Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>Lois Pérez Leira de Nova Esquerda Galega (NEG): «Hai que crear unha Fronte Popular para combater o neoliberalismo e á dereitización da política»</b> - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Lois Pérez Leira de Nova Esquerda Galega (NEG): «Hai que crear unha Fronte Popular para combater o neoliberalismo e á dereitización da política»
Lois Pérez LeiraLois Pérez Leira de Nova Esquerda Galega (NEG): «Hai que crear unha Fronte Popular para combater o neoliberalismo e á dereitización da política»
http://www.sanborondon.info/content/view/58869/44/

«Hai que crear unha Fronte Popular para combater o neoliberalismo e á dereitización da política».
Achaca ao «posibilismo, o tacticismo e os intereses mesquiños dalgunhas forzas políticas o que unha Fronte Popular, ampla, sen exclusións, teña certas dificultades na súa concreción»Lois Pérez Leira reflexionou sobre a situación actual, cun goberno estatal que trata de vender que estamos saíndo da crise e afirmou que cada día constátase máis que verdadeiramente o capitalismo está doente pero mata, non en balde esta crise que está vivindo a sociedade está levando á maioría de cidadáns a un estado de tristeza profunda, que leva á enfermidade, mesmo ao suicidio.

Lois Pérez Leira dixo que coñece en profundidade esta tristeza que está vivindo o pobo das diferentes nacións do Estado español porque xa se viviu algo semellante en América Latina, onde nalgúns países estanse pasando -cando menos- algunhas alegrías como consecuencia das políticas de esquerda que se están aplicando.

Explicou que, como a súa formación política provén da tradición marxista, sempre pensou en que «é necesario a unidade do pobo para lograr cambiar a sociedade, terminar coas inxustizas, para configurar unha sociedade socialista, máis xusta e máis democrática: Na nosa formación política, a unidade popular é algo fundamental», especialmente porque «todos son fillos ou netos da Segunda República e valoran positivamente a importancia que tivo a Fronte Popular para acabar coa etapa negra que se viviu na IIª República».

«Valoramos a República, reivindicámola, pero debemos ter presente que non sempre gobernou a esquerda, non en balde foi a dereita quen gobernou España nos primeiro anos da República», lembrou, para insistir en que «a construción dunha Fronte Popular é para Nova Esquerda Galega un valor e un instrumento moi importante».

Explicou que «desde hai algún tempo, fronte á crise profunda que padece o Estado español, non só de crise económica, senón a política que afecta a todas as institucións e que toca de cheo á Monarquía, empezaron a emerxer condicións subxectivas en niveis de conciencia para decatarnos que podemos cambiar a sociedade por medio da loita, a través das mobilizacións nas rúas, o que fai máis factíbel e vixente a posibilidade de construírmos unha gran Fronte Popular.

Pérez Leira sostén que é indispensábel crear esa Fronte Popular, ?co nome que sexa?, para combater ao neoliberalismo e á dereitización da política, pero debe tratarse dunha unidade non só de carácter electoral, senón dunha plataforma política unitaria capaz de derrotar nas rúas e nas urnas a este modelo capitalista e ao réxime monárquico, que nos están machucando e que nos leva á cada día máis crecente tristeza colectiva que nos embarga a todos.

O político galego recoñece que na súa formación están moi entusiasmados coa posibilidade de que acabe construíndose esa gran Fronte Popular, «porque realmente hai moitas posibilidades de conseguilo», tralo que reflexionou sobre as «miserias humanas e políticas» que en torno a esta oportunidade histórica van aparecendo, achacando ao «posibilismo, o tacticismo e os intereses mesquiños dalgunhas forzas políticas» o que a idea de construír a Fronte Popular, ampla, sen exclusións, teña certas dificultades na súa concreción.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-01-2014 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0