas da xente. Queremos unha candidatura que se opón xa que logo aos recortes que en nome da austeridade aplican os Goberno do PP no Estado mais tamén os do PSOE e outros partidos nas diferentes Comunidades Autónomas. Queremos outra Europa, xusta, a dos dereitos e a democracia, non a da rapina e o desprezo aos pobos.

2. Unha candidatura que, fronte a uns gobernos ao servizo da minoría do 1% reivindique unha «democracia real» baseada na soberanía dos pobos e no seu dereito a decidir o seu futuro libre e solidariamente. A democracia non nos dá medo ás e os demócratas; estamos encantados e encantadas de que escoceses e cataláns poidan falar e dicir que futuro desexan. Xa que logo, que apoia a celebración da consulta convocada en Catalunya para o 9 de novembro.

3. Unha candidatura que defenda os salarios e pensións dignas, unha fiscalidade progresiva para que paguen máis os que máis teñen, que persiga a fraude fiscal, que rexeite os despedimentos en empresas con beneficios, e que aposte polo reparto de todos os traballos,incluído o traballo doméstico e de coidados non remunerado. É fundamental defender condicións de traballo dignas para unha mocidade condenada á precariedade eterna ou ao exilio.

4. Unha candidatura polo dereito á vivenda digna. Hai que impulsar un parque de vivenda pública, así como un modelo de alugueiro social seguro e digno. Pódese e débese terminar co drama humano dos desafiuzamentos, paralizándoos todos e aprobando a dación en pagamento retroactiva, como esixe a Plataforma de Afectados pola Hipoteca.

5. Unha candidatura que rexeite todas as privatizacións de servizos públicos e bens comúns: a educación, a sanidade, a xustiza, o transporte, a información, a vivenda ou a cultura, que defenda a reversión das mesmas e aposte pola súa xestión democrática. Son dereitos e deben estar baixo control público. Unha candidatura que defenda unha democracia radical onde os referendos vinculantes e as ILP formen parte destacada dun novo ordenamento xurídico tras un proceso constituinte.

6. Unha candidatura que combata a violencia machista e defenda o dereito das mulleres sobre o seu propio corpo e, polo tanto, o dereito a decidir se queren interromper ou non o seu embarazo. E que defenda así mesmo a liberdade de orientación e identidade sexual contra toda forma de discriminación e homofobia. Unha candidatura polo inquebrantábel dereito a ser e amar como se queira.

7.Unha candidatura que aposte por un cambio de modelo produtivo que estea ao servizo das persoas a través dunha reconversión ecolóxica da economía, pola nacionalización e socialización das empresas enerxéticas e pola soberanía alimentaria.

8. Unha candidatura que defenda os dereitos de cidadanía para todos e todas e esixa a derrogación das leis de extranxeiría. Unha candidatura para un país onde todas e todos sexamos cidadáns e ninguén sexa invisíbel, presa da sobre explotación, a persecución ou a marxinalidade pola xenofobia institucional.

9. Unha candidatura que rexeite as intervencións militares, que defenda a saída da OTAN e sexa firme defensora das relacións solidarias entre os pobos.

10. Unha candidatura que sexa o resultado dun proceso participativo aberto á cidadanía, na elaboración do seu programa e na composición da lista paritaria,baseada nos criterios de presenza de activistas sociais, políticos e culturais, con rotatividade de cargos e ingresos equivalentes ao salario medio. Unha candidatura con compromiso de transparencia e rendemento de contas, cuxos recursos financeiros sexan independentes da banca privada e dos «lobbies».

Quen asinamos este manifesto estamos convencid@s de que é o momento de dar un paso cara adiante e de que dándoo ímonos a atopar moit@s máis. Os de arriba dinnos que non se pode facer máis nada que resignarse e, como moito, elixir entre as cores de sempre. Nós pensamos que non é tempo de renuncias senón de mover ficha e sumar, ofrecendo ferramentas á indignación e o desexo de cambio. Nas rúas repítese insistentemente "Si se pode". Todos e todas nós dicimos: " Podemos".

(*) A lista de asinantes esta formada por Pablo Iglesias Turión, profesor de Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid; Juan Carlos Monedero, profesor de Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid; o actor Alberto San Juan; Jaime Pastor, profesor de Ciencias Políticas na UNED; o escritor e filósofo Santiago Alba Rico; Cándido González Carnero, sindicalista, ou Bibiana Medialdea, profesora de Economía na UCM, Jaume Asens (avogado), Albano Dante-Fachin (editor da revista Café amb Llet), Santiago Alba Rico (filósofo), Jorge Riechmann (poeta, activista ecoloxista ), Jaime Pastor ( Profesor CC. Políticas UNED), Cecilia Salazar-Alonso (activista da Marea Verde-Madrid), Teresa Rodríguez (profesora de secundaria, delegada sindical e parte de Marea Verde Andalucía), Francisca Camacho (limpiadora da Universidade de Cádiz e delegada sindical), Laura Mingorance (estudante da Universidade de Cádiz e parte da Asociación Estudiantil Contra a Precariedad), Jesús Jaén (activista da Marea Blanca-Madrid), Carmen San José (activista da Marea Blanca-Madrid), Javier Cordón (activista da Marea Blanca-Madrid), Sixto Casado (sindicalista ferroviario), Antón Gómez Reino-Varela (activista social), Elena Maeso (activista da Oficina Precaria), Tristán Meyer (La Tuerka), Bibiana Medialdea (Profesora de economía da UCM), Olga Abasolo (socióloga), Raimundo Vello Viñas (Profesor de Ciencias Políticas da UdG), Germán Cano (Profesor de Filosofía da O. de Alcalá), Rita Maestre (estudante) e Alejandro García (delegado sindical en McDonalds).
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2014 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0