Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Debate organizado pola Plataforma polo Dereito ao Aborto de Vigo
A Plataforma polo Dereito ao Aborto de Vigo organiza un debate o vindeiro día 22 de xaneiro na Casa da Cultura Galega ás 19h.
No debate falaran:
Isabel Blanco, Feminista e Xinecóloga
Helena Embade , Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto
Agardamos contar con a sua presenza
Acude e Difunde
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-01-2014 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas pola Memoria Democrática
No Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do CUVI, darán comezo o martes día 21 ás 16 horas As Xornadas Pola Memoria Democratiza.
A sesión de apertura leva por titulo "A longa noite de pedra do franquismo" e nela participarán representantes de diversas organizacións.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-01-2014 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Acto sobre a figura de Celso Emilio Ferreiro
Acto sobre Celso Emilio Ferreiro
O vindeiro 22 de xaneiro de 2014 ás 19:30 horas na Casa do Libro, na rúa Velázquez Moreno nº 27. de Vigo, terá lugar unha Mesa Redonda baixo o tema ?Un Poeta Galego en Venezuela?

Inservirán:

? Xesús Alonso Montero (Presidente da Real Academia Galega e escritor)
? Luis Ferreiro (Director da Fundación Celso Emilio Ferreiro)
? Xosé María Álvarez Cáccamo (Poeta)
? Presenta: Gustavo Luca de Tena

Poemas de Celso Emilio Ferreiro recitados por Carmeliña García


Organiza: Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chavez
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-01-2014 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
A proposta de Pablo Iglesias
http://www.politica24h.com/noticia.php?noticia=9231

Aos poucos minutos de comezar a rolda de prensa deste novo proxecto da Esquerda, a súa hashtag #ahorapodemos converteuse en TT (Trending topic) na rede social Twitter, onde miles de internautas leron e participaron ansiosos de máis información. A web preparada para conseguir as 50.000 peticións esixidas polos organizadores para que este proxecto siga cara adiante, viuse sobordada desde primeira hora e o seu servidor, que non foi quen de soportar tantas entradas ao mesmo tempo caeu constantemente durante toda a mañá.
Doutra banda, no lugar da rolda de prensa a afluencia de persoas foi tan multitudinaria que moitos cidadáns tiveron que quedar de pé na rúa e o propio Pablo Iglesias saíu ao terminar para falar cos asistentes e debater con eles.
Semella que este novo proxecto pode ser capaz de entusiasmar a moitísima xente da Esquerda que perdera a esperanza de alcanzar os seus obxectivos por medio da democracia. Teremos que observar como xestionan de aquí ás europeas a comunicación nos grandes medios que tan ben parece manexar Pablo Iglesias, porque aínda que o uso de Internet e das redes sociais incrementouse moito no noso país aínda queda unha gran parte da poboación fóra destes usos.

- - - - -

É hora de que se escoite a voz da xente, entre todos podemos cambiar as cousas. Axúdasnos a reunir 50.000 avales?

http://www.podemos.info/
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2014 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Carta de apoio e felicitación de NEG aos asinantes do MANIFESTO
SOCIALISMO DE ESQUERDA. (Cartaz de NEG)
CARTA DE NEG

Prezados/as amigos e amigas:

Apreciamos que as necesidades de reprodución do sistema e un novo atrevemento político dos sectores dominantes afonda a transnacionalización produtiva, incrementado e intensificando a uniformización das culturas e unificando os mercados financeiros internacionais. Concibimos novas fronteiras nas que algúns estados-nación gañan progresivamente o control sobre novos espazos de poder, ademais vemos tamén certos recortes nos dereitos colectivos e nas posibilidades de gobernabilidade soberana das comunidades nacionais que son oprimidas por políticas recentralizadoras dos grandes estados. Vemos un inmenso deserto ateigado de lixo, vertidos contaminantes, refugallos e desfeitos por todas as partes. Contemplamos unha morea de cárceres e prisións. Observamos países que son sometidos e mesmo esmagados por grandes multinacionais dirixidas por bandas de criminais e facinorosos. No noso pesadelo medra o desgoberno provocado pola alianza entre as xefaturas de grandes potencias e un feixe de corporacións multinacionais que se aproveitan da inestabilidade que viven certos estados e das asimetrías de poder. Divisamos situacións que cohabitan como problemas irresolúbeis e que se retroalimentan entre si. Albiscamos a grave deterioración ambiental, o agrandamento da fenda entre os países ricos e pobres, o maltrato e discriminación de miles de mulleres, tamén distinguimos centos de embarcacións intentando atravesar o Estreito e masivos fluxos migratorios cara a países máis desenvolvidos, tamén a incapacidade das institucións internacionais (como a ONU) ante a corrupción, as novas guerras "perpetuas" contra o terrorismo ou as flagrantes tácticas contra os dereitos humanos como as que se aplican en Palestina, Irak ou Siria , mais tamén advertimos a miles de mozos organizados na rúa. Loitando por unha democracia real xa!. Organizados en ONGs, defendendo a natureza, loitando contra o cambio climático ou manifestándose contra a globalización e o capitalismo desde Porto Alegre ata Pittsburg pasando por Seattle, Madrid, Bangkok, Wáshington, Praga, Xénova, Gotemburgo, Barcelona, Salzburgo ou Rostock.
Cremos que é o momento de artellar unha candidatura ás eleccións europeas que sirva para erixir unha verdadeira alternativa anticapitalista e que se apoie sobre un movemento cidadán e horizontal para defender os intereses da maioría social.

Por iso queremos felicitar a Pablo Iglesias e ao resto de asinantes do Manifesto ?Mover ficha?.

Parabéns e contade con todo o noso apoio,

Lois Pérez Leira
Óscar Lomba Álvarez
(Co-Voceiros de Nova Esquerda Galega)


Vigo, 16 de xaneiro de 2014
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2014 07:20
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto Mover ficha: converter a indignación en cambio político (*)
MANIFESTO:

Do mesmo xeito que noutros momentos da historia, vemos hoxe un continente europeo sumido na perplexidade. Mentres as maiorías ollan con nostalxia o pasado perdido, unhas poderosas minorías, sen outro criterio que a súa propia supervivencia, demostran que o enriquecemento é a súa bandeira e a impunidade o seu horizonte. Nunca en Europa houbo tanta xente descontenta coa perda de dereitos e, ao tempo, menos perspectivas de poder canalizar esa indignación por medio dalgunha opción electoral que emocione e que, ao tempo, demostre capacidade de representación das maiorías golpeadas e capacidade de xestión eficiente e comprometida que faga reais as mellores opcións posíbeis. Resulta para moitos intolerábel que na maior crise do sistema desde o crack de 1929, as forzas que se din progresistas mostren a súa maior debilidade, condenando ás maiorías dos nosos países a unha sorte de melancolía que conduce á resignación e á depresión política. Mais pasamos por peores momentos e fomos capaces de sobrepoñernos ás dificultades. Por que agora debe ser diferente?

As eleccións ao Parlamento Europeo vanse celebrar nun momento de profunda crise de lexitimidade da Unión Europea. No noso caso, estamos diante da maior perda de credibilidade do réxime nado coa Constitución de 1978. Movementos de indignación política como o 15M conectaron cunha clara vontade popular: non sacrificar máis dereitos no altar duns mercados guiados pola especulación e a rapina. A impotencia ou renuncia de responsabilidades dos Gobernos, a incapacidade voluntaria dos partidos políticos de goberno, a conversión dos Parlamentos en órganos burocráticos e sen capacidade política e o desconcerto dos sindicatos deixaron á cidadanía abandonada á súa propia sorte. Como en tantos outros países, a perplexidade está sendo utilizada para converter as débedas privadas en públicas, para traspasar a grupos particulares os bens comúns erguidos durante décadas e para dedicar os derradeiros recursos públicos ao financiamento de intereses empresariais particulares e estreitos. Estamos ante un golpe de Estado financeiro contra os pobos do sur da Eurozona. Os que mandan están vendendo o país e o noso futuro a anacos. O aumento da represión (con leis máis autoritarias, incremento das multas nun escenario de empobrecemento económico e, mesmo, dificultades para o exercicio de dereitos civís e políticos) termina de completar unha paisaxe dominada polo agravamento das desigualdades sociais e de xénero e unha maior depredación dos recursos naturais. Non é estraño o pesimismo e o derrotismo que parecen mostrar sectores aos que, con todo, bastaralles unha faísca de ilusión para saír desa trampa da desesperanza.

As leis de seguridade cidadá (que converten en delito as formas de protesta inauguradas polo 15M), o regreso da represión contra a liberdade das mulleres, o mutilamento da democracia nos ámbitos políticos locais, o maior control dos medios de comunicación ou o control da xudicatura queren crear un escenario onde o medo suspenda a democracia. Formas que camiñan cara a réximes autoritarios envoltos en procesos electorais cada vez máis baleirados de contido. Ten sentido que o 90% da poboación que está sufrindo estas políticas non se dote de ferramentas para crear un futuro máis luminoso?

Pero non é certo que esteamos instalados na derrota. Malia eses intentos, vemos que ese valado non é infranqueábel e que, desde abaixo, é posíbel frear estes procesos de involución das nosas democracias. Hoxe é unha realidade a nosa esixencia dunha política que regrese ás rúas, que fale como a maioría da xente que está farta, é máis real que nunca a nosa esixencia dunha maior xenerosidade aos representantes, dunha maior horizontalidade e transparencia, dun regreso dos valores republicanos da virtude pública e a xustiza social, do recoñecemento da nosa realidade plurinacional e pluricultural. Había décadas que non era tan real o noso desexo de tomar nosas propias decisións e responder a nosas propias preguntas. A casta condúcenos ao abismo polo seu propio beneficio egoísta. Só da cidadanía pode vir a solución, como viñeron a protección do emprego, a defensa das familias freando desafiuzamentos ou a garantía dos servizos públicos, pequenas pero significativas vitorias. A mobilización popular, a desobediencia civil e a confianza nas nosas propias forzas son imprescindíbeis, pero tamén o é forxar chaves para abrir as portas que hoxe queren pecharnos: facer chegar ás institucións a voz e as demandas desa maioría social que xa non se recoñece nesta UE nin nun réxime corrupto sen rexeneración posíbel.

Nas próximas eleccións ao Parlamento Europeo é necesario que haxa unha candidatura que se ofreza á onda de indignación popular que abraiou ao mundo. Alegrámonos do avance das forzas da esquerda, pero somos conscientes da necesidade de facer algo máis para poñer en marcha os cambios que necesitamos. É tempo de valentía e de non deixar que se peche a fiestra de oportunidade que o compromiso de tanta boa xente abriu. Necesitamos unha candidatura unitaria e de ruptura, encabezada por persoas que expresen novos xeitos de relacionarse coa política e que supoña unha ameaza real para o réxime bipartidista do PP e do PSOE e para quen secuestraron a nosa democracia. Unha candidatura que some á capacidade de xestión do público, a capacidade de involucrar ás maiorías na configuración do seu propio futuro. Unha candidatura que dea resposta a esa mocidade á que se convida a abandonar outra vez o país, a uns traballadores que ven minguados día a día os seus dereitos, unhas mulleres que teñen que volver reclamar o obvio, unhas persoas maiores ás que semella non terlles bastado loitar e traballar toda unha vida. Unha candidatura que avance desde os espazos xa conseguidos e que logre avanzar máis aló da parálise actual. Unha candidatura que mova ficha para converter o pesimismo en optimismo e o descontento en vontade popular de cambio e apertura democrática.

Para mover ficha precisamos:

1.Unha candidatura pola recuperación da soberanía popular: é a cidadanía a que ten que decidir, non a minoría egoísta que nos trouxo ata aquí. Primeiro van as necesidades da xente. A austeridade e os recortes afogan a economía e as nosas vidas.Hai que derrogar o artigo 135 da Constitución española e unha moratoria para levar adiante unha auditoría cidadá da débeda que determine que partes da mesma non son lexítimas; as débedas ilexítimas non se pagan. É necesario unha política alternativa que estableza un imposto sobre as transaccións financeiras e o control sobre o movemento de capitais, e asemade a nacionalización da banca privada. As administracións que no noso país asumiron as receitas da austeridade son a proba da inutilidade das mesmas para resolver os problemas da xente. Queremos unha candidatura que se opón xa que logo aos recortes que en nome da austeridade aplican os Goberno do PP no Estado mais tamén os do PSOE e outros partidos nas diferentes Comunidades Autónomas. Queremos outra Europa, xusta, a dos dereitos e a democracia, non a da rapina e o desprezo aos pobos.

2. Unha candidatura que, fronte a uns gobernos ao servizo da minoría do 1% reivindique unha «democracia real» baseada na soberanía dos pobos e no seu dereito a decidir o seu futuro libre e solidariamente. A democracia non nos dá medo ás e os demócratas; estamos encantados e encantadas de que escoceses e cataláns poidan falar e dicir que futuro desexan. Xa que logo, que apoia a celebración da consulta convocada en Catalunya para o 9 de novembro.

3. Unha candidatura que defenda os salarios e pensións dignas, unha fiscalidade progresiva para que paguen máis os que máis teñen, que persiga a fraude fiscal, que rexeite os despedimentos en empresas con beneficios, e que aposte polo reparto de todos os traballos,incluído o traballo doméstico e de coidados non remunerado. É fundamental defender condicións de traballo dignas para unha mocidade condenada á precariedade eterna ou ao exilio.

4. Unha candidatura polo dereito á vivenda digna. Hai que impulsar un parque de vivenda pública, así como un modelo de alugueiro social seguro e digno. Pódese e débese terminar co drama humano dos desafiuzamentos, paralizándoos todos e aprobando a dación en pagamento retroactiva, como esixe a Plataforma de Afectados pola Hipoteca.

5. Unha candidatura que rexeite todas as privatizacións de servizos públicos e bens comúns: a educación, a sanidade, a xustiza, o transporte, a información, a vivenda ou a cultura, que defenda a reversión das mesmas e aposte pola súa xestión democrática. Son dereitos e deben estar baixo control público. Unha candidatura que defenda unha democracia radical onde os referendos vinculantes e as ILP formen parte destacada dun novo ordenamento xurídico tras un proceso constituinte.

6. Unha candidatura que combata a violencia machista e defenda o dereito das mulleres sobre o seu propio corpo e, polo tanto, o dereito a decidir se queren interromper ou non o seu embarazo. E que defenda así mesmo a liberdade de orientación e identidade sexual contra toda forma de discriminación e homofobia. Unha candidatura polo inquebrantábel dereito a ser e amar como se queira.

7.Unha candidatura que aposte por un cambio de modelo produtivo que estea ao servizo das persoas a través dunha reconversión ecolóxica da economía, pola nacionalización e socialización das empresas enerxéticas e pola soberanía alimentaria.

8. Unha candidatura que defenda os dereitos de cidadanía para todos e todas e esixa a derrogación das leis de extranxeiría. Unha candidatura para un país onde todas e todos sexamos cidadáns e ninguén sexa invisíbel, presa da sobre explotación, a persecución ou a marxinalidade pola xenofobia institucional.

9. Unha candidatura que rexeite as intervencións militares, que defenda a saída da OTAN e sexa firme defensora das relacións solidarias entre os pobos.

10. Unha candidatura que sexa o resultado dun proceso participativo aberto á cidadanía, na elaboración do seu programa e na composición da lista paritaria,baseada nos criterios de presenza de activistas sociais, políticos e culturais, con rotatividade de cargos e ingresos equivalentes ao salario medio. Unha candidatura con compromiso de transparencia e rendemento de contas, cuxos recursos financeiros sexan independentes da banca privada e dos «lobbies».

Quen asinamos este manifesto estamos convencid@s de que é o momento de dar un paso cara adiante e de que dándoo ímonos a atopar moit@s máis. Os de arriba dinnos que non se pode facer máis nada que resignarse e, como moito, elixir entre as cores de sempre. Nós pensamos que non é tempo de renuncias senón de mover ficha e sumar, ofrecendo ferramentas á indignación e o desexo de cambio. Nas rúas repítese insistentemente "Si se pode". Todos e todas nós dicimos: " Podemos".

(*) A lista de asinantes esta formada por Pablo Iglesias Turión, profesor de Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid; Juan Carlos Monedero, profesor de Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid; o actor Alberto San Juan; Jaime Pastor, profesor de Ciencias Políticas na UNED; o escritor e filósofo Santiago Alba Rico; Cándido González Carnero, sindicalista, ou Bibiana Medialdea, profesora de Economía na UCM, Jaume Asens (avogado), Albano Dante-Fachin (editor da revista Café amb Llet), Santiago Alba Rico (filósofo), Jorge Riechmann (poeta, activista ecoloxista ), Jaime Pastor ( Profesor CC. Políticas UNED), Cecilia Salazar-Alonso (activista da Marea Verde-Madrid), Teresa Rodríguez (profesora de secundaria, delegada sindical e parte de Marea Verde Andalucía), Francisca Camacho (limpiadora da Universidade de Cádiz e delegada sindical), Laura Mingorance (estudante da Universidade de Cádiz e parte da Asociación Estudiantil Contra a Precariedad), Jesús Jaén (activista da Marea Blanca-Madrid), Carmen San José (activista da Marea Blanca-Madrid), Javier Cordón (activista da Marea Blanca-Madrid), Sixto Casado (sindicalista ferroviario), Antón Gómez Reino-Varela (activista social), Elena Maeso (activista da Oficina Precaria), Tristán Meyer (La Tuerka), Bibiana Medialdea (Profesora de economía da UCM), Olga Abasolo (socióloga), Raimundo Vello Viñas (Profesor de Ciencias Políticas da UdG), Germán Cano (Profesor de Filosofía da O. de Alcalá), Rita Maestre (estudante) e Alejandro García (delegado sindical en McDonalds).
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2014 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Unha nova opción europea para os partidos galegos
Unha nova opción europea para os partidos galegos
O politólogo Pablo Iglesias encabeza unha lista impulsada por Izquierda Anticapitalista e na que se lle abre a porta a forzas nacionalistas do Estado.


http://www.galiciaconfidencial.com/nova/17256.html

Por Xurxo Salgado | Compostela | Galicia Confidencial

O profesor, politólogo, bloguero e tertuliano de "La Tuerka", Pablo Iglesias, será a cabeza visible dunha nova candidatura europea apoiada por un grupo de intelectuais e activistas sociais e impulsada por grupos políticos como Izquierda Anticapitalista e por numerosas entidades da plataforma SUMA.

Esta nova plataforma política presentou este martes o manifesto 'Mover ficha: converter a indignación en cambio político' que xa subscribiron trinta personalidades do mundo da cultura, da política e das artes. A súa intención é confeccionar unha lista capaz de "recuperar a soberanía" dos cidadáns e dos pobos do Estado e propor saídas á crise nun sentido oposto ao que propón o Goberno de Mariano Rajoy.

O manifesto bebe de movementos de indignación política como o 15-M e entende que as mobilizacións cidadás e protestas puxeron sobre a mesa unha vontade de cambio da sociedade que non tivo reflexo nas decisións políticas.

Xorde das diferencias con IU

Esta nova vía xorde logo das diferencias xurdidas no seo da plataforma social SUMA, que lideraba Izquierda Unida. De feito, moitos dos colectivos desta plataforma, entre eles, La Izquierda, no que están, entre outros, Esker Batua ou Nova Esquerda Galega, barallan sumarse a esta nova coalición.

Sen embargo, o principal motor da vía política que encabeza Iglesias é Izquierda Anticapitalista, así como un sector da propia IU, o de Julio Anguita, con gran forza en Andalucía, sobre todo, a través do Sindicato dos Traballadores que lidera Rafael Gordillo. Estes movementos recoñecen a autodeterminación dos pobos e nacións do Estado e mesmo se declaran "nacionalistas andaluces".
Conversas con nacionalistas Por iso, enriba da mesa, está xa a posibilidade de iniciar conversas con outras formacións nacionalistas do Estado, entre elas, Anova, Sortu e as CUP de Catalunya, sen descartarse outras como o BNG ou ERC.

De feito, a culminación do proceso de presentación de listas só se producirá se a proposta deste grupo logra apoio cidadán suficiente. Para iso, nos próximos días porase en marcha unha campaña de recollida de firmas por vía telemática e presencial. A intención é lograr un mínimo de 50.000 firmas nun prazo de 20 días. Se transcorrido ese
período non se alcanzase ese respaldo mínimo, non se formalizaría a presentación da candidatura, que aínda non ten nome.

Entre os impulsores do proxecto están estreitos colaboradores de Pablo Iglesias coma Juan Carlos Monedero, profesor de Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid; Miguel Urbano, historiador e libreiro é, na actualidade, líder de Esquerda Anticapitalista xunto con Raúl Camargo; Íñigo Errejón, 'Billy el Niño', Doutor en Ciencias Políticas no mesmo departamento e facultade da Universidade Complutense e eterno segundo de Pablo Iglesias. Tamén apoian o manifesto o actor Alberto San Juan; Jaime Pastor, profesor de Ciencias Políticas na UNED; Cecilia Salazar-Alonso, activista da Marea Verde-Madrid; varios integrantes da Marea Branca de Madrid; o escritor e filósofo Santiago Alba Rico; Cándido González Carne ro,sindicalista; Tristán Meyer, xornalista da Tuerka, ou Bibiana Medialdea, profesora de Economía na UCM, entre outros.

O líder desta nova vía, Pablo Iglesias, dará todos os detalles desta iniciativa o vindeiro venres 17. É profesor de Ciencia Política na Universidade Complutense, presentador dos programas televisivos "La Tuerka" e "Fort Apache" e tertuliano en varias canles de televisión. Leva moito tempo preparando o seu salto á política a través da consolidación dun liderado político baseado nunha intensa presenza pública.

Iglesias coñece, ademais moi ben o éxito de AGE en Galicia como experimento da "fronte ampla" que tamén quere poñer en marcha con esta nova plataforma. De feito, foi un dos principais asesores de EU durante a campaña das autonómicas galegas. Tamén foi asesor das campañas electorais de Izquierda Unida nas últimas eleccións xerais.

------------------------------------
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2014 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Pablo Iglesias, disposto a presentarse ás eleccións europeas
PABLO IGLESIASFonte: Público

Pablo Iglesias atende ao chamado de distintos intelectuais, activistas sociais e personalidades recoñecidas da sociedade civil para presentarse ás eleccións ao Parlamento Europeo do vindeiro mes de maio nunha nova candidatura cidadá "coa participación directa da cidadanía, que convoque á xente a ser protagonista e non espectadora" e "pola recuperación da candidatura popular". "Nestes últimos días aceleráronse as cousas e puiden ler e chegáronme persoalmente posicións de xente moi diversa que coincidían todas nunha cousa: hai que dar un paso á fronte para traducir politicamente a vontade de cambio", afirma o profesor de Ciencia Política, escritor e presentador do programa La Tuerka en declaracións a Público.
"Moitas desas xentes interpeláronme para que considere a posibilidade de poñerme a disposición dun proxecto de acumulación de apoios cidadáns", explica Iglesias, quen engade que "sucesos como os recentes do Gamonal en Burgos, como as imputacións da infanta, os permanentes casos de corrupción nos principais partidos, que nos gobernen desde fóra coma se fósemos unha colonia, ou como o drama social no que viven millóns de familias en paro, con medo a perder a súa vivenda ou á pobreza, sinálannos que vivimos un momento excepcional". Xa que logo, "nestes momentos a resignación ou a prudencia son de moi pouca axuda e a mellor esperanza está na xente e nas ganas de cambiar o país e recuperar a democracia".
Por todas estas razóns, este profesor, que alcanzou gran resonancia mediática grazas á súa participación en distintos programas televisivos como analista político, está considerando "as propostas destes días, en particular a posibilidade de integrar unha candidatura cidadá e popular ao Parlamento Europeo". Desta maneira, confirma a este diario que o venres expresará a súa posición respecto diso nunha rolda de prensa. E anuncia: "Podo adiantar unha cousa: só me implicaría en algo que estivese construído desde a participación directa da cidadanía, que convocase á xente a ser protagonista e non espectadora. E por suposto, será un chamamento á unidade de todas as forzas políticas e sociais que participan do impulso de resistencia".
Este proxecto tamén estaría apoiado por distintas persoas vinculadas a movementos sociais e agrupacións de esquerda. Entre eles destacarían nomes como o profesor de Ciencias Políticas Juan Carlos Monedero, o tamén politólogo Jaime Pastor, Jaume Asens, Íñigo Errejón, Jorge Moruno ou Raimundo Viejo Viñas.
Pablo Iglesias dará todos os detalles desta iniciativa o vindeiro venres 17 de xaneiro nunha rolda de prensa ás 10.00 horas no Teatro do Barrio, arroupado por distintas personalidades provenientes da academia, a cultura, o xornalismo, o movemento veciñal e o activismo social e político, na que tamén estarán presentes os asinantes do manifesto Mover ficha: converter a indignación en cambio político. Ademais, participarán outros intelectuais que xa manifestaron publicamente a súa intención de apoiar unha candidatura desta características en distintos artigos.

Entre os asinantes dese manifesto están Juan Carlos Monedero, profesor de Ciencia Política na Universidade Complutense de Madrid; o actor Alberto San Juan; Jaime Pastor, profesor de Ciencias Políticas na UNED; o escritor e filósofo Santiago Alba Rico ou Bibiana Medialdea, profesora de Economía na UCM. Nel, afirman que "é a cidadanía a que ten que decidir, non a minoría egoísta que nos trouxo ata aquí" e que, por iso, é "esta a iniciativa defenderá un cambio radical no panorama político español".
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2014 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Nova Esquerda Galega apoia a concentración dos SEREOS
NEG apoia a concentración do xoves dia 16 de febreiro entre as 9:00 e as 14:00 horas e convocada por Sereos no Concello de Vigo.
As 11:30 darase lectura dun manifesto en protesta polo peche do local de sereos na Porta do Sol ao que acudían persoas sen teito, prostitutas, toxicómanos e outras que sofren distintos trastornos e patoloxías aditivas.
Non podemos consentilo!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2014 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
NEG apoia a concentración de solidariedade con Gamonal
NOVA ESQUERDA GALEGA APOIA A CONCENTRACIÓN EN SOLIDARIEDADE COS VECIÑOS E VECIÑAS DE GAMONAL


O vindeiro venres 17 de xaneiro convócase unha concentración solidaria cos veciños e veciñas do barrio de Gamonal (Burgos). O acto de solidariedade terá lugar ás 20:00h na Farola de Urzaiz en Vigo.

CONVOCA:
ECOAR))) Espazo de (Contra)discurso, Coordinación e Construcción de Alternativas e Resposta Social
www.ecoar.eu
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-01-2014 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0