Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>Adolfo Pérez Esquivel: ?Venezuela vive a reedición do primeiro golpe de estado mediático da Historia? </b> - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Adolfo Pérez Esquivel: ?Venezuela vive a reedición do primeiro golpe de estado mediático da Historia?
Por: Adolfo Pérez Esquivel *

Cubainformación TV - Baseado nun texto de Adolfo Pérez Esquivel - Alainet / Blog «Isla mía».- Venezuela, por primeira vez na súa historia, é dona dos seus recursos petroleiros, que puxo ao servizo do pobo. Grazas a iso, nunha década aumentou o gasto social en máis dun 60 %, reducindo a pobreza nun 44%.

Algúns sectores da oposición non soportan isto. Non se resignan e tratan de alcanzar, a través da violencia, o que non conseguen polas urnas.

A súa estratexia golpista non é un feito illado. Os ataques a Venezuela son parte da guerra contra o proceso de cambio na rexión. Xa o intentaron antes -e fallaron- en Ecuador, Bolivia, Arxentina, e na mesma Venezuela en 2002. Pero triunfaron en Paraguai e Honduras, onde EEUU expandiu as súas bases militares.

É vergoñenta a campaña que acusa de ditadura a Venezuela, primeiro estado nación da historia en aprobar o sistema de referendo revogatorio do seu presidente á metade do seu mandato.

Os medios transnacionais, como CNN, FOX ou o Grupo Prisa, difunden propaganda de guerra en nome da paz, e odio en nome da liberdade. É necesario aprender da historia e non esquecer.

Porque estes grandes medios son o actor político principal na estratexia da dereita venezolana, para repetir un golpe de estado como o do ano 2002, non por casualidade considerado o ?primeiro golpe mediático da historia?.

Texto orixinal

Venezuela: democrática e bolivariana

* Adolfo Pérez Esquivel - Alainet / Blog «Isla mía».-

Venezuela atópase ameazada por intentos golpistas da dereita latinoamericana e o goberno dos EEUU, non é algo novo e sobre isto xa non quedan dúbidas. Todos os países latinoamericanos a través da CELAC, a UNASUR, o Mercosur e o ALBA emitiron pronunciamentos conxuntos recoñecendo o intento de desestabilización da democracia venezolana, expresando a súa solidariedade e a necesidade de diálogo.

A solidariedade co pobo venezolano e o seu goberno é un gran desafío para toda Nosa América. Resulta preocupante e dolorosa a intensidade da violencia desatada, provocando mortes, feridos e danos materiais.

O ex Presidente Hugo Chávez gañou as súas derradeiras eleccións por máis de 10%. Como lamentabelmente non puido asumir a súa responsabilidade a tempo foi necesario levar adiante unhas novas eleccións con observadores internacionais e non quedou dúbida ningunha da lexitimidade do novo presidente. Gañou Maduro e unha vez máis gañou o proxecto bolivariano iniciado por Chávez, porque as maiorías venezolanas entenden que o seu país mellorou e é máis igualitario.

En efecto, grazas a este proceso, Venezuela por primeira vez na súa historia puido ser dona dos seus propios recursos petroleiros e poñelos ao servizo do pobo, do continente, e mesmo de EEUU cando foi devastado polo furacán Katrina. Durante a última década, o goberno aumentou o gasto social en máis dun 60,6% e hoxe é o país da rexión co nivel máis baixo de desigualdade, logo de tela reducido nun 54%, e á pobreza nun 44%. En Educación sitúase no segundo en América Latina e o quinto no mundo coas maiores proporcións de estudantes universitarios. construíu máis de 13.721 clínicas en barrios nos que antes o Estado non ía e o seu sistema de saúde pública alcanza uns 95.000 médicos. construíu máis 500.000 vivendas, financiamento do deporte, entre outros logros.

Porén algúns sectores da oposición (non toda) con intencións golpistas, non se resignan á derrota electoral e tratan de alcanzar, a través da violencia, o que non puideron alcanzar en eleccións libres. O Presidente Nicolás Maduro en 10 meses á fronte do goberno enfrontou permanentes accións de desestabilización que buscan destituílo.

A violencia e os ataques a Venezuela son un ataque a todos os gobernos democráticos do continente. Non é un feito illado, os intentos de golpes de Estado avanzan con novas metodoloxías en América Latina. intentaron e fallaron en Ecuador, Bolivia, Arxentina e na mesma Venezuela no ano 2002, pero triunfaron en Paraguai e Honduras onde EEUU expandiu as súas bases militares.

Os medios de comunicación corporativos e multinacionais como CNN, FOX e os de Europa, manipulan información e difunden propaganda de guerra en nome da paz, e odio en nome da liberdade. O seu negocio é demostrar que son fundamentais para poder destituír a calquera presidente, e así recibir mellores pagamentos do Departamento de Estado Norteamericano. Pero os latinoamericanos xa sabemos que son un actor político máis, que defenden os intereses privados e das grandes potencias, con xogos de mentiras que provocan a suspensión das conciencias.

Debemos aprender da historia, porque no golpe errado do ano 2002 sucedeu o mesmo e por iso é considerado o primeiro golpe mediático da historia. Isto quedou comprobado no documental ?A revolución non será transmitida?, o cal recomendo.

A Paz é unha dinámica nas relacións entre as persoas e os pobos que non se regala, conquístase a través da Verdade, a Xustiza e o respecto aos dereitos humanos na construción democrática.

Por unha banda débense investigar as mortes de estudantes en mans de encapuchados para que haxa xustiza polas vítimas. Doutra banda apoiar o Plan de Paz e Convivencia Nacional que Venezuela lanzou, cunha masiva marcha popular, que busca a construción da paz cidadá e a loita contra a criminalidade, fomentando o desarme da poboación e das conciencias armadas.

No seu discurso Maduro expresouse con moita claridade: ?Aquel que chegase a pór unha camisa vermella coa cara de Chávez e sacase unha pistola e agredise a outro venezolano, ese non é chavista nin revolucionario, irá ao cárcere igualmente?. Non se ve á oposición facendo o mesmo.

Realmente resulta moi vergoñenta a campaña para chamar ditadura a Venezuela tendo en conta que é o primeiro país na historia dos estados nación en instaurar e aplicar o sistema de referendo revogatorio na metade do período presidencial para fortalecer a democracia. De feito, cando este tivo lugar en 2004, volveu gañar Chávez, tal como o fixo noutras 13 eleccións desde 1998.

Se un día tócalle perder algunha elección a este goberno, aceptarao como o fixo no seu segundo intento de reformar a constitución, pero nunca baixarán nin unha das súas bandeiras porque os bolivarianos seguirán traballando por unha Venezuela e unha Patria Grande mellor. A Revolución bolivariana, revolución das urnas e das rúas, sempre venceu coa Lei e coa democracia, e así o seguirá facendo, iso é o que a volve tan perigosa para algúns e tan necesaria para outros.

Por iso enviamos a nosa solidariedade e apoio ao pobo e goberno venezolano para a defensa das súas institucións democráticas, das políticas sociais, económicas e culturais alcanzadas a través da participación popular.

Bs. As. 22 de febreiro de 2014

* Adolfo Pérez Esquivel é Premio Nobel da Paz.

http://www.alainet.org/active/71543
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-02-2014 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0