Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NEG apoia a concentración de repulsa polo dobre asasinato machista.
Loitando contra a violencia machistaNova Esquerda Galega convoca a toda a súa militancia a participar activamente na concentración de repulsa contra a violencia machista e para expresar a nosa indignación e rabia polo dobre asasinato provocado polo terrorismo machista e patriarcal.

ACUDIDE TODOS E TODAS A CONCENTRACIÓN DO XOVES 16 DE XANEIRO ÁS 19:30 HORAS DIANTE DO MARCO DE VIGO

A COORDENADORA COMARCAL DE VIGO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA A DEVANDITA CONCENTRACIÓN DE REPULSA POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE ADELA E MARÍA JOSÉ

Adela Ramos, de 72 anos e María José Suáres López, de 45 anos foron asasinadas polo seu xenro e compañeiro respectivamente na súa casa de Cervo.

Que a indignación de toda a sociedade saia á rúa para rexeitar o cruel asasinato de Adela e María José e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra nós polo simple feito de selo!!.

CONVOCANTES:

Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulleres

Rúa Romil, 20, baixo
36202 Vigo-Galiza
CIF G-15773013

Teléfonos de contacto:
Coord. Nacional: 689159764
Coord. Compostela: 647735737
Coord. Vigo: 698159764
Coord. Ourense: 652140217
Comunicaçom: 698159764
http://www.feminismo.info
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2014 08:19
# Ligazón permanente a este artigo
ENTREVISTA A ADA COLAU. Voceira da Plataforma de Afectados pola Hipoteca - STOP Desafiuzamentos
ADA COLAU, responsábel da PAH - STOP Desafiuzamentos
ENTREVISTA A ADA COLAU.

"Hai que reivindicar a política e a democracia, que nolas secuestraron"

Voceira da Plataforma de Afectados polas Hipotecas ? STOP Desafiuzamentos.

Fonte: Nueva Tribuna
| Por Orencio Osuna | Foto de Joan Guerrero.

(Tradución ao galego para A Voz da Nova Esquerda: Xoel V. S. López)

http://www.nuevatribuna.es/articulo/espana/reivindicar-politica-y-democracia-nos-han-secuestrado/20140114104157099915.html


Ada Colau conseguiu, á fronte da Plataforma de Afectados polas Hipotecas, mobilizar as conciencias da maioría dos cidadáns ante unha das consecuencias máis lacerantes do estoupido da burbulla financeira. As mobilizacións contra os desafiuzamentos masivos protagonizadas pola PAH en toda España, foi a resposta á crise que gozou, quizais, do maior unanimidade e simpatía popular. Ada Colau reflexiona sobre a experiencia e as leccións desta loita.


Orencio Osuna | As mobilizacións contra os desafiuzamentos masivos protagonizadas pola PAH en todo o estado, foi a resposta social á crise que gozou, quizais, de maior apoio e simpatía dos cidadáns, xunto á defensa da sanidade e a educación pública.

Conseguiches un éxito indiscutible en termos de representación social e unha enorme capacidade de situar o foco de atención nunha das consecuencias máis sangrantes do expolio e os abusos do sector bancario, baseados nunha lexislación inxusta e abusiva. Concretamente, a túa intervención no Congreso dos Deputados, cando cualificaches como unha acción criminal -con todas as letras- o que está facendo o sistema bancario, seguramente foi compartido por millóns de cidadáns españois e provocou unha onda de apoios en toda a sociedade. Por fin, alguén lles dicía á cara e sen andrómenas aos representantes bancarios algo que pensa a inmensa maioría dos cidadáns. Trátase de acto moi relevante de liderado social, que levou agora mesmo á PAH a gozar dun dos índices de popularidade e de apoio máis grande que hai nestes momentos na sociedade española.

Ada Colau | Fixéronse moitas enquisas sobre iso. Eu creo que a enquisa máis significativa fíxose despois da campaña dos escraches -que foi logo de conseguir un millón e medio de sinaturas para promover unha Iniciativa Lexislativa Popular- e tras sufrir unha campaña de criminalización e acoso que fixo o PP utilizando os seus medios de comunicación afíns. Pois ben, a enquisa arroxaba o dato de que o 70% de votantes do PP apoiaba a campaña de escraches e á PAH. Logo desa campaña de criminalización -na que mesmo algún tivo a desvergoña de compararnos con ETA- ter ese índice de popularidade é bastante significativo da opinión que ten a poboación dos bancos e da acción cidadá para enfrontarse a eles.

Orencio Osuna | Pero a vosa capacidade de mobilizar ás vítimas dos desafiuzamentos e de sintonizar coa maioría da sociedade non xorde da nada, senón que é o froito do traballo de moitos anos.

Ada Colau | Quen fundamos a plataforma, fixémolo en febreiro de 2009, hai cinco anos aínda que vén dunha experiencia anterior, dun activismo polo dereito á vivenda e dunha experiencia anterior que foi V de Vivenda. Pero a constitución formal foi en febreiro de 2009, e o que foi unha experiencia mínima en Barcelona, ten agora 200 núcleos en todo o Estado, uns máis pequenos e outros máis grandes, como Barcelona, Madrid ou Valencia.

Orencio Osuna | Cal serían os fitos máis importantes destes catro anos de loita e organización do voso colectivo?

Ada Colau
| En termos cuantitativos, que son os menos importantes desde o meu punto de vista, aínda que non sexan menores, logramos parar ao redor de 1000 desafiuzamentos. Conseguimos miles de dacións en pagamento e alugueiros sociais, temos realoxado a moitas familias na obra social, recuperamos 15 edificios de bancos e temos realoxado aí máis de 800 persoas. Penso que conseguimos unha mobilización do poder xudicial sen precedentes, con sentenzas como a do Tribunal de Luxemburgo que declarou como abusivas as cláusulas das hipotecas e que está abrindo novos camiños xudiciais para defenderse deses abusos. Pero para min o máis difícil de todo, o principal motivo de orgullo e a principal vitoria da PAH -e quizais o mais difícil- foi cambiar o estado de animo da poboación e de moitas persoas que se atopaban completamente deprimidos e convencidos que non podían facer nada contra un sistema poderoso que os desposuía das súas casas. Moita xente decatouse de que podía loitar e que podía resistir. A PAH a quen mobiliza é aos desafiuzados, literalmente, non só das vivendas, senón os desafiuzados polo sistema, que tiñan a autoestima polo chan. Cando nós empezamos a PAH contra uns bancos que teñen moito poder, resultou que o principal obstáculo era o propio estado de animo dunhas persoas que se sentían avergoñadas, sen esperanza, culpabilizadas. A maior das vitorias para nós é, sen dúbida ningunha, terlle dado a volta a ese sentimento de impotencia e crear un imaxinario colectivo no que a xente descobre que, se se xunta cos demais, ten moito máis poder do que nos fixeron crer.

Orencio Osuna | A PAH conseguiu unha cousa moi significativa e que pode ser unha experiencia moi útil para outros movementos sociais. A sentenza do Tribunal de Luxemburgo declarando que a lexislación hipotecaria española permite cláusulas abusivas é moi importante xa que permitirá que os tribunais españois -ou cando menos os xuíces de boa vontade- non se acollan a un cumprimento estrito e formalista da lei. Pero ademais parece indicar que aínda quedan restos do estado de dereito en certos sectores do poder xudicial español e europeo. A sentenza de Luxenburgo faise grazas ao recurso do xuíz Fernández Seijo sobre o caso de Mohamed Aziz ou, recentemente, o Tribunal Superior de Madrid paralizou a privatización da sanidade pública madrileña. Vosa experiencia é trasladábel a outras mobilizacións e mareas sociais?

Ada Colau | Moitas veces convídannos a dar charlas e pregúntannos, cal foi a receita máxica para que a PAH funcione? En realidade a PAH é froito de aprendizaxes previas, non nace como unha seta, vimos de mobilizacións previas onde aprenderamos algunhas cousas, así que deseñamos a PAH de xeito un pouco máis complexa que outros movementos nos que participaramos polo dereito á vivenda. Desde o primeiro día pensamos que a nosa acción debíase mover nunha multiplicidade de niveis e combinando os obxectivos a curto, medio e longo prazo. Buscamos unha incidencia política facendo propostas de lei; unha incidencia xudicial, interpelando ao poder xudicial; esiximos resposta a todos os niveis da administración, concellos, comunidades autónomas e Estado. Tamén recorremos a tutela da defensa xurídica, por medio de estratexias de negociación cos bancos. E cando todo isto fracasa non dubidamos en usar a desobediencia civil, como é obstaculizar o lanzamento dun desafiuzamento. A desobediencia civil como mecanismo que non só evidencia o conflito social, senón como resposta ás necesidades urxentes da xente que sofre problemas na rúa. A PAH tivo unha estratexia desde o primeiro día complexa e enfocada a esgotar todas as vías posíbeis porque sabiamos que estabamos ante unha situación de urxencia e, doutra banda, que nos enfrontabamos aos maiores poderes fácticos. Eramos conscientes que non ía ser unha loita duns días e que non ía ser fácil. Respecto da vía xurídica, teño que dicir que a empregamos sen inxenuidade, é dicir, sen que se nos escape que tanto a elaboración das leis como a súa propia aplicación por parte dos tribunais e xuíces depende sempre dunha correlación de forzas sociais e da opinión que predomina na sociedade. En realidade, cando se empezaron a mover as cousas xudicialmente de xeito significativo foi cando se visualizou na opinión pública o problema social e a inxustiza que hai detrás dos desafiuzamentos. Penso que os xuíces mobilizáronse porque houbo unha mobilización cidadá sen precedentes. A vía xudicial foi para a PAH unha estratexia moi importante, sen dúbida ningunha, pero non podemos poñer nela todas as nosas esperanzas. En realidade, agora estamos perante unha crise democrática sen precedentes, onde as propias institucións sáltanse as normas constantemente, a corrupción xeneralizada é boa proba diso. A mesma sentenza do Tribunal de Luxemburgo é unha sentenza que ten moitísima importancia, pero que o goberno do PP ignora completamente. Producíronse 500.000 execucións hipotecarias de xeito ilegal incumprindo unha normativa comunitaria obrigatoria desde hai 20 anos e o goberno de Rajoy mantén en silencio absoluto. Nin revisa eses expedientes nin fai nada de nada, mentres miles de persoas quedan condenadas para sempre por mor dunha normativa hipotecaria declarada abusiva ou contraria ao dereito comunitario. Temos a convicción de que ten que haber unha mobilización social masiva e constante para que os tribunais e as leis obedezan ao interese xeral e os dereitos dos cidadáns, porque, se non, eses mesmos tribunais e esas mesmas leis execútanse segundo os dictados da troika e dos poderes económicos.

Orencio Osuna | En moitos ámbitos da vida política e social española estase a producir un choque entre a legalidade entendida como un formulismo inmutábel e unha lexitimidade social que esixe uns dereitos. Historicamente, as leis modifícanse e cambian en función da sensibilidade das maiorías sociais. De feito sempre houbo unha lexislación descaradamente determinada polos intereses non xa da banca, senón do conxunto de empresas oligopólicas que dominan a economía española e parasitan o Estado. Pola contra, outros dereitos sociais como o dereito ao traballo, á saúde á educación ou á vivenda, que están establecidos constitucionalmente, ao parecer non teñen a mesma prevalencia. Penso que o voso movemento é perfectamente consciente que deter nos tribunais 1000 ou 2000 casos de desafiuzamentos é moi importante, un exemplo extraordinario para o conxunto da sociedade, pero, á súa vez, cambiar os fundamentos que xeran estas inxustizas esixe unha converxencia con outras loitas sociais?

Ada Colau | Esa reflexión está na mesma xénese da PAH. Cando comezamos, tiñamos moi claro que o problema non era das hipotecas unicamente, senón do modelo. Nin sequera se trata só da mercantilización da vivenda, esquecendo que a vivenda tamén é un dereito social. A situación dáse nun modelo económico que é o capitalismo financeiro ultra-liberal e nunha democracia secuestrada. A PAH xa denunciou a burbulla inmobiliaria os anos anteriores, cando o Goberno negaba a súa existencia. Sabiamos que o problema viña dunha estafa moito máis ampla. De feito, creamos a PAH pensando en que había unha situación de urxencia na que a punta do iceberg dese modelo serían as execucións hipotecarias. O modelo da burbulla baseábase nunha política agresiva da banca para que o acceso á vivenda baseásese nun sobre-endebedamento insostíbel que acabaría estalando e derivando nunha avalancha de execucións hipotecarias e desafiuzamentos. Pensamos que o estoupido ía afectar a moita xente non politizada que crera facer o máis normal e o máis prudente das súas vida, que era comprarse unha casa, que facían o que facía todo o mundo e recomendaba a banca coa súa publicidade e aconsellaban mesmo os responsábeis públicos. De súpeto esas persoas pasan desa seguridade, prudencia e tranquilidade a que todo sae polo aire e que, inda por riba se lles culpabilice e criminalice e se lles diga que viviron por riba das súas posibilidades. Por iso, puxémoslle o nome de plataforma de afectados polas hipotecas e, como subtítulo, engadímoslle afectados pola burbulla e polo dereito á vivenda. Desde o primeiro día esiximos unhas medidas de urxencia, de choque, como unha moratoria dos desafiuzamentos, aluguer social das vivendas baleiras, dación en pagamento para cancelar a débeda. Pero xa diciamos que había un problema mais amplo e que había que cambiar as regras do xogo. Se moita xente se hipotecou é porque o mercado de alugueiros social foi inexistente e, á súa vez, a lexislación hipotecaria está desregulada. Todo ten que ver co modelo produtivo, económico do país, de feito a burbulla inmobiliaria está no mesmo corazón da crise economía e política. A perda de emprego masivo está directamente vinculado ao estoupido da burbulla, o rescate bancario igual, os recorte sociais débense a esa burbulla inmobiliaria e bancaria, polo que todos os cidadáns estamos afectados polas hipotecas dun modo ou outro. A burbulla inmobiliaria gozou de certo consenso social, coa aparencia de que todos saïamos gañando se todos apostabamos pola propiedade como única forma de acceso á vivenda. Mesmo os socialistas defendíano como a medida máis progresista do mundo, así ata os pobres podían ter un patrimonio e deixarllo aos seus fillos. Co estoupido da burbulla todo iso crébase, destápase o engano e os pobres acaban sendo mesmo máis pobres que antes de hipotecarse. Ao romperse o espellismo, tamén é o momento de debater ese modelo, esa lambetada da sociedade de propietarios de vivenda resulta que non é máis que un engano para ternos a todos domesticados con débedas que poden chegar a 40 ou 50 anos.

Orencio Osuna | A loita da PAH sintonizou cunha maioría social porque demostrou vontade de non someterse ante unhas leis inxustas, sen descartar a desobediencia civil. Pero xunto a iso, a organización de escraches, malia as críticas da dereita, permitiu sinalar que a crise ten culpábeis concretos, persoas con nome e apelido que se enriqueceron impunemente ou que foron cómplices necesarios da catástrofe que sofren grandes sectores da poboación española. A estratexia da PAH cos escraches, con non deixarse crebar a noca ou romper o pescozo pola linguaxe politicamente correcta, foi quizá un dos elementos mais exemplares da vosa loita para moitos outros sectores. Moitos cidadáns séntense identificados cando dicides: culpábeis son estes señores, criminais son estes señores, eses son os que levaron os cartos, eses son os seus cómplices, un chámase Rato, outro Blesa, outro Pons?

Ada Colau | A campaña de escraches, creo que foi un enorme éxito, pero tamén por elixir ese momento para facelos. Cando interpelas ao sistema para que dea resposta sobre as súas regras e de súpeto vemos que o rei esta espido e que quen goberna sáltase as regras constantemente para beneficiar a unha minoría, a custa da maioría. Cando se recollen millón e medio de firmas para unha ILP, fanse propostas de lei e sempre están os mesmos que as bloquean para manter eses privilexios, entón é cando ten todo o sentido esa campaña de escraches. Cando estala todo isto, o poder de xeito perverso, pon os mecanismos de propaganda a traballar para xerar un discurso de responsabilidade no que os máis vulnerábeis e os que o perderon todo, son os principais responsábeis do que nos ocorre. Deste xeito comezamos a escoitar día e noite nos faladoiros dos medios de comunicación, incluso os responsábeis políticos que neste país, todo o mundo quixo vivir por riba das súas posibilidades, que temos o que nos merecemos, que aquí todo o mundo quería vacacións no caribe... É dicir un claro intento de culpabilizar que permite desviar a atención dos auténticos responsábeis. Penso que o escrache serve para renomear aos responsábeis, pero non sería posíbel coa forza que se fixo, se antes non se esgotaron todas as vías de interpelación aos responsábeis e se non se fixo unha proceso de empoderamento como a que fai a PAH desas vítimas que están absolutamente culpabilizadas e avergoñadas. Cando nós comezamos, os afectados pola hipoteca eran todo o contrario a un suxeito a piques de mobilizarse, a xente estaba a piques de tirarse pola fiestra ou cortarse as veas, non pensaba en protestar por que nin sequera era consciente que estábanse vulnerando os seus dereitos. A xente estaba máis preocupada de que non se decatasen os seus familiares e veciños do que lle estaba pasando, non polo feito en si mesmo. Vivimos nunha sociedade doente e cando temos que mobilizarnos para defender os nosos dereitos vemos que non temos ferramentas para facelo. Non temos as redes sociais e veciñais que tiñamos antes e iso nos desarma completamente. A PAH é un humilde intento de unificar esas redes sociais para empezar a renomear a realidade colectivamente, porque ese é o paso previo a calquera campaña de mobilización, logo, claro, o máis vistoso é parar desafiuzamentos, facer escraches, iso é o que sae nos medios, pero o máis difícil de todo non é iso, senón empoderar a xente que só pensaba tirarse pola fiestra.



Orencio Osuna | Estamos asistindo ao desmontaxe de conquistas sociais, de dereitos e de equipamentos públicos a escala, como mínimo, europea. Trátase do modelo ultraliberal que queren impoñer a Europa os sectores dominantes, para competir na nova globalización capitalista. Segundo ese modelo, Europa non pode ser competitiva se non é botando á xente das súas casas, deixándolles sen emprego, sen pensións públicas, sen unha sanidade pública, ... En España ?á marxe de que haxa máis desemprego e que parte dun raquítico estado de benestar? está tensándose moitísimo a estrutura política que saíu despois do franquismo, o chamado réxime da transición. Agora as tensións da crise evidenciaron que algunhas herdanzas do franquismo seguían «vivas e coleando». O mesmo aparello xudicial que se deixou case intacto, os privilexios dos sectores económicos que existían durante o franquismo, a impunidade, o uso do Estado para crear redes corruptas que chegaron a afectar á propia familia real. Pensas que ese cúmulo de desastres abócanos a un novo paradigma de funcionamento do Estado capitalista con menos democracia, con menos dereitos sociais, con menos servizos públicos?

Ada Colau | Creo que está claro. Vimos de décadas dun neoliberalismo que o poder intentaba aínda maquillar, disfrazar dunha certa lexitimidade da democracia representativa. Agora xa non, agora o rei está espido, todo o mundo coñece a chamada porta xiratoria pola que os altos cargos do Estado, os ex-ministros e ex-presidentes do Goberno -tanto do PP como do PSOE- pasan con descaro aos consellos de administración das eléctricas, das entidades financeiras, das grandes empresas e as súas lobbys. Dicíao unha xornalista, Olga Rodríguez, cunha frase moi acertada, estamos nunha guerra, pero nunha guerra sen balas. Pero é unha guerra, unha guerra declarada -na linguaxe do 15M-, dos arriba contra os de abaixo. Unha das mellores definicións sobre o que está pasando no mundo fíxoa Naomi Klein e o que denominou a doutrina do shock. Aquí estamos vivindo o que se viviu en América Latina coas neoliberais dos Chicago boys. En España estamos sufrindo un experimento coas políticas de recortes co que nos están dando por todos lados, a ver ata onde aguantamos. Efectivamente, hai un colapso en moita xente -un estado de shock- que está máis pendente de sobrevivir ante tanto golpe que de protestar. Ademais existe unha novidade respecto de décadas anteriores xa que desde que caeu o muro de Berlín, repítennos que só hai capitalismo no mundo. Estamos no capitalismo global sen alternativas, gústeche máis ou che guste menos e, xa que logo, o que cada individuo debe facer é buscarse a vida e sobrevivir como poida. Ese é o patrón ideolóxico do neoliberalismo. En España iso vese agravado polo lastre de moitos anos de ditadura que a Transición non acabou de superar e que xera un certo medo a organizarse. O meu avó dicíamo ?non busques problemas, procura un traballo fixo?... por ese medo á mobilización. Cando nos intentaban criminalizar cos escraches e chamábannos terroristas desde o PP estábannos ameazando con esa mesma receita: ?como destaques, como sinales, imos por ti?. A Lei de Seguridade Cidadá que pretende aprobar o PP obedece a ese obxectivo que se basea en provocar o medo á represión, ao cárcere e as multas millonarias. En parte pola mala Transición e en parte pola sociedade do consumo, impediuse que a sociedade sexa capaz de organizarse para afrontar os seus problemas senón que se estimularon os valores do individualismo e da competitividade. Mentres que formas clásicas de organización como partidos políticos e sindicatos maioritarios están claramente en crise xunto co réxime. Non é simplemente que os partidos maioritarios estean máis manchados pola corrupción ou participen máis dunhas políticas antisociais que outros partidos minoritarios, é que hai algúns que son máis responsábeis que outros polas responsabilidades públicas que veñen a ter. Realmente as estruturas de participación deben cambiar. Non quero dicir que o tiremos todo pola borda, haberá que aproveitar o que se fixo ben no pasado e o que poida servir, pero claramente téñense que actualizar esas formas de participación. Temos, xa que logo, unha profunda crise de formas de participación, ás novas xeracións non lles ensinaron a organizarse para participar, pero temos unha vantaxe: somos maioría. E outra boa noticia é que fronte á mentira do discurso da austeridade, en realidade recursos hai máis que nunca, cada día estanse tirando toneladas de comida, hai millóns de vivendas baleiras, co cal non pódennos vir coa escusa de que non hai recursos, os recursos están aí, trátase de darlles unha función social en lugar de que sirvan para especular e enriquecer a uns poucos. Efectivamente, estamos nese contexto de excepcionalidade, eu tamén estou de acordo que, tendo en conta esa lectura de contexto, isto non é unha crise e xa está e polo tanto non hai que esperar que pase. Isto é unha crise de réxime e non volveremos xamais a como estabamos e podemos estar aínda moito peor de como estamos. Agora podemos ir a unha versión contemporánea do feudalismo con masas de poboación escravizadas que aínda que teñas tres traballos non poidas chegar a fin de mes, podemos ir a moito peor sen dereitos básicos, sanidade, educación, nin vivenda, nin nada garantido ou podemos ir a moito mellor reinventando e facendo unha nova fase de radicalidade democrática. Pero iso depende de que realmente haxa unha implicación cidadá e iso non vai ser cousa de dous días, senón un proceso longo de aprendizaxe, de ensaio e erro, haberá dous pasos cara adiante, un paso cara atrás, haberá momentos moi duros e haberá que organizarse para facerlles fronte. Quen ten o poder vaise a defender dos ataques e vai defender os seus privilexios.

Orencio Osuna | Hai fenómenos novos nesta crise, pero mantéñense vivas as vellas preguntas que noutras épocas formularon outras xeracións que querían transformar un mundo baseado na desigualdade e no dominio dos poderosos. Pero a cuestión hoxe non é só denunciar esa situación ou analizala, senón que facer? como crear novas maiorías sociais capaces de construír alternativas na cultura política, na conciencia social? Como cambiar o poder político nas institucións existentes, nos gobernos, nos concellos, na mesma UE? Como se fai para superpor ou inserir o que son os mecanismos de representación política, de goberno, das institucións, coa sociedade en movemento?

Ada Colau | Temos un grave problema, temos moita présa por botar aos corruptos do poder e aos oligarcas e ao mesmo tempo necesitamos tempo porque se forzamos determinados procesos pode ser moi contraproducente. Penso que debemos organizarnos socialmente á marxe do poder político, da representación política. Houbo un grave déficit nestas últimas décadas de organización social. Por exemplo, o movemento veciñal foi á baixa, os sindicatos maioritarios entraron na dinámica do pacto constante, o mundo do traballo cambiou radicalmente, xa cada vez hai máis xente que está fóra da representación sindical e, a realidade é que todo ese tecido non foi renovado por outras formas organizativas. Produciuse unha especie de pacto tácito segundo o cal a cambio da sociedade do consumo e unha mínima sociedade do benestar, a xente se despreocupaba da política e limitábase a votar cada catro anos. Iso levounos a un fracaso rotundo e radical e diso hai que aprender como sociedade. A democracia necesita unha constante mobilización, vixilancia do poder e as institucións e iso precisa de organización social con vocación de permanencia, máis aló de conxunturas concretas. Pero, doutra banda, temos outra urxencia que é a de que para sacar aos corruptos do poder hai que levar adiante a loita tamén na area política institucional e iso vai ser unha tarefa fundamental. O que teño claro é que a loita electoral non ten que suplir á organización social, son dous camiños paralelos, que nalgún momento terán que estar comunicados pero non creo que un teña que suplir a outro, nin que se teñan que fusionar porque ese erro xa se cometeu moitas veces e aínda se está pagando. Hai que facer as dúas cousas e vainos faltar tempo para ambas as dúas.

Orencio Osuna | A democracia representativa quedou claro que está limitada, aínda que supoña historicamente un progreso respecto de as monarquías absolutas ou os réximes ditatoriais. En todo caso, o que si parece evidente é que hai moitas persoas que queren cambiar as cousas, que teñen como norte a loita pola igualdade, a loita por unha maior xustiza, por unhas formas de vida adaptadas á realidade do planeta, a unha cultura político-social que se chamou esquerda desde a revolución francesa. Hoxe é importante non deixarse arrebatar a palabras como a democracia ou política. Durante un longo tempo o que é democrático ou non é democrático, dicíao a CIA, o departamento de Estado, a autodenominada comunidade internacional, coas súas guerras, coas seus Snowden, coas manipulacións dos mecanismos do poder económico? Tamén a política quíxose converter en algo sucio, en algo para elites corruptas, cando en realidade a política é o espazo do público por antonomasia. Pero, insisto niso, seguramente vaise a convivir durante un longo periodo no mellor dos casos?

Ada Colau | Non hai que caer no discurso da anti-política porque iso é o que lle convén aos corruptos. Hai que facer unha reivindicación da política, que nola secuestraron, igual que a democracia. Debemos reivindicar esas verbas, facelas nosas, actualizalas e darlles contido. Os peores inimigos da democracia hoxe lamentablemente están entre os que se supón que son representantes desa democracia que a traizoan constantemente no día a día. Era moi significativo cando comparecín no Congreso é que moita xente parábame na rúa para felicitarme porque ao fin alguén dixese -o que moitos pensan- no Congreso. Porque creo que a xente está afeita a que, a que se supón que é a máxima institución representativa, ninguén asuma a representación do que moitos cidadáns pensan. Era por fin escoitar o que todos pensamos no Congreso. Pero iso non quere dicir, segundo penso, dicir que non teñamos que reivindicar a democracia. Hai experiencias en América Latina, en Islandia, en moitos outros lugares que nos permiten imaxinar que na democracia en España podería ser moito mellor. Son necesarias novas formas de participación política, pero iso non quere dicir, como algúns demagogos pretendían atacar ao 15-M, vivir en asemblea permanente, senón que a representación política debe de estar sometida a controis aínda que precise dunha certa funcionalidade. O que non é aceptábel é unha democracia con decisións e estruturas absolutamente opacas, sen incompatibilidades, que impidan a corrupción da porta xiratoria, que non exista unha lexislación sobre a transparencia da administración, ou dos orzamentos públicos. Necesitamos unha democracia participativa na que se poidan facer referendos e consultas cidadás sobre temas cruciais que concirnan aos cidadáns. Débese recuperar a política como representación do interese xeral e non un lugar onde catro rubes fórranse a costa de mandar á ruína á maioría da poboación.

Orencio Osuna | Xa que logo, para a solución aos problemas da nosa sociedade está a política?

Ada Colau | Na política, no sentido máis amplo, porque evidentemente hai que cambiar as regras do xogo, e iso tamén pasa polo ámbito institucional e por botar aos corruptos do poder. Pero eu insisto, aínda que gobernasen os nosos e con mellores regras do xogo, faría falta sempre unha sociedade forte organizada, que estea permanentemente vixiando ese poder que nunca se vai a autolimitar ou autovixilar por si mesmo.

Orencio Osuna | O réxime que sae da transición ten fendas cada vez máis visíbeis. A dereita conservadora simula que o réxime actual vai de marabilla e que non necesita cambios de ningún tipo, cando paradoxalmente foron eles os que se opuxeron á Constitución do '78. Pero outras propostas propugnan unha reforma da Constitución -como é o caso do PSOE- ou un novo proceso constituinte como formularon sectores da esquerda alternativa. Sen dúbida ningunha un dos factores máis decisivos desta crise política é que grandes sectores da sociedade catalá suscítanse a independencia de Cataluña do Estado español. Que impacto ten na loita social este proceso? Observas un distanciamento cos movementos sociais doutros territorios?

Ada Colau | A favor ou non da independencia como voceira da PAH non podo nin debo pronunciarme. Pero o que si vexo é que claramente o independentismo gañou moito peso en pouco tempo en Cataluña e que chegou a sectores que antes non eran nacionalistas. Penso que existen como mínimo dúas razóns que explican este proceso: un moi importante é que moita xente ve a independencia como o camiño máis rápido para acabar con este réxime e, segundo, doutra banda, vexo tamén que o que máis se está mobilizando é ese anhelo- tamén compartido máis aló de Cataluña- de radicalidade democrática, é dicir, de que queremos decidir sobre a forma de Estado e sobre o que sexa. O que non vexo é que haxa unha separación ou confrontación de poboacións. Outra cousa é como as estruturas políticas vellas e os intereses económicos -desgraciadamente non tan vellos-, vician ese debate cos seus intereses. Cando me preguntou xente en charlas fóra de Cataluña sobre esta cuestión, moitos se sorprenden cando lles falas dun debate centrado na radicalidade democrática. Desgraciadamente a través dos medios de comunicación de masas estase intoxicando coa idea de que en Cataluña hai un discurso de odio aos españois- que xamais vin eu en ningunha realidade cotiá-. O debate sobre o dereito a decidir non debe ser un tabú e de feito cada vez hai máis xente de movementos sociais do Estado que perciben ese debate como unha oportunidade para afrontar xuntos en todo o Estado español o obxectivo dunha democracia máis participativa e radical.



Orencio Osuna | Estamos ante un novo ciclo electoral. As eleccións europeas, despois as autonómicas, as municipais, as xerais, supoño que entre medias en Cataluña tamén haberá eleccións. Ti demostraches unha gran capacidade de liderado, non de boca para fóra, senón nun verdadeiro liderado social que non se pode deseñar por estrategas de comunicación. Os cambios en España necesitan novos liderados. Necesítase xente que se comprometa na construción dunha nova maioría política, social e electoral. Pensas participar nos procesos electorais que se abren?

Ada Colau | Pero este asunto non se debe abordar coma se tratásese de fichaxes individuais para listas electorais, porque se non o que se fai é descabezar, despoboar aos movementos sociais de xente. Penso que si en algo é útil a miña visibilidade foi porque sempre encarnei valores colectivos. Se nalgún momento existisen procesos amplos e colectivos que consideran que podo ser útil aquí ou alá pois me podo suscitar a miña participación. Pero será porque haxa un proceso colectivo real que se suscite dar ese paso, non porque a Colau créase que é unha iluminada. De feito propuxéronme participar nas últimas eleccións catalás, pero rexeiteino. Paréceme amplamente demostrado que agora mesmo a PAH conseguiu moito máis en materia de vivenda fóra do parlamento que dentro malia que hai cada vez máis forzas que apoian as nosas demandas [nas institucións]. Pero o Parlamento foi a última das instancias en reaccionar, a máis lenta e a máis ineficaz. Nós temos promovido un mecanismo de defensa do dereito á vivenda que funcionou mil veces mellor. Iso non quere dicir que non haxa un momento en que haxa que suscitarse o tema institucional colectivamente, insisto, pero iso terá que ser un proceso amplo que se cadra non é cuestión nin dun ano ou de dous, senón máis a longo prazo. O que teño moi claro é que eu soa non teño ningún valor político en ningures se non está asociado ao colectivo. Cada un pon a disposición do colectivo as súas habilidades, eu son máis visíbel porque quizais teño máis facilidade de palabra e porque estou no movemento desde o principio. Eu soa, nin organizaría a PAH, nin pararía mil desafiuzamentos. Todo o importante que eu poida encarnar conseguiuse colectivamente, non o conseguiu Ada Colau e, polo tanto, teño moi claro que o valor é o colectivo, non unha soa persoa.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-01-2014 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Cara a unha democracia autoritaria: tomarse en serio a desobediencia civil
Policia AntidisturbiosJuan Manuel Brito Díaz

http://juanmanuelbrito.wordpress.com/2013/11/21/hacia-una-democracia-autoritaria-tomarse-en-serio-la-desobediencia-civil/

(Tradución ao galego para A Voz da Nova Esquerda: Alberte Cid García)

Nestes días coñecemos a través dos medios de comunicación as intencións do Goberno do PP de impulsar unha Lei de Seguridade Cidadá, que contería medidas punitivas en relación con determinadas accións de protesta. Trataríase, segundo estas primeiras informacións, dun endurecemento da actual lexislación coñecida como Lei Corcuera (1992), que pasaría de conter 39 infraccións a 55, das cales 21 serían consideradas moi graves. Con esta nova Lei de Seguridade Cidadá, tal e como recoñece o propio Secretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez, ?as sancións que antes eran faltas e que tiñan sancións penais agora incorpóranse á lei administrativa?.

Isto, que nun principio pode parecer un avance, ao converter o que antes era un proceso penal nunha sanción administrativa, supón en realidade unha maior indefensión para os cidadáns xa que deixa en mans da Administración, o que antes estaba en mans do poder xudicial. E lembremos que na contenda política, o obxecto das demandas adoitan ser os gobernos e os gobernantes, que con esta nova lei converteríanse en xuíz e parte, o que sen dúbida tería consecuencias graves desde o punto de vista democrático. Doutra banda, hai que ter en conta que gañar un recurso contra o Estado é moi difícil, ao que se engade que un proceso administrativo como este podería supoñer unhas taxas de preto de 2000 euros, mentres que o penal é de balde.

A proposta, entre outras cousas, pretende converter os escraches, a gravación e difusión de imaxes de policías en acto de servizo, as protestas sen permiso perante o Congreso, o Senado, os parlamentos autonómicos e os tribunais en faltas administrativas ?moi graves?, multadas con ata 600.000 euros. Pero non só participar na protesta sería obxecto de castigo; tamén aqueles que a convocaron a través de Internet, as redes sociais ou calquera outra vía poderían ser sancionados por cometer unha infracción moi grave. As posibles multas para uns e outros oscilarían entre os 30.001 e os 600.000 euros, segundo o Ministerio do Interior.

A proposta impulsada polo ministro, Fernández Díaz, non colle por sorpresa a activistas sociais e analistas políticos. Desde que accedeu ao cargo o Ministro do Interior cambiou as formas de actuación policial en relación ás protestas sociais e, nunha estratexia evidente de deslexitimación, iniciou unha campaña de declaracións públicas que anunciaban cambios lexislativos. Durante a Folga do 29 de marzo de 2012 declarou que convocar unha protesta que acabase en disturbios sería delito. Asemade, advertiu que a resistencia pasiva tamén estaría incluída no novo Código Penal. Desde o seu acceso ao Goberno hai dous anos, o Partido Popular, presentou as mobilizacións como problemas de orde pública, coas conseguintes prohibicións de manifestacións, trabas dos percorridos, imposición de horarios, ...

Entre 2011 e 2012 o número de manifestacións prohibidas aumentou nun 35%, segundo fontes do propio Ministerio do Interior. Como salientou Donatella Della Porta, ?o que unha acción de protesta se defina como o exercicio dun dereito cidadán ou como unha alteración da orde pública ten consecuencias importantísimas para a lexitimación dos actores?. Non hai que esquecer que actualmente, ante a crise de credibilidade dos partidos políticos, son os movementos sociais e as novas redes de protesta, as que gozan dun importante respaldo social.

Nos últimos anos, viñéronse producindo unha extensión e unha intensificación da protesta. En 2011 o número de manifestacións en España ascendeu a 21.297, e en 2012 volveu ascender a 44.233. Entrementres, a taxa de criminalidade non parou de diminuír. Segundo cifras oficiais do propio Ministerio do Interior, os delitos e faltas rexistrados en 2012 reducíronse nun 0,7% con respecto ao ano anterior, o que mantén un índice de criminalidade dos máis baixos da Unión Europea. A resposta do goberno a esta situación é moi típica dos momentos de intensificación da protesta, pretendendo que a cuestión dos dereitos dos manifestantes e a represión policial se convertan nunha cuestión controvertida na opinión pública.

Neste sentido, a actuación policial nas mobilizacións do 25-S (2012) supuxeron un importante paso nesta dirección, xa que pretendían situar o foco de atención na cuestión da violencia e a lexitimidade das accións, relegando a un segundo plano as reivindicacións da protesta, que sitúan ao goberno no centro do problema. A campaña de desinformación e confusión do Goberno pretendía crear unha imaxe pública desfavorable dos manifestantes, e unha desmobilización dunha parte dos mobilizados mediante o fomento de conflitos internos, a propósito das ?contradicións culturais? que a cuestión da violencia provoca no seo dos movementos e na opinión pública.

Neste terreo foi moi relevante o papel que xogaron os xuíces ante estas situacións. Ao contrario do que ocorre na maioría dos delitos, atentar contra a orde pública ten unha definición xurisdiccional moi vaga. Así, as actuacións dos xuíces poden favorecer ou limitar as oportunidades políticas dos movementos. Decisións como a da Audiencia Nacional absolvendo aos acusados do 25S, pero tamén outras actuacións xudiciais anulando prohibicións de manifestacións ou accións de protesta, favoreceron o alcance da protesta social, en contra dos intereses do goberno actual. As iniciativas do Goberno contra os escraches tamén fracasaron.

Neste sentido, as actuacións xudiciais presentáronse como moi tolerantes e favorables a protexer o dereito cidadán á protesta, lonxe do que lle gustaría ao Goberno. Os cambios que promove esta proposta de lei, hai que entendelos, xa que logo, na clave de restar capacidade de actuación nestes asuntos ao poder xudicial, para deixala nas mans arbitrarias do Goberno. Non é de estrañar, xa que logo, que diversos representantes de colectivos xudiciais, como Xuíces para a Democracia, teñan alertado xa do retroceso que podería supoñer esta nova lei, no que se observan ?claros elementos de desproporción? e algúns outros que poderían vulnerar principios constitucionais.

Desde os movementos sociais e as novas redes de protesta, os sinais de alerta acendéronse, porque aos recortes en dereitos sociais, que están supoñendo un aumento das desigualdades sociais e o empobrecemento de amplos sectores da sociedade, únese agora un forte ataque aos dereitos civís como son os dereitos de reunión e manifestación. Trátase dun ataque directo a estes actores sociais que hoxe protagonizan os principais episodios de contenda política, e que gozan dun amplo respaldo cidadán. Hai que ter en conta, ademais, que a protesta e a mobilización convertéronse en España na principal forma de participación non convencional, pola que os cidadáns expresan a súa disconformidade e/ou elevan peticións aos gobernos.

Os estudos sobre participación política sinalan de xeito insistente o baixo ton participativo da sociedade española na maioría das formas de participación non electoral, desde a implicación en asociacións ou grupos de interese, como en ONG ou movementos sociais. Porén, esta pauta non se mantén no referente á participación en manifestacións. No estudo realizado polo profesor de socioloxía da UPO, Manuel Jiménez, sobre a normalización da protesta en España (2011), amósanos como durante a última década a sociedade española estivo á cabeza dos países europeos, en canto á asistencia de cidadáns a manifestacións. Este feito vincúlase, entre outras razóns, a que o sistema político español caracterizouse por ser pouco receptivo e aberto ás demandas dos movementos sociais. As canles para elevar propostas da cidadanía son case inexistentes, e os que existen son moi limitados. Así, a receptividade das institucións fíxose moi dependente da existencia da conflictividade social, e o recurso á protesta ten que ir incorporándose á práctica política e a cultura cívica como un xeito habitual de expresión política.

Con estes ingredientes, a nova Lei de Seguridade Cidadá, nos termos que actualmente se coñecen, supoñería unha maior limitación da participación e das capacidades reais de incidencia sobre os poderes públicos por parte da cidadanía. Esta situación afecta de xeito directo ás organizacións dos movementos sociais e ás novas redes de protesta que na actualidade preséntanse como os principais actores de oposición política, moi por riba dos partidos políticos e os sindicatos.

A regresión social e política ás que nos está levando o actual goberno do Partido Popular en tan só dous anos de lexislatura, e as previsibles actuacións futuras na mesma dirección (xa se está anunciando unha reforma da Lei de Folga), apoiándose na súa maioría absoluta, sitúanos na perspectiva do que podemos cualificar como unha democracia autoritaria: un modelo político cun sistema de partidos moi pouco pluralista, cunhas élites gobernantes que, de xeito xenérico, toman decisións sen a existencia dun debate público razoado e argumentado, de maneira que os decisores públicos impoñen unha ?suposta única solución? sen que exista acordo previo sobre cal é o problema que se vai a solucionar, sen medios institucionais para canalizar eficazmente as demandas dos cidadáns e cunha lexislación que limita considerablemente dereitos fundamentais como o de reunión, de manifestación ou o dereito a folga.

Aínda que sabemos que, polo xeral, a represión e a criminalización son elementos que favorecen a desmobilización social, non sabemos que efectos concretos pode ter a Lei de Seguridade Cidadá sobre o futuro dos movementos sociais e as novas redes de protesta. O que si parece evidente é que, estas son hoxe as principais canalizadoras dun disenso democrático que se enfronta ás políticas regresivas do Goberno en materia de dereitos e liberdades. A nova cultura política emerxente que se ten que ir desenvolvendo nos movementos sociais e as novas redes de protesta, que implican unha reivindicación de profundización nos compoñentes participativos e deliberativos da democracia, chocan frontalmente pola actuación dun goberno que impulsa non só políticas de desmantelamento do Estado de Benestar, senón tamén medidas que supoñen un retroceso en materia de dereitos civís e liberdades individuais. Ante este panorama desdemocratizador, as organizacións dos movementos sociais, as novas redes de protesta e a esquerda política están avocadas a tomarse en serio a desobediencia civil.
______________
Juan Manuel Brito Díaz é activista e investigador social. Membro do Grupo de Estudos sobre Movementos Sociais en Canarias (GEMOS-Canarias), e de acciónenred-Canarias. Autor do blog Xeografías Periféricas:

http://juanmanuelbrito.wordpres.com
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-01-2014 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
O proxecto difuso do PSOE
Partido Socialista Obreiro Español
http://blogs.publico.es/dominiopublico/8135/psoe-proyecto-difuso/

Por: Antonio Antón

Fonte: Diario Público
(Tradución ao galego para A VOZ DA NOVA ESQUERDA: Iolanda F. Cabaleiro)

A recente conferencia programática do partido socialista tiña un obxectivo oficial claro: gañar ?o seu? futuro, remontar a desafección electoral e conseguir o apoio da maioría social a fin de volver gobernar. Para iso elaborou un proxecto político difuso que deixa aberta a orientación principal da súa estratexia política. O seu sentido é cambiar a imaxe, intentar facer esquecer a súa impopular xestión pasada. É un cambio estético que algúns dirixentes anuncian como ?radical?, para evitar as responsabilidades da actual dirección na súa última xestión gobernamental impopular. Pretenden eludir esa xusta crítica cidadá e as consecuencias da súa desafección, pero sen unha reflexión autocrítica da dimensión e as características dos erros cometidos.

Sen explicar en que se equivocaron, non ten suficiente credibilidade os seus ?propósitos de emenda?; é dicir, houbo un silencio clamoroso sobre que exactamente se fixo mal e, xa que logo, non o van a repetir. Ao mesmo tempo que pretenden distanciarse formalmente da súa ?herdanza? antisocial e con déficit democrático, cando un dos principais protagonistas foi precisamente Rubalcaba. Non se trata de facer unha valoración histórica dos acertos e erros do partido socialista. A cuestión candente agora era facer balance autocrítico do seu xiro neoliberal no ano 2010, xunto co incumprimento dos seus ?compromisos? sociais e electorais, que demostraron os límites das súas conviccións democráticas e de respecto da cidadanía e a súa vinculación cos intereses dos ?poderosos?. A xestión do Goberno de Zapatero-Rubalcaba nos seus dous últimos anos foi, no fundamental, regresiva e pouco democrática. A dirección socialista non pode eludir esa responsabilidade e menos facela esquecer. Intentalo denota deixar aberta a posibilidade de volver repetir ese incumprimento do seu contrato social coa cidadanía. Sen unha reconsideración profunda e aberta da súa xestión anterior, é razoable o escepticismo cidadán sobre a seriedade e o significado dese cambio retórico.

O recoñecemento da evidencia do seu fracaso social e electoral non é suficiente. É unha realidade que non se quixo asumir, pero é imposible de descoñecer. O seu desexo de gañar a maioría social e ofrecerse de recambio institucional ao PP é lexítimo. Pero sen aclarar como, con que contido, quen o encabeza e, xa que logo, que forzas sociais e políticas son necesarias para un xiro consecuente cara á esquerda, toda a operación convértese, sobre todo, nun exercicio de márquete electoral. Sen definir claramente a reorientación social da súa estratexia socioeconómica e a rexeneración democrática do sistema político, o que queda é a ausencia dunha aposta firme polo cambio progresista. Ou aínda peor, unha actuación cínica de cambiar algo para non cambiar nada, reafirmando a súa prepotencia e sectarismo fronte aos sectores críticos, debilitando as opcións alternativas e de progreso.

A posta en escena de certas retóricas pode ter un significado problemático ou ambivalente para un auténtico xiro cara á esquerda que permita avanzar cara a un cambio progresista. Por unha banda, algunhas medidas (laicidade, reforma fiscal, derrogación da lei Wert e aspectos significativos da reforma laboral...) aínda que limitadas son positivas e constitúen un novo ?compromiso social? fronte á agresividade regresiva da dereita. Pero na medida que se quedan moi curtos e con pouca consistencia práctica inmediata poden ser moi insuficientes para incrementar a súa credibilidade social e recoller o apoio cidadán á súa representación.

Para comezar, os dirixentes socialistas deberían recoñecer o seu erro, ao final do seu mandato, pola reforma constitucional de darlle prioridade o pagamento da débeda pública en detrimento do gasto social, que condiciona toda a política económica e orzamentaria. O seu compromiso debería ser revertela, cousa que ao depender do beneplácito do PP queda impracticable se non hai unha forte demanda popular e un amplo respaldo electoral ás esquerdas, cousa pola que non apostan. A decisión debe supór acabar coa política de austeridade e definir, tamén no marco europeo, unha estratexia firme e solidaria por unha saída equitativa da crise, cuestión pouco tratada. E para ter suficiente credibilidade no seu ?cambio radical?, comprometerse a derrogar ?a súa? reforma laboral e as súas medidas de axuste (rexeitadas por máis do 60% da sociedade e gran parte do seu electorado) e, mesmo, botar atrás, cando menos, a principal medida ?da súa? reforma do sistema de pensións, a ampliación da vida laboral de 65 a 67 anos (á que se opoñen o 76% da poboación e a maioría da súa base social).

Ese xiro retórico pretende modificar a súa imaxe de ?dereitas? e facela algo de esquerdas, intentar recuperar certa base social, neutralizar as críticas á súa xestión gobernamental antipopular e superar a gran desconfianza cidadá nos seus líderes. Se fose o comezo dunha transformación máis profunda, eses obxectivos serían lexítimos, pero queda a dúbida razoable, entre gran parte da opinión pública, sobre a súa credibilidade política, derivada da súa responsabilidade anterior e a pouca concreción e convicción dese xiro cara á esquerda.

Por outra banda, a función principal deste novo plan da dirección socialista pódese quedar en maquillar simplemente a súa imaxe, impedir un xiro consecuente cara á esquerda, evitar unha clara renovación democrática e de liderado, neutralizar os movementos sociais críticos e illar ao resto das esquerdas plurais. Neste sentido, esta posta en escena consistiría nun cambio de ?comunicación? (outro máis despois do do outono de 2010, primavera de 2011, campaña electoral de 2011 e o propio Congreso socialista a principios de 2012) para continuar coa mesma política de fondo e similar liderado. Deste xeito, en caso de gañar ao PP, esperando o seu forte desgaste electoral, o destino desas medidas ?progresistas? podería ser deixalas inoperativas ou nun segundo plano e subordinadas ao eixo principal da súa política de ?responsabilidade? económica e institucional.

É comprensible o receo cidadán cara aos límites da súa autocrítica, a ausencia do recoñecemento dos seus graves erros e a ambigüidade estratéxica do seu proxecto. E é razoable a desconfianza na seriedade deste suposto novo proxecto, sen a rectificación substantiva respecto do anterior. Son probables as súas dificultades para aumentar a súa credibilidade social, dada a insuficiencia dunha reorientación, claramente de esquerda e de reafirmación democrática nos planos económico, político, institucional e de alianzas. Falta un debate profundo sobre unha estratexia, ausente pero necesaria, para afrontar os graves problemas da crise sistémica, a modernización do aparello económico e político, a consolidación do Estado de benestar e os dereitos sociais e a democratización política.

Algúns dirixentes socialistas, como a vicesecretaria Elena Valenciano, apuntaron que cometeron algúns erros (a conxelación das pensións en maio de 2010), foron pouco sensibles á oposición popular aos seus recortes (aludindo ao Así, non! do sindicalismo fronte á súa reforma laboral e os seus axustes) e admitindo a lexitimidade da esixencia de ?rectificación? (recoñecendo o impacto deslexitimador da Folga Xeral do 29 de setembro de 2010 contra o Goberno de Zapatero-Rubalcaba). Mesmo chegan suscitar que o decidido nesta conferencia é un reformismo ?radical?: facer ao PSOE máis vermello, máis morado e máis verde; é dicir, máis de esquerdas, feminista e ecoloxista. Benvido sexa, se fose certo e realmente se obrase en consecuencia.

Paralelamente, outros dirixentes, como o exministro José Bono, contra esa interpretación de xiro cara á esquerda, se aprestan a ratificar que antes que dialogar e acordar con Cayo Lara (IU), prefiren pactar con Rajoy (PP). É a típica prioridade da terceira vía polas relacións cos grandes poderes económicos, a súa responsabilidade ?institucional? e por gañar o electorado centrista, antes que ?caer? en ?aventuras? transformadoras e apostar pola representación dos intereses da maioría das capas populares, co estímulo da participación cidadá e a mobilización social.

Así, o aparente consenso interno establécese pola combinación entre unha ?linguaxe? de aparencia distinta ao anterior, para soltar lastre das súas responsabilidades, e unha estratexia política similar e de continuidade, con leves retoques. O específico do momento é que estando na oposición parlamentaria e sen ter a responsabilidade da xestión institucional, resúltalles máis sinxelo manter cambios formalistas sobre o primeiro e o segundo, sen encarar o esforzo e o compromiso de renovar profundamente o seu contrato social coa cidadanía e, xa que logo, sen asegurar a non repetición do incumprimento dos seus (novos) compromisos sociais.

Ademais, como é notorio, non se definen outros dous aspectos crave para a súa base social: a renovación interna cunha rexeneración democrática da súa estrutura e o seu liderado, e un proxecto coherente e solidario de integración territorial, de respecto á singularidade de Cataluña e a unidade co PSC.

A cuestión é que hai de novo e de vello neste proxecto; que de recoñecemento de erros ou de desculpa e esquecemento. Ou ben, a combinación entre a súa ambigüidade sobre cuestións cruciais e a súa continuidade con similar estratexia, xunto con algúns pequenos cambios e unha posta en escena que pon o acento nun cambio ?radical?. Hai que definir se estamos perante unha operación superficial para intentar facer esquecer á poboación a súa recente xestión gobernamental impopular con incumprimento dos seus compromisos sociais e democráticos, ou é un paso significativo cara a unha reorientación política clara cara á esquerda e a rexeneración democrática do sistema político. En fin, se é unha base relevante e sincera para a ampliación da participación cidadá, o achegamento aos movementos sociais e as mareas cidadás e a unidade co resto de forzas sociais e políticas de esquerda para promover un auténtico cambio político progresista; ou o resultado é simplemente reforzar o seu actual aparello para retomar unha certa marxe de manobra e conservar a súa poder institucional, cunha orientación ambigua que permite unha aplicación ?adecuada? en cada conxuntura. A hipótese máis realista é que se dan as dúas tendencias, aínda que a dominante sexa a segunda, continuista e lexitimadora do actual aparello, non hai que descartar algún aspecto positivo da crenza dalgúns dos seus afiliados na primeira, de cambio progresista.


En consecuencia, a suposta renovación socialista aínda non foi resolta satisfactoriamente. Está claro o seu obxectivo de recuperar ás bases sociais desafectas coa súa orientación anterior, pero non houbo unha clara autocrítica da súa xestión gobernamental antisocial nin unha política económica alternativa á estratexia liberal-conservadora do bloque de poder europeo, nin unha aposta profunda pola rexeneración democrática (máis aló do seu plan de primarias internas).

Xa que logo, queda sen definir o compromiso por un auténtico xiro progresista da política socioeconómica e de reforzo democrático do sistema político sen que se garanta un cambio político de esquerda, apoiándose na mobilización da cidadanía e o acordo cos principais axentes sociais e políticos progresistas e de esquerda.

En definitiva, a conferencia do partido socialista, coa ampla representatividade que aínda posúe, foi unha ocasión perdida para fixar un rumbo que asegure un cambio político progresista, cun proxecto de esquerda que ilusione á maioría da sociedade, aglutine ao conxunto de forzas sociais e políticas progresistas e abra un horizonte máis xusto e democrático á sociedade española (e ao sur europeo). O que queda é outro intento de ?comunicación?, aínda que sexa dubidosa a súa efectividade mesmo para ampliar a súa base social. Se parece que serviu para cohesionar á súa estrutura orgánica e reforzar o liderado e continuidade de Rubalcaba e a súa equipa entre os propios sectores afíns. Pero con pouca solidez xa que, co sentido pouco definido do seu proxecto, o que pasa a un primeiro plano é a pugna soterrada por quen dirixe e controla o aparello. Todo iso non garante o camiño para persuadir ao conxunto da súa base electoral e, menos, remontar a desafección política de amplos sectores populares e a ampla desconfianza cidadá na súa política e o seu liderado. O PSOE non resolveu as garantías do cambio político progresista. Persiste a tarefa colectiva de camiñar cara a unha democracia máis social e avanzada.

________________
Antonio Antón é profesor honorario de Socioloxía da Universidade Autónoma de Madrid. Texto publicado no diario Público o 12 de novembro de 2013. É unha parte do documento titulado ?Alternancia ou alternativa?, editado na sección Espazo Público do mesmo xornal, como contribución ao debate?Como lograr unha maioría social de cambio?.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-01-2014 08:06
# Ligazón permanente a este artigo
Nova Esquerda Galega (NEG) cre que a Axencia Tributaria equivócase ao obrigar aos pequenos propietarios de locais arrendados a usar Internet
Para Nova Esquerda Galega (NEG) a medida adoptada pola Axencia Tributaria, que se aplica desde o 1 de xaneiro de 2014, pola cal a maioría das autoliquidacións e declaracións informativas deberán presentarse electronicamente, é un grave erro que despreza a contorna de impericia informática e descoñecemento das novas tecnoloxías que envolve a moitos cidadáns e carga sobre as súas costas a responsabilidade de efectuar un trámite telemático que moitos veranse obrigados a delegar nunha xestoría privada.

A maioría de contribuíntes que dispoñen dalgún local en alugueiro, polo que teñen que tributar polo IVA, terán que realizar todos os trámites coa Axencia Tributaria por medio de Internet. Nova Esquerda Galega (NEG) pregúntase: E que ocorrerá se o contribuínte non ten ordenador persoal? E se malia ter ordenador non ten conexión á Rede? Pois terá que mercar un ordenador e contratar unha conexión a Internet, con todo o peor do asunto é que se o contribuínte non entende de informática terá que contratar os servizos dun asesor. Pola contra podería incorrer nunha sanción de 1.500 euros.

Esta nova norma afecta, entre outras, á autoliquidación do IVA (modelo 303) e á declaración do resumo anual do IVA (modelo 390). Para realizar a declaración o usuario terá que ter un certificado dixital, un DNI electrónico ou empregar un novo sistema denominado PIN24H.

Para Nova Esquerda Galega (NEG) resulta preocupante a insensibilidade da Axencia Tributaria cara aos contribuíntes maiores, que son os que adoitan ter algún local arrendado.

Para rematar Nova Esquerda Galega (NEG) solicita á Axencia Tributaria que reconsidere esta medida ou cando menos permita aos contribuíntes que o desexen presentar a declaración trimestral e anual do IVA mediante o sistema tradicional.


Vigo 14 de Xaneiro de 2014


Comisión Executiva Nacional de Nova Esquerda Galega
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-01-2014 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Julio Anguita e Pablo Iglesias: É o momento de dar un paso cara adiante!
http://www.publico.es/politica/494595/julio-anguita-y-pablo-iglesias-es-el-momento-de-dar-un-paso-adelante

Xunto ao voceiro do SAT Diego Cañamero e o avogado da PAH Rafa Mayoral, participaron en Mérida en apoio ás Marchas pola Dignidade, que chegarán a Madrid o próximo 22 de marzo de 2014.


Pablo Iglesias: "Mobilizarse é só unha etapa do proceso"


Entre os asistentes emerxía unha idea común: "é o momento de dar un paso cara adiante", asegura o presentador de La TuerKa, "e eu creo que debe ser así". Moitos cidadáns están á espera de que haxa unha alternativa real aos recortes. As dificultades e atrancos cos que veñen atopándose tanto as distintas iniciativas cidadás como os reiterados intentos de Izquierda Unida por abrirse aos movementos sociais impediron que isto poida suceder, polo momento. Neste sentido, Iglesias asegura que "mobilizarse é só unha etapa do proceso; os que están vendendo o noso país non temen só que ocupemos a Porta do Sol, temen que nos convertamos nunha alternativa de goberno para as maiorías sociais".

http://www.publico.es/politica/494595/julio-anguita-y-pablo-iglesias-es-el-momento-de-dar-un-paso-adelante
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-01-2014 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
NOVA ESQUERDA GALEGA realizou unha CONCENTRACIÓN perante o MERCADO DO CALVARIO para solidarizarse con José María Muñiz Vales, vítima dun maltrato policial.
Protesta de NEG no Calvario
NOVA ESQUERDA GALEGA realizou unha CONCENTRACIÓN perante o MERCADO DO CALVARIO para solidarizarse con José María Muñiz Vales, vítima dun maltrato policial.

Un nutrido grupo de militantes de NEG do Calvario déronse cita para repudiar os feitos e pedir unha investigación por parte das autoridades policiais. No acto estaba presentes entre outros Óscar Lomba Álvarez e Lois Pérez Leira co-voceiros de Nova Esquerda Galega (NEG) e asemade o propio afectado José María Muñiz Vales e a súa muller. Tamén participou, na devandita protesta, David Reboredo, coñecido loitador social que conseguiu recentemente o seu indulto.

Lois Pérez Leira dirixiu unhas verbas aos asistentes salientando: ?non imos permitir este tipo de abusos policiais contra a mocidade. Levaremos este tema até as últimas consecuencias. Faremos que os responsábeis paguen por esta actuación represiva e que este acto intolerábel non quede na impunidade?.





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-01-2014 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Especúlase coa posibilidade de que Pablo Iglesias Turrión podería ser candidato ás Eleccións Europeas de Maio de 2014
Especúlase coa posibilidade de que Pablo Iglesias Turrión podería ser candidato ás Eleccións Europeas de Maio de 2014

http://www.larepublica.es/2014/01/se-especula-con-la-posibilidad-de-que-pablo-iglesias-turrion-podria-ser-candidato-a-las-elecciones-europeas-de-mayo-de-2014/


http://www.larepublica.es/wp-content/uploads/2014/01/ScreenShot0047-250x187.jpg

Un comentario no diario a Republica.es, que provén dun blog que foi á súa vez eliminado, e que empeza a estenderse como a pólvora, creou dentro dos círculos da esquerda política en España un rumor que vai tomando consistencia, pero cuxa veracidade non está nin de lonxe confirmada, e é a posibilidade de que Pablo Iglesias Turrión, presentador da Tuerka e contertulio en diferentes medios de comunicación, encabece unha candidatura para as próximas eleccións europeas.

Nun artigo titulado ?Pablo Iglesias ás eleccións: a operación política da esquerda da esquerda para as europeas?, o autor -que parece estar informado das intrigas de palacio dentro do mundo da esquerda política- afirma que se está orquestrando unha operación para que Pablo Iglesias Turrión, xunto a Juan Carlos Monedero, e outros novos líderes mediáticos da esquerda española a grandes liñas, co apoio de Izquierda Anticapitalista, encabecen unha candidatura ?de corte populista?, que concorrería ás vindeiras eleccións europeas que se celebrarán previsiblemente o 25 de maio deste ano.

Segundo o artigo, ?o plan de acción é forzar os tempos para a publicación e difusión masiva dun manifesto impulsado por intelectuais e personalidades da esquerda e os Movementos Sociais (Diego Cañamero, Ada Colau, o Gran Wyoming ou Juan Carlos Monedero deron xa o seu apoio á iniciativa) co obxectivo de solicitar 50.000 firmas ?por unha alternativa política popular?. Unha vez presentado e difundido o documento, Pablo Iglesias e o núcleo militante que o impulsou, recollerían a luva lanzada polas sinaturas para presentarse ás eleccións europeas -por responsabilidade-?.

Pasamos a reproducir o contido do devandito artigo, e que sexan os nosos preparados lectores os que tiren as súas propias conclusións:

As facianas do proxecto


Pablo Iglesias Turrión. O líder indiscutible e previsible cabeza de candidatura é profesor de Ciencia Política na Universidade Complutense, presentador dos programas televisivos ?La Tuerka? e ?Fort Apache? e tertuliano en varias canles de televisión. Leva moito tempo preparando o seu salto á política a través da consolidación dun liderado político baseado nunha intensa presenza pública e un perfil de intelectual preparado pero ao día das preocupacións da xente. Foi asesor das campañas electorais de Izquierda Unida ás últimas eleccións xerais e de AGE/Anova en Galicia nas pasadas autonómicas.
É probable que un dos escenarios máis complicados de lidar o atope na casa: é parella actual de Tania Sánchez Melero, unha das facianas máis visibles de Izquierda Unida, coalición contra a que Iglesias vai concorrer e coa que competirá directamente por un nicho similar de votos.

Miguel Urbán. Historiador e libreiro é, na actualidade, o líder de Izquierda Anticapitalista xunto con Raúl Camargo. Tras meses clamando polas présas e a procura de ?atallos? no terreo electoral por parte das esquerdas, cambiou de opinión no espazo de poucas semanas para impulsar, con todas as súas forzas e ás costas da súa propia organización (á que vinculou ao proxecto sen consulta interna previa), a candidatura de Iglesias ao Parlamento Europeo.

Íñigo Errejón. ?Billy El Niño? é o eterno segundo de Pablo Iglesias. Doutor en Ciencias Políticas no mesmo departamento e facultade da Universidade Complutense que o seu líder, exerce como brazo dereito de leste na influinte Fundación CEPS. Cun pé permanentemente en América Latina, onde traballou para os gobernos de Venezuela, Bolivia e Ecuador, esta nova promesa da esquerda deuse a coñecer como contertulio no programa A Tuerka e é un twittero de éxito. É un fixo en todas as quinielas para as diferentes listas electorais a elaborar pola esquerda nos próximos tempos.

Juan Carlos Monedero. Profesor de Ciencias Políticas da Complutense, co-presentador da Tuerka e intelectual. foi asesor de Hugo Chávez en Venezuela e é un dos autores de literatura política máis lidos en España. O profesor Monedero ligou a súa sorte política con Iglesias e La Tuerka e é unha das cabezas visibles da Fronte Cívica, impulsado por Julio Anguita, e previsiblemente peza crave desta operación política.

Ramón Espinar Merino. Outro clásico de Somosaguas e a Universidade Complutense. Este investigador en Estudos Urbanos da Universidade Autónoma é o líder da plataforma Mocidade Sen Futuro (Jóvenes Sin Futuro) xunto con Pablo Padilla e Rita Maestre, parella de Íñigo Errejón. É unha das figuras máis prometedoras da esquerda madrileña, aínda que a súa participación neste proxecto non se dá por segura debido á súa proximidade a Izquierda Unida. É outro fixo nas quinielas para as listas electorais das vindeiras citas electorais municipais e autonómicas.

O backstage

Na operación política de presentar a Pablo Iglesias ao Parlamento Europeo hai diferentes grupos implicados:

O eixe Tuerka-Somosaguas. A Facultade de Ciencias Políticas da Complutense e o grupo de profesores e estudantes agrupado en torno aos colectivos Contrapoder, A Promotora e o equipo decanal da propia facultade foron o terreo de xogo do desenvolvemento político de moitos dos protagonistas desta aventura política ata o seu salto á presenza pública en grandes medios de comunicación. Vicedecanos como Ariel Jerez, profesoras como Carolina Bescansa (cun papel relevante tamén na Fundación CEPS)e ex-estudantes como Emilio Silva, van participar activamente na campaña de difusión do manifesto inicial.

Mocidade Sen Futuro (Jóvenes Sin Futuro).

Malia o seu carácter de movemento social e a súa teórica independencia, todo o mundo dá por descontada a participación de JSF na candidatura de Iglesias. Varios dos seus militantes estivo movéndose entre bambolinas en Madrid para a promoción de diferentes iniciativas electorais, tamén neste caso. É especialmente rechamante o caso de Sara Bienzobas, militante de JSF e La Tuerka, especialmente próxima á Federación de Asociacións de Veciños de Madrid, que segundo algunhas fontes ?estivo en todas?.

Izquierda Anticapitalista.

IzAn buscaba unha oportunidade como esta desde fai moito tempo. Malia os batacazos experimentados en cada convocatoria electoral á que concorreron, a súa dirección espera salvar esta vez os mobles coa imaxe pública de Iglesias. A través da estratexia de ?estar detrás do líder e tratar de marcar nosa propia liña política?, a formación trotskista está xogando un papel fundamental na promoción da candidatura, basicamente a través de Brais Fernández e Andrea Raboso, liberada para o desenvolvemento de tarefas de organización da candidatura. Poden atoparse con problemas e fracturas internas por non consultar aínda a dirección a decisión efectiva de impulsar este proxecto.

Teatro do Barrio.

Sen aportar demasiado músculo político, a iniciativa ?Teatro do Barrio? na que conflúen famosos artistas estase envorcando coa iniciativa e vai aportar contactos e apoios do mundo da farándula.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-01-2014 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
SOLICITAMOS A RENUNCIA DO SUBDELEGADO DO GOBERNO ANTE A MORTE DO MOZO VIGUES MIGUEL GONZALEZ CABALEIRO
Nova Esquerda Galega (NEG)
NOTA DE PRENSA

Ante a funesta noticia da aparición do corpo sen vida do estudante vigués de 24 anos, Miguel González Cabaleiro, debaixo dunha ponte da autopista AP-9, consideramos o feito de suma gravidade, e achamos que habería que depurar as responsabilidades políticas do goberno, quen ten as competencias dos corpos de policía e demais forzas de seguridade do estado.
A presunta morte por frío e a aparición do seu corpo 40 días despois da súa desaparición, fainos supoñer que a falta dunha procura activa do devandito mozo, nos primeiros días do suceso. Nova Esquerda Galega (NEG) opina que se os responsábeis das forzas e corpos de seguridade do Estado, da Xunta e do Concello tivesen mobilizado todos os efectivos necesarios quizais podería terse evitado esta traxedia.
Nova Esquerda Galega (NEG) quere manifestar a súa preocupación pola retardada resposta que se deu a este caso desde determinados poderes públicos o que evidencia que as distintas autoridades competentes tiveron certo grao de responsabilidade no desenlace deste tráxico acontecemento.
Por iso solicitamos o cese de Antonio Coello, subdelegado do Goberno, por ser o responsábel político de dar as indicacións necesarias para a procura de Miguel.
Consideramos que é necesario que se abra unha exhaustiva investigación para coñecer que medidas que foron tomadas para a súa procura activa. Asemade salientamos a falta de preocupación por parte do Alcalde de Vigo, Abel Caballero, que non puxo todos os recursos municipais necesarios para evitar esta lamentábel morte.

Vigo, 9 xaneiro de 2014

Comisión Executiva Local de Nova Esquerda Galega



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-01-2014 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
LA IZQUIERDA chama á participación nas Marchas pola Dignidade
LA IZQUIERDA
O día 22 de Marzo hai que sobordar as rúas de Madrid, antepoñendo a unidade a todo o demais, unificando todas as mareas para obrigar ao goberno a marchar, construíndo unha alternativa desde abaixo, coa participación de todas as persoas e que poña no centro os dereitos da xente e non os deberes da Troika.

O reto é levar adiante, o 22 de Marzo, unha gran mobilización contra o paro, a precariedade, a débeda e os recortes que está aplicando o Executivo do PP e que dicta a troika. Esta gran protesta unitaria ten ademais a intención de acampar na capital para continuar coas protestas. O obxectivo é conseguir unha mobilización de máis dun millón de persoas entre os integrantes das marchas e os que as reciban en Madrid.

O proceso comezou en outubro e segue aberto a todos os colectivos e persoas que queiran sumarse, porque necesitamos ser moit@s máis; pois esta é a marcha da loita contra o desemprego, a precariedade, os recortes e a represión.

Consideramos necesario crear as plataformas unitarias en todas as cidades, vilas, barrios e distritos, que permitan dotarnos dunha organización estábel que de apoio aos miles de persoas que participarán na mobilización.

As convocatorias das Marchas pola Dignidade fanse desde a perspectiva da situación que sufrimos e a necesidade de establecer unha resposta, un calendario de accións que articule unha mobilización continuada, unitaria, masiva e contundente que nos permita pasar da resignación á acción determinante e que se vaia instalando de forma maioritaria na sociedade a idea de que se poden cambiar a cousas combatendo aos poderes reais e ao goberno, o seu capataz.

Os organizadores das Marchas pola Dignidade denuncian:


* As reformas laborais que están precarizando as relacións laborais e que deron un poder enorme ás patronais. O desemprego que en cada vez mais territorios excede o 30%; até nalgunhas vilas e comarcas chega ao 40%. Non esquezamos o 60% de paro xuvenil e a dificultade da reinserción laboral para as persoas paradas maiores de 45 anos.
* Os recortes sociais de diverso tipo que afectan á maioría social, máis os que están por vir. O crecemento da pobreza extrema, a exclusión e a precariedade. Os desafiuzamentos de persoas afectadas pola crise.
* A represión en diversas formas que afecta a máis de mil activistas sociais e sindicalistas. O caso máis rechamante son as multas e as peticións de cárcere a sindicalistas do SAT. O Proxecto de Reforma do Código Penal e o Proxecto de Reforma da Lei de Seguridade Cidadá feitos á medida contra os colectivos que se están mobilizando contra estas políticas criminais.
* A corrupción que afecta a todas as institucións do Estado.


Os que non temos máis horizonte que o desemprego, a precariedade, a ausencia de dereitos laborais, de servizos públicos e a represión coa nova L.S.C., clamamos contra o sistema que nos exclúe e condena socialmente.

- SERVIZOS PÚBLICOS PARA TODAS AS PERSOAS


- EMPREGO DIGNO CON DEREITOS PARA TODOS


- DEREITO A UNHA VIVENDA DIGNA


- CONTRA O PARO, A PRECARIEDADE E A EXCLUSIÓN SOCIAL

TODOS A MADRID O 22 DE MARZO DE 2014. LA IZQUIERDA chama á participación nas Marchas pola Dignidade
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-01-2014 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0