Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>Presentan a primeira ILP autonómica para frear os desafiuzamentos</b> - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Presentan a primeira ILP autonómica para frear os desafiuzamentos
<b>Iniciativa Lexislativa Popular contra os desafiuzamentos</b>
A ILP galega para frear os desafiuzamentos entra no Rexistro do Parlamento Galego

O seu contido é similar á rexeitada no Congreso fai un ano polos votos en contra do Partido Popular

Fonte: Axencia EFE e elaboración propia.

As Plataformas Galegas de Afectados polas Hipotecas ? STOP Desafiuzamentos presentaron onte no rexistro do Parlamento de Galicia unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que reclama o freo dos desafiuzamentos, opcionalmente a dación en pagamento e tamén o emprego dos pisos propiedade dos bancos para alugueiros sociais.

O voceiro deste colectivo, Óscar Gómez, explicou aos xornalistas, antes de rexistrar a súa proposta, que o contido da devandita ILP é similar á rexeitada no Congreso hai un ano polos votos en contra do Partido Popular.

Agora, as plataformas galegas convertéronse en pioneiras, dixo, posto que se trata da primeira iniciativa deste tipo que se presenta nunha comunidade autónoma.

A iniciativa persegue, explicou, "parar os desafiuzamentos" e aproveitar os pisos baleiros dos bancos e a SAREB para o seu emprego en función das necesidades da poboación e evitar que os cidadáns sexan botados das súas casas.

Óscar Gómez insistiu en que a banca fíxose cunha "cantidade inxente" de vivendas e "o que están facendo é malvendelas a fondos voitre".

Tras presentar a iniciativa lexislativa no rexistro, os membros da Plataforma terán un período para recoller sinaturas e poñeranse a traballar en todas as comarcas.

Por agora, as plataformas non tomaron contacto co PP, aínda que á entrada dos seus representantes no Parlamento, recibiu o apoio de deputados de toda a oposición (PSdeG, AGE, BNG e Grupo Mixto).
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-03-2014 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0