Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
GAÑEMOS PROPÓN A CREACIÓN DUN CENTRO DE ALTO RENDEMENTO EN VIGO - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GAÑEMOS PROPÓN A CREACIÓN DUN CENTRO DE ALTO RENDEMENTO EN VIGO
Un Centro de Alto Rendemento (CAR) é unha instalación deportiva cuxa finalidade é a mellora do rendemento deportivo, proporcionando aos deportistas de alto nivel as mellores condicións de adestramento posibles.
O futuro Centro de Alto Rendemento de Vigo(CAR) se fundamentará na formación dos atletas para as competicións internacionais, grazas aos medios de importante calidade técnica e científica que haberá dispoñibles. O devandito centro procurará dar ao deportista a formación integral e facer partícipe á sociedade nos coñecementos que se xeran polas súas actividades.
Gañemos Vigo desexa que ese futuro Centro de Alto Rendemento tamén se faga cargo da formación educativa dos deportistas galegos e estranxeiros. Algo que Gañemos considera prioritario é facilitar aos deportistas as ferramentas necesarias para o seu desenvolvemento educativo e deportivo. Os deportistas do CAR vigués terán opción á educación Secundaria grazas ao Instituto que se atopará situado nas mesmas instalacións do CAR.
O CAR Vigués constará tamén dunha residencia para as concentracións. Debido a que en Galicia existen unha gran cantidade de seleccións e equipos de diferentes modalidades deportivas (fútbol, balonmán, voleibol, hóckey, tenis, natación, ximnasia, taekwondo, ciclismo ...) este centro facilitará as concentracións preparatorias nas propias instalacións do CAR vigués.
O Centro de Alto Rendemento de Vigo colaborará coa Facultade de CC da Educación e do Deporte de Pontevedra e será unha entidade de dereito público, que terá personalidade xurídica propia e actuará en réxime de empresa mercantil e con autonomía organizativa. Este centro será adscrito á Secretaría Xeral do Deporte e por iso asinarase desde o Concello de Vigo un convenio de financiamento co Consello Superior de Deportes.
A atracción de equipos e deportistas á cidade suporá un plus de ingresos para o noso municipio cun gran impacto na industria hostaleira e na rápida amortización das instalacións creadas.

Secretaría de Comunicación de Gañemos Vigo

Vigo, 5 de maio de 2015
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2015 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0