Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

65 Aniversario do asasinato dos Mártires da liberdade e o socialismo: José Gómez Gayoso e Antonio Seoane.
Antonio Seoane e José Gómez GayosoPor: Lois Pérez Leira

O vindeiro 6 de novembro cúmprese o 65 aniversario do asasinato dos mártires da loita contra o franquismo José Gómez Gayoso e Antonio Seoane.
Foi unha fría mañá, exactamente ás 7 e 45 no ?Campo das Ratas? na Coruña. A Torres de Hércules e o enfurecido mar, foron as testemuñas daquel atroz asasinato. Antes que as balas asasinas fixesen impacto, dous berros escoitáronse, facendo eco en todos os mares do mundo Viva o partido comunista! Viva a Pasionaria!
Tratábase das dúas máis importante figuras da resistencia galega. Gayoso era o Secretario do Partido Comunista en Galicia (PCG) e Seoane o xefe da Guerrilla Galega Anti-franquista.
Ambos os dous chegaran do exterior para reorganizar o Partido Comunista de España. Logo de residir en distintas cidades radicáronse en Galicia. Desde había algúns anos a Garda Civil andaba a procura deles. As súas heroicas accións deixaban en ridículo á ditadura. Había que terminar con eles para dar un escarmento a toda a oposición, que aínda vivían clandestinamente no territorio do Estado español.
Gomez Gayoso tiña unha longa traxectoria militante, aínda que nacera en Maceda (Ourense), incorporouse ao PCE en Vigo, onde se radico a súa familia. Foi Secretario Xeral e responsábel do PCE en Galicia durante a Segunda República e durante a contenda militar en defensa da legalidade democrática, ocupou tarefas de moita importancia nos equipos vinculados ao Comité Central do seu partido. Era moi coñecido durante a guerra, polos seus discursos en galego. Cun altofalante dirixíase aos seus compatriotas que estaban pelexando contra os fascistas.
Durante a guerra foi nomeado Comisario Político e foi invitado á URSS onde coincidiu co patriota galego Alfonso Daniel R. Castelao. Cando terminou a contenda, logo de pasar por un campo de concentración en Francia, exiliouse en Cuba.
Mentres que Antonio Seoane chegara con 5 anos do seu Boiro natal (A Coruña) até Bos Aires. Alí intégrase na Federación de Sociedades Galegas e foi un dirixente moi importante dos Comités de Axuda á República. No transcurso da guerra afíliase ao PCE.
A Garda Civil, informada da presenza de Seoane na Coruña, preparou a súa detención. O 10 de xullo de 1948 organízanlle unha trampa nun bar da cidade herculina e é detido xunto á súa compañeira sentimental. Nesa operación represiva caen tamén José Gómez Gayoso; Juan Romero Ramos, obreiro; José Batrina, médico; José Ramos Díaz, xastre; José Rodríguez Campos, obreiro; e catro mulleres, tres delas son: María Blázquez, obreira, á que lle perforaron ou estómago dun tiro; Clementina Gallego, que queda case paralítica dunha perna; Carmen Orozco, mestra nacional, en grave estado con lesión cardíaca.
No amañado xuízo Gómez Gayoso durante 18 minutos, nun discurso de forte contido político, valente e dramático, denunciou ao tribunal que os xulgaban e ao réxime franquista.
De todos os detidos soamente Gayoso e Seoane son asasinados. Durante o tempo que estiveron na prisión, desde todos os lugares do mundo pediuse clemencia e apoio en favor da vida de ambos os dous heroes anti-franquistas.
Gayoso nunha carta á súa muller Concha Abad que residía en Cuba, escríbelle sobre o seu fillo ?Pepe?: «Pídocho, suplícocho, que o eduques como eu quixese facelo, para que el sexa un comunista fiel e honrado como o foi o seu pai. Ensínalle o amor ao pobo, aos traballadores, a España, a patria querida pola que o seu pai deu a vida. Edúcao no respecto e o agarimo aos dirixentes do glorioso Partido Comunista de España, á nosa camarada Pasionaria. Este é o meu último rogo a ti, a compañeira e camarada. Estou seguro, porque es coñecido, porque oes unha persoa honrada, sei que o cumprirás... ».
Na Arxentina a Federación de Sociedades Galegas envioulle unha carta ao Xeneral Perón para que mediase perante o sanguento ditador Francisco Franco, tamén lle chegaron cartas ao Papa para que parase a execución.
Logo de 65 anos aínda non puidemos cumprir os soños de Gayoso e Seoane, despois de tantos anos a impunidade franquista é parte da nosa sociedade. Terá que ser entón a xustiza Arxentina a que repare a memoria destes dous mártires e a de centos de miles de militantes da esquerda asasinados por defender os ideais da República e o socialismo.
La Izquierda
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-11-2013 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Xosé Manuel Beiras, voceiro de AGE no Parlamento galego
Xosé Manuel Beiras Torradohttp://www.crtvg.es/informativos/no-tempo-da-nosa-entrevista-falamos-con-xose-manuel-beiras-668262
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-09-2013 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
R. Suárez Picallo, X. Manuel Beiras e a Fronte Popular.
Ramón Suárez Picallo
* Lois Pérez Leira


A importante declaración de ANOVA ? Irmandade Nacionalista convocando a creación dunha fronte electoral sen exclusións para as vindeiras eleccións europeas é un paso moi importante para ir perfilando unha nova Fronte Popular como en 1936. Naquel entón participaron partidos da esquerda estatal como o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), Partido Comunista de España (PCE), Izquierda Republicana (I.R.) e formacións nacionais como o Partido Galeguista, Acción Nacionalista Vasca (EAE-ANV), Esquerra Valenciana, Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) entre outros. Tamén foron parte desta Fronte os anarquistas, os trotskistas e as centrais sindicais.
A Fronte Popular presentouse en Cataluña, como Front d'Esquerres, nucleada en torno a Esquerra Republicana de Catalunya mentres que en valencia participou co nome de Front d'Esquerres.
No noso país un dos impulsores desta fronte popular será o Partido Galeguista, tendo como animadores principais a Ramón Suárez Picallo e Alfonso D. Rodríguez Castelao.
Co triunfo da dereita en 1933, o panorama político presentábase moi difícil. O 13 e 14 de xaneiro de 1934 o Partido Galeguista convoca a súa III Asemblea na cidade de Ourense. Na devandita Asemblea Picallo enfróntase co sector conservador do partido, representado por Vicente Risco e Otero Pedrayo. Para Picallo o gran inimigo é o fascismo e hai que pór todas as forzas para derrotalo. A III Asemblea de Ourense foi un profundo debate ideolóxico entre dous xeitos distintos de concibir o Partido Galeguista. Picallo e Risco encarnarán estas dúas opcións, que tempo despois darán na escisión da dereita galeguista. Durante a Asemblea Picallo formalizou unha Proposta de Declaración que contou con 70 votos a favor e 1 en contra.
Esta sinalaba a posición que habería que adoptar con respecto á coalición e coordinación cos partidos republicanos e autonomistas de Galiza. No debate di:
"O Partido non pode presenciar impasíbel o retroceso da historia política de Galiza". Na Declaración recóllese: "o ascenso ao poder dos máis encarnizados inimigos das aspiracións autonomistas; inimigos, igualmente, das máis puras esencias do réxime republicano e democrático, e tamén inimigos das conquistas obtidas ou por obter, das clases obreiras, campesiñas e mariñeiras de Galiza, así como do rexurdir integral do espírito da galeguidade ?lingua, arte e cultura?, principios e aspiracións que o Partido Galeguista defende e sostén, por mando do seu programa, e por vontade dos seus afiliados".
Entre os puntos principais desta declaración está o primeiro punto que esixe a máis plena autodeterminación política de Galiza e a defensa do réxime republicano para Galiza. O segundo punto propón un labor conxunta (de todos os partidos que defendan o dereito da autodeterminación,) contra o avance das dereitas. A aprobación das teses de Picallo, sintetizadas nesa Declaración política, vai significar una esquerdización do Partido Galeguista.
En abril de 1935, realizouse en Santiago de Compostela a IV Asemblea do Partido Galeguista; durante as discusións Picallo ten una histórica polémica con Otero Pedrayo. Este debate será parte dos enfrontamentos ideolóxicos entre as distintas correntes internas. Picallo, o expoñente máis claro da esquerda dentro do Partido, dirá nesta oportunidade:
"O problema de marxismo ou anti-marxismo é unha creación arbitraria das dereitas españolas e significa un erro profundo facerlle o coro a tales xentes".
Arredor do marxismo Picallo fai consideracións que demostran un fondo coñecemento do asunto e a utilización deste pensamento na súa análise política. Picallo dirá posteriormente:
"Non renuncio á colaboración con estas forzas políticas. Que dende logo entre Roma ou Moscova, como agora se di, eu sen dúbidas con Moscova..". Para despois engadir: "E se fose católico sería católico, apostólico e galego. O problema no mundo é de marxismo e fascismo. O noso país e un pequeno termo medio. Polo seu liberalismo e constitución económico-social".
Picallo, malia a súa formación marxista, considera que o Partido Galeguista por ser un partido que ten que representar a toda una nación e non se pode decantar por una soa ideoloxía. Pensa que é necesario que neste partido conflúan todas as correntes do pensamento patriótico.
"O Partido Galeguista non é marxista, dende logo, mais a asemblea non pode tampouco facer ningunha declaración nin de marxismo nin de anti-marxismo. Estes son, en Galiza, dous tópicos importados.
O noso Partido é un partido político e como tal ten que vivir a realidade do momento. Hai un problema plantexado que é o de liberdade ou opresión e o Partido non pode dubidar. É un problema circunstancial e de táctica e hai que afrontalo..."
Posteriormente na II Asemblea Extraordinaria do Partido Galeguista, na que tomaron parte máis de 100 representantes, entre os que había delgados da emigración, son proclamados os candidatos a deputados, para integrar as listas do Fronte Popular, os cales foron elixidos por votación dos delegados: Castelao, 1.785 votos. Picallo, 1775. Antón Villar Ponte, 1.771. Alexandre Bóveda, 1.735. Gómez Román, 1.683. Álvarez Gallego, 1.639. Plácido Castro, 1.498. Carballo Calero, 1.416. Otero Pedrayo, 1354. Valentín Paz Andrade, 1.304. Manuel Peña Rey, 1.219. José Nuñez Búa, 828. Sebastián González, 805. Víctor Casas, 680. Álvaro Xil, 569. Enrique Peinador, 534. Xosé Moreira, 352. Ánxel Fole, 312. Ánxel Casal, 287. Xosé R. F. Oxea, 245. Johán Carballeira, 244. Xosé P. Fernández 227. Ramón Vilar Ponte, 212. Francisco Domínguez, 192.
A pesar dos anos transcorridos daquel debate dos nacionalistas e das actuais circunstancias políticas, ambas as dúas etapas históricas teñen puntos de semellanzas. Agora é ANOVA e Xosé Manuel Beiras os que encarnan as posicións frontistas de Picallo e do Partido Galeguista. Naqueles anos non se equivocaran na caracterización do momento político e a necesidade de crear un instrumento unitario contra o fascismo. Na actualidade a regresión democrática do neo-fascismo, require dunha resposta contundente das forzas nacionalistas e as das esquerdas rupturistas, para derrotar á monarquía e garantir o dereito autodeterminación de Galicia.




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-09-2013 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Convite á presentación en Alcalá de Guadaíra de Compromiso LA IZQUIERDA (C-LI)
http://compromisolaizquierda.blogspot.com.es/2013/09/invitacion-la-presentacion-en-alcala-de.html

Á atención de todas as organizacións sociais, sindicais e políticas de esquerdas.


Na Casa da cultura de Alcalá de Guadaíra (Sevilla), ás 16:00 horas do día 5 de outubro, e no marco do 3º Congreso Andaluz de ISA-ISI, terá lugar a presentación do espazo de confluencia política COMPROMISO A ESQUERDA (C-LI).


Trala presentación terá lugar un debate público sobre o papel de C-LI, e das organizacións que a conforman, na articulación dunha gran Fronte Cidadá e Popular de Esquerda.


INTERVIRÁN NO ACTO:


Javier Madrazo. Ex-Conselleiro de Vivenda e Asuntos Sociais do Goberno Vasco e membro da dirección de Ezker Batua - Berdeak (EB-B).


Óscar Lomba. Asesor xurídico da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) e actual co-voceiro e responsábel de Nova Esquerda Galega (NEG), organización membro de ANOVA e AGE.


José Javier Agorreta. Ex-deputado da Asemblea de Estremadura e Voceiro do Colectivo Rede Verde de Estremadura (RV-Ex).


Juan Francisco Luís. Presidente e Voceiro de Converxencia por Estremadura (CEx).


Antonio Criado. Secretario Xeral Federal de Iniciativa Socialista de Esquerda (ISI).


Este debate público que iniciaremos ás 16:00 horas terá continuidade, ata as 20:00 horas, con outros nos que participarán como relatores Luís González do CATP, Carlos Quintero de Republicanos; mais tamén membros destacados das organizacións que conforman Compromiso A ESQUERDA (C-LI).


Os temas que se abordarán nestes debates públicos, ademais do referido á Articulación dunha gran Fronte Cidadá e Popular de Esquerdas, serán os seguintes: 1) A utilidade do sindicalismo en defensa da Clase Obreira. 2) Monarquía ou República como forma de Estado. 3) A vivenda, un dereito irrenunciábel.



Compromiso La Izquierda
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-09-2013 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Concentración en Vigo contra os malos tratos.
Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de VigoA Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo convoca á concentración que terá lugar hoxe xoves día 26 de setembro de 2013 ás 20h. diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO) .
50 mulleres e cativas/os foron asasinadas/os no que vai de ano 2013. Lembremos que non só as mulleres casadas ou maiores de idade sufren a violencia, senón que nenas e mozas de todas as idades son agredidas a diario no noso país.
A Rede unha vez máis vai estar manifestándose contra os malos tratos e os asasinatos das mulleres.
Cómo é habitual lerase un comunicado, nesta ocasión estará a cargo dunha persoa da Rede.
Precisamos do voso compromiso. A vosa colaboración é fundamental que a cidadanía tome conciencia do drama da violencia de xénero cara as mulleres.




Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-09-2013 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Actos organizados pola Asemblea Republicana de Vigo
Asemblea Republicana de Vigo
Manuel Blanco Chivite e Pablo Mayoral Rueda,condeados a morte e a trinta anos de reclusión respectivamente nos derradeiros Consellos de Guerra Sumarisimos de 1975 que asesinaron a Baena, Sánchez Bravo, García Sanz, Txiki e Otaegui, estarán hoxe xoves 26 ás 20 horas no Edificio Municipal do Areal (antigo retorado) para falar ? Da transición á República?
O acto organizado pola Asemblea Repúblicana de Vigo.
Ao dia seguinte, 27 se setembro e ás 18 horas, habera unha homenaxe no cemiterio de Pereiro a Xose Humberto Baena Alonso, no 38 cabodano da súa morte no que estaran tamén presentes Blanco Chivite e Pablo Mayoral.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-09-2013 07:13
# Ligazón permanente a este artigo
Nova Esquerda Galega (NEG) súmase ao 38 homenaxe a Xosé Humberto Baena.
Nova Esquerda Galega
Nota de prensa de NEG

O 27 de setembro de 1975, agonizando o dictador Francisco Franco Bahamonde e mudando de pel a víbora fascista, xa argallaba a estratexia que a levaría a pór a careta de «monarquía constitucional» para que todo, no fundamental, seguise igual.
Mentres incubaba o ovo que procrearía o -mal chamado- «Estado de Dereito», foron fusilados os patriotas vascos Txiki e Otaegi, mais tamén os loitadores antifascistas Sánchez Bravo, García Sanz e o noso compatriota Xosé Humberto Baena, militantes do Partido Comunista de España (marxista?leninista ) e voluntarios da Fronte Revolucionaria Antifascista e Patriota (FRAP).
Nova Esquerda Galega (NEG) súmase á homenaxe a Xosé Humberto Baena que terá lugar no cemiterio de Pereiró de Vigo o vindeiro 27 de setembro ás 18 horas.
Tamén desexamos refrescar a memoria colectiva ao lembrar que se lle acusou de matar a un policía nun xuízo farsa ao que eles denominaron consello de guerra sumarísimo. Non houbo probas nin testemuñas. Nin falta que facía para un fascismo sanguinario necesitado de vítimas propiciatorias que sacrificar para intentar manter o réxime. Porén seguiron preparando a mutación e comezaron a deseñar a careta e o disfrace completo para facer emerxer a IIª Restauración borbónica e así levar adiante o travestismo político seudo-democrático.
Nova Esquerda Galega (NEG) solicita a revisión do xuízo a Baena e a todos os mártires da ditadura franquista. Nova Esquerda Galega (NEG) solicita, tamén, o dereito á verdade para todas as vítimas e as súas familias. Pensamos que teñen o dereito imprescritíbel a coñecer a realidade dos feitos. O Estado español debe adoptar as medidas idóneas para facer efectivo este dereito, incluídas as medidas necesarias para garantir o funcionamento independente e eficaz do poder xudicial, para facer efectivo o dereito a saber e coñecer toda a verdade. Igualmente pedimos dereito á xustiza, pois toda vítima dunha violación manifesta das normas internacionais de dereitos humanos ou dunha violación grave do dereito internacional humanitario, ten dereito a un recurso xudicial efectivo. E para rematar dereito á reparación, xa que as vítimas de xenocidio, violacións manifestas das normas internacionais de dereitos humanos e de violacións graves do dereito internacional humanitario teñen dereito a interpoñer recursos e obter unha reparación. Pensamos que o desagravio e reparación ten que ser proporcional á gravidade das violacións e ao dano sufrido.
Por todo o exposto NEG solicita memoria, verdade, xustiza e reparación!
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-09-2013 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
38 aniversario do fusilamento de Txiki, Otaegi, Sanchez-Bravo, García Sanz y Xosé Humberto Baena
Xosé Humberto Baena AlonsoFonte: Productora do Documental Setembro do 75

http://info.nodo50.org/Homenaje-a-Xose-Humberto-Baena-en.html

Xosé Humberto Baena Alonso, nado en Vigo en 1950. Estudante de filosofía e letras da Universidade de Santiago de Compostela, foi detido unha primeira vez por reivindicar os dereitos dos estudantes e foi absolto. Participou na mobilización estudantil de 1970 polo que foi xulgado polo Tribunal de Orde Pública. Foi membro galego do Partido Comunista de España (marxista-leninista) e integrante dos FRAP. En 1974 participou no lanzamento de cócteles molotov contra unha sucursal do Banco de Bilbao en Vigo en protesta pola execución de Salvador Puig Antich.
Foi detido de novo o 22 de xullo de 1975 baixo a falsa acusación de asasinato. Para o réxime franquista X. H. Baena era o autor do atentado a un policía en Madrid. Foi condenado a morte e executado o 27 de setembro de 1975.
Antes do fusilamento de Xosé Humberto Beana, o seu pai Francisco Baena Fernando escribiu unha carta ao entón Príncipe de España, Don Juan Carlos I, pedindo o seu amparo e comprensión: necesitaba a súa intercesión, para evitar a execución. A resposta non se fixo esperar, nunha carta asinada polo entón Xefe da Casa Real, Xeral Alfonso Armada: aquela petición excedía as atribucións da institución e do Príncipe, recoñecéndose incapaz de axudalo.
Tralos fusilamentos do día 27 de setembro de 1975, o pai de Xosé Humberto, convencido da súa inocencia, decidiu que debía demostrar a inxustiza daquela sentenza. Por unha banda, pretendía descubrir as posíbeis probas que lle exculparan. Por outra, procurar o amparo nalgunha institución do Estado, que recoñecese as flagrantes ilegalidades e deficiencias existentes, desde a detención á execución.
Aínda que as súas intencións eran desatinadas nunha ditadura, en poucas semanas pareceu coma se a historia se puxese do seu lado. Dous meses despois, coa morte de Franco os rumores sobre un posíbel cambio de réxime xurdiron por todas partes. A ?democracia? convertíase na gran esperanza da familia Baena. Porén, a transcendencia pública que tiveron o proceso xudicial e o fusilamento nunha cidade pequena como Vigo, obrigou á familia Baena a vivir rodeada dun incómodo medo e certa marxinación. Ser familiares dun condenado por terrorismo era motivo suficiente para sufrir o desprezo ou os comentarios a media voz.
Aínda que a transición á democracia seguía o seu curso e a ditadura parecía estar liquidada (con cambios importantes como a legalización do PCE, o referendo da Constitución ou as primeiras eleccións xerais), o complexo e fráxil escenario político e social impediu que a loita emprendida por Fernando Baena puidese concretarse dalgún modo. Aínda habería que esperar un pouco máis, pensaba.
Os anos pasaron, e aínda que a ?democracia? quedou establecida, a inestabilidade do país era evidente por mor da delicada situación económica, un exército remiso a perder o seu poder, e por imparábel actividade armada de ETA. Nese contexto, parecía imposíbel que aquela procura de xustiza avanzase.
En 1982 Francisco Baena falecía sen ver avance ningún na súa loita. A testemuña recolleríaa a súa esposa, Estrella Alonso, quen seguiu procurando xustiza para aqueles consellos de guerra de 1975. Até o momento do seu falecemento no ano 2003, non recibiu noticia ningunha respecto diso.
Desde entón é Flor Baena quen loita porque algunha institución recoñeza a inocencia do seu irmán e anule o proceso. Até hai poucos anos, a familia Baena non atopou nunca apoios, nin públicos nin institucionais, e si ameazas e presións para que abandonase a súa reivindicación.
Os avogados da familia Baena presentaron en 2002 un recurso ao Tribunal Constitucional, onde se esixía que aquel consello de guerra de 1975 fose declarado nulo, recoñecendo a inocencia de Xosé Humberto.
A resposta do Tribunal Constitucional en 2004, como noutras denuncias que se refiren á ilegalidade dos procesos xudiciais do franquismo, alude á falta de lexitimidade de devandita institución para valorar procesos que se desenvolveron antes de ser asinada a Constitución en 1978, que outorga os seus poderes a devandito Tribunal.
Ante esta negativa, que resolvía definitivamente a loita xudicial no Estado español, o novo obxectivo foi o Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo. Respecto dun escrito das mesmas características, a resposta tamén foi similar. Este Tribunal non atopa entre as súas atribucións valorar a lexitimidade e legalidade dun proceso xudicial no Estado español, porque en 1975 -devandito Estado- aínda non asinara a declaración dos dereitos humanos. [...]
[...] Segundo a Declaración Universal dos dereitos Humanos e o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos, amparados pola ONU (que o Estado español acepta, apoia, recoñece e utiliza), non poden existir amnistías de ningún tipo en situacións de violacións graves dos dereitos humanos. E a pena de morte é a máis grave de todas elas.
Ante estes graves delitos, esíxese polo dereito internacional ás autoridades de cada Estado o dereito á verdade, a reparación e a xustiza.
Dereito á verdade: as vítimas e as súas familias teñen o dereito imprescritíbel a coñecer a verdade. Os Estados deben adoptar as medidas axeitadas para facer efectivo este dereito, incluídas as necesarias para garantir o funcionamento independente e eficaz do poder xudicial, para facer efectivo o dereito a saber.
Dereito á xustiza: toda vítima dunha violación manifesta das normas internacionais de dereitos humanos ou dunha violación grave do dereito internacional humanitario, ten dereito a un recurso xudicial efectivo.
Dereito á reparación: As vítimas de violacións manifestas das normas internacionais de dereitos humanos e de violacións graves do dereito internacional humanitario teñen dereito a interpoñer recursos e obter reparacións. A reparación ten que ser proporcional á gravidade das violacións e ao dano sufrido. [...]
Desde o ano 2001, Amnistía Internacional da cidade de Vigo apoia a loita de Flor Baena para esclarecer os feitos que desembocaron no fusilamento do seu irmán en 1975.
Realizáronse actos de apoio e presentado comunicados de prensa, téñense promovido mocións no concello de Vigo e escritos e cartas cada ano ao presidente do Goberno, a responsábeis do poder xudicial (xuíces e fiscais), e a moitos líderes políticos. Todo iso, buscando comprensión ou apoio. Como resposta, só obtiveron difusas promesas que nunca se cumpriron.
Flor Baena seguirá a súa loita, apoiándose nalgunhas das reivindicacións que Amnistía Internacional esixe ao goberno español:
Cumprir as recomendacións do Comité de Dereitos Humanos de Nacións Unidas de outubro de 2008, que inclúe: ?prever a creación dunha comisión de expertos independentes encargada de restablecer a verdade histórica sobre as violacións dos dereitos humanos cometidas durante a guerra civil e a ditadura?.
Non opoñer, ante denuncias en sé xudicial, mecanismos de impunidade incompatíbeis co dereito internacional, e eliminar da lexislación española as disposicións sobre amnistía cuxa aplicación puidese pretenderse para impedir a obrigación de investigar crimes contra a humanidade.
Adoptar as medidas necesarias para que as vítimas de graves abusos contra os dereitos humanos poidan exercer o seu dereito á reparación de xeito compatíbel coas normas internacionais.
As intencións da familia Baena, desde hai trinta e cinco anos, son que aqueles xuízos de 1975 sexan declarados nulos e ilegais, as sentenzas condenatorias revogadas, e que se recoñeza a inocencia de todos os acusados.
-Fragmentos extraídos do comunicado de prensa de Amnistía Internacional de Vigo, nº 261208, con data 26 de decembro de 2008.

Derradeira carta de Humberto Baena aos seus pais:
"Papá, mamá: Executaranme mañá de mañá. Quero darvos ánimos. Pensade que eu morro pero que a vida segue. Lembro que na túa derradeira visita, papá, dixéchesme que fose valente, como un bo galego. Funo, asegúrocho. Cando me fusilen mañá pedirei que non me tapen os ollos, para ver a morte de fronte. Sinto ter que deixarvos. Síntoo por vós que sodes vellos e sei que me queredes moito, como eu vos quero a vós. Non por min. Pero tendes que consolarvos pensando que tedes moitos fillos, que todo o pobo é o voso fillo, cando menos eu así volo pido. Lembrades o que dixen no xuízo? Que a miña morte sexa a derradeira que dicte un tribunal militar. Ese era o meu desexo. Pero teño a seguridade de que haberá moitas máis. Mala sorte! Canto sinto morrer sen poder darvos nin sequera o meu último abrazo! Pero non vos preocupedes, cada vez que abracedes a Fernando, o neno de Mary, ou a Manolo facervos á idea de que eu continúo neles. Ademais, eu estarei sempre convosco, asegúrovolo. Unha semana máis e cumpriría 25 anos. Morro novo pero estou contento e convencido. Facede todo o posíbel para levarme a Vigo. Como os nichos da familia están ocupados, enterrádeme, se podedes, no cemiterio civil, á beira da tumba de Ricardo Mella. Nada máis. Un abrazo moi forte, o derradeiro. Adeus papá, adeus mamá. O voso fillo Xosé Humberto?
Kaos en la Red
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-09-2013 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Nova Esquerda Galega apoia a mobilización convocada por ECOAR.
Monarquía NON!!!
Fonte: ECOAR

O vindeiro xoves 26 de setembro a militancia de Nova Esquerda Galega (NEG) participará na mobilización cidadá que terá lugar ás 11:30 horas na porta principal da factoría Citroën en Vigo.
Os príncipes visitarán a cidade de Vigo, e dende o Equipo de Acción de ECOAR))) proponse ?recibilos como se merecen?!! A Monarquía é un tipo de institución que concibe que hai persoas con máis dereitos que outras; que hoxe ademais atópase azoutada por decenas de membros acusados por corrupción; e que, no caso do estado español, ten a gravísima cuestión de que a coroa foi elixida por un xenocida, recoñecido como tal internacionalmente, como é Francisco Franco.
Por esta cuestión convócase a toda a cidadanía na porta principal de Citroën ás 11:30, o vindeiro xoves 26/09/13, e prégase que levedes carteis e obxectos cos que facer ruído, para amosar a nosa repulsa á monarquía.

Nova Esquerda Galega fai un chamamento a toda a cidadanía viguesa a participar activamente neste acto.

Difunde!! Participa!! Actúa!!
Ecoar
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-09-2013 07:50
# Ligazón permanente a este artigo
28-S SAÍMOS Á RÚA EN DEFENSA DA CIENCIA!
Ciencia é futuro!Convocatoria de mobilización do Comité Vigués en defensa da Ciencia!
Fonte: 28-S SAÍMOS Á RÚA EN DEFENSA DA CIENCIA

http://info.nodo50.org/27S-movilizacion-durante-La-Noche.html

"Por agora, cóntanme amigos investigadores que hai balbordo de batas nos laboratorios. Logo de ter recolleito 230.000 sinaturas en defensa da Ciencia, uníronse nunha plataforma, e para comezar sairán á rúa o vindeiro 28 de setembro, todos xuntos: persoal investigador, técnico, de xestión e bolseiro da Universidade de Vigo, OPIs e spin-offs. Nesa data é a ?Alborada dos investigadores?, e a comunidade científica non está para moitas celebracións" (Isaac Rosa)

O vindeiro sábado 28 de Setembro, con motivo da ?Alborada dos Investigadores?, sairemos á rúa para denunciar o desmantelamento da Ciencia en Galicia e no conxunto do Estado español por mor dos sucesivos recortes aos que os últimos gobernos téñennos condenado....

.... porque SEN CIENCIA NON HAI FUTURO!!

Convocamos a toda a cidadanía viguesa a unirse a nós na manifestación que terá lugar no Centro de Vigo: Sairemos ás 11:00 da mañá desde o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)
27S: movilización durante La Noche de los Investigadores
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-09-2013 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0