Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>NOTA DE PRENSA - Nova Esquerda Galega opina que hai escuros intereses que envolven a política enerxética do Partido Popular.</b> - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NOTA DE PRENSA - Nova Esquerda Galega opina que hai escuros intereses que envolven a política enerxética do Partido Popular.
Nova Esquerda Galega
NOTA DE PRENSA

Nova Esquerda Galega opina que hai escuros intereses que envolven a política enerxética do Partido Popular.

Nova Esquerda Galega (NEG) desexa manifestar a súa rotunda oposición á formidábel subida do prezo da electricidade para os consumidores domésticos no conxunto do Estado español e moi especialmente en Galicia. As previsións non son nada positivas, pois o mercado sufriu hai pouco tempo novos e significativos incrementos. Para Nova Esquerda Galega (NEG) non é unha casualidade que ese desmedido incremento da tarifa se teña producido nos últimos tempos, curiosamente tralo anuncio de Facenda de retirar 3.600 millóns de euros para sufragar o déficit de tarifa e do conseguinte enfado das cinco grandes eléctricas que terían que soportar a débeda nos seus balances.

Para Nova Esquerda Galega (NEG) resulta asombroso que exista un mercado enerxético oligopólico desbocado e descontrolado onde quen xera a electricidade, a vende e a distribúe sexan os mesmos, mentres o goberno intenta facernos crer que existe unha certa ordenación

O recibo da luz converteuse nun problema moi grave para todos fogares galegos. O recibo da luz volveu subir recentemente e agudizará a penosa situación de moitas familias humildes. Moitos dos galegos e galegas veranse abocados á pobreza enerxética e verán cortado o fornezo eléctrico, pasarán frío e mergullaranse na máis absoluta escuridade. Quede ben claro que estas non son consecuencias dunha evolución natural dos prezos da enerxía eléctrica. Nun mercado, os consumidores deben pagar os custos dos servizos que contratan. Pero a electricidade en Galicia non é un mercado que responda ás leis da oferta e a demanda; teoricamente é un sistema regulamentado, onde falla estrepitosamente o mecanismo de cálculo dos prezos.

A situación para o consumidor podería converterse en insostíbel; o suposto mercado eléctrico regulado é un instrumento manipulábel, de tal maneira que os axentes concorrentes disparan o prezo a data fixa como resposta a calquera cousa que consideren ameaza, desde os impostos decididos polo Goberno a finais de 2012 até o rotundo fracaso da reforma eléctrica presuntamente encamiñada a reducir o déficit.

Nova Esquerda Galega (NEG) preconiza un novo sistema de cálculo de prezos para a emisión da factura eléctrica. É imposíbel explicar a un cidadán, porque non ten explicación ningunha, que se a electricidade é guiada por un mercado controlado e regulado, o prezo se encareza escandalosamente nun periodo de intensa caída media da demanda. Nova Esquerda Galega (NEG) opina que o deficiente sistema de fixación de prezos provoca que o Estado español teña a terceira electricidade máis cara de Europa, só por detrás de Chipre e Malta. Durante lustros permitiuse a acumulación de investimentos que agora sobran e que hai que pagar na tarifa; durante anos permitiuse que funcionase un mecanismo de prezos que xera dereitos económicos recoñecidos ás empresas eléctricas, mentres as compañías perciben escandalosos beneficios marxinais que obteñen con investimentos amortizados coa xeración hidráulica e nuclear.
Nova Esquerda Galega (NEG) demanda unha urxente Reforma Eléctrica, que aforre ao conxunto dos consumidores uns 144 millóns de euros anuais durante quince anos. Para iso Nova Esquerda Galega (NEG) propón unha profunda transformación da actual política enerxética. A transformación trataría de complementar e incluso, na medida do posíbel, suplir as enerxías ou fontes enerxéticas actuais, xa sexa polo seu menor efecto contaminante, ou fundamentalmente pola súa posibilidade de renovación.

Nova Esquerda Galega (NEG) opina que o consumo de enerxía é un dos grandes termómetros ou medidores do progreso e benestar dunha sociedade moderna. O concepto de "crise enerxética" aparece cando as fontes de enerxía que abastecen á sociedade comezan a esgotarse. Para Nova Esquerda Galega (NEG) unha situación de depresión económica, como a actual, esixe un maior investimento en I+D+i (Investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica) e iso porque as fontes de enerxía fósil e nuclear son finitas. Nova Esquerda Galega (NEG) considera que é inevitábel que nun determinado momento a demanda de enerxía non poida ser abastecida e todo o sistema termine colapsándose, agás que se descubran e desenvolvan novos métodos para obter enerxía: estes novos medios serían as enerxías alternativas. Por outra banda, Nova Esquerda Galega (NEG) considera que o emprego das fontes de enerxía actuais tales como o petróleo, gas natural ou carbón carrexan consigo problemas como a progresiva contaminación, ou o aumento dos gases de efecto invernadoiro.

Nova Esquerda Galega (NEG) está persuadida de que a discusión enerxía alternativa/convencional non é unha simple clasificación das fontes de enerxía, senón que representa un cambio que necesariamente terá que producirse durante este novo século. É importante apuntar que as enerxías alternativas, aínda sendo renovábeis, tamén son finitas, e como calquera outro recurso natural terán un límite máximo de explotación. Xa que logo, aínda que poidamos realizar a transición a estas novas enerxías de xeito suave e gradual, tampouco van permitir continuar co modelo económico actual baseado no crecemento perpetuo. É por iso polo que xorde o concepto do Desenvolvemento sostíbel. Para Nova Esquerda Galega (NEG) ese novo tipo de desenvolvemento debería basearse nas seguintes premisas:

1) O uso de fontes de enerxía renovábel, xa que as fontes fósiles actualmente explotadas terminarán esgotándose, segundo os prognósticos actuais, no transcurso deste século XXI.
2) O uso de fontes limpas, abandonando os procesos de combustión convencionais e a fisión nuclear.
3) A explotación extensiva das fontes de enerxía, propoñéndose como alternativa o fomento do autoconsumo, que evite na medida do posíbel a construción de xigantescas megainfraestructuras de xeración e distribución de enerxía eléctrica.
4) A diminución da demanda enerxética, mediante a mellora do rendemento dos dispositivos eléctricos (electrodomésticos ecolóxicos, lámpadas de baixo consumo,...)
5) Reducir ou eliminar o consumo enerxético innecesario. Non se trata só de consumir máis eficientemente, senón de consumir menos, é dicer, desenvolver unha conciencia e unha cultura do aforro enerxético e condena do dispendio, malgasto ou desperdicio.
6) A produción de enerxías limpas, alternativas e renovábeis non é xa que logo unha cultura ou un intento de mellorar o medio ambiente, senón unha necesidade á que o ser humano vaise ver abocado, independentemente da nosa opinión, gustos ou crenzas.
Para rematar, Nova Esquerda Galega (NEG) lembra que as renovábeis xeraron 113.899 empregos, abarataron o prezo da electricidade no mercado en 4.056 millóns de euros e supuxeron un aforro de 5.639 millóns de euros. Por desgraza, estes beneficios só recaeron nas cinco grandes compañías eléctricas do Estado. Se no queremos seguir sendo escravos deste sistema enerxético que nos terá cada vez máis cativos, debemos cambiar a nosa política enerxética cara a outra baseada na potenciación das fontes renovábeis e a extensión de novos dispositivos de xeración enerxética alternativa. Aínda que de momento, cun Goberno que traballa de mercador de ?escravos? para os oligopolios eléctricos, só queda rebelarnos...


Vigo, 12 de marzo de 2014


Comisión Executiva Nacional de Nova Esquerda Galega
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-03-2014 07:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0