Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.
PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Celebrouse a cea de homenaxe a José Gómez Millán |
|
 O pasado venres 24 de xaneiro, preto de 50 afiliados, militantes e simpatizantes de Nova Esquerda Galega (NEG) déronse cita na cea de homenaxe ao compañeiro José Gómez Millán "Pucho". Na emotiva despedida do devandito compañeiro que abandonará Galicia para trasladarse a Cuba, país no que reside.
A cea foi un acto de encontro e diálogo entre numerosos activistas, loitadores, militantes e amigos da organización. Tras saborear un delicioso menú de mexillóns, peixe, polo á brasa e chourizos crioulos, todo regado cun bo viño tinto da terra, homenaxeouse ao camarada Pucho.
Lois Pérez Leira salientou: «A súa historia esta desgraciadamente asociada a unha etapa negra da historia de Vigo e relacionada coa máis salvaxe represión. O seu pai, home bo e honesto, foi asasinado en Vigo por socialista e republicano. Por defender a legalidade democrática e o goberno da Fronte Popular, saído das urnas. A mesma Fronte Popular que hoxe queremos (re)fundar para derrotar aos herdeiros daquela mesma dereita golpista, antidemocrática e asoballadora que actualmente goberna España. Dicir que tamén está o compañeiro Manuel Caldas, neto dun concelleiro de Vigo fusilado en 1936».
Logo falou Edmundo Reboredo pai de David e amigo desde a infancia de Pucho quen deu algunhas pinceladas da vida do homenaxeado
Entre os presentes estaban destacados activistas e membros de diversas entidades asociativas de Vigo. Entre cantos e versos recitados por Carmeliña e Manuel Vázquez concluíu a vibrante e emotiva xornada.
Na mencionada cea estaban presentes algunhas delegacións de inmigrantes de Venezuela, Uruguai e Arxentina
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|