Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
GAÑEMOS IMPULSARÁ UN SISTEMA DE MOBILIDADE SOSTIBLE CON INFRAESTRUCTURAS AXEITADAS - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GAÑEMOS IMPULSARÁ UN SISTEMA DE MOBILIDADE SOSTIBLE CON INFRAESTRUCTURAS AXEITADAS
Unha cidade que aspire un transporte eficiente e sostible, non pode pretender maximizar as súas necesidades de mobilidade, nin sequera no hipotético caso dunha utilización masiva de enerxías renovables. Gañemos Vigo entende que é necesario racionalizar os desprazamentos. A mobilidade urbana polas vías da cidade e interurbana por estradas (vehículos e camións), ademais de supor un sistema de transporte perigoso, contaminante e pouco competitivo, non poderá manterse a medio e longo prazo.
O actual modelo de mobilidade en todo a provincia de Pontevedra apostou fortemente polas grandes infraestructuras. A circulación e os aparcamentos nas cidades e vilas, empeoran sensiblemente a calidade do espazo público, volvéndoo pouco habitable (ruídos, conxestión, contaminación,...).
Conseguir mellorar a intermodalidade dos medios de transporte, a rede secundaria de estradas ou aumentar o uso do transporte público, do tren de proximidade (non o de alta velocidade), a posibilidade de impulsar un metro lixeiro en Vigo, a mobilidade peonil e sobre todo a bicicleta, deben figurar entre os obxectivos dunha futura e necesaria Ordenanza Municipal Integral para a Mobilidade Sostible e Ordenación do Transporte de Vigo e a súa área de influencia.
As infraestructuras son un medio para conseguir un fin (ben común), non un fin en si mesmo. Gañemos Vigo opina que son necesarios criterios de racionalidade social, ambiental e económica para determinar o deseño e construción das devanditas infraestructuras. O triángulo que forman grandes empresas de obra pública, políticos e bancos, ten que terminar. Gañemos non pode obviar a resistencia cidadá a proxectos faraónicos sentidos como impostos con escasa rendibilidade social e medio ambiental, e si moito beneficio privado, especialmente para determinadas empresas amigas como: Hormigones Valle Miñor, Eiriña, Escavaciones y Transportes Guimarey S.L., ...
Obxectivos do Plan de Mobilidade de Gañemos Vigo:
* Considerar a accesibilidade como eixo central das políticas de mobilidade. É necesario que a cidadanía viguesa teña garantido o acceso aos lugares, aos servizos e ao coñecemento.
* Apostar decididamente pola transformación en áreas peonís dos centros urbanos e pola creación de espazos para a bicicleta, como as vías verdes, fomentando o seu uso por ser un medio de transporte san e ecolóxico. Creación dunha rede de carrís bici en toda a cidade.
* Tomar como base para o desenvolvemento do futuro plan de Transporte Urbano de Vigo outros modelos que tiveron éxito en diferentes cidades europeas.
* Evolucionar, mediante a aplicación da Ordenación do Territorio e o Urbanismo, cara a un Modelo Territorial que incremente os niveis de accesibilidade a través da proximidade, o que permitirá aforrar en tempo, enerxía e emisión de gases de efecto invernadoiro (GEI).
* Equilibrar os sistemas de mobilidade co fin de reducir substancialmente o tránsito de automóbiles e o seu prexudicial efecto no cambio climático.
* Deseñar un novo Plan de Investimentos Locais, fundamental para equiparar servizos en todas as poboacións próximas a Vigo, mellorando prazos para optimizar a participación das Entidades Locais veciñas e establecendo novos criterios prioritarios para as actuacións, tales como corrección de desequilibrios territoriais, sostibilidade ambiental ou creación de emprego local.
* Estudar a creación de instrumentos fiscais e taxas locais tendentes a desincentivar o uso de vehículos privados e/ou excesivamente contaminantes.
Medidas:
? Redactar e aprobar unha Ordenanza Integral para a Mobilidade Sostible e Ordenación do Transporte de Vigo, coa participación activa e vinculante da sociedade civil viguesa.
? Desenvolver un necesario Plan de acción con indicadores axeitados para cuantificar a súa eficacia, que garanta a mobilidade para a diversidade funcional.
? Fomentar e optimizar os medios de transporte público na nosa cidade, garantindo a funcionalidade, cobertura e calidade do servizo. Aumentar a igualdade de oportunidades no acceso aos mesmos, para o que se estudará a implantación dun bono social de balde (ou gratuíto) de transporte en función do poder adquisitivo do usuario e un bono mensual.
? Estudar a viabilidade dunha posible municipalización de Vitrasa.
? Creación dunha tarxeta municipal polivalente de transporte (que permita o uso de diferentes medios de transporte: bus, barco para desprazamentos pola Ría de Vigo...)
? Mellorar a intermodalidade nos transportes públicos.
? Promover criterios de eficiencia enerxética na contratación administrativa para incrementar os vehículos limpos no parque móbil público e nas flotas de servizos suxeitos a concesión, especialmente o transporte público.
? Atender as necesidades de melloras para as redes viarias das zonas rurais de Vigo e arredores co obxectivo de aproveitar as condicións de capilaridade que a estrada ofrece.
? Primar o emprego de materiais reciclados na construción de infraestructuras urbanas.
? Xeneralizar en todo o territorio municipal o acceso á comunicación dixital, mellorando a calidade da mesma.

Vigo, 10 de maio de 2015

Secretaria de comunicación de Gañemos Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2015 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0