Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.
PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A CONSTRUCIÓN DUN NOVO PODER POPULAR |
|
Por Xoel V. S. López Calderón *
Hai que unir as loitas da esquerda soberanista e conseguir que os movementos sociais conflúan nas súas loitas e o movemento sindical de clase manteña a súa unidade de acción.
É imposíbel facer fronte ás desapiadadas e implacábeis medidas do ultraliberalismo e a dereita se non somos capaces de crear unha fronte ampla e non excluínte que poida artellar unha potente organización de masas.
Temos que facer posíbel unha dinámica diferente, e iso por medio da proxección de determinadas fraccións da esquerda social cara a instancias políticas, é dicer, levalos ao parlamento, aos concellos, ás institucións sen abandonar a rúa Debemos ser coherentes coa nosa base social, co que dicemos e facemos, non participando en componenda ningunha á marxe da loita de masas e as ofensivas desenvolvidas desde as organizacións populares.
Non podemos caer nos mesmos erros da «esquerda» social-liberal institucionalizada. É necesario que esta nova esquerda transformadora, constrúa unha práctica baseada na axuda mutua, a cooperación política, o non-individualismo, a horizontalidade, a radicalidade democrática, o desenvolvemento de dispositivos propios de comunicación xeradores de pensamento alternativo á ideoloxía hexemónica, e que vai facendo unha fenda no valado de mentiras construído polo PODER, de maneira que un pensamento fresco e alternativo chegue ás testas da clase traballadora e ao pensamento colectivo da maioría social.
Unha estrutura de coordinación de organizacións diversas que sexa estábel, plural e unitaria, que xunte o mellor da esquerda política e o soberanismo, que faga confluír as loitas dos diferentes movementos cívicos e veciñais, que aglutine as loitas do movemento obreiro, que concentre en só feixe de luz, igual que unha lupa, todos os movementos sociais desde o movementos feminista até o ecoloxista, desde as plataformas de afectados pola hipoteca até as coordinadoras okupas, desde os colectivos antiimperialistas e de solidariedade internacionalista até os colectivos de defensa da cultura propia, a lingua e o patrimonio e implicando aos lideres naturais xurdidos da propia sociedade, aos máis combativo e honestos de cada organización.
O que vimos nas prazas cando xurdiu o movemento 15M entendo que é o camiño para construír un verdadeiro PODER POPULAR. Por iso opino que a conciencia de clase, a moral de combate revolucionaria e ao mesmo tempo ás organizacións de masas, pero tamén a capacidade para coordinar e encadrar aos sectores máis avanzados do movemento obreiro e estudiantil son cuestións fundamentais para que calquera proceso de cambio revolucionario teña éxito.
Os intelectuais orgánicos e dirixentes das organizacións de masas aliñadas cos intereses das clases subalternas deben reverter a súa situación de sometemento e deben achegarse aos líderes naturais dos movementos populares e aprender dunha vez por todas a lección que nos deron os centos de miles de traballadores e traballadoras nas súas diferentes loitas políticas, pola democracia e pola xustiza aos longo da historia.
Superar o capitalismo debe implicar construír xuntos (libertarios, independentistas, comunistas, socialista, ecoloxistas, feministas, antiglobalización,...) espazos de práctica común de loita democrática e participativa, de combate unitario, mais tamén a organización de asembleas populares en barrios e distritos, dicendo e facendo cousas moi diferentes ás que fan o PSOE e outras forzas políticas asimiladas polo sistema, de xeito horizontal, unitario, onde non decide un aparello nin un secretario xeral ou de organización, senón os propios traballadores e traballadoras en asemblea.
Construír día a día miles de experiencias pola base, coordinadas en rede e de forma horizontal e democrática. Este é o único camiño para recuperar os dereitos e construír un novo sistema social e político.
Por isto é necesario realizar un esforzo organizativo e unitario, próximo á xente, nos lugares de traballo, na universidade, nos barrios, unindo reivindicacións e cunha mensaxe global ?Esta débeda ilexítima e non a pagamos?.
A tarefa de crear tecido social é indispensábel e o como se fai é o máis importante para que este sexa sostíbel e alternativo.
Traspasar os límites que o estado intenta impoñernos a forza de leis, do seu aparello represivo, dos seus medios de comunicación e o papel dos seus colaboradores necesarios.
A xestación dese traballo cotiá, creará as bases dun novo poder popular e a iso contribuiremos todos os traballadores e traballadoras conscientes e comprometidos coa causa do socialismo democrático.
* Xoel V. S. López Calderón é traballador do metal e licenciado en historia. Milita en Nova Esquerda Galega (NEG).
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|