Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>Carta aos membros da Coordinadora Nacional, ao Coordinador e Voceiro Nacionais de ANOVA ? Irmandade Nacionalista</b> - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Carta aos membros da Coordinadora Nacional, ao Coordinador e Voceiro Nacionais de ANOVA ? Irmandade Nacionalista
Lois Pérez LeiraCarta aos membros da Coordinadora Nacional, ao Coordinador e Voceiro Nacionais de ANOVA ? Irmandade Nacionalista


Prezado compañeiro Xosé Manuel Beiras
Prezado Martiño Noriega
Compañeiros/as da Coordinadora Nacional



Pola presente quérovos comunicar que teño o deber ético e a obriga política de solicitar a miña baixa en ANOVA ? Irmandade Nacionalista. As miñas responsabilidades en Nova Esquerda Galega e o meu recente nomeamento como Voceiro Estatal da Coordinadora de organizacións rupturistas ?A ESQUERDA ? LA IZQUIERDA?, fan incompatíbel a miña afiliación e militancia en ANOVA.

Non quixese que estas tarefas poidan aportar confusión e malos entendidos. Quero salientar o meu total apoio ao proxecto fundacional de ANOVA e a miña admiración polo liderado de Xosé Manuel Beiras. Como sempre traballar por potenciar Alternativa Galega de Esquerda (AGE) como suxeito político capaz de ser unha verdadeira alternativa para Galiza.

Opino que é unha mágoa que nesta oportunidade non se puidese conseguir a formación dunha fronte ampla rupturista e non excluínte, porén igualmente seguiremos traballando para que este obxectivo chegue a cumprirse no futuro, nas mobilizacións, na rebeldía popular e nas vindeiras confrontacións electorais.
Un fraternal saúdo para todos/as as militantes de ANOVA ?Irmandade Nacionalista


Vigo, 17 de marzo de 2014

Lois Pérez Leira














Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-03-2014 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0