Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>O xuíz Silva presenta en Bilbao ?A xustiza desafiuzada? </b> - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O xuíz Silva presenta en Bilbao ?A xustiza desafiuzada?
Xuíz Elpidio José Silva
O xuíz Silva atreveuse a encarcerar a un banqueiro e acabou sendo acosado por todos os poderes.

O xuíz Elpidio José Silva presentará este venres 21 de marzo, na sé da formación política Ezker Batua-Berdeak de Bilbao (organización integrada en LA IZQUIERDA), o seu libro ?A xustiza desafiuzada?, onde dá conta do seu labor como xuíz e dos obstáculos que tivo que sortear para impartir xustiza.
Descoñecido, até hai poucos meses, a súa intervención no chamado «caso Blesa» converteulle, desde o punto de vista mediático, no maxistrado que se atreveu a atacar ás facianas máis visíbeis do poder financeiro. A súa decisión de enviar ao cárcere, dúas veces, ao ex presidente de Caixa Madrid, Miguel Blesa, o seu relevante traballo xudicial contra a corrupción e contra as manobras menos confesábeis dos poderes financeiros deixoulle moi só, sen máis apoio que o clamor popular.
O que fora titular do Xulgado de Instrución número 9 de Madrid, detalla no seu libro 'A xustiza desafiuzada', a forma en que os corruptos manipulan o sistema xudicial, e non aforra precisións á hora de explicar por que cre que unha figura como a súa resulta hoxe incómoda para algúns dos elementos incrustados nos poderes institucionais e fácticos, cando todo o que pretende é, simplemente, impartir xustiza.
Elpidio José Silva (Granada, 1959) estudou Dereito na Universidade de Sevilla, onde foi o número uno do seu promoción e obtivo o extraordinario de licenciatura. Leva vinte e dous anos na xudicatura, desde maio de 1991, cinco deles exercendo como maxistrado-xuíz de instrución en Madrid, e é experto en delitos económicos.


Área de comunicación de Nova Esquerda Galega
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-03-2014 07:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0