Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Vigo rexurdirá das súas cinzas - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Vigo rexurdirá das súas cinzas
Óscar LombaPor: Óscar Lomba

FONTE: SERMOS GALIZA

http://www.sermosgaliza.com/opinion/oscar-lomba/vigo-rexurdira-das-suas-cinzas/20140401201824025929.html


Os insolentes, lingoreteiros, lerchos e vividores que procuran o «nirvana olívico»; os repartidores de narcóticos prescritos co obxectivo de anestesiar o «encéfalo metropolitano»; os difusores do ?Vigo é unha cidade fermosa?, esa congregación sectaria de entusiastas, servidores e lacaios do goberno municipal vigués cada vez incrústanse máis á poltrona semellando lapas.
Cegados pola súa obsesión de crear unha «cidade de pedra» pretenden embobarnos nunha abraiante manobra de «sedución»; ansiosos por popularizar os seus grotescos «felpudos» de lastras, lousas e azulexos; con animo de despregar as súas parolas ampulosas, as súas arengas vaidosas, os seus sermóns patéticos e os seus panexíricos localistas; absortos por ese absurdo e caricaturesco «ideal» por converter Vigo nunha cidade de ciencia ficción, nun emporio mitolóxico, nun lugar de fantasía, nun recanto acicalado, nun municipio relambido, soberbio e aromático; un oasis máxico e doce no que a cidadanía vive nun éxtase permanente, unha cidade-xardín de residentes refinados e ilustrados, florecentes, dadivosos, afanosos e desexosos de deambular polas súas marabillosas rúas asombrosamente pavimentadas e axardinadas mentres contemplan a súa fabulosa Ría Atlántica.
Os e as viguesas son intoxicadas por determinados «medios de comunicación» que ateigan á cidadanía con inxentes cantidades de «barbitúricos propagandísticos» tralos cales todo semella radiante e as rúas convértense en tobogáns polos cales os transeúntes deléitanse deslizándose mentres soa a Sinfonía nº 1 en sol menor, Op.13 de Piotr Ilich Chaikovski. Todo é encantamento, todo lles serve na súa insistencia por «camelarnos» e con todo xa ninguén lles fai nin caso, porque sucede que a xente cansouse de tanta prestidixitación.
O oportunista acordo entre PSOE e PP sobre os orzamentos municipais de 2014 son unha artimaña que só servirá para o beneficio dunha exigua minoría. Será nefasto porque as organizacións políticas involucradas e os seus dirixentes preferirán o proveito propio ás súas posicións políticas e ideolóxicas propias. Será infortunado porque ese compromiso institúese sobre unha visión falsa, fuleira, falaz e gaioleira, na que uns e outros serán dúas almas dun mesmo corpo. Será desfavorábel porque provocará o afianzamento dunha política na que as posicións políticas e diferenzas ideolóxicas contarán pouco, pero os «intereses orgánicos» dos partidos pesarán moito máis. Será nefasto porque os dirixentes de PSOE e PP asumirán idénticas alegacións «populistas» que aseguran altos réditos electorais pero que só benefician a uns poucos. Será moi negativo porque Vigo quedará supeditada aos designios dunhas poucas catervas e fraccións oportunistas, altivas, fachendosas e ególatras. E será infortunado porque continuará o desgoberno, o malgasto e o nepotismo, mentres os sufridos vigueses pasan un suplicio. Porén, 2015 axiña chega e Vigo rexurdirá das súas cinzas.

* Óscar Lomba é avogado e co-voceiro de NEG.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-04-2014 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0