Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Gañemos Vigo aposta por un cambio de modelo económico e por un reparto da riqueza - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Gañemos Vigo aposta por un cambio de modelo económico e por un reparto da riqueza
Gañemos Vigo opina que a riqueza na nosa cidade é creada de xeito agregado e cooperativo e que é necesario repartila dunha maneira xusta. Para Gañemos Vigo esta é a clave para construírmos un novo modelo produtivo que favoreza o benestar de toda a cidadanía viguesa.
Durante os últimos anos tense aceptado estoicamente por parte dos distintos gobernos municipais exclusivamente a economía baseada no sector naval, a automoción, o comercio e o emprendemento individual. O resto da economía viguesa estivo «impulsada» por unha elite egoísta e obtusa (composta por individuos como Fernández Gayoso e Pego Alonso en CAIXANOVA, Manuel Fernández de Sousa e Alfonso Paz Andrade de PESCANOVA, González Viñas e García Costas no Sector NAVAL)...que favoreceron unha economía especulativa.
Fronte a ese modelo fracasado, Gañemos Vigo aposta pola recuperación dunha economía basada no I+D+i. Unha nova industria que impulse a produción innovadora, creativa, con alto valor engadido e un comercio adaptado ás necesidades reais dos vigueses.
Gañemos impulsará unha economía do próximo, un comercio local baseado nas iniciativas cooperativas, as empresas de economía social e as redes de economía solidaria que respecten o medio ambiente e os dereitos dos traballadores e traballadoras.
Gañemos aposta tamén polas iniciativas autoxestionadas que se están dando xa nalgúns barrios vigueses, e que non atopan espazos para o seu desenvolvemento.
Entre outras accións para favorecer o desenvolvemento do tecido económico local, Gañemos Vigo propón que no caso das contratacións por parte da administración pública municipal, se prime a elección de entidades da economía social, e a aquelas empresas que se rexan polos criterios do ben común.
Vigo, 4 de maio de 2015
Secretaria de Comunicación de Gañemos Vigo


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-05-2015 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0