Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A politiqueiría e o Concello de Vigo. - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A politiqueiría e o Concello de Vigo.
Óscar LombaPor: Óscar Lomba

FONTE: A PENEIRA

http://www.apeneiradixital.com/a-politiqueiria-e-o-concello-de-vigo/

O proxecto urbano do actual Alcalde de Vigo está dominado polo seu obxectivo de empedrar Vigo, algo moi distinto do que supón humanizar. Pór lousas e pavimentar rúas semellan ser as actividades que esgotan a axenda do noso actual goberno municipal, e somos moitos os que opinamos que nos devanditos empedrados non se aprecian indicios de algo máis fondo e decisivo. En definitiva, o executivo municipal vigués carece dunha dirección política que verdadeiramente xestione consensos con amplos sectores sociais da cidade, que institúa marcos nos que a competencia política poida discorrer de xeito transparente de acordo coas expectativas da cidadanía viguesa.
En principio, a política municipal de Caballero dista moito de ser un proceso a través do cal a poboación teña capacidade de opinar á hora de decidir determinadas actuacións urbanísticas. En Vigo resulta cada vez máis difícil que se enxergue un interese xeral nas actuacións do actual alcalde. Non se aprecia un diagnóstico dos problemas colectivos, non existe unha proposta de como superar as distintas dificultades e que iso se faga contando coa participación dos diferentes actores urbanos. Paralelamente, a política viguesa non consegue artellar diferentes redes que poidan ir resolvendo os problemas que xorden cotiamente na cidade. Finalmente, a política local viguesa non favorece a auto-organización de vontades colectivas, de distintos representantes sociais que encarnen a diversidade urbana. O actual goberno municipal prescinde de moitas organizacións e movementos sociais e veciñais nos cales hai moitos individuos dispostos a achegar solucións a moitos dos retos que a nosa urbe ten formulados dende hai décadas.
O que fan os actuais membros da presente corporación viguesa poderíase denominar politiqueiría xa que corresponde ao dominio dos intereses particulares non inscritos nunha estratexia que os transcenda. Cando certas pulsións desbócanse xorde a politiqueiría. A cobiza persoal e a vontade de poder de determinadas elites políticas poden degradar o quefacer político. Acho que a politiqueiría pode destruír a política.
Aínda que poida tomalos como escusa, a politiqueiría non ten nada que ver cos intereses xerais. O fin da politiqueiría é a ganancia persoal pola vía de producir unha aparencia de respectabilidade tras a que se agochan paixóns descontroladas. A voracidade polas prebendas, o poder, a aparición do enchufismo e o nepotismo, son os móbiles verdadeiros da politiqueiría. De aí nacen a intriga, a traizón, a retórica baleira de contido, a falta de lucidez, a trapallada e a chilindrada. Finalmente, o desgoberno e o malgasto.
Pero o paradoxal é que a politiqueiría, ao socavar a política municipal non fai máis que destruír o único escenario onde esta pode exercerse. A descomposición moral e política dun concello non fai máis que anunciar a súa caída. O predominio da politiqueiría é o triunfo da «irracionalidade vantaxista» dos individuos sobre a «racionalidade colectiva» da sociedade. Só queda un camiño que é a rexeneración democrática nada das urnas e 2015 chegará axiña.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-04-2014 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0