Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<u><b>Declaración de Nova Esquerda Galega ante as Eleccións Europeas</b></u> - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Declaración de Nova Esquerda Galega ante as Eleccións Europeas
Nova Esquerda GalegaDeclaración de Nova Esquerda Galega ante as Eleccións Europeas


A presente declaración de Nova Esquerda Galega (NEG) pretende mostrar a inquietude da súa militancia ante o novo fracaso na consecución dunha candidatura unitaria de toda a esquerda política de cara ás vindeiras eleccións ao parlamento europeo. Nova Esquerda Galega (NEG) reclama a unidade de toda a esquerda, porén a devandita «unidade» non debe ser entendida como a «disolución» de todas as organizacións da esquerda nunha «única estructura», porque a unidade da esquerda non consiste nunha unidade orgánica, unha especie de «esquerda fusionada» que anularía a pluralidade de sensibilidades e a diversidade ideolóxica. Xa que logo, Nova Esquerda Galega (NEG) rexeita a fusión da toda a esquerda nunha «única entidade orgánica» pero, en cambio, é partidaria doutra cousa distinta, que é a «unidade de acción» de toda a esquerda.
Esta disxuntiva entre «unión orgánica» e «unidade de acción» non tería por que ser un problema, porque as organizacións que, como Nova Esquerda Galega (NEG), están intentando persuadir aos partidos da esquerda para que conflúan nunha Fronte Popular Ampla e non excluínte non estamos solicitando que se disolvan nunha nova forza política, non pedimos que abandonen as súas propias ideas e matices, que constrúan un bloque monolítico... Non estamos tratando de acabar coa diversidade da esquerda nin cos partidos que forman parte dela. O que estamos pedindo é que organicen unha unidade de acción electoral e social, que conflúan, e que dean cabida á participación de quen non están adscritos a formación política ningunha.
Para Nova Esquerda Galega (NEG) o único que resulta imprescindíbel é que se produza unha unidade de acción na mobilización e na rúa pero tamén no campo electoral.
Nova Esquerda Galega (NEG) opina que ao non haber coalición electoral corremos o risco de ser esmagados pola dereita depredadora, a que pon a Galicia e ao conxunto de nacións e pobos que conforman o Estado español, de xeonllos ante os mercados e a Troika.
En todo caso Nova Esquerda Galega (NEG) lamenta que a unidade de acción non se materializase no campo electoral. Desta volta a esquerda política concorrerá ás eleccións europeas máis fragmentada que nunca.
Nova Esquerda Galega (NEG), tendo en conta que non se produciu esa devezada confluencia nunha única candidatura de todas as forzas políticas que se atopan á esquerda do PSOE, optou por definir a súa propia posición de cara a esa confrontación electoral.
O Consello Nacional de Nova Esquerda Galega (NEG), tras proposta da Comisión Executiva Nacional e trala ratificación das asembleas locais, decidiu dar liberdade á súa militancia para que libremente apoien calquera opción da esquerda rupturista, sexa esta federal, confederal, nacionalista ou independentista, e permitir tamén a eses militantes que non son afiliados de ANOVA?Irmandade Nacionalista optar por facer campaña por calquera opción que estimen oportuno. En todo caso deixamos claro que, evidentemente, aqueles militantes de Nova Esquerda Galega (NEG) que tamén son membros de ANOVA?Irmandade Nacionalista respectarán os acordos adoptados democraticamente no Referendo interno de ANOVA e apoiarán a campaña de ANOVA?Irmandade Nacionalista e Esquerda Unida ás Eleccións Europeas. Ademais como indica o artigo 6 dos nosos estatutos e documentos regulamentarios:
?Do documento de Organización de NEG

Relacións de NOVA ESQUERDA GALEGA con outras organizacións políticas

Artigo 6: Nova Esquerda Galega (NEG), co fin de realizar os obxectivos que motivan a súa constitución, poderá alcanzar acordos con outras organizacións sociais e políticas. Con este propósito, a Asemblea Xeral de Nova Esquerda Galega (NEG) encomendará ao seu Consello Político Nacional que se dirixa aos seus órganos asemblearios a fin de propor un acordo político que supoña a súa participación no proxecto unitario e plural da esquerda transformadora que representa hoxe ANOVA-Irmandade Nacionalista e Alternativa Galega de Esquerda (AGE). Nesta proposta de acordo ofreceranse os seguintes compromisos:
6.1. O compromiso da militancia de Nova Esquerda Galega (NEG) afiliada a ANOVA?Irmandade Nacionalista de achegar á devandita organización e a Alternativa Galega de Esquerda (AGE) as concepcións e obxectivos propios do socialismo, feminismo, altermundismo, ecoloxismo, soberanismo e internacionalismo como elementos máis da súa pluralidade política, e como un impulso da súa actividade social e institucional.
6.2. O compromiso da militancia de Nova Esquerda Galega (NEG) afiliada a ANOVA de supeditar o seu traballo militante, apoio electoral e colaboración no traballo institucional directo, en favor de ANOVA -ou no seu caso de Alternativa Galega de Esquerda (AGE)- como instrumentos estratéxicos, unitarios e plurais da esquerda transformadora?
. Por todo o exposto, a militancia de NEG que está afiliada a ANOVA fará campaña en favor da coalición de ANOVA e a Esquerda Federal.

Reiteramos que lamentamos que a esquerda non soubese entenderse e pensamos tamén que o voto pode terminar dispersándose entre varias opcións, aínda que quizais poida ser absorbido polo denominado "voto útil", ou mesmo termine disgregándose na abstención ou no voto nulo e branco.

O conxunto da militancia de Nova Esquerda Galega (NEG) está contrariada e desalentada ao observar que a maioría dos partidos e organizacións da esquerda resignáronse novamente á división e á falta de encontro.

En todo caso desde Nova Esquerda Galega (NEG) seguiremos loitando e defendendo a unidade de acción nas rúas, nas mobilizacións, nas manifestacións, pero tamén nas eleccións e en todos os ámbitos nos que a esquerda aínda se atopa dividida.

Para acabar co ultraliberalismo e construír unha sociedade máis humana, igualitaria, democrática, solidaria e fraterna seguiremos chamando á unidade de toda a esquerda política e social.

Vigo, 17 de marzo de 2014.

Comisión Executiva e Consello Nacional de Nova Esquerda Galega (NEG)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-03-2014 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0