Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
GAÑEMOS VIGO E O PODER POPULAR - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GAÑEMOS VIGO E O PODER POPULAR
Gañemos Vigo naceu cun horizonte concreto: desaloxar á casta do Concello de Vigo e da Deputación Provincial. Nacemos para ?gañar?. Gañar é poder gobernar o Concello de Vigo, é dotar ás clases populares viguesas de mecanismos para o autogoberno, á vez que se desaloxa do poder ás elites corruptas e ás clases dominantes desmantelando as súas estruturas de dominación en Vigo. Isto é un proceso que nesta conxuntura histórica só pode iniciarse cunha vitoria electoral das forzas realmente transformadoras. Gañemos Vigo opina que hai que afrontar as eleccións desde unha lóxica ofensiva mentres, paralelamente abordemos a cuestión do goberno máis aló do discursivo.
Un goberno municipal de cambio e ruptura vai a atoparse con serias dificultades para facer valer o seu programa. Alguén dubida de que o programa de Gañemos Vigo atopará resistencias por parte das elites corruptas e os poderosos que viven en Vigo, dos grandes empresarios, ou da casta que aniña no noso concello? Como gobernar o concello de Vigo tralo paso dun goberno que creou unha un océano de nepotismo e unha morea de redes clientelares? Como impulsar uns impostos locais fortemente progresivos?
Gañemos Vigo opina que se fai necesario construír poderes populares preparados para resistir esa presión que se desatará desde as elites da cidade en caso de gañar as eleccións.
Neste sentido, Gañemos Vigo é un dos espazos imprescindibles para afrontar esa tarefa. A xente de Gañemos Vigo pretende a construción dese poder popular ao servizo dun goberno da cidadanía.
Gañemos considera que debemos combinar fórmulas virtuais e as presenciais, utilizando todos os instrumentos ao noso alcance para construír, vincular e fomentar a participación da maioría social.
Para Gañemos as tarefas son concretas: falar coas organizacións sociais e veciñais de Vigo non só para solidarizarse con elas, senón para recoller as súas experiencias de face á elaboración dunha alternativa de goberno municipal (a plataforma SOS Sanidade Pública, a Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a PAH de Vigo, a federación veciñal Eduardo Chao,... que teñen unha valiosa experiencia que debería ser a base dunhas políticas públicas ao servizo do conxunto da sociedade viguesa).
Gañemos opina que hai xerar vínculos entre os actores sociais máis vivos dos barrios de Vigo, visibilizar problemas ignorados por Abel Caballero e os seus lacaios, construír espazos sociais de encontro aberto para todos os veciños e veciñas, ser mecanismos para a formación política dunha cidadanía viguesa que necesita aprender en común a gobernarse a si mesma.


Secretaria de Comunicación de Gañemos Vigo

Vigo, 5 de maio de 2015

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-05-2015 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0