Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>Nova Esquerda Galega solicita a celebración dunha Asemblea Nacional extraordinaria de ANOVA</b> - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nova Esquerda Galega solicita a celebración dunha Asemblea Nacional extraordinaria de ANOVA
Nova Esquerda Galega (NEG)
Nota de Prensa

Nova Esquerda Galega solicita a celebración dunha Asemblea Nacional extraordinaria de ANOVA

Os militantes de Nova Esquerda Galega (NEG) algúns do que tamén somos membros de ANOVA queremos facer pública a nosa preocupación pola situación de confrontación interna que vive a devandita organización. Manifestamos a nosa inquietude pola fractura endóxena que padece a feble estrutura orgánica de ANOVA, fragmentación que foi agravándose tralo referendo interno celebrado recentemente para definir a política de alianzas de cara ás vindeiras eleccións europeas.

Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización galega que sempre promoveu a unidade da esquerda, é dicir, o acordo de todas e todos aqueles que devezamos unha verdadeira confluencia ou alianza de toda a esquerda política e social, a coalición de todos aqueles segmentos do espectro político tipicamente asociado a calquera tradición política transformadora desde o socialismo democrático ata o anarquismo, desde o soberanismo ata o federalismo, desde o altermundismo ata o movemento sindical, en resumo, a agrupación de todos aqueles que se opoñen á dereita política e ao ultraliberalismo.

É necesario agrupar a toda a esquerda, os movementos sociais, o ecoloxismo, o feminismo, os movementos anti-desafiuzamentos e okupas, o anti-militarismo,...e por iso consideramos dun grave erro político abandonar a proposta realizada por Xosé Manuel Beiras de construír unha fronte ampla rupturita, onde estean representados os partidos nacionalistas de esquerda co resto de formacións da esquerda federal ou confederal e rupturita. De todos os xeitos non se trata de converter ANOVA nun protectorado de Esquerda Unida, senón máis ben en crear as bases para construír unha gran alianza de toda a esquerda democrática sen tutelas de ninguén e baixo uns alicerces baseados na cooperación e o consenso.
Ante a acefalia producida polas numerosas renuncias a diferentes postos da Permanente de ANOVA, pensamos que resulta urxente a convocatoria inmediata dunha Asemblea Nacional extraordinaria que sirva para reformular o modelo organizativo e político de ANOVA?Irmandade Nacionalista e abra un novo camiña de encontro e dialogo que axude a pechar as feridas abertas desde o propio momento da súa fundación.




Vigo, 27 de febreiro de 2014




Comisión Executiva Nacional de Nova Esquerda Galega
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-02-2014 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0