Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>ANOVA unha burbulla de xabón que estoupará </b> - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ANOVA unha burbulla de xabón que estoupará
Por: Adela Alonso Alonso *

Anova é unha organización que está fragmentada desde o seu nacemento e ademais parece unha gaiola de grilos onde malviven diversas correntes ou grupúsculos dogmáticos, sectarios, radicalizados e sen ideoloxía clara. Unha análise seria e imparcial da asemblea nacional constituinte e da Iº asemblea nacional podería crispar e desmoralizar a calquera, ao percibir o que aquilo supuxo para a construción dun proxecto difuso e desideoloxizado como o Novo Proxecto Común primeiro e ANOVA-Irmandade Nacionalista despois.
Resulta inocente, inxenua e carente de fundamento a declaración dun sector minoritario da militancia de votar no referendo a non participación de ANOVA nas eleccións europeas, pensando que así ían frear a fractura.
Doutra banda X.M. Beiras contraveu a estratexia que el mesmo construíu ao falar de xeometría variábel de alianzas. Agora xa non serve que ANOVA poida establecer diferentes acordos en función dos diferentes procesos electorais. Semella que Alternativa Galega de Esquerda (AGE) será un modelo inmutábel e un caixón de xastre de servirá para calquera confrontación electoral.
Estou convencida de que o resultado de apoiar unha coalición coa Esquerda Federal débese en gran medida a Xosé Manuel Beiras e o seu fantástico abalo cara aos de Cayo Lara a última hora e sorprendendo a todo o mundo.
Ir con IU era a fórmula máxica que demostraba nosa total falta de confianza en nosa propia capacidade organizativa, pero tamén a forma de disfrazar a nosa debilidade, usando o retrouso federal. Quizais si que servirá para obter algún eurodiputado e será o xeito de alongar un pouco a agonía orgánica dun proxecto desnortado e carente dun obxectivo político claro.
Estou absolutamente convencida de que Beiras é plenamente consciente da situación de desintegración orgánica e desorientación estratéxica que vive ANOVA, malia todo non fai nada para reverter esta situación.
O problema de que ANOVA vaia da man de Esquerda Unida ás eleccións europeas, sexamos sinceras, é que en realidade carecemos dun proxecto serio e desenvolvido, duns obxectivos definidos á marxe de ideas orixinais como o partido-movemento, a democracia horizontal ou a exhortación á desobediencia para conseguir unha creba democrática e demais ocorrencias esquerdistas de salón.

Aquí o que fai falta é refundar ANOVA e celebrar urxentemente unha Asemblea Nacional extraordinaria que peche as feridas entre grupos, faccións e familias. Unha asemblea que sirva para debater e profundar no modelo de organización, no noso proxecto político e que abra o melón da nosa futura substitución xeracional.
Algo haberá que facer porque ANOVA é unha burbulla de xabón que estoupará se non facemos algo a tempo...


* Adela Alonso Alonso é profesora de EXB e traballa como educadora nun centro de educación especial e milita en Nova Esquerda Galega (NEG).
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2014 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0