Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Nova Esquerda Galega (NEG) participa na manifestación do 14 de abril en Vigo - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nova Esquerda Galega (NEG) participa na manifestación do 14 de abril en Vigo
Case mil persoas manifestáronse o pasado 14 de abril polas rúas de Vigo para conmemorar a declaración da Segunda Republica española e reivindicar a Terceira. Convocados pola Asemblea Republicana de Vigo no medio de multicolores bandeiras manifestáronse os veciños de Vigo, cidade históricamente de tradición republicana. Entre as numerosas bandeiras tricolores observáronse tamén as do Partido Comunista e as de Nova Esquerda Galega, quen conformaron un grupo numerosos dentro da columna republicana.

Nova Esquerda Galega en declaracións públicas sinala que ?sen a Terceira Republica non abra Primeira Republica Galega, por iso non existe contradición en loitar por ambas republicas.?

Os voceros de NEG sinalaron o desexo desta organización de continuar a campaña para que dúas rúas de Vigo leven os nomes dos vigueses Humberto Baena e Sánchez Bravo por ser os últimos mártires por loitar pola república.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2014 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0