COMPROMISO CO CRECEMENTO ECONÓMICO E CO EMPREGO, AÍNDA QUE DISTANCIÁNDOSE DA ESTRATEXIA ?EUROPA 2020?. GAÑEMOS DEFENDE UN ÁREA METROPOLITANA DE VIGO COMO MOTOR, XUNTO A OPORTO, DO CRECEMENTO DA EUROREXIÓN GALICIA - NORTE DE PORTUGAL
A área Metropolitana de Vigo é, pola súa dimensión demográfica mais tamén polas funcións que desempeña e polas súas grandes infraestruturas de accesibilidade e conectividade internacional, unha área metropolitana de dimensión europea, á altura desa dimensión, coa área Metropolitana de Madrid ou Barcelona. Máis aló diso, a área Metropolitana de Vigo é o centro de toda unha rexión ?a Rexión Galicia-Norte de Portugal? e, en particular, dun arco que integra a conurbación poli-céntrica urbana do litoral Norte da península ibérica, nun radio de preto de 300 kms en torno ás cidades de Vigo e Oporto.
Os datos aprobados polo INE en 2012 referíanse a unha poboación de 481.268 habitantes, dos que uns 297.355 habitantes viven en Vigo, o que significa o 61,79% do total da poboación do 'Gran Vigo´. A área de influencia é moito maior.
A comarca de Vigo é ampla e rica. O núcleo, a cidade de Vigo, xunto cos municipios adxacentes teñen un alto grado de integración económica e social.
A aprobación definitiva do Área Metropolitana de Vigo produciuse o 10 de abril de 2012, mediante unha lei autonómica, que no seu artigo 2, delimita o seu ámbito territorial aos seguintes municipios: Vigo, Cangas do Morrazo, Moaña, Soutomaior, Fornelos, Pazos de Borbén, Redondela, Nigrán, Baiona, Gondomar, Mos, Porriño, Salceda e Salvaterra de Miño.
Oficialmente defínese como unha Entidade Local Supramunicipal, de carácter territorial, integrada polos municipios de Vigo e os da súa área de influencia, entre os cales existe unha vinculación económica e social que fai necesarias a planificación conxunta e a coordinación de determinados servizos e obras, para garantir a súa prestación integral e adecuada no ámbito de todo o territorio así como alcanzar a eficacia dos investimentos públicos.
Este arco rexional concentra unha cuantiosa poboación e esténdese por un espazo de crecente cooperación e interdependencia coa veciña Portugal. A área Metropolitana de Vigo e a rexión envolvente, «Vigo e o Norte de Portugal», foi sempre o principal espazo de internacionalización da economía galega e un dos motores da competitividade de Vigo.
Vigo, cunha economía centrada en sectores expostos á competencia internacional, debe acometer un inevitable cambio estrutural. Logo dun prolongado período de perda de competitividade, subsecuente ao novo encadramento xerado pola liberalización do comercio internacional e pola entrada de Galicia na Unión Monetaria, xurdiron, nos últimos anos, algúns sinais positivos en canto ao reposicionamento competitivo da rexión norte, aínda que a crise financeira internacional iniciada en 2008 e as súas repercusións en Galicia interrompan ou teñan escurecido eses sinais de cambio estrutural.
As apostas na ciencia e na tecnoloxía, na cultura e na creatividade, na modernización dos sectores exportadores e na cualificación dos vigueses foron proseguidas cunha falta de consistencia e escasa perseveranza polos políticos irresponsables que descoidaron as súas obrigacións en relación ás políticas de crecemento e creación de emprego (máis emprego e emprego de máis calidade) na área Metropolitana de Vigo. Ao contrario, o actual Goberno de Abel Caballero, cunha política enfocada exclusivamente ao gasto en beirarrúas e formigón, desprovista de preocupacións en cuestión de crecemento, está levando á cidade cara a unha espiral recesiva que destrúe empresas viables e xera niveis impensables de desemprego. O actual Goberno do PSOE vigués non ten unha visión para a competitividade da cidade, oscilando o seu discurso entre o urbanismo ornamental e a depreciación do dinamismo industria e comercial da cidade.
Abel Caballero non elixiu a senda do crecemento económico e a creación de emprego como prioridade.
Gañemos Vigo afirma que é necesaria unha política competitiva que se asente no coñecemento, no capital humano, na investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (I + D + i), nas cualificacións e na valorización dos activos da rexión Galicia- Norte de Portugal. De feito, a visión de Gañemos Vigo nesta materia oponse, en moitos aspectos, á estratexia ?Europa 2020? lanzada pola Comisión Europea. Porén Gañemos Vigo identifica tres dimensións en prol do crecemento e o emprego na Euro Rexión ?crecemento intelixente? (desenvolvendo unha economía baseada no coñecemento e na innovación tecnolóxica); ?crecemento sustentable? (promovendo unha economía de baixo carbono, en termos de recursos e competitiva) e ?crecemento inclusivo? (desenvolvendo unha economía con altas taxas de emprego, que asegure a cohesión social e territorial, o aumento das cualificacións e a loita contra a pobreza). Estas tres dimensións da estratexia que deseñou Gañemos Vigo serán proseguidas a través dun conxunto de ?iniciativas programáticas? nos temas da Innovación, Educación e Sociedade Dixital; Clima, Enerxía e Mobilidade e Competitividade; Emprego, educación e Loita contra a Pobreza.
Gañemos opina que hai que acelerar a transformación da economía europea no seu conxunto, incrementar os seus índices de sustentabilidade e progresar nos dominios sociais, con ganancias de emprego e cohesión territorial.
Gañemos Vigo cre que resulta cada vez máis claro que a Educación é un área que merece apoio e impulso coordinado. O concello de Vigo debe desempeñar un papel moi importante na Educación, na Formación e no capital humano.
Eses deben ser os dous eixos centrais da área metropolitana, a colaboración en capital humano e tecnoloxía. |