Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A ESQUERDA CONTRA O TRATADO TRANSATLÁNTICO DE COMERCIO E INVESTIMENTOS (TTIP) - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ESQUERDA CONTRA O TRATADO TRANSATLÁNTICO DE COMERCIO E INVESTIMENTOS (TTIP)
NON AO TTIP
Que é o TTIP?
O TTIP é un acordo de gran alcance que se está negociando actualmente entre a Comisión Europea (en nome dos Estados membros da Unión Europea -UE) e o goberno dos Estados Unidos de América (EUA).
Non se trata de negociar sobre aranceis, que xa son en xeral moi baixos entre a UE e EUA. Céntrase sobre todo nos regulamentos, normas, dereitos corporativos e garantías de investimento.
O TTIP ten como obxectivo, supostamente, facilitar o investimento directo e a eliminación de obstáculos burocráticos innecesarios para o acceso ao mercado para as empresas de ambas as dúas beiras do Atlántico.
Pero, que agocha o TTIP?
Dado que os aranceis entre a UE e EE UU son xa moi baixos o tratado céntrase na eliminación de leis a ambas as dúas beiras do Atlántico co fin de reducir custos para as multinacionais.
Así, o TTIP pode desembocar na supresión de regulacións sociais, laborais, ambientais ou de seguridade alimentaria e sanitaria para favorecer a ditas multinacionais.
Igualmente supón tamén unha desfeita das liberdades dixitais.
Un capítulo especialmente polémico é o da protección dos investimentos, pola cal calquera investidor privado internacional pode incumprir calquera lexislación (ambiental, laboral ou social) que interfira cos seus beneficios. Para poder facelo crearanse tribunais comerciais, antidemocráticos e pouco transparentes, aos que se lles dan privilexios para actuar á marxe da xustiza formal, un sistema xurídico coñecido como ISDS.
Por exemplo, unha limitación ao fracking (técnica moi contaminante de extracción de gas ou petróleo) ou unha regulación sanitaria para prohibir o uso de sustancias tóxicas poden ser obxectos de demandas por parte das multinacionais implicadas e estas demandas resólvense en tribunais comerciais á marxe dos sistemas xudiciais dos países.
A ESQUERDA apoia e participará nas mobilizacións que hai convocadas para o vindeiro 9 de Xuño ás 17 horas na Porta do Sol en Vigo. A ESQUERDA considera este tipo de acordos un ataque á soberanía dos pobos tanto en Europa como en calquera parte do mundo onde as empresas transnacionais impoñan as súas condicións aos estados.
O TTIP representa a submisión das institucións europeas ás grandes corporacións coas cales están negociando á marxe de calquera control democrático. Consideramos que estes pactos constitúen un secuestro de dereitos e tómannos como reféns ás persoas e ao propio planeta.

Este acordo supón eliminar as barreiras que regulan os nosos dereitos sociais e ameaza dun xeito depredadora á agricultura, o medio ambiente, a regulamentación do mercado laboral, a propiedade intelectual, os servizos públicos, mentres garante ás grandes empresas privadas maiores beneficios e outórgalles prerrogativas case absolutas por exemplo o acceso das empresas a información persoal de particulares con fins comerciais; a comercialización de medicamentos non probados nin testados co mínimo rigor para garantir a seguridade sanitaria, ...

Desde A ESQUERDA apoiaremos e fomentaremos acordos que favorezan a solidariedade, a igualdade e a xustiza e opoñerémonos sempre ao atropelo e asoballamento aos cidadáns e pobos europeos e en concreto ao pobo galego, denunciando á vez a complicidade do PSOE e do PP e outras forzas políticas estatais no seu afán de favorecer ás multinacionais en detrimento das e os traballadores, xa que logo animamos a todas as persoas que participen na mobilización que se convoca para sensibilizar á cidadanía viguesa.
En Vigo, apoiaremos a creación dunha Plataforma NOaoTTIP de Vigo, na que participaremos xunto a outras organizacións sociais, políticas e sindicais viguesas.
A ESQUERDA convoca á cidadanía viguesa a participar na mobilización que terá lugar o próximo 9 de xuño ás 17 horas na Porta do Sol en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-06-2015 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0