Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>O Capital no século XXI </b> - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Capital no século XXI
Antonio QueroPor: Antonio Quero *
Tradución ao galego: Alberte Cid Garcia

Fonte: eldiario.es, 2 de febreiro de 2014

http://www.eldiario.es/autores/antonio_quero/

Apunta do importante libro de Thomas Piketty, quen augura para este século un regreso do capitalismo patrimonial: un futuro con crecemento lento e desigualdades cada vez maiores, que só poderían mitigarse mediante impostos mundiais sobre o capital.

Foron os últimos trinta anos un pesadelo neoliberal do que a crise espertounos e, en canto a socialdemocracia recupere a iniciativa política, volveremos á época dourada de crecemento e redución das desigualdades do Estado social de mediados do século XX? Thomas Piketty responde negativamente. Non é pesimismo ou unha conxectura sobre a impotencia da socialdemocracia, é o resultado dunha análise pormenorizada sobre a evolución da riqueza e as desigualdades nos principais países desenvolvidos nos últimos douscentos anos.

Os feitos son inapelábeis: o rendemento do capital (r) foi sorprendentemente estábel historicamente, en torno ao 5 %, mentres que a taxa de crecemento (g) oscilou entre o 1 e o 1,5 %. O crecemento entre o 3 e o 5 % das tres décadas posteriores á Segunda Guerra Mundial é unha excepción. Nestas condicións, onde r>g, os patrimonios tenden a acumularse a un ritmo maior do efecto redistributivo do crecemento polo aumento da produción e os salarios, xerándose desigualdades crecentes que, nos últimos anos, superaron o pico de desigualdade que se produciu xusto antes da Primeira Guerra Mundial, cando o stock de capital equivalía a entre seis e oito anos da renda nacional total. Fixeron falta dúas guerras mundiais e ?o suicidio dos rendistas? entre as dúas guerras (é dicir, viviron por riba das súas posibilidades no sentido de que o gasto anual que lles xeraba o seu ritmo de vida era maior que a renda que percibían do seu patrimonio) para redistribuir as cartas e empezar case de cero.

Trala Segunda Guerra Mundial, precedida pola Gran Depresión e as políticas redistributivas que inspirou, o forte crecemento das economías en reconstrución e expansión e a agresiva fiscalidade progresiva, con tipos marxinais superiores de ao redor do 60-70 % en Europa e do 80-90 % en Estados Unidos, así como o acceso xeralizado á educación e os seguros por enfermidade, desemprego ou vellez, aseguraron o acceso das masas traballadoras a un pequeno patrimonio, converténdoas en clases medias. Se en 1913 un 10 % da poboación acumulaba a práctica totalidade da riqueza nacional, na actualidade ese 10 % segue posuíndo a maior parte, pero agora hai un 40 % que goza dun pequeno patrimonio, mentres que o 50 % restante cobra un soldo ou unha prestación pero non acumula patrimonio e non deixa case nada aos seus herdeiros. Esa urxencia dunha ?clase media patrimonial? é para Piketty a maior transformación estructural do reparto da riqueza nos países desenvolvidos. Coa ralentización do crecemento e as rebaixas fiscais da revolución conservadora dos anos 1980, a clase alta patrimonial volve a emerxer: o patrimonio do 10 % máis rico medra exponencialmente mentres que o do 1 % máis rico faino estratosfericamente.

A perspectiva para o século XXI, unha vez que as economías emerxentes alcancen a madurez e a poboación mundial se estabilice, é unha taxa de crecemento da orde do 1 ó 1,5 %, mentres que o rendemento do capital seguirá en torno ao 5 %. A implicación evidente é que o reparto da riqueza acentuaría a súa senda diverxente ata alcanzar cotas social e democraticamente inaceptábeis.

Esta radiografía completa do capitalismo patrimonial atópase no impoñente último libro de ThomasPiketty [1], Le capital au XXI e siècle. Sen ser aínda traducido a ningún outro idioma, esta obra de Piketty de case mil páxinas converteuse inmediatamente nunha referencia das ciencias sociais [2]. Xa antes da súa publicación, Thomas Piketty, un brillante economista francés de 41 anos, era un referente mundial no estudo das desigualdades de renda. Xunto con Emmanuel Saez, da Universidade de Berkeley, e Anthony Atkinson, da Universidade de Oxford, construíron unha base de datos monumental sobre as rendas altas, a WorldTop Incomes Database, na que tamén colaborou o mozo economista arxentino Facundo Alvaredo.

O forte impacto do libro de Piketty explícase por varias razóns. A primeira é o carácter inédito e exhaustivo dun estudo do capital, tanto das rendas como do patrimonio, nos países desenvolvidos na maior escala temporal que permiten os arquivos, é dicer, prácticamente, desde a Revolución Francesa que instaurou en Francia un censo patrimonial, a Revolución Industrial en Reino Unido e a independencia en Estados Unidos. Sobre outros países, como Alemaña, Xapón, Canadá ou Suecia, as estatísticas fiables dispoñíbeis empezan a finais do século XIX. Todos estes datos pódense consultar nun anexo técnico en internet que constitúe unha auténtica mina documental. A segunda razón son as conclusións empíricas que se extraen deste estudo e que contradín, como veremos a continuación, axiomas da teoría económica até agora inamovíbeis. A terceira son as novas leis do capitalismo que se deducen da análise dos datos. Para rematar, Piketty, que pertence á estirpe dos intelectuais franceses preocupados polo devir político do mundo no que viven, ofrece unha perspectiva inquietante sobre a evolución previsíbel do capitalismo patrimonial no século XXI e móllase propoñendo solucións.

O primeiro axioma que se derruba á luz dos datos é o dos rendementos decrecientes de Ricardo, que serviría a Marx, aplicándoo ao capital, para predecir a crise do capitalismo pola caída dos rendementos do capital a medida que este se acumula. Cento trinta anos logo da morte de Marx, o capital acumulado superou calquera previsión imaxinábel na época do ideólogo do socialismo, pero o seu rendemento segue sendo sorprendentemente estábel en torno ao 5 %. O progreso tecnolóxico, o crecemento da poboación, o acceso á educación e, recientemente, a globalización e a sofisticación dos mercados financeiros, permitiron ao capital atopar constantemente novas oportunidades de fructificar. Piketty non demostra teóricamente de onde procede esta sorprendente estabilidade do rendemento do capital, pero a súa lectura do que nos ensina a historia económica deixa pouco lugar para a dúbida.

Outro mito que se derruba é a visión optimista de Kuznets dunha redución das desigualdades a medida que o desenvolvemento económico e humano avanza. Kuznets baseou o seu predicción nunha serie temporal de datos relativamente curta, entre 1920 e 1950. O paso á escala do moi longo prazo operado por Piketty demostra precisamente o contrario, posto que a relación r>g móstrase constante na historia, e que a excepción é o breve periodo entre 1950 e 1970. Neste sentido, os datos tamén fan cambalearse outro suposto básico da economía neoclásica, que implicaría unha tendencia cara á igualación entre as rendas do capital (r) e o crecemento económico (g).

A análise fría e obxectiva dos datos, así como das dinámicas en xogo que os arroxan, ofrece unha perspectiva para o século XXI pouco alentadora, cunha economía mundial instalada, desde hai trinta anos, nunha senda firme de acumulación cada vez maior de riqueza no alto da pirámide. A lei de ferro de r>g conduce á vitoria do rentismo sobre a meritocracia, na que "o pasado devora ao futuro". O capitalismo patrimonial xa coñeceu unha evolución similar no século XIX que desembocou en 1913 en niveis de desigualdade sen precedentes. Ninguén pode desexar un novo conflito mundial devastador para desfacer esa desigualdade, polo que Piketty penetra ao final con valentía no terreo das propostas para atenuar ou corrixir devandita evolución. A principal delas é a instauración dun imposto mundial progresivo sobre o capital, tanto dos activos inmobiliarios como mobiliarios e neto de débedas. Piketty non se fai ilusións sobre a viabilidad política da súa proposta, aínda que argumenta convincentemente sobre a súa viabilidade no seo da Unión Europea se existise a suficiente vontade política (Piketty non esconde o seu optimismo relativo achega da deliberación democrática en base aos datos e as conclusións ás que nos levará a acumulación de riqueza máis aló do socialmente soportábel). Pero considéraa unha "utopía útil" no sentido de que obriga a calquera outra solución a medirse con respecto ao ideal teórico que constitúe devandito imposto mundial progresivo sobre o capital. Tamén demostra os beneficios que comportaría, máis aló da recadación, a cooperación fiscal internacional necesaria para a súa implantación.

Non hai espazo aquí para mencionar outras cuestións apaixonantes tratadas por Piketty cunha claridade pedagóxica ao alcance de calquera cidadán formado, desde a distribución da renda até a historia dos sistemas impositivos, pasando pola causalidade entre o desmantelamento dos tipos marxinais superiores ?confiscatorios? e a explosión dos soldos dos altos executivos. Tampouco cabe unha crítica máis detallada do feito de que a análise e as teses de Piketty repousen sobre o estudo pormenorizado das estatísticas pero non sobre unha investigación das fontes e forzas capitalistas de creación de riqueza. Aínda así, Le capital au XXI e siècle constitúe unha obra maior non só polo amplísimo obxecto de estudo que abarca e os múltiples froitos que outros investigadores poderán recoller do espectacular compendio de datos e análises, senón pola lucidez e humildade coa que Piketty recoñece a pertenza da economía ás ciencias sociais e o seu deber de contribuír, desde a honradez intelectual, a enriquecer o debate democrático en aras de descubrir as políticas que producirán os resultados máis acordes cos obxectivos morais e sociais dunha comunidade.

______________
[1] Le Capital au XXIe siècle, Editions du Seuil, Parides, 2013, 972 páxinas, 25 Euros.
[2] Pódese atopar un resumo en inglés en The return of ?patrimonialcapitalism?: review of Thomas Piketty´s Capital in the 21st century, de Branko Milanovic.


* Antonio Quero coordina o grupo Factoría Democrática de militantes e simpatizantes socialistas. É funcionario da Comisión Europea. Actualmente na Dirección Xeral de Orzamento, traballou nos departamentos de I+D, de Relacións Exteriores e de Economía.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-02-2014 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0