Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Non queremos ser unha satrapía - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Non queremos ser unha satrapía
Óscar Lomba
Por: Óscar Lomba

FONTE: Galicia Confidencial

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/18342.html

Algúns opinan que o acordo entre PSOE e PP nos orzamentos de 2014 será bo se impulsa proxectos clave. Eu non concordo coa devandita afirmación porque é falsa e ademais entendo que a xestión dunha cidade non pode basearse só na colocación de lousas, lastras e baldosas por todos os recantos e o simple embelecemento de rúas, cando os nosos veciños quedan sen traballo, son desafiuzados das súas casas ou pasan fame e frío. Mentres a facenda municipal é dilapidada en baldosas, propaganda e contratacións de amigos e familiares de dirixentes do PSOE, realizadas a dedo, o Alcalde de Vigo enche a cidade con letreiros que din que «vivimos nunha cidade fermosa». Non, Vigo non é o «paraíso urbano» que algúns queren vendernos.
Se pescudasen un pouco e falasen coa xente descubrirían a situación real da cidade. Verían que Vigo está perdendo dinamismo empresarial e comercial. Advertirían que o desemprego disparouse nos últimos anos e que o número de pobres segue incrementándose. Repararían na desastrosa xestión do Auditorio Mar de Vigo. Decataríanse das escasas iniciativas culturais impulsadas desde o Concello, na calamitosa situación dalgúns edificios do casco histórico, no raquítico apoio municipal aos mozos emprendedores, aos proxectos de cooperativismo, ao auto-emprego e a economía social. En Vigo fan falta máis políticas de benestar social e menos discursos grandilocuentes.

Algúns comentaristas e articulistas de opinión afirman que o pacto orzamentario entre PSOE e PP será bo se os partidos e os seus líderes antepoñen o interese cidadán ás súas liortas persoais. A que tipo de acordos se refiren? Falan dun pacto entre confrades unidos por un simple «interese corporativo»?. Queren seica unha especie de «Bella Società Riformata»? O que non parece moi normal é que en Vigo non se actúe contra o flagrante nepotismo que aniña na nosa institución municipal. Por que se manteñen tan calados os dous partidos da oposición PP e BNG? Parécelles normal que se repartan empregos entre familiares ou amigos, sen importar o mérito para ocupar eses cargos, senón a súa lealdade ao político de quenda? Non, ante este tipo de cousas non se pode un andar con medias tintas nin con panos mornos ? En todo caso, e despois de negociar e consensuar os orzamentos, e para ser realmente coherentes, PSOE e PP deberían facer unha coalición de goberno como fixeron o SPD e a CDU en Alemaña, pois en caso contrario estarían enganando aos vigueses.

Moitos deberían tirar a careta porque basean o seu discurso en puros enredos dialécticos, en bagatelas pomposas e verbas baleiras de contido. Estamos fartos de que algúns pretendan facer doce aquilo que é amargo, que intenten erixir castelos de area, que queiran acougar con somníferos propagandísticos os crispados ánimos dunha cidadanía abatida por tanto despropósito. Vigo non é a cidade que pretende mostrar, e os vigueses estanse a decatar de que hai severos indicios de desgoberno, malgasto e corrupción. A maioría dos nosos veciños saben que Vigo é unha cidade fiel, leal e valente, pero non tan luminosa como algúns quere facernos crer, pois uns poucos empéñanse en proxectar unha sombra desvergoñada de enchufismo, arbitrariedade e manexos ocultos.

Vigo está farta de inacción e parálise, necesita unha verdadeira rexeneración democrática e non pactos escuros, mal nados e interesados. Non necesitamos trocos ou cambelaches nin tenebrosos arranxos de trastenda. Se non queremos ser unha satrapía debemos reclamar mais transparencia e democracia.

Moitos temos claro que Vigo só volverá á Liga das cidades de Primeira División cando o cambio chegue nas municipais de 2015.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-04-2014 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0