Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>Manifesto. En defensa dos dereitos, da razón e da equivalencia humana</b> - <b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Manifesto. En defensa dos dereitos, da razón e da equivalencia humana
Fonte: ATTAC España.
(Tradución ao galego para A Voz da Nova Esquerda: Iolanda F. Cabaleiro)

http://www.attac.es/2013/12/31/manifiesto-en-defensa-de-los-derechos-de-la-razon-y-de-la-equivalencia-humana/

O Consello Científico de ATTAC España, integrado por persoas con ampla experiencia en sectores da investigación, a acción social e pública ou a academia, e cun forte compromiso pola democracia e a xustiza social, denuncia a ameaza contra a nosa democracia orquestrada polo Goberno do Partido Popular que, nun abuso continuo de poder, é responsábel do desmantelamento do Estado de Dereito, da ofensiva patriarcal contra os dereitos humanos das mulleres, da represión policial, do terror económico que esnaquiza a vida de familias enteiras e cébase na infancia e sectores máis vulnerábeis, e da substitución da confianza cidadá polo medo e as ameazas constantes a dereitos fundamentais. Un risco destas características reclama unha resposta á altura. O Consello Científico de ATTAC está convencido de que a nosa democracia está en perigo. É tempo de recuperar o ánimo cidadán que, noutro contexto histórico, logrou traer un novo réxime de liberdades.

Neste manifesto denunciamos que moitos supostos cos que se pretenden xustificar as reformas lexislativas impostas polo goberno central son produtos ideolóxicos que non teñen sostén teórico nin referendo democrático. A ciencia non é neutra: ten ideoloxías e intereses.

España é hoxe un dos paises europeos con maior desigualdade na distribución da renda, produto tanto dunha desequilibrada distribución primaria dos ingresos como da ausencia de mecanismos redistributivos adecuados.

As desigualdades na distribución primaria son o reflexo dunha intolerábel desigualdade de poder entre capital e traballo e asemade a persistencia de estruturas patriarcais que valoran de forma desigual a achega laboral de homes e mulleres. A recente reforma laboral, ao desmantelar gran parte da negociación colectiva e manter o salario mínimo interprofesional en niveis de pobreza, non fan senón agravar de xeito dramático estas desigualdades. Algo que contrasta coa tolerancia que reciben os ingresos das elites, con frecuencia propiciados por estruturas institucionais que favorecen o parasitismo e o abuso. Como se pon de manifesto particularmente na falta dunha política seria de persecución da fraude fiscal e de operacións en paraísos fiscais, e a tolerancia cos especuladores que supón a amnistía fiscal realizada polo goberno.

Rexeitamos seguir alimentando o triunfo dun modelo económico que sacrifica ás persoas e creba as bases da convivencia social. Unha lóxica económica que condena á precariedade ás persoas con menos recursos e some na desesperación a unha parte crecente da nosa sociedade. A sanidade, e o ensino estanse convertendo en mercancías que só estarán ao alcance de quen poida pagalas no mercado. As bases do contrato social, que se teñen que substanciar nunha esperanza de vida compartida, estase crebando, creándose unha brecha [ou fenda] que nos regresa a situacións da ditadura e, mesmo, do século XIX.



DENUNCIAMOS:

O ataque efectuado contra o Estado de Dereito, a través do expolio dos dereitos e liberdades fundamentais.

A baixa calidade democrática que sufrimos, co antecedente da reforma constitucional do artigo 135 aprobada uns poucos días, agrávase coa instauración do réxime autoritario actual que fai inviábel o acceso á xustiza a persoas humildes e activistas en xeral.

O estado represor emerxe con forza. Tras encarecer a xustiza de maneira abusiva e criminalizar a protesta cidadá, pretenden amedrentar á cidadanía cunha lei de orde pública que ameaza con multas e sancións administrativas a unha poboación cada vez máis empobrecida, e outorga a vixiantes de empresas privadas capacidades reservadas ata agora a forzas e corpos de seguridade do estado, creando un corpo parapolicial incompatíbel coa democracia.

A contrarreforma contra o dereito das mulleres á interrupción voluntaria do seu embarazo é un ataque aos dereitos humanos. Estamos ante un misóxino anteproxecto de lei que humilla a todas as mulleres ao sometelas a tutela xurídico-médica continua, desposuíndoas do dereito a decidir sobre o seu propio corpo en beneficio dos dereitos dun embrión. A «lei Gallardón», condenará ás mulleres que non teñan suficientes medios económicos a arriscar a súa propia vida en abortos clandestinos ou con medicamentos moi perniciosos para a súa saúde. Esta contrarreforma contravén as recomendacións da OMS, incumpre convenios internacionais subscritos polo Estado Español e é un elemento crave do plan ideolóxico co que pretenden volver impoñer o modelo de familia patriarcal, afastando a posibilidade de construír unha sociedade entre pares. O apoio en exclusiva desde Europa desta proposta pola ultradereita francesa liderada por Le Pen, é un sinal do nesgo do actual goberno de España.

O desmantelamento do público reduce, aínda máis, o espazo democrático e a capacidade de control cívico sobre bens, industrias e servizos que antes eran propiedade de todas e todos.

Cando máis enferman as persoas na nosa sociedade, cando a esperanza de vida diminuíu por primeira vez, estanse pechado plantas, quendas e servizos en atención primaria, hospitais e servizos de urxencias, mentres as listas de espera se eternizan. Pretenden convencernos de que ter unha «enfermidade crónica» é insostíbel para o Estado, cando a cronicidade da enfermidade está no sistema depredador capitalista que alentan de xeito suicida.

Coa escusa da débeda, mal concibida como pública -pois é maiormente privada-, e o axuste orzamentario das administracións públicas, estanse privatizando os servizos públicos esenciais para abrir espazos de negocio a grandes empresas privadas, o que á súa vez permitirá baixar o gasto público social e logo baixar impostos directos ás persoas máis ricas. Contrariamente ao que pretenden argumentar desde o goberno, as privatizacións non supoñen un abaratamento do custo do servizo, senón un encarecemento do seu uso para a cidadanía en xeral, unha maior precariedade no emprego e un deterioro das condicións en que se prestan os servizos.

As privatizacións entregan a capacidade de decretar «o dereito de admisión» a quen teñen diñeiro para comprar a «mercancía» xa privatizada dos sectores de atención e coidados á dependencia, educación infantil, cultura, formación, e tamén o transporte público ferroviario, as telecomunicacións, o turismo ou a minería e industria. Esta situación de «indefensión» agravarase cando os plans privatizadores cheguen a sectores tan sensíbeis como as pensións públicas de xubilación, un botín longamente cobizado polos bancos.
Ao desmantelamento dos sistemas de servizos públicos e de prestacións sociais engádense continuas reformas fiscais dirixidas a eliminar a progresividade dos impostos persoais e a reducir ao mínimo os impostos ás empresas, á vez que se reforza o peso dos impostos indirectos coa subida do IVA e a eliminación dos tipos reducidos. Esta ofensiva é gravísima en termos de equidade, está deslexitimando o sistema impositivo e aumentando alarmantemente a economía mergullada, con efectos irreparables sobre as persoas e sobre o sistema económico.

A organización tradicional de traballos e tempos non é compatíbel nin coa sostibilidade da vida nin coa xustiza social.

Este modelo de desenvolvemento e de organización do traballo é insostíbel e profundamente inequitativo. Mentres as políticas neoliberais continúan co expolio de dereitos e recursos, a división sexual do traballo intensifícase e a mocidade vese condenada ao exilio económico ante as excesivas taxas de desemprego xuvenil.
A acción combinada da reforma laboral e o uso ideolóxico do déficit cero están provocando unha escalada das taxas de pobreza (xa tamén salarial) intolerábeis nun Estado de dereito

Dereito, así como unha intensificación do traballo non remunerado. Mentres se fomenta a rivalidade entre quen teñen e non teñen emprego, dispárase a brecha de xénero no uso do tempo dedicado ao traballo (remunerado e non remunerado), danando especialmente as condicións de vida das mulleres, que para moitas xa son insoportables.

A division sexual do traballo refórzase especificamente co desmantelamento dos xa precarios sistemas públicos de educación infantil e de atención á dependencia; os recortes de emprego público nos sectores feminizados de educación, sanidade e servizos sociais; a flexibilización e o alongamento das xornadas de traballo; e o freo continuo a unha das medidas máis efectivas para a corresponsabilidade: a equiparación do permiso de paternidade co de maternidade ata cada proxenitor teña o seu permiso igual, intransferíbel e pago ao 100%.

O cambio de modelo enerxético queda ao dictado do lobby eléctrico

A suposta «liberalización eléctrica» traduciuse no reforzo da oligarquía enerxética, na penalización ás pequenas empresas de autoproducción-autoconsumo eléctrico e nunha subida da factura da luz de máis dun 80% no periodo 2006-2013.
A improvisación, a falta de vontade de defender os intereses colectivos e as portas xiratorias respecto de as multinacionais eléctricas son distintivos da marca España nun sector crave para a economía e para o cambio de modelo de desenvolvemento que inflúe nas condicións de vida da cidadanía.

A opacidade na fixación de prezos do sector (poxa eléctrica), o menor poder adquisitivo dunha cidadanía empobrecida e o pretendido peaxe que se quere impoñer pola xeración eléctrica caseira (ter instaladas placas fotovoltaicas e/ou outras tecnoloxías baseadas en enerxía limpa) provocan unha indefensión intolerábel de consumidores finais e a inviabilidade económica de ser autosuficientes enerxeticamente.

A Lei de Reforma do Sector Eléctrico reforza a dependencia enerxética de combustíbeis fósiles importados (45.000 millóns de euros ao ano), curmá os intereses do lobby eléctrico e afasta as posibilidades reais de cambio necesario de modelo de enerxético para a sostibilidade da vida.

Por todo iso, desde o Consello Científico de ATTAC-España AFIRMAMOS que:

A orientación neoliberal das políticas que se están impoñendo atentan directamente contra a democracia, a razón e a equidade.
A luz ao final do túnel que proclaman os gobernantes responde exclusivamente á cobiza capitalista e da oligarquía financeira.
Non hai volta atrás posible, salvo para ideoloxías reaccionarias nostálxicas do antigo réxime.
CONSIDERAMOS que para superar o desastre humanitario que caracteriza a situación actual é necesario un cambio de modelo económico e un cambio no criterio de redistribución dos recursos e a riqueza, que prime a sostenibilidade da vida e a equivalencia humana na razón de ser do modelo de desenvolvemento.

FACEMOS UNHA CHAMADA á cidadanía e á participación activa para construír MÁIS DEMOCRACIA e facer efectivo o cambio de modelo de sociedade. Esiximos TRANSPARENCIA E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, e tamén AUDITORÍAS CIDADÁS de todos aqueles procesos cuxos efectos políticos e económicos afecten ás condicións de vida das persoas (como a débeda e a «bancarización» das caixas de Aforro); e unha preocupada chamada de atención a todos os cidadáns e cidadás que compartan a análise de que a nosa democracia está en perigo.

POR UNHA CIDADANÍA CONSCIENTE, EN DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS POR UNHA SOCIEDADE DAS PERSOAS.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-01-2014 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0