Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Vigo: formigón e nepotismo
NOTA DE PRENSA

O formigón é un material composto empregado na construción e nas obras públicas, formado esencialmente por un «aglomerante» ao que se engade partículas ou fragmentos dun agregado, auga e aditivos específicos. O «aglomerante» adoita ser cemento.
Na política municipal viguesa a contorna do alcalde e o aparello de burócratas do PSOE local constitúen o formigón que mantén cohesionado o partido que tamén contén un «aglomerante» composto por lacaios e secuaces que se manteñen adheridos ao aparello do PSOE por intereses e prebendas diversas como as contratacións irregulares e o enchusfismo.
A corrupción política ten moito que ver co mal uso do poder público para conseguir unha vantaxe ilexítima, xeralmente de xeito secreto e privado. O termo oposto a corrupción política é transparencia. Por esta razón pódese falar do nivel de corrupción ou de transparencia dun concello. O de Vigo non se caracteriza pola transparencia...
A candidatura de Abel Caballero mantén ao concelleiro de Parques e Xardíns, Angel Rivas, que foi imputado por presuntas negociacións prohibidas e por favorecer presuntamente á empresa Hormigones Valle Miñor, S.L.
Ademais leva na lista a Ángeles Marra, unha economista mediocre, que formou parte do Consello de Administración de Caixanova e aprobou as preferentes. Mantén igualmente a David Regades, concelleiro que está sendo investigado pola operación Patos e cuxo despacho foi precintado pola unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da policía.
Gañemos Vigo considera que os vigueses non deberían apoiar a candidatura encabezada polo actual alcalde pois representa a carencia dunha conciencia social. Ademais representa a falta dunha cultura do compromiso. O aparello do PSOE vigués representa paradigmas negativos e a personalidade do alcalde é megalómana e despótica, e demostrouno aos longo dos últimos anos.
Finalmente Gañemos Vigo considera que este alcalde demostrou estar á beira das elites indecentes e deshonestas que saquearon a economía viguesa, os Gayoso e Pego de Caixanova, os Manuel Fernandez e Alfonso Paz Andrade de Pescanova, os Viñas e García Costas no Naval....e tantos e tantos outros xerifaltes, que aparecían como emprendedores e líderes exemplares, pero que deixaron tras eles unha paisaxe desolada de ruína empresarial e económica...e por iso pedimos aos vigueses que non apoien a candidatura de Abel Caballero pois representa a vella política, a desvergoña, a indecencia e a corrupción.


Secretaria de Comunicación de Gañemos Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2015 08:05
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe en @15MpaRato celebramos a caída de Rodrigo Rato #Acidadaniaofixo
Hoxe en @15MpaRato celebramos a caída de Rodrigo Rato #Acidadaniaofixo
Fonte: 15MpaRato

1) - Sen o labor cidadán, isto non se tería conseguido.
Rodrigo Rato, que hai tres anos era intocábel, é hoxe investigado e a súa casa foi rexistrada porque ten ?un perfil delituoso?, que a cidadanía organizada en 15mpaRato investigou e ten demostrado unha morea de evidencias; porque a cidadanía organizada sacou á luz as proba das súas fraudes, desde a saída a bolsa a Bankia ás Tarxetas Negras, cuxas desfeitas coñecemos grazas á saída a luz dos Correos de Blesa, grazas tamén a colaboración cidadá.

2) - Rodrigo Rato está sendo utilizado como ?chivo expiatorio?.
Que os cidadáns, a través de 15mpaRato, elixamos a Rodrigo Rato como obxectivo por ética e por estratexia non significa que vaiamos aceptar que a mafia que nos goberna o utilice como ?cabeza de turco? ou ?chivo expiatorio?. Se o eliximos a el foi precisamente porque non hai ninguén con poder neste país que non sexa cómplice seu. Acabar con Rato non era un asunto persoal, só un asunto de democracia. Se os seus antigos cómplices de PP, PSOE, CEOE, a cúpula de IUcm, os dirixentes das dúas grandes centrais sindicais... pretenden sacrificalo para evitar que lles salpique, pero chegan demasiado tarde: nós estamos aquí para dicir unha vez máis que empezamos por Rato si, pero asegurando que con el caerían todos.

E así será porque iremos até o final.

Caerán todos.

3) - Anunciamos desde agora que, en breve, abriremos unha nova liña de acción neste sentido.
Queremos ademais, invitar ao Sr.Rato, agora que os seus abandonáronlle, a contactar connosco para axudarnos a acabar o traballo que empezamos.

Se se rende será mellor para todos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-04-2015 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Banco Público ou Instituto de Crédito Municipal para Vigo
Banca Municipal
NOTA DE PRENSA

Unha banca pública municipal é unha entidade de crédito e investimento na que o concello ou actores públicos son os propietarios. Trátase dunha empresa baixo control municipal. A banca pública é a banca que opera ao servizo do interese da cidadanía vía institucións en propiedade pública por medio dos órganos democráticos de goberno que a representan. Os bancos públicos municipais poden existir no ámbito local.
Gañemos Vigo defende a capacidade de financiamento propio do concello de Vigo. Por iso desde Gañemos Vigo, se temos responsabilidades de goberno, favoreceremos a autoxestión financeira de Vigo e o uso racional dos seus recursos económicos. Ademais Gañemos Vigo estima necesario impulsar unha Sociedade de Capital Risco que favoreza o lanzamento dun Plan Municipal de empréstitos para o desenvolvemento de sectores económicos estratéxicos da área metropolitana sempre baixo protección e control público.


Secretaria de Comunicación de Gañemos Vigo

Vigo, 17 de abril de 2015
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-04-2015 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
A arte urbana é de todos e non só dos artistas amigos do alcalde
Arte  Urbana
NOTA DE PRENSA

A arte urbana ou arte de rúa é aquel conxunto de manifestacións artísticas que xorden no ámbito da cidade e nas súas rúas e prazas, frecuentemente á marxe do poder institucional. A arte urbana engloba tanto o graffiti como outras formas de expresión artística rueira.
O muralismo urbano defínese esencialmente como humanista xa que propón incorporar a arte como elemento constitutivo do espazo cidadán integrado nos propios elementos dunha cidade aberta á participación da xente e os artistas que nela viven.
A arte de rúa, ao integrar os seus elementos en lugares públicos bastante transitados, pretende sorprender aos espectadores. Adoita ter unha rechamante mensaxe subversiva que critica á sociedade con ironía e invita á loita social, a crítica política ou, simplemente, á reflexión.
Porén, en Vigo existe certo debate sobre os obxectivos reais dos artistas que actualmente interveñen no espazo público e que son financiados polo actual goberno municipal. A selección dos artistas e pintores que realizaron as diferentes obras en distintos puntos da cidade non foi realizada de xeito transparente e tampouco se fixo un concurso público aberto aos diferentes artistas que viven e producen obras en Vigo.
Gañemos Vigo considera que concello de Vigo debeu realizar unha convocatoria pública para seleccionar aos artistas en base a criterios de mérito e creatividade artística. Artistas consagrados e cidadáns con inquietudes artísticas ou pintores novos emerxentes que teñen un talento contrastado e aos que se lles poderían asignar lugares apropiados para plasmar diversas obras, individuais ou colectivas, obviamente promovendo temas de sumo interese como a loita contra a pobreza, o anti-racismo, os desafiuzamentos, a contaminación, a historia de Vigo, os espazos naturais ameazados, a auga, ...
Gañemos Vigo desenvolverá, se alcanza a alcaldía, outro xeito de arte urbana máis apegado ás inquedanzas verdadeiras da cidadanía viguesa e realizará unha selección máis xusta, transparente e aberta das artistas e os artistas que realicen as obras nos diferentes espazos da cidade.
Para Gañemos Vigo a arte urbana debe procurar sensibilizar á cidadanía en xeral e a mocidade en particular sobre o respecto á contorna urbana, favorecer a mellora da estética urbana, a integración social dos mozos aos que a súa situación persoal lévalles á realización de actos vandálicos e favorecer o desenvolvemento creativo da novos artistas urbanos dotándoos de recursos e oportunidades. Porén o actual goberno non fixo nada disto. Só apoiou a determinados artistas amigos e vetou ou excluíu ao resto. E Gañemos Vigo considera que iso resulta inaceptábel!


Secretaria de Comunicación de Gañemos Vigo

Vigo, 17 de abril de 2015
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-04-2015 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Nota de Prensa sobre contrato ficticio a Vanesa Falque
Nota de Prensa

Desde GAÑEMOS VIGO comprometémonos a establecer un sistema municipal de selección transparente e baseado na meritocracia, realizando unha auditoría exhaustiva das concesións e fiscalizando todas e cada unha das actuais contratacións vinculadas ás devanditas concesións.
O nepotismo é a preferencia que teñen determinados funcionarios públicos deshonestos para dar empregos, favores e prebendas a familiares ou amigos, sen importar o mérito para ocupar o cargo, senón a súa lealdade ao político de quenda.
Gañemos Vigo considera que o nepotismo é unha práctica turbia, arbitraria, indigna e intolerábel que debe ser combatida.
Gañemos Vigo opina que é extremadamente grave que desde o actual goberno municipal se teña intervido e influído sobre a dirección da empresa IMESPI na decisión de selección e contratación da empregada Vanesa Falque que foi presuntamente enchufada nos centros cívicos, sen ter en conta ningunha clase de mérito académico ou profesional. Xa que logo vulneráronse os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.
Gañemos Vigo considera ademais que resulta moi inexplicábel e inconcibíbel que a alguén se lle poida eximir de asistir ao seu posto de traballo e que malia iso siga percibindo o seu salario durante varios anos ininterrompidamente.
Asemade Gañemos Vigo entende que estamos perante un presunto delito de prevaricación e malversación de fondos públicos. E o máis grave é que o alcalde non compareza perante a cidadanía para dar as oportunas explicacións e asumir a súa responsabilidade política ante feitos tan graves.
Finalmente, no caso de que teñamos responsabilidades de goberno, desde Gañemos Vigo comprometémonos a establecer un sistema de selección transparente e baseado na meritocracia, realizando unha auditoría das concesións e fiscalizando todas e cada unha das actuais contratacións vinculadas ás mencionadas concesións.

Secretaria de Comunicación de Gañemos Vigo

Vigo, 16 de abril de 2015


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-04-2015 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑEMOS VIGO asume o comunicado Sen memoria histórica non hai democracia!
Sen memoria histórica non hai democracia
As asociacións da memoria histórica presentan as súas reivindicacións aos diferentes partidos e candidaturas electorais

No Ateneo de Madrid, a mañá do sábado 11 de abril de 2015, un grupo de asociacións que loitan por manter a memoria histórica e democrática, presentaron as súas reivindicacións a membros de diferentes candidaturas ás eleccións municipais e autonómicas. Todas e todos coincidiron en que sen memoria histórica non hai democracia.
Interviñeron pronunciándose, asumíndoas e comprometéndose a levalas ás institucións, Mauricio Valente, membro da lista Ahora Madrid, José Antonio Moreno de IZQUIERDA UNIDA, Ramón Linaza de EQUO e Ariel Jerez de PODEMOS. Pola súa banda Carla Antonelli do PSOE, que falou a título persoal como militante, indicou que traballará por que a súa partida asuma ditas reivindicacións.

A continuación o comunicado conxunto:

Sen memoria histórica non hai democracia!
POR UN COMPROMISO POLÍTICO-ELECTORAL

As consecuencias dos crimes do franquismo hoxe aínda perduran: con máis de 140.000 desaparecidos e 2.300 fosas comúns localizadas; con centos de miles de persoas asasinadas; con decenas de miles de nenos roubados; con innumerables detidos, torturados e represaliados; e medio millón de exiliados que foron declarados apátridas. Todos eles suman no seu conxunto máis de 2.000.000 de vítimas.

As asociacións e colectivos das vítimas do franquismo, en defensa da memoria democrática, laica e republicana, e pola aplicación do dereito internacional humanitario, propoñemos a todas as candidaturas que se estableza un compromiso político electoral, a través do cal todos os candidatos, todas as candidaturas que se reclaman da democracia e da xustiza, se comprometen a promover e decidir a favor das seguintes demandas:

1.-Todas as institucións do Estado español deben expresar de forma inequívoca a condena do franquismo como réxime criminal nos termos realizados historicamente pola ONU: por unha banda, esixindo o recoñecemento político e xurídico das vítimas do franquismo; doutra banda, instando ao cumprimento das recomendacións ao Estado Español recollidas no ?Informe do Grupo de Traballo sobre Desaparicións forzadas ou Involuntarias? e no ?Informe do Relator Especial sobre a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición?, presentados ambos os dous en setembro de 2014 no Consello de Dereitos Humanos de Nacións Unidas.

2º-Esiximos a abolición de todos os obstáculos legais que impiden que se xulguen no Estado español os crimes contra a humanidade. Os tribunais españois deben unirse á esixencia social de acabar coa impunidade, tomando en consideración as querelas e demandas das vítimas e/ou os seus familiares pola verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición, comezando por colaborar coa Causa 4591/2010 contra os crimes do franquismo, aberta no Xulgado Nacional do Criminal e Correccional Federal N1 de Bos Aires.

3º.-Demandamos tamén a apertura de todos os arquivos que permitan a investigación da verdade sobre os crimes do franquismo .

E a colaboración administrativa e xudicial con todas as vítimas polo roubo de nenos, delito que se veu reiterando ata ben entrada a democracia.

Asemade manifestamos a nosa total oposición á privatización dos rexistros civís.

4º.- Unha Comisión da Verdade, como a que se reclama pola ONU, debería contribuír á loita pola verdade, contra o esquecemento e a impunidade.

5º.-O Estado debe asumir a súa responsabilidade e acabar definitivamente coas miles de fosas comúns clandestinas que perviven no noso país. De igual xeito, esiximos que se proceda á anulación de todas as sentenzas represivas.

6º.-Pola recuperación da nacionalidade española de orixe para os fillos de españois do exilio, e o digno retorno dos que o desexen.

7º.-Avogamos pola eliminación das referencias culturais e os monumentos de simboloxía franquista do patrimonio público.

Madrid, marzo 2015

Primeiros asinates:

Amesde (integrante da Plataforma pola Comisión da Verdade)
Asociación de descendentes do exilio español (integrante da Coordinadora Estatal de apoio á Querela arxentina - CeAqua)
Asociación de vítimas do estado.
Asociación Foro pola memoria democrática (integrante da Coordinadora Estatal de apoio á Querela arxentina - CeAqua)
Colectivo sen identidade de Canarias (integrante da Plataforma pola Comisión da Verdade)
Coordinadora para a memoria histórica e democrática de Madrid.
Fundación Andreu Nín (integrante da Coordinadora Estatal de apoio á Querela arxentina - CeAqua)
A Comuna (integrante da Coordinadora Estatal de apoio á Querela arxentina - CeAqua)
Plataforma contra a impunidade do franquismo.
Todos os nenos roubados son tamén os meus nenos (integrante da Coordinadora Estatal de apoio á Querela arxentina - CeAqua)
Unidade Cívica pola República.

NIN ESQUECEMENTO NIN PERDON, VERDADE, XUSTIZA E REPARACION!!!!.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-04-2015 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado de Prensa
Comunicado de Prensa de Nova Esquerda Galega

Nova Esquerda Galega (NEG) desexa facer pública a súa preocupación ante a situación xerada en Vigo por mor da últimas investigacións de Unidade Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) en relación ao contrato ficticio da cuñada de Carmela Silva.
Nova Esquerda Galega (NEG) opina que é extremadamente grave que desde o goberno municipal se teña influído na decisión de contratación dunha traballadora dos centros cívicos e non se respectasen os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.
Nova Esquerda Galega (NEG) estima ademais que resulta moi estraño e indebido que a alguén se lle poida eximir de asistir ao seu posto de traballo e que malia iso siga percibindo o seu salario durante varios anos ininterrompidamente.
Asemade Nova Esquerda Galega (NEG) entende que estamos perante un presunto delito de prevaricación e malversación de fondos públicos. E o máis grave é que o alcalde non compareza perante a cidadanía para dar as oportunas explicacións e asumir a súa responsabilidade política ante feitos tan graves.
Por todo iso Nova Esquerda Galega (NEG) fai un chamamento ao conxunto da cidadanía e especialmente a aquelas persoas en situación de desemprego para que se manifesten ante a entrada do Concello de Vigo o vindeiro luns día 20 ás 11:00 da mañá solicitando a comparecencia do Alcalde de Vigo para que explique aos vigueses e viguesas as noticias aparecidas na prensa nos últimos días.

Comisión Executiva Local de Nova Esquerda Galega
Vigo, 15 de abril de 2015

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-04-2015 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
TTIP e o poder transnacional
Nova Dominación Capilalista
Por Óscar Lomba *

O Transatlantic Trade and Investment Partnership (TTIP) ou Tratado Transatlántico para o Comercio e o Investimento (ATCI) é unha proposta de tratado de libre comercio (TLC) entre a Unión Europea e os Estados Unidos de América. Actualmente atópase en fase de negociación. Os sectores dominantes e os seus lacaios argumentan que o acordo sería beneficioso para o crecemento económico das nacións que o integrarían, aumentaría moito a liberdade económica e fomentaría a creación de emprego. Porén eu opino que este tratado suporía un aumento enorme do poder das grandes empresas transnacionais e desregularizaría os mercados, rebaixando os niveis de protección social e medioambiental de xeito decisivo. Asemade, limitaríase a capacidade dos gobernos democráticos para lexislar en beneficio da cidadanía así como o poder da clase traballadora en favor do empresariado. Considero que o devandito Tratado non permitirá aos gobernos aprobar leis para a regulación de sectores económicos estratéxicos como a banca, os seguros, servizos postais ou telecomunicacións. Ante calquera expropiación as empresas poderán demandar aos Estados esixindo a devolución do seu investimento máis compensacións e xuros. Este tratado permitirá a libre circulación de capitais sen ningún tipo de restrición, establecerá cotas para a circulación de traballadores, ... Este acordo de libre comercio podería estar finalizado para finais de 2015 e suporá acabar con anos de regulación xurídica convertendo moitas das nosas leis en instrumentos inútiles.


* Óscar Lomba é avogado.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-04-2015 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
O Consulado Xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo
Acto Consulado
O Consulado Xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo
comprácese en invitarlle á proxección do documental:
?Chámase Abril e esta é a súa historia? de como a unión do Pobo e a Forza Armada lograron derrotar o Golpe de Estado contra o Presidente Hugo Chávez e restablecer o fío constitucional o 13 de abril do 2002

Venres 17 de abril de 2015 ás 20 horas no Hotel AXIS de Vigo, na rúa María Berdiales nº 22. 36203 Vigo - (Pontevedra)

* Haberá aperitivos durante a proxección do documental.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-04-2015 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto do 14 de abril Vigo 2015
Asemblea Republicana de Vigo
Manifesto do 14 de abril Vigo 2015 asinado por Eduardo Rolland

Publicado o 15/04/2015 por Asemblea Republicana de Vigo
Amigos e amigas: parabéns! Porque hoxe é un día de festa. Un día para a ledicia. Un día no que os demócratas celebramos na rúa o triunfo da República. Como o fixeron os nosos devanceiros o 14 de abril de 1931, na maior explosión de felicidade colectiva que este país de países teña vivido en toda a súa historia.

Hoxe é un día de festa. E, non obstante, celebrámolo nun lugar que evoca unha traxedia. Aquí, os republicanos, os demócratas e todos os seres humanos de ben recordamos aos cidadáns de Vigo que, en xullo de 1936, foron asasinados polas balas da sublevación fascista. As balas dos que só tiñan a violencia e a barbarie como argumentos mataron vinte vigueses que caeron aquí, a carón da Porta do Sol.

Naquel recanto da praza, xa entrando na rúa Policarpo Sanz, aínda se conservan as marcas dos disparos. Como os que mataron a Lenin Moreda Vázquez, un rapaz de só 14 anos, considerado o primeiro mártir vigués da represión.

Nos días que seguiron, instaurouse O Terror. Aí adiante, na rúa do Príncipe, vendía xornais Rosario Hernández, A Calesa, unha rapaza de só 16 anos, sempre alegre, sempre rindo, sempre cantando os lemas na cabeza das manifestacións obreiras da súa época. Xamais pagaron polos seus crimes aqueles matóns que a apresaron, violaron e torturaron salvaxemente, para botar o seu corpo no mar das illas Cíes.

Pero hoxe é un día de festa. Un día para recordar á Calesa que ría, que voceaba as novas dos xornais, que era a ledicia das reunións no sindicato, e que tiña unha felicidade que tanto molestaba aos malnacidos que devecían por asasinala.

Hoxe quedamos coa Calesa que foi feliz un 14 de abril. Aínda que non esquezamos a dor dos mortos, dos asasinados, dos encarcerados, dos exiliados, dos represaliados? Aínda que hoxe siga a ser máis difícil abrir unha fosa común do franquismo nunha cuneta que atopar o corpo de Miguel de Cervantes sachando polas igrexas? Aínda que siga no Castro esa cruz infame inaugurada polo propio dictador? Aínda que non teña habido xustiza nin reparación? Aínda que ás veces teñamos tantos a impresión de que vivimos entre os refugallos do franquismo, senón é no franquismo mesmo?

Pero todo isto non nos pode roubar a ledicia. Porque estamos de parabéns hoxe, 14 de abril, os demócratas e as demócratas, os homes e mulleres que cremos que un mundo xusto é incompatible cunha monarquía, e que os valores republicanos encarnan a verdadeira democracia. E quizais deberiamos aproveitar esta ocasión para facer autocrítica. Porque, ao recordar os mortos pola democracia, ao denunciar tanta inxustiza, ao sinalar tanto crime sen reparación, ás veces esquecemos a alegría da celebración. Esquecemos que a República é felicidade. E que estamos na obriga de transmitir e de contaxiar esa felicidade a todos os cidadáns, que cada día abrazan con máis ilusión a causa republicana.

Así o din as últimas enquisas e sondaxes. Malia a caricatura que moitos medios de comunicación fan do movemento e dos ideais republicanos, cada ano máis cidadáns cren que é preciso un cambio que leve a unha República.

Vivimos tempos en que se agachan as ideas. En que moitos tentan navegar entrambas augas, foxen de definirse ou de abranguer símbolos como a bandeira tricolor, tan honorable e tan democrática, que moitos levades hoxe nas vosas mans.

Por iso, nun día de festa como hoxe, 14 de abril, vivamos todos e todas a alegría de ser republicanos. De crer nos valores da República, da liberdade, da igualdade e da fraternidade, da convivencia entre culturas e nacións, da afirmación do laicismo para o Estado, dos principios dunha educación para todos e unha sanidade pública, da honestidade no goberno e a participación da cidadanía. E do fin dunha monarquía onde o poder é para sempre e se herda atentando contra o sentido común e contra os dereitos e liberdades básicos, recollidos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

É tempo de república. É tempo de mirar cara a adiante. É tempo de alegría, porque este é o noso día. Esta é a nosa hora. E saberemos contaxiar a nosa ilusión como demócratas cara á festa da liberdade que está nos xenes dos nosos valores republicanos.

Alegrémonos. Recuperemos o sorriso de Rosario Hernández, A Calesa. A ledicia dunha rapaza de Vigo que un día como o de hoxe, un 14 de abril, foi inmensamente feliz, porque chegaba a República?

Con iso quedamos, coa devezo e a ilusión daquela rapaciña de só 16 anos que hoxe mesmo, un día de hai 84 anos, choraba aquí de ledicia.

Como a que temos que sentir hoxe, porque é o día da nosa festa, a dos demócratas. Sempre cara a adiante, cos valores republicanos. Porque xa está a chegar o día. E haberá mil primaveras máis para ela.

Viva a República!!!


14 de abril de 2015
Eduardo Rolland
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-04-2015 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0