Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>DETENCION DUNHA ESTUDANTE MILITANTE DE NEG EN VIGO</b> - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DETENCION DUNHA ESTUDANTE MILITANTE DE NEG EN VIGO
Amanda Pérez AlbaNova Esquerda Galega (NEG) quere denunciar a detención por parte da Policía Nacional de Amanda Pérez Alba, de 15 anos, militante da organización xuvenil de Nova Esquerda Galega (NEG) e alumna do colexio Alfonso Castelao do Calvario, que participou na manifestación convocada pola Asemblea de Estudantes de Vigo.
Ao terminar a devandita protesta estudantil e cando se retiraba para tomar un café cunha compañeira, decatouse de que a Policía Nacional custodiaba a un grupo estudantes e asemade apreciou como eran zarandeados, postos contra a parede e cacheados.
Amanda ao reparar que os seus compañeiros estaban a ser detidos non tivo mellor resposta que increpalos e facerlles un corte de mangas. Por este motivo foi detida.
Amanda Pérez foi conducida á comisaria de Policía de Vigo, para despois ser identificada e entregada ao seu pai. A Policía Nacional iniciou unha denuncia por insultos á policía que leva aparellada unha sanción administrativamente e unha multa económica.
Nova Esquerda Galega (NEG) opina que estamos diante dunha nova acción represiva que pretende amedrentar as protestas sociais. Achamos que o dereito de manifestación non pode ser permanentemente esmagado pola acción represiva e opinamos que resulta inadmisíbel que se sancione con multas económicas a estudantes menores de idade e insolventes. Ese tipo de medidas só procuran que a indignación cidadá non teña unha canle de expresión nas diferentes protestas sociais.
Nova Esquerda Galega (NEG) quere denunciar este tipo de comportamento policial. Tamén salienta o seu repudio ante o esaxerado despregue de forzas represivas, mesmo coa utilización de helicópteros e numerosas patrullas, co único obxectivo de facer o seguimento dunha manifestación estudiantil composta, na meirande parte, por estudantes menores de idade.
Solicitamos ao Subdelegado de Goberno que arquive esta denuncia da policía.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-01-2014 07:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0