Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Caso Scala: unha montaxe policial contra o anarquismo
Caso Scala: unha montaxe policial contra o anarquismo

Interesante documental:


http://info.nodo50.org/Caso-Scala-un-montaje-policial.html
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2014 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPAÑA POR UNHA CUBA SEN O BLOQUEO DOS EEUU NO 2015
POR UNHA CUBA SEN BLOQUEOCAMPAÑA POR UNHA CUBA SEN O BLOQUEO DOS EEUU NO 2015

A asociación Cubano - Galega Haydée Santamaría quere manifestar a súa ledicia pola liberdade dos patriotas liberados hai pouco tempo polo gobernos dos EEUU e asemade polo restablecemento das relacións diplomáticas entres os dous pobos irmáns.
Agora os 5 poderán estar coas súas familias e co noso pobo gozando destas festas á espera que o 2015 sexa o ano que EEUU por medio do seu presidente Obama termine co inhumano bloqueo ao noso país. Como dixo o propio presidente norteamericano as sancións económicas non serviron para nada. Para nós significaron o sufrimento de varias xeracións de cubanos e a imposibilidade de ter un mellor desenvolvemento económico e social.
Esta decisión é froito en primeiro lugar da loita constante do noso pobo e o noso goberno antes presidido por Fidel Castro e na actualidade por Raúl Castro, coma tamén por mor da solidariedade internacional, especialmente de toda América Latina a través da CELAC, UNASUR, o ALBA, MERCOSUR. foi moi importante a intermediación en primeiro lugar do Presidente do Uruguai José Mujica que na súa entrevista co presidente Obama solicítoulle contundentemente a necesidade desta decisión. Mais tamén hai que salientar a intermediación nesta última etapa dos gobernos de Canadá e o propio papa Francisco.
A importante e valente decisión de Obama require que dea un paso máis e de xeito inmediato para que o Congreso do Estados Unidos de América termine de levantar o bloqueo económico. E hai que dicer que o goberno dos EE.UU. ten os mecanismos necesarios para facer realidade este reclamo da comunidade internacional.
A nosa Asociación malia ser apartidaría e plural desde a súa fundación asumiu a loita contra o bloqueo como unha actitude patriótica e humanitaria. Por que devandita medida afecta ao conxunto de todos os cubanos e posterga o futuro das presentes e futuras xeracións de cubanos e cubanas.
Por iso dedicaremos todo o ano 2015 para realizar distintas campañas para lograr este obxectivo. Por iso convocamos á cidadanía cubana residente en Galicia, ao noso irmán pobo galego, aos seus partidos e institucións e ao conxunto das organizacións sociais e culturais que nos axuden aportando desde Galicia tan solidario apoio. Deste xeito estaredes contribuíndo a fortalecer o noso modesto esforzo para lograr tan importante obxectivo humanitario.
Ningún pobo do mundo debe ser bloqueado. O único bloqueo debe ser o que se faga ás guerras, á fame, ás doenzas evitábeis, ao analfabetismo... Queremos un continente americano libre de guerras e cheo de fraternidade e de paz.
Os cubanos martianos que residimos en Galicia e o resto de amigos de Cuba, asumimos este histórico compromiso coa ledicia e a seguridade de que o noso pobo volverá triunfar.

Por un 2015 sen Bloqueo a Cuba!!!!!
Con Martí como guía venceremos!!!!!


Vigo, 21 de decembro 2014.




Jamari Llanes Valdés
Presidenta.
Tel de contacto: Tel 630005960.

Lois Pérez Leira
Secretario.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2014 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
AFECTADOS POLA HEPATITE C DE TODA GALICIA CONSTITÚEN UNHA PLATAFORMA
Plataforma de Afectados pola Hepatite CAFECTADOS POLA HEPATITE C DE TODA GALICIA CONSTITÚEN UNHA PLATAFORMA


Na tarde de onte celebrouse en Vigo a Asemblea Constituínte da "Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C" na que participaron afectados e afectadas procedentes de diversos lugares de Galicia.

Logo de case un ano de espera para que o Ministerio de Sanidad, Asuntos Sociales e Igualdad, incluíra as novas terapias de alta eficiencia no catálogo de medicamentos da Seguridade Social española, a alarma estendeuse entre os/as afectados/as ao recibir as denegacións de acceso ao tratamento das primeiras solicitudes cursadas polos profesionais sanitarios, que afectan aos casos máis avanzados e graves de enfermidade.
Ante esta situación na que é a nosa vida a que está comprometida non temos outra alternativa que denunciar a situación publicamente e organizarnos, unidos ao resto de afectados/as do resto do Estado, para conseguir canto antes o acceso dos/as doentes a unha medicación que cura nun alto porcentaxe de casos.
Neste sentido, unímonos as reivindicacións da Plataforma de Afectados por la Hepatitis C que se encontran actualmente pechados no Hospital 12 de Octubre en Madrid, e facemos nosas ás súas reivindicacións.
A Hepatite C é unha enfermidade que afecta en España a unhas 750.000 persoas. Os seus efectos son devastadores, sendo a primeira causa de carcinomas hepáticos e responsable de unha boa parte das cirroses hepáticas. O tratamento convencional ata agora, baseado na administración de Interferón en combinación con outros fármacos, ademais de producir graves efectos secundarios, fracasa nunha proporción importante de casos. As persoas que non conseguen curar a enfermidade, quer por intolerancia quer porque este lles resultou ineficaz, ata agora non tiñan alternativa terapéutica á espera de que o seu cadro se agravase ata o punto de ingresar nas listas de transplante hepático.
A finais do ano 2013 a FDA (Axencia Norteamericana do Medicamento) e a Axencia Europea do Medicamento deron luz verde á comercialización de novos fármacos, particularmente o Sofosbuvir (comercializado por Gilead baixo o nome comercial de Sovaldi). Este novo medicamento ten unha eficacia demostrada nas fases clínicas previas a súa comercialización de ata o 95% en algúns dos xenotipos do VHC. Inmediatamente as sociedades médicas que agrupan aos especialistas en hepatoloxía e os colectivos de doentes carentes de tratamento pediron que se dispense este fármaco no sistema público de saúde.
No mes de agosto pasado, Ana Mato, daquela Ministra de Sanidade, facía unhas declaracións en Santiago afirmando que esta medicación ía ser dispensada xa nos centros públicos. Desde aquela a triste realidade foi unha sucesión de declaracións en positivo desde o Ministerio que nunca se trasladaron á práctica. Moi poucas persoas afectadas por esta doenza tiveron a oportunidade de acceder a ela. Recentemente temos visto como se lle concedeu a algún enfermo despois de folgas de fame protagonizadas por familiares. Agora mesmo, os/as compañeiras da Plataforma de Madrid levan tres días pechadas no Hospital 12 de Octubre, esixindo que se lle administre a seis enfermos, algún deles ingresado en situación xa de moita gravidade.
O máis grave desta situación é que as persoas ás que non se nos está dando o tratamento témolo prescrito polos nosos médicos especialistas. E o que é peor: poderiamos mercalo se pagásemos o seu prezo libre (uns 50.000 euros). Por primeira vez desde que neste país existe un sistema público de saúde, acceder ou non a un tratamento do que depende a propia vida só é unha cuestión de ter ou non capacidade económica. Cada día que a solución se demora, esta chega tarde para unhas 10 persoas, o número medio de vidas que se cobra a Hepatite C en España (3.400 mortes en 2013, segundo datos da Asociación Española de Estudios de las Enfermedades Hepáticas; a mesma asociación aglutinadora dos médicos especialistas en Hepatoloxía que onte facía un comunicado criticando desde o punto de vista científico o documento de "Estrategia de Priorización para el Tratamiento de la Hepatitis C" do Ministerio de Sanidade por dificultar o acceso ás novas terapias curativas e concluír afirmando: "En el momento actual la AEEH se ve obligada a recomendar explícitamente a sus asociados NO seguir las recomendaciones incluidas en el documento ministerial."
Convidamos a todas as persoas de Galicia afectadas por esta situación a integrarse na Plataforma, para poder traballar xuntas en defensa do noso dereito a algo elemental: unha oportunidade de seguir vivindo. Por outra parte, pedimos á sociedade galega en xeral que apoien a nosa loita contra os recortes que matan persoas. Se permitimos que se instaure este precedente, mañá pode ser calquera outra terapia que a administración considere "cara" a que deixe de prestarse con carácter xeral.

Vigo, 20 de decembro de 2014
--------------------------------------
Para máis información contactar cos portavoces:
Xulia Alonso. Tel: 626398837
Quique Costas. Tel: 638232626
Facebook: plataformagalegadeafectadospolahepatitiscdegalicia


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2014 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Fernando Souto, Presidente da Comisión pola Memoría Histórica da Coruña
Fernando Souto
Entrevista a Fernando Souto, Presidente da Comisión pola Memoría Histórica da Coruña

FONTE: SERMOS GALIZA
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/xustiza-coas-vitimas-do-franquismo-continua-ser-debeda/20141219024505033445.html

? A xustiza coas vítimas do franquismo continúa a ser unha débeda?A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña conmemora dez anos de existencia. Neste tempo, da súa man veu a forte oposición a que as rúas continuaran mantendo os nomes franquistas, a loita polo Pazo de Meirás ou a homenaxe permanente ás persoas que padeceron a represión. O seu presidente, Fernando Souto, fai balance e adianta as futuras accións da CRMHC.

-A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña fai dez anos. Que balance faría desta década de historia?

A Comisión nace en 2004 nunha asemblea aberta á que acode a cidadanía, convocada por Manolo Monge, entón presidente, para traballar sobre a situación na que se atopaba a simboloxía franquista da cidade. Desde entón, conseguiuse cambiar totalmente a mentalidade da cidadanía. O goberno municipal dicía que non existía simboloxía franquista senón que era ?histórica?. Co traballo que se fixo pasou a considerarse franquista e non só pola aplicación da lei senón pola conciencia da cidadanía. Fíxose un traballo de investigación sobre os nomes da rúa, como se chega a tomar esa decisión na aplicación dun regulamento que dicía que se escollía para que os actos meritorios de quen levaba o nome fosen repetidos polas xeracións futuras. A xente descoñecía os por ques deses nomes e atopámonos cunha relación que enxalzaba, entre outros, a quen exercera a represión franquista.

"Pedirémoslle ao Valedor que reclame o cumprimento da lei e dos propios acordos tomados no Concello da Coruña"

-Esa orixe levou logo á organización formal?

Vimos a necesidade de organizarnos baixo a forma xurídica de asociación. Comprobamos que había un déficit importante de divulgación. A memoria estaba ocultada na cidade, en especial, polo papel do vazquismo. Borrárase, por exemplo, que existira unha Coruña emerxente, con moitos colectivos sociais interesante. Galiza, en xeral, era unha nación con forza a nivel asociativo. Na cidade, chegamos a identificar máis de vinte asociacións que pretendían a mellora da sociedade, non só a nivel social senón tamén intelectual. Urxía facer ese traballo de divulgación e reivindicación. Nace, como dicía, da situación esperpéntica de que a cidade continuase a conservar nomes franquistas que, seguen existindo dez anos despois, mais agora existe unha mentalidade social en contra. Poño por caso, o propio PSOE que en 2004 negaba a existencia de nomes franquistas dez anos despois afirma que cometeron un erro por non eliminar a simboloxía, como sinalou a súa actual candidata. Conseguimos que mudara esa mentalidade.

-Queda moita pegada do franquismo entón en rúas e espazos públicos?

Moita. O Concello aprobara un acordo no que se decidía a retirada de 55 elementos de simboloxía franquista e non se cumpriu. Algo se avanzou mais aínda persiste. Esixirmos que se elimine o nome do General Sanjurjo, General Mola ou Juan Canalejo. Conseguimos gañar nos xulgados un preito contra o concello pero queda moito por facer. Ademais deste ámbito que foi o xermolo da nosa historia, seguimos outras liñas de actuación como, poño por caso, homenaxear e dar a coñecer xente represaliada. A divulgación é un dos fundamentos da memoria histórica. Organizamos tamén a visita do relator de Nacións Unidas a Galiza e levamos a cabo actuacións conmemorativas en distintas partes da Coruña como o monumento no Portiño ou o de homenaxe ás vítimas. Cambiamos tamén a conciencia arredor de como os Franco se fixeron co Pazo de Meirás que pasou de doazón a roubo. Quixemos que o rigor presidira os nosos traballos e, por iso, a investigación e a colaboración de expertos foi fundamental.

-Nesta conmemoración anuncian que se dirixirán ao Valedor do Pobo para denunciar o incumprimento da Lei da Memoria Histórica na Coruña.
En varias ocasións puxémonos en contacto con institucións para reclamar o cumprimento da lei e o recoñecemento das vítimas. Agora enviaremos unha carta ao Valedor para denunciar que continúa a haber presenza de simboloxia franquista nas rúas da Coruña. Pedirémoslle que reclame o cumprimento da lei e dos propios acordos tomados no Concello. O alcalde dixo que si cumpría e nós esiximos un calendario para ese cumprimento.

-De cara ás vindeiras eleccións decidiron dirixirse ás distintas organizacións políticas para pedirlle que recollan nos seus programas a recuperación da memoria. En que consiste esta demanda?

Se seguimos as declaracións públicas dos políticos concluiríamos que todo o mundo está de acordo no cumprimento da lei, o que é moi fácil porque non marca pasos. Logo acontece que temos casos como o do PSdG-PSOE cun secretario Xeral como é o actual presidente da Deputación de Lugo que fala de tolerancia 0 co pasado franquista mais na cidade de Vigo hai un alcalde do mesmo partido que se nega a derrubar a cruz do Castro mesmo en contra dunha sentencia xudicial. Demandamos contundencia no cumprimento da lei e non tolerar a existencia de elementos que impidan o desenvolvemento dunha democracia madura.

-Por que decidiron apoiar a querela arxentina contra os crimes franquistas?

Apoiamos e continuamos nese compromiso. Oxalá outros países, en especial os que acolleron o noso exilio, se posicionaran de igual maneira contra a situación de indefensión das vítimas. Para nós é importante manter a querela. Se un estado non defende os intereses dos seus cidadáns calquera outro ten obriga de facelo. Hai delitos que non teñen fronteiras. A querela arxentina, nese sentido, é unha porta aberta.

-O seu traballo bate con moitos organismos, como o Concello da Coruña, foi sempre así nestes dez anos?

"Os netos teñen un papel moi importante na recuperación da memoria histórica, son os protagonistas"
Neste tempo compre destacar un momento de gran relevancia no apoio institucional á memoria na Galiza. Falo do compromiso que manifestou a Consellaría de Cultura no bipartito que, de saída xa fixo a declaración do Ano da Memoria. Tamén algúns concellos fixeron un traballo importante. Compróbase tamén que o cambio de tendencia política deu as costas a memoria. A creación do proxecto Nomes e Voces, promovido desde a Consellaría de Cultura no que participaron institucións e administracións foi fundamental á hora de que as vítimas e familiares puideran falar. Digo que foi un momento fundamental da memoria porque se foi ás súas casas e se lles solicitou a doazón da memoria. As asociacións colaboramos activamente no proxecto para que as casas se abriran e esa dor fora compartida e se dera a coñecer o que acontecera.

-As vítimas continúan a padecer un trato inxusto?

Precisamos un recoñecemento coas vítimas e ese é aínda o papel angular do traballo pola memoria. Adoitase encadrar a memoria histórica nos departamentos de cultura e historia mais ten outra vertente moi importante que é a da xustiza social. Nacións Unidas atinou ao falar de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición. É preciso reclamar maior xustiza para as vítimas do franquismo. O estado non está en perigo por crear unha comisión sobre estes temas. A xustiza coas vítimas continúa a ser unha débeda. Os netos teñen un papel moi importante na recuperación da memoria histórica, son os protagonistas. E fundamental que as novas xeracións saiban o que aconteceu.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-12-2014 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
CANDIDATURAS DE UNIDADE POPULAR: GAÑEMOS GALICIA
Gañemos Vigo
* LOIS PÉREZ LEIRA

As recomendacións internas por parte do Consello Cidadán de PODEMOS do 29 de novembro en relación ás próximas eleccións municipais xerou un novo escenario de confluencia cidadá. A toma de distancia desta formación en relación a marcas xa preestablecidas no conxunto do estado como Gañemos ou, nalgunhas cidades, respecto ás Mareas, xerou un revulsivo xeralizado. Pablo Iglesias parece que intenta distanciarse da proposta de Ada Colau ou evitar que a marca Gañemos sexa a única beneficiaria desta próxima confrontación electoral. A isto débese engadir a incerteza de quen posúen o recoñecemento legal de Gañemos e os distintos modelos de confluencia que se producen nas distintas vilas e cidades.
Máis de 500 gañemos conformáronse en toda a xeografía do Estado español, cada un deles utilizando distintos métodos de confluencia. Nos lugares nos que participa Esquerda Unida o método é o acordo entre as direccións ou cúpulas dos partidos da «esquerda», noutros casos é resultado dunha unidade de acción cidadá real ou en Barcelona e Madrid onde é o resultado de experiencias mixtas de confluencia.
A marca legal Gañemos, usada no conxunto das cidades e vilas do Estado español (en mans aínda descoñecidas), terminou por converter devandita marca nun partido político de ámbito estatal e cuxos promotores atribúense o dereito a outorgar «franquicias». Devandita situación pode provocar a deserción dalgúns partidos estatais ?como Izquierda Unida (IU)? que dan prioridade ao papel da súas propias siglas, a cota partidaria ou aos recursos económicos que xeran as eleccións.
Este debate de como debe ser a confluencia e as denominacións pon en verdadeiro perigo as candidaturas de unidade popular, tan necesarias para terminar coas elites e as castas locais ?fraccións semellantes aos sectores caciquís galegos? e que haberá que combatelas ?desde esta perspectiva de unidade de acción desde abaixo? para favorecer a derrota definitiva do bipartidismo e acabar de vez coas políticas neoliberais.

No devandito documento PODEMOS salienta: ?As candidaturas de unidade popular e cidadá xeran unha identidade nova, aberta a todos. Non son «pasado en roupa nova», senón pasos cara adiante na perspectiva dunha vontade popular agregada e en formación que quere recuperar as institucións das mans das catervas corruptas e mafiosas e poñelas ao servizo da maioría social. Non poden ser xa que logo unha simple suma de siglas?.
Coincido con estas acertadas apreciacións. Sempre subliñei que ten que ser a propia cidadanía a protagonista e condutora deste proceso e a que determine o futuro nome da organización resultante da confluencia. Non se trata de Gañemos, Marea, Somos Maioría... pois o nome nunca debería ser o obstáculo para a conformación das necesarias candidaturas de Unidade Popular. Onde si debemos de ser esixentes é no método e o xeito de confluencia.
No caso da cidade de Vigo, o noso obxectivo inmediato ten que ser seguir abrindo Gañemos Vigo ao conxunto da sociedade, convidando a todas as forzas políticas e sociais a que se sumen a este proxecto e adherindo ao movemento a amplos sectores da veciñanza e dos colectivos cidadáns organizados. Esa unidade de acción e confluencia non debe significar nin cotas nin reparto de cargos. Cada integración ten que facerse de maneira individual. Todas e todos os participantes teñen que facelo en calidade de cidadás e cidadáns máis que asumen un proxecto plural ainda que unitario e que arelan transformar á nosa cidade.
Que o 2015 sexa o ano da confluencia cidadá e que a unidade popular se faga realidade favorecendo o cambio político e a mellora real nas condición de vida da maioría social.


* Lois Pérez Leira é escritor, documentalista, director de cine, analista político e dirixente da A ESQUERDA e Voceiro de Nova Esquerda Galega (NEG).
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-12-2014 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado do Comité Internacional pola Liberdade dos Cinco
Os cinco en CUBA
FONTE: NODO 50

Tradución ao galego: Xoel Vargas S. Calderón

http://info.nodo50.org/Los-5-ya-estan-en-Cuba.html

Desde todo o mundo chegan mensaxes de alegría e felicitación: Gerardo, Ramón e Antonio foron liberados hoxe, atópanse na súa amada Patria xunto ás súas familias e o seu pobo e únense a René e Fernando no abrazo esperado durante tantos anos de inxusta cadea.

Hoxe temos máis presente que nunca o que dixo Fidel en xuño de 2001 :.."Os Cinco son un quinteto de xigantes...só dígolles unha cousa: Volverán!"

Este triunfo da verdade foi froito da heroica resistencia de cada un deles, do pobo e goberno cubano e da solidariedade internacional.

Non só finalizan 16 anos de inxusto cárcere senón que se abre a posibilidade real de iniciar unha nova era nas relacións de EE.UU e Cuba.

A eles contribuíu a mediación do Papa Francisco e a boa vontade de ámbolos dous gobernos para arribar a unha solución.

Nese sentido uníronse homes e mulleres destacados de todo o mundo, 9 Premios Nobel, o Presidente do Salvador, Salvador Sánchez Cerén xunto a parlamentarios, relixiosos, artistas, xuristas e intelectuais de todo o mundo que solicitaron en carta a Obama que os Cinco puidesen estar xunto á súa familia este Nadal.

As adhesións á carta foi un proxecto iniciado pola Coordinación Europea da Campaña pola Liberdade dos Cinco, o Comité Internacional polos 5 Cubanos no Mundo Árabe e o Comité Internacional pola liberdade dos 5 Cubanos. (faga clic para ler a carta e ver as adhesións)

Grazas á vontade política de ambos os dous gobernos esta é a primeira ocasión en 16 anos de longo batallar que non houbo necesidade de enviala.

A misiva formará parte do testemuño da fermosa solidariedade internacional cara aos Cinco e a Revolución cubana.

Abrazamos a todos os comités [de solidariedade] e amigos dos Cinco que en fermosa unidade de acción loitaron sen descanso todos estes anos.

Novos desafíos requirirán o esforzo de todos, entre eles o fin do bloqueo xenocida contra Cuba.

Este día luminoso fainos aínda máis irmáns para continuar o camiño na procura da dignidade, a xustiza, a liberdade dese mundo mellor que tanto necesita a Humanidade.

Abrazámolos cheos de ledicia e amor neste día histórico,

La Habana, 18 de decembro de 2014

Comité Internacional pola Liberdade dos Cinco
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-12-2014 08:19
# Ligazón permanente a este artigo
NON Á LEI MORDAZA
Non á Lei Mordaza!
NON Á LEI MORDAZA
Fonte: ACCIÓN EN RED

Tradución ao galego: Adela Alonso
http://www.accionenredmadrid.org/spip.php?article979

O Goberno aprobou a Lei de Seguridade Cidadá que recorta o dereito de manifestación e desobediencia, sanciona a difusión de imaxes das forzas de seguridade e legaliza as devolucións sumarias na fronteira.
O xoves 11 de decembro o Congreso aprobou a reforma da Lei de Seguridade Cidadá, cos votos do Grupo Popular e a oposición de todo o resto da Cámara. En contra da lei situáronse ONGs, o Consello de Europa, a Igrexa Católica e o 82% da poboación, segundo unha enquisa de Metroscopia.
A ?LEI MORDAZA? cataloga como infracción moi grave (con multa de 30.001 a 600.000 euros) reunirse ou manifestarse sen comunicalo en instalacións nas que se presten servizos básicos ou nas súas inmediacións, e como infracción grave (multas de até 30.000 euros) actos como desobedecer ou resistirse á autoridade e negarse a identificarse, entre outras moitas sancións. É unha lei de alto carácter represivo cuxo obxectivo é criminalizar e asfixiar todo intento de protesta social para desactivala. Deste xeito o Goberno intenta evitar a contestación ás súas medidas anti-sociais, especialmente no ano electoral que vai comezar, así como evitar outra serie de protestas concretas como aquelas que se producen perante instalacións lesivas contra o medio ambiente, ou as que se dirixen a evitar desafiuzamentos, por poñer algúns dos exemplos máis graves.
Outra das lamentábeis medidas incluídas na lei é a legalización de feito das devolucións en quente, é dicer, a expulsión sumaria de persoas que cruzan a fronteira, o que supón a vulneración da lexislación europea e os acordos internacionais sobre dereitos humanos, impedindo o exercicio do dereito de asilo e protección subsidiaria. Tamén ataca o principio de non devolución e os dereitos de protección do menor. Un total de 110 ONGs e entidades, entre elas ACCIÓN EN REDE, levaron adiante diversas accións de denuncia para impedir este ataque aos dereitos humanos. Trala aprobación en Pleno, continúa no entanto a campaña de denuncia á espera de lograr a paralización da medida no seu paso ao Senado.
Animamos a tod@s @s galeg@s a participar en todas as mobilizacións e manifestacións contra esta norma tan inxusta e represiva.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-12-2014 08:10
# Ligazón permanente a este artigo
Cuba resistiu e venceu
Duarte CorreaDuarte Correa *
Fonte: Sermos Galiza

Eisenhower, Kennedy, Johnson, Nixon, Ford, Carter, Reagan, Bush, Clinton, Bush e Obama foron as caras do imperialismo norteamericano fronte a Cuba, as cabezas dun imperio empeñado en impedir que unha pequena illa do Caribe exercera a súa soberanía e emprendera libremente o seu propio camiño para construír unha sociedade alternativa despois de derrotar á ditadura de Fulgencio Batista.
A poucos días de cumprirse o 56 aniversario do triunfo da revolución e da entrada dos barbudos na Habana prodúcese unha decisión histórica que levabamos décadas agardando, Cuba e os EEUU veñen de decidir normalizar as súas relacións como estados soberanos e restablecer as relacións diplomáticas, unhas relacións diplomáticas que foron rachadas de xeito unilateral polos Estados Unidos o 3 de xaneiro de 1961, uns EEUU que tres meses despois de adoptar esa decisión tentaron rematar co proceso revolucionario por medio da invasión de Bahía Cochinos que foi derrotada polo exército cubano e abriu un novo período no que o povo cubano adquiriu consciencia de que o imperialismo tentaría por todos os medios de poñer fin a unha experiencia política contraria á doutrina Monroe, un presidente norteamericano que no século XIX deixou claro coa frase ?América para os americanos? o que farían posteriormente todos os que o sucederon na Casa Branca considerando todo o continente americano da súa propiedade.
O intercambio de prisioneiros que se produciu onte, o recoñecemento por parte de Obama do fracaso da política aplicada até o momento para rematar co ?problema cubano?, o anuncio das xestións para retirar a Cuba do listado de países que fomentan o chamado terrorismo internacional, o anuncio de conversas para restablecer relacións diplomáticas..., son un triunfo do povo cubano, un povo que desde o inicio do bloqueo total ordenado por Kennedy o 3 de febreiro de 1962 pasou por moitas dificultades debido á imposibilidade de manter unha libre política comercial co resto do mundo, dificultades agravadas coa caída da URSS que deu paso a unha grave crise entre 1991 e 1998 coñecida como período especial, crise que se ben noutros países tería provocado grandes revoltas sociais en Cuba afrontouse con dor e privacións pero cunha firmeza da maioría da povoación convencida da necesidade de resistir pois o contrario suporía con case toda seguridade caer nunha situación como a da maioría dos países do entorno que non deixaban de ser simples colonias dos EEUU con todos os problemas e privacións que iso supoñía e sen as supostas vantaxes que debería conlevar ser aliados da primeira potencia mundial.

Nesta tarde xa varios supostos analistas imparciais, que á hora da verdade son simples propagandistas do sistema capitalista responsábel da actual situación mundial de inxustizas e privacións para a maioría da humanidade, empezaron a falar de que se lle acabaron as escusas a Cuba, querendo transmitir a unha opinión pública pouco informada a idea de que o bloqueo era unha simple palabra referida á alta política, unha entelequia que non afectaba á vida diaria dos cubanos e cubanas.
Cuba non tiña unha escusa, Cuba tiña e ten aínda un bloqueo criminal, un bloqueo imposto por quen non asume o dereito dos povos á soberanía e a escoller o seu propio camiño.

A nova situación que se abre non levará ao povo cubano ao paraíso, desaparecerán algúns problemas xa coñecidos e aparecerán outros totalmente descoñecidos, e moi posibelmente moitas das decisións adoptadas en 2011 para redefinir o rumbo da política económica e social co obxecto de mellorar as condicións de vida do povo cubano e redefinir o concepto de socialismo desde unha perspectiva cubana deberán ser reorientadas tendo en conta que estaban pensadas para un país condicionado polos efectos do bloqueo.

Cando en 1997 visitei Cuba estaban inmersos aínda no período especial, as privacións eran moitas e iso que os anos máis duros xa pasaran, pero algo que lembrarei sempre daquela viaxe son as palabras dun cubano moi crítico co sistema que nos dixo ?ollo, eu son crítico cos erros que se cometen aquí pero sei moi ben onde estou e o que me deu a revolución, sei que isto non é Europa e sei que se a revolución cae a miña alternativa de vida non é a dun francés ou a dun galego senón a dun haitiano ou a dun hondureño?. Ese orgullo, esa capacidade para situarse no mundo é a que me fai confiar en que Cuba será quen de superar os novos retos.


* Duarte Correa é profesor e sindicalista da CIG
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-12-2014 07:59
# Ligazón permanente a este artigo
Matriarcas
Feminismo


Por: Carme Adán *


Fonte: SERMOS GALIZA

http://www.sermosgaliza.gal/opinion/carme-adan/matriarcas/20141216233242033375.html

?Matriarcas? de Guadi Galego abre unha interesante polémica feminista. Grande noticia. A cultura galega crea, chega a nós e móvenos algo por dentro. Confrontamos ideas porque estamos vivas.



?Matriarcas? de Guadi Galego abre unha interesante polémica feminista. Grande noticia. A cultura galega crea, chega a nós e móvenos algo por dentro. Confrontamos ideas porque estamos vivas.

As activista do noso cotiá mostran que o debate sobre a maternidade sempre é polémico. Foino no momento da publicación de O segundo sexo ?unha grande parte das críticas ao libro apuntaban á visión desnaturalizada que ofrecía Beauvoir da maternidade-, foino nos movementos de mulleres dos anos setenta do pasado século, ten sido a bandeira das correntes do feminismo da diferencia, e na actualidade segue a ser un foco de polémica constante.

"?Matriarcas? de Guadi Galego abre unha interesante polémica feminista. Grande noticia. A cultura galega crea, chega a nós e móvenos algo por dentro. Confrontamos ideas porque estamos vivas".

As feministas, desde perspectivas máis teóricas ou activistas ou creadoras levan séculos abrindo espazos alternativos no que interrogar a maternidade na súa complexidade psíquica e social. Desde ópticas moi variadas seguemos na procura de estratexias discursivas alternativas para distanciarnos da concepción tan arraigada, nos discursos e nas prácticas cotiás, que non permite separar unha muller do seu ventre e que iguala o desexo feminino ao desexo de maternidade. Por iso, só poñer no centro da creación ou do pensamento o que significa ?coidar? de por si é subversivo. Subversivo porque obriga a transmutar os valores, a desprazar tanto a lóxica da racionalidade mercantil do capitalismo ou a produtivista do marxismo. Obriga a unha mirada desde as marxes das dicotomías racional/sentimental ou público/privado. Obriga a que o fogar, ese que agocha o patriarcado e que as feministas soemos ollar de esguello emerxa como o topos da política. Situar o persoal como político para min segue a ser prioritario.

Para combater ese discurso da dereita que exalta a maternidade da abnegación, da individualidade, esa maternidade imposta da ?Red Madre? necesitamos todas as deslocalizacións discursivas e prácticas que nos permitan vivir a maternidade como un dereito. Podemos vivir unha maternidade feminista? Penso que si. Supoño que con todas as contradicións que emanan de mudar as regras seculares do que implica ser nai. Visibilizar o coidado, recoñecelo desde o sorriso e a celebración é un paso. Establecer dereitos laborais para as nais e incluír a corresponsabilidade niso que se chama axenda política é outro.

"As feministas, desde perspectivas máis teóricas ou activistas ou creadoras levan séculos abrindo espazos alternativos no que interrogar a maternidade na súa complexidade psíquica e social".

O traballo doméstico é útil a todas as sociedades. Se queremos datos ou estadísticas podemos coller as últimas elaboradas en Galiza e sinalar que o traballo domestico equivale a máis da metade do noso Produto Interior Bruto. Calcúlase que se fose remunerado suporía máis de 28.000 millóns de euros na economía galega. Dese traballo as mulleres adican unhas catro horas diarias a realizalo, os homes non chegan nin a dúas. O desequilibrio é claro. Do mesmo xeito que a asimetría pervive nas menores taxas de actividade feminina, as maiores de desemprego, a fenda salarial, as dobres xornadas, os chans pegañentos que levan ao empobrecemento feminino, na falla de recoñecemento do noso traballo creativo, interpretativo, político ou intelectual.

Lembrar as mulleres galegas que nos precederon e o seu traballo invisibilizado en clave da semántica do activismo político é unha boa chamada de atención sobre o noso propio sistema de valores. Sobre os nosos puntos cegos nas retinas feministas da transformación. Existen moitas mulleres nas liñas non escritas da nosa historia que o seu traballo no día a día foi contestatario e transformador. Non creo que a palabra ?Matriarcas? sexa grande para elas. Tampouco creo que iso sexa un exercicio de nacionalismo esencializante. Todo o contrario e menos nunha nación na que a figura central da súa literatura foi voz de denuncia e combate.

"Só poñer no centro da creación ou do pensamento o que significa ?coidar? de por si é subversivo".

É certo que moitas das figuras da nai beben dunha longa tradición filosófica ou teolóxica que a mistifican para facer desaparecer as nais reais. As que todos os días viven na súa carnalidade as miles de formas de resistencia e transformación que se tecen historicamente. Coido que temos a obriga de modificar o noso concepto de política, de economía e de loita. Como dicía transmutar valores. Podemos comezar por respectar as diferentes estratexias discursivas e artísticas de todas nós, as que aleitamos e as que non.

A primeira vez que escoitei ao tempo que visionaba ?Matriarcas? chorei. Sen lóxica, nin logos. Sen razóns abstractas do pensamento hexemónico. Pensar desde novas construción da maternidade, desde a nosa dor, o noso pracer, o noso ser, desde as presenzas e ausencias fica como reto. Recoñecérmonos, aínda que sexa desde a diverxencia, tamén é subversivo.

* Carme Adán é deputada do BNG no Parlamento Galego.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-12-2014 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chelo Martínez: pola transparencia no Parlamento
Chelo Martínez, 5ª pola esquerda, con membros de Cerna
Chelo Martínez: pola transparencia no Parlamento
PROPOSICIÓN NON DE LEI SOBRE RETRIBUCIÓNS, TRIBUTACIÓN E TRANSPARENCIA NO PARLAMENTO GALEGO

FONTE: CERNA
http://www.cerna.org/blog/chelo-martinez-pola-transparencia-no-parlamento/

Consuelo Martínez presentou o 4 de decembro de 2014 no Parlamento, unha Proposición non de lei sobre retribucións, tributación e transparencia das deputadas e deputados non Parlamento Galego

A negativa do PP e a falta de apoio do PSOE no Pleno de onte á emenda presentada por Consuelo Martínez respecto das retribucións e tributacións dos membros do Parlamento Galego, non só revelan unha postura corporativa defensiva senón que tamén pon de manifesto a incomodidade dos partidos do Réxime con esta cuestión. Cambio de retribución de doada aplicación se quixeran ao deter en comandita a totalidade da Mesa do Parlamento abondaría cun simple acordo dela para estabelecer ese réxime retributivo máis xusto, transparentar o uso dos fondos públicos e mesmo reducir custos suprimindo ou modificando contías que a xuízo desta deputada son indebidas ou desproporcionadas, pero que ambos impiden dun xeito ou doutro coa súa vontade negativa.

Consuelo Martínez quere facer pública a nómina coas cantidades que percibe como deputada como unha primeira contribución á transparencia que todas as persoas servidoras públicas deben á cidadanía cando se trata de diñeiro público, é para iso que se axunta a esta nota.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-12-2014 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [26]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0